|
|
|
|
|
|
| Elecións Europeas |
|
 “Galiza, nación europea, ten tanto dereito a existir e estar representado nas institucións europeas como calquera outra nación”, asegurou Ana Miranda. “E ademais a estar representada en galego”, asegurou a candidata nacionalista, quen lembrou que a súa filla fala galego, castelán, francés e neerlandés, e que “as linguas suman e non restan”.
Para Ana Miranda, o BNG preséntase a estas eleccións tamén para defender outra idea de Europa. “Onde está Europa neste tempo de crise, no que mesmo Estados Unidos está facendo políticas máis progresistas que as propias institucións comunitarias”, dixo.
A que foi até agora representante “oficiosa” do BNG ante as institucións europeas e asistente parlamentar de Camilo Nogueira entre 1999 e 2004 prometeu facer unha campaña intensa, “percorrendo o país de Norte a Sur e de Leste a Oeste”. Asegurou así mesmo que os nacionalistas “faremos unha campaña tal e como somos nós: humilde, relacionada coa xente, directamente co pobo e desde logo, participativa”. O lema será "Imos a Europa, vés?".
“Seremos nós os que defenderemos o noso aire, mar e terra, defendendo tamén un país sustentábel”, aclarou.
Galiza non existiu para o PP e o PSOE
Asegurou, por outra parte, que o BNG non é “nin euroescéptico, nin eurooptimista” e reivindicou que o noso país defenda directamente os seus dereitos na Eurocámara. Nesa liña, fixo referencia ao período 1999-2004, no cal o BNG estivo representado através do eurodeputado Camilo Nogueira e tamén á lexislatura 2004-2009, na cal os nacionalistas galegos presentaron iniciativas mediante os partidos cos que foran coaligados.
“Hai que destacar un feito, que é que Galiza apenas existiu para os eurodeputados galegos do PP e do PSOE”, dixo. “Non lembro intervencións nas que falaran das nosas realidades: dos incendios, do textil, da pizarra, das conservas, do agro, do leite”, dixo.
Renegociación dos fondos estruturais
Miranda lembrou que no Parlamento Europeo se renegociarán os fondos estruturais apartir do 2010 “e nós imos estar alí para defender os nosos intereses sen intermediarios, como fan os partidos que teñen a súa sede central en Madrid”. De feito, a candidata nacionalista asegurou que “a nosa sede central é esta, nós queremos relacionarnos directamente de Galiza para Bruxelas, sen pasar por Madrid”.
Lembrou que en Europa se van decidir cuestións moi importantes “que afectan ás nosas vidas, como o Plan Boloña no ensino, a directiva de Servizos, ou a directiva de servizos”. E así mesmo, lembrou que o BNG non estará só no Parlamento Europeo, senón que intervirá através da súa “familia política” da Alianza Libre Europea -partido no que están integrados os nacionalismos progresistas do continente-, que forma grupo parlamentar cos Verdes.
|
|
|
|
|
| Asamblea |
|
 A Asemblea Nacional Extraordinaria deste 10 de Maio deu un novo e decidido impulso ao proxecto nacionalista e transformador do BNG. O debate dado nas Asembleas comarcais e no propio plenario da Asemblea Nacional mostrounos unha organización seria; onde o debate das ideas estivo por riba dos personalismos que se dan noutras forzas políticas.
O debate que se deu na Asemblea Nacional do BNG mostro claramente que non se pode apostar polo continuísmo na forma de facer política que a fronte estaba a levar a cabo. Entendeu que había que poñer ao día o proxecto nacionalista e transformador do BNG e que había que apostar por un cambio de rumbo, para recuperar o contacto cos sectores sociais que no pasado tiveron o BNG como referente político e que nas pasadas eleccións non nos apoiaron nas urnas; poñendo énfase no carácter nacionalista e popular que definiu ao BNG desde o seu nacemento. O BNG é unha forza transformadora; nacionalista e de esquerdas, que loita polos intereses de Galiza e que se contrapón de xeito claro e decidido ás políticas máis reaccionarias e rancias que a dereita española, o PP, quere levar a cabo no noso país.
No seo do BNG rematouse o debate e a partir de agora actuaremos coma unha organización unida e sen fisuras. Como rezaba o lema da nosa Asemblea Nacional, co pobo galego cara adiante! O noso traballo por este país non rematou, aínda lle queda un longo camiño ao BNG