MÚSICA, VÍDEOS E DOCUMENTOS















  • Bloque Oleiros nº 3


  • Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego


  • Proxecto de Regulamento de Participación Cidadá de Oleiros





  • TELE BNG




    SLIDE 2










    Sintonía do BNG






    O meu perfil
    bng.oleiros@gmail.com
     CATEGORÍAS
     FOTOBLOGOTECA
     RECOMENDADOS
     BUSCADOR
     BUSCAR BLOGS GALEGOS
     ARQUIVO
     ANTERIORES
     DESTACADOS

    O BNG CONSEGUE QUE O CONCELLO INICIE A EXPROPRIACIÓN DO CONTORNO DE NAVAL
    Fina Quintáns, Portavoz do BNG no Concello de Oleiros
    Malia a negativa do alcalde de Oleiros a recoñecer que se podería mellorar o contorno de Naval, as mobilizacións realizadas polos veciños e veciñas, e as sinaturas recollidas polo BNG encabezado pola portavoz Fina Quintáns, provocaron coa presión cidadá que o Concello publique a expropriación dos accesos despois de anos de esquecemento dun privilexiado contorno urbano entre as parroquias de Liáns e Dorneda. Este feito non exime o Concello de limpar e adecentar unha zona abandonada, degradada e con serios riscos para a seguridade.

    O BNG defendeu sempre diante dos veciños e veciñas que con vontade política se podería ter solucionado este problema hai moito tempo e os feitos demostran que coas mobilizacións non hai cabida para a obcecación do alcalde, polo que o BNG felicita todos os veciños e veciñas de Naval e seguirá a controlar e demandar a consecución de todas as reivindicacións e animamos todas aquelas persoas prexudicadas polo esquecemento do goberno local a se mobilizaren da mesma maneira que os veciños e veciñas de Naval.
    Categoría: ACTUALIDADE - Publicado o 06-09-2008 12:22
    # Ligazón permanente a este artigo
    Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
    QUINTANA DESTACA QUE AS PRAZAS PÚBLICAS EN ESCOLAS INFANTÍS TIVERON UN INCREMENTO DUN 65% EN 3 ANOS DE GOBERNO
    O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, destacou onte o incremento do 65,4% das prazas públicas en escolas infantís no que vai de lexislatura o que constituíu un “esforzo sen precedentes realizado polo Goberno galego en materia de educación infantil”.

    Quintana subliñou que “en tres anos estabelecemos un claro compromiso en favor da educación infantil e en favor da igualdade, unha aposta por achegar novos servizos socioeducativos á primeira infancia que supón, ademais, un compromiso en clave de país, en clave de dereitos e en clave de investimento social”. Quintana lembrou que “o mapa da educación infantil en Galiza ofrecía unha situación acusadamente deficitaria ao comezo desta lexislatura, con 6.595 prazas públicas e unha ratio de cobertura do 11,3 %, moi lonxe das recomendacións europeas, que establecen un índice de cobertura para 2010 do 33%”. Con esta situación, segundo sinalou o vicepresidente, acadar ese obxectivo “converteuse no principal motor da acción da Vicepresidencia, para o que se fixou o obxectivo crear 6.000 novas prazas públicas de educación infantil de 0 a 3 anos durante esta lexislatura”.

    Anxo Quintana destacou que “en 3 anos de Goberno tense conseguido pasar das 6.595 prazas de 2005 ás 10.909 da actualidade, o que supón un incremento da oferta de prazas públicas dun 65,4% e un avance no índice de cobertura de prazas públicas ata o 17,5%”. Neste senso, o número de escolas infantís 0-3 públicas sitúase agora nas 210, “fronte ás 118 de 2005, chegando este recurso á máis da metade dos concellos galegos (53%) cando antes só o 27% dispuña deste servizo”, o que constitúe, segundo sinalou Quintana, “un avance que, ademais, proxecta un efecto reequilibrador sobre o territorio no marco do noso compromiso coa Galiza interior”.

    Compromiso coa infancia e co país

    O vicepresidente nacionalista afirmou que “o compromiso deste Goberno coa educación infantil non é un compromiso puntual nin meramente cuantitativo, no convencemento de que as políticas sociais son parte integral da política de construción do país”. Así, Quintana lembrou que “as Galescolas non son unicamente un recurso a disposición das familias e dos cativos que nestes momentos teñen contacto coa rede, senón que son un ben público de interese social para o conxunto dos galegos e galegas. Un novo catálogo de oportunidades e recursos para responder aos desafíos que ten Galiza en múltiples ámbitos: a educación de calidade, a conciliación da vida familiar e laboral, o compromiso coa lingua, a dinamización do emprego e a cohesión social”.

    85 centros en 2008

    Quintana reafirmou o compromiso de contar “a finais deste mesmo ano con 85 galescolas en funcionamento”. No camiño de chegar a esta cifra, adiantou que xa se está a traballar na transmisión á rede de 12 escolas no mes de decembro.

    O vicepresidente lembrou que o obxectivo fixado polo departamento autonómico para a lexislatura é “ter 121 centros integrados na rede, e comprometeuse a non deter o ritmo de avance”. Así, lembrou que nestes momentos “o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar está a construír 6 novos centros e anunciou que ten reservada tamén neste ano 2008 unha contía de 3,5 millóns destinada á licitación de obra para a construción doutras 4 novas galescolas”.
    Categoría: ACTUALIDADE - Publicado o 06-09-2008 11:44
    # Ligazón permanente a este artigo
    Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
    O BNG HOMENAXEA MANUEL MARÍA POLO 4º CABODANO DO SEU FINAMENTO
    Manuel María
    O BNG da comarca de Lugo ten previsto celebrar este domingo 7 un acto de homenaxe no 4º cabodano do falecemento do Poeta Nacional de Galiza, Manuel María.

    No acto, que consistirá nunha oferenda floral ante a súa tumba, en Outeiro de Rei, intervirán Antón Bao, responsábel comarcal do BNG e vicepresidente da Deputación, e Esther López, responsábel de Organización do BNG na comarca. Posteriormente, realizarase unha lectura aberta dos seus textos e poemas por parte de todas aquelas persoas que desexaren participar.

    A biblioteca pública de Oleiros leva o nome do poeta da patria, que recibiu a primeira homenaxe despois do seu pasamento no Centro Cultural A Fábrica coincidindo coa celebración das Xornadas de Verán de Galiza Nova no noso concello.
    Categoría: AXENDA DE ACTOS - Publicado o 05-09-2008 13:04
    # Ligazón permanente a este artigo
    Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
    EN BOCA PECHADA...NON ENTRAN MOSCAS!
    Din os rumorosos que o Conselleiro Pachi Vázquez (Medio Ambiente), fai do Plano Acuícola do PSOE causa particular. Defende actuacións en zonas de costa incluídas na Rede Natura, piscifactorías altamente agresivas co contorno natural privilexiado de Camelle, Merexo e outros...

    Non resulta curioso ver como a conselleira de pesca se atopa "desaparecida" neste proxecto. A incompetencia da conselleira din os rumorosos que motivou a defensa pública do asunto por parte dun conselleiro máis curtido malia defender aquilo que debería ser indefendíbel por parte do titular de "medio ambiente".

    Se este é o que ten que velar pola conservación do contorno natural de Galiza...que metan o raposo coas galiñas!
    Categoría: QUE DIN OS RUMOROSOS? - Publicado o 05-09-2008 11:13
    # Ligazón permanente a este artigo
    Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
    O BNG LEVARÁ A CABO ''ACTUACIÓNS INDIVIDUALIZADAS'' CONTRA O PLANO ACUÍCOLA
    Bieito Lobeira
    Bieito Lobeira anunciou onte que o BNG levará a cabo contra o Plano Acuícola “accións individualizadas de proxectos para que non cheguen a ser realidade polo agresivos que son para o entorno”.

    Lobeira declarou onte en rolda de prensa que o bo do Plano Acuícola é que “cada proxecto terá unha tramitación individual onde terán voz e voto departamentos non afíns a outros partidos, como por exemplo a dirección xeral de Patrimonio, a consellaría de Medio Rural, ou Turismo, polo que a batalla non está rematada”. Así desde o BNG afírmase que se aspira a máis e quérese desmontar parte dos proxectos do plano.

    A xuízo do BNG o Plano Acuícola aprobado a semana pasada “é manifestamente mellorábel” e desde a fronte nacionalista quer deixarse claro que “o BNG non é o pai da criatura”.

    O parlamentario nacionalista manifestou que desde o BNG quer “evidenciarse que hai unha alternativa nacionalista en temas de Pesca e de Acuicultura en Galiza, sempre buscando a xeración de emprego e de riquezas”.

    Accións concretas

    Desde o grupo parlamentario quer deixarse claro cales son as piscifactorías que ven que incumpren as normas ou que son agresivas co entorno. Así, Lobeira declarou que “queremos frear a piscifactoría de Orelludas (Oia), a de Mougás, a de Laxe Brava (Ribeira), a de Xandriña (que o Plano a sitúa en Camariñas) e a de Cameselle (que o Plano a pon en Narón)”. Ademais, engadiu que desde o BNG está a pedirse a “redución da planta de Merexo, en Muxía, e facer retoques noutras”.

    Lobeira tamén declarou que o que pide o seu partido é que “se faga un plano con garantías, e que se sitúen as piscifactorías en condicións idóneas e nos lugares máis aptos da costa galega”.

    Intereses políticos

    Lobeira tamén denunciou que o Plano Acuícola “aposta polos intereses das políticas do Estado español e da Unión Europea, xa que ten como prioridades a piscicultura” e o que se busca é que “Galiza renuncie a ser unha potencia en pesca e iso concrétase cos fondos orzamentarios”.

    Así, desde o BNG o que piden como prioridade é a defensa do sector de cultivo e extractivo pesqueiro e marisqueiro por toda a riqueza que xera no noso país”, asegurou o parlamentario nacionalista.

    Hipocrisía do Partido Popular

    Bieito Lobeira subliñou que o Partido Popular tivo unha actitude con este plano que se pode definir coma “a antoloxía do disparate” xa que cando eles gobernaban “propoñían piscifactorías de xeito anárquico e moitas delas de forma ilegal, cargándose espazos coma Touriñán ou uns 300.000 metros cadrados de Corrubedo”. Así, continúa Lobeira, cando pasan á oposición seguen a dicir que “queren que se leve a cabo o plano, pero que a dilación na súa aprobación o que fai é que perdamos cartos, mentres que agora andan a dicir, facendo bandeira da súa coherencia, que hai proxectos agresivos”.

    Lobeira recalcou na rolda de prensa que o BNG “nunca irá da man do Partido Popular, porque os seus intereses son envelesados e envelenados, e só van da man dos intereses económicos”.
    Categoría: ACTUALIDADE - Publicado o 05-09-2008 10:15
    # Ligazón permanente a este artigo
    Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
    AZNAR, UN SUPER HEROE SEXUAL...
    Rachida dati

    Din os rumorosos que o ex-presidente do goberno español, José María Aznar, o "león das azores", non só "chuleaba" os españois, senón que, como no exército, "supónselle" a súa valía "sexual" e saltou á opinión pública a súa suposta paternidade no embarazo da ministra de xustiza francesa Rachida Dati.

    José Mari, non se sabe se é verdade o rumor ou son infundios, mais cando o rio soa...a Botella está chea.
    Categoría: QUE DIN OS RUMOROSOS? - Publicado o 04-09-2008 16:27
    # Ligazón permanente a este artigo
    Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
    ''TRANSFORMANDO GALIZA'', UN ARTIGO DE ANXO QUINTANA
    Anxo Quintana, Vicepresidente da Xunta de Galiza e Portavoz Nacional do BNG
    Reproducimos polo seu interese o último artigo publicado por Anxo Quintana, Portavoz Nacional do BNG e Vicepresidente da Xunta de Galiza, no seu caderno dixital, a día de onte 3 de Setembro.


    Transformando Galiza

    Transformando Galiza non é o estribillo dunha vella canción, é a savia nova que aportamos nestes tres últimos anos de Goberno do BNG na Xunta. Non teño a pretensión de entrar na seriedade das frases feitas, e menos neste foro, pero coido que esta exposición é unha bonita e creativa forma de expresarnos. Así que se vedes o noso bus-exposión non dubidedes en entrar e mirar no que basicamente se resume en traballo polo pais. É a unha forma de comunicación, unha maneira gráfica de proxectarmos o realizado neste tempo.

    Quería facer esta referencia porque como se di en linguaxe xornalística, iniciamos o curso político e á vista está que nós comezamos por explicarnos.

    Agosto foi un mes inquedo aínda que nós deixámonos guiar pola prudencia e a responsabilidade, evitando alentar a incómoda e sempre preocupante inestabilidade. Non tiña sentido azuzar a inestabilidade e erguer falsas expectativas de adianto eleitoral na Galiza pero foi un mes de especulacións continuas. Teño que dicer que estou especialmente satisfeito coa actitude do BNG. Tiña claro que non ía entrar en especulacións e menos en contextos como os actuais cunha crise económica da que se ocupar. Ademáis, non hai ningunha razón para plantexar un adianto das eleccións. Agora quedan moitos meses por diante para rematar a lexislatura e dar forma a todo o que fica por facer. Unha ardua tarefa para traballar polo acceso á vivenda, por mellorar a protección social á cidadanía, por impulsar o emprego, por dinamizar a economía, por revitalizar o rural. En fin, por continuar transformando o país.

    No imediato, non están nada lonxe os próximos Orzamentos Xerais do Estado para o 2009. No lado do si podería estar o BNG sempre e cando se cumpran os condicionantes que situamos enriba da mesa: máis compromisos con Galiza no tren de alta velocidade para que chegue en prazo e forma, maior financiamento para aplicar a Lei de Dependencia e maiores cotas de autogoberno son algúns dos ingredientes necesarios para a pócima.


    Categoría: ACTUALIDADE - Publicado o 04-09-2008 14:33
    # Ligazón permanente a este artigo
    Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
    O BNG abre o curso político este domingo en Allariz
    Nun acto no que se detallarán as "liñas vermellas" en caso de negociación co goberno do Estado: máis autogoberno, financiamento para aplicar a Lei de Dependencia e cumprimento dos prazos da alta velocidade ferroviaria

    O Bloque Nacionalista Galego, como vén facendo nos últimos anos, realizará este domingo 7 un acto público na vila de Allariz que servirá de apertura do novo curso político. Segundo Alberte Ansede, secretario de Organización do BNG, os nacionalistas avanzarán os principios xerais e as condicións concretas que porán en riba da mesa en caso de que o goberno no Estado -como todo parece indicar- requira os votos dos dous escanos nacionalistas en Madrid.

    Neste mitin (seguido dun xantar con militantes e simpatizantes) que terá lugar no “Ecoespazo” do Rexo, en Allariz, intervirá o propio Anxo Quintana, xunto co alcalde, Francisco García e o portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera.

    Ansede asegura que “os votos do BNG serán decisivos para aprobar os orzamentos ou para non aprobalos, porque nós non temos tomada ningunha decisión”. Segundo explicou, “dependerá só de que o presidente do goberno teña en conta a Galiza, como ten afirmado o noso portavoz nacional”.

    Anxo Quintana ten establecido tres demandas coas que acudirán os nacionalistas a negociar, baseadas en “cuestións que demanda de xeito unánime a sociedade galega”: o aumento do autogoberno; a dotación de fondos suficientes para que o Sistema Galego de Benestar poida aplicar en tempo e forma a Lei de Dependencia e o cumprimento dos compromisos sobre a chegada da alta velocidade ao noso país.

    Francisco Jorquera, pola súa parte, avanzará no acto a posición do BNG ante o novo curso político no Estado, centrándose sobre todo, na esixencia de medidas ante a crise económica.
    Categoría: ACTUALIDADE - Publicado o 03-09-2008 16:07
    # Ligazón permanente a este artigo
    Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
    QUINTANA LEMBRA QUE OS VOTOS DO BNG PODEN SER DECISIVOS PARA A APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS DO ESTADO
    TrackBack

    Anxo Quintana, portavoz nacional do BNG, visitou na mañá de onte en Moaña a exposición “Transformando Galiza”, que está a percorrer o país para explicar os logros de goberno do BNG nestes últimos 3 anos e os retos políticos máis próximos, entre eles os orzamentos do Estado para o ano 2009.

    En declaracións aos medios, lembrou que “o goberno do señor Zapatero non ten maioría e todo apunta a que serán os votos do nacionalismo vasco e galego os que fagan aprobar os orzamentos”. Porén, aclarou que “os votos do BNG serán decisivos para aprobalos ou para non aprobalos, porque nós non temos tomada ningunha decisión”. Segundo explicou, “dependerá só dunha cousa, de que o señor Zapatero teña en conta a Galiza”.

    Anxo Quintana indicou tamén que “é necesario que o señor Zapatero dea unha resposta positiva ao que ten sido un consenso unánime en torno á chegada da alta velocidade; é necesario que traslade os fondos necesarios para a aplicación da Lei de Dependencia”. Ao tempo, asegurou que a sociedade galega demanda tamén de xeito maioritario un aumento do autogoberno para ter capacidade de combater a crise.

    Autogoberno contra a crise

    O vicepresidente da Xunta marcou como repto para o nacionalismo galego “pór en marcha medidas para que, pondo en uso o noso autogoberno, os cidadáns e cidadás estean máis protexidos ante a nova situación económica consecuencia da crise”. “É certo que a crise económica é de ámbito mundial e Galiza non ten as competencias políticas necesarias para resolvela desde nós mesmos, mais si ten competencias para paliar os seus efectos”, dixo.

    Así, citou as medidas anticrise que impulsa o BNG desde o goberno galego: en primeiro lugar o Plano sectorial de vivenda protexida -xa é definitivo e espérase que entre en vigor antes do comezo do 2009- que consta de 97 actuacións en que se calificarán máis de 3 millóns de metros cadrados de solo residencial para a contrución de vivenda a prezo taxado . Tamén anunciou que se vai “fortalecer o Sistema Galego de Benestar” mediante un complemento autonómico ás pensións máis baixas.

    Decreto eólico

    O portavoz nacional do BNG incluíu entre as medidas anticrise o concurso eólico que resolverá en breve o departamento de Innovación e Industria. Posteriormente, en resposta ás preguntas dos medios, respondeu ás críticas do Partido Popular ao decreto impulsado pola consellaría que preside Fernando Blanco.

    “O PP non lle vai perdoar ao BNG que teñamos convertido o concurso eólico nun exemplo de transparencia, compromiso e servizo a Galiza. Por primeira vez, as competencias eólicas vanse adxudicar dun modo transparente e para servir o país”, asegurou.

    Segundo Quintana, “non nolo perdoan porque con este concurso fican ao descuberto 16 anos de actuación do PP en materia enerxética en que o único que se fixo foi beneficiar tres multinacionais e catro amigos”. O vicepresidente do goberno galego lembrou que “agora, para ter unha concesión eólica, ser masaxista non é un mérito; antes si; aquel que queira pór un muíño terá que crear empresas e emprego en Galiza”. “Antes, as concesións facíanse a dedo e agora serán mediante un concurso público, transparente, publicitado no DOG e no que poderá concursar todo o mundo”, recordou.

    “O vento de Galiza é dos galegos e das galegas; e polo tanto a xeración de enerxía terá que beneficiar os galegos e as galegas”, indicou.

    Exposición “Transformando Galiza”

    Quintana asegurou que a exposición 'Transformando Galiza' é “un exercicio de transparencia por parte dunha organización interesada en que a política sexa un proceso participativo en que a xente teña capacidade de coñecer o que se fai”. Esta exposición estaba onte por segundo día consecutivo en Moaña e trasládase mañá a Marín. Ao acto acudiron os alcaldes de Moaña, Xosé Manuel Millán, Bueu, Félix Juncal e a alcaldesa de Cangas, Clara Millán, así como a deputada Modesta Riobó, entre outros cargos institucionais e orgánicos do BNG.

    No acto, Quintana anunciou tamén que o BNG iniciará o novo curso político cun mitin que terá como escenario a vila de Allariz, escenario en que o nacionalismo avanzará as condicións para a negociación dos orzamentos do Estado.
    Categoría: ACTUALIDADE - Publicado o 03-09-2008 12:42
    # Ligazón permanente a este artigo
    Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
    JORQUERA PIDE A GALEGUIZACIÓN DAS MULTAS DE TRÁNSITO
    Francisco Jorquera, deputado nacionalista galego no Parlamento español
    O BNG solicita que os impresos das multas de tránsito sexan disponibilizados en Galego

    O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara española para demandar do Goberno español “que facilite os impresos por infracións de tránsito na lingua galega”.

    Jorquera denuncia ante a Cámara Baixa “a imposibilidade actual de poder realizar todos os trámites por este tipo de infraccións en Galego, incumprindo así as leis. “Malia que unha das autocopias das denuncias está en lingua galega, a folla principal que oferecen os axentes de tráfico para asinar á persoa denunciada só está escrita en Español”.

    O deputado do BNG lembra que este feito “vulnera as normas lingüísticas estabelecidas” e reclama da Administración central que arranxe este problema canto antes para rematar dunha vez “co reiterado incumprimento por parte do Goberno da legalidade existente en materia lingüística”.
    Categoría: ACTUALIDADE - Publicado o 03-09-2008 12:30
    # Ligazón permanente a este artigo
    Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
    © by Abertal
    Estadisticas y contadores web gratis
    Estadisticas Gratis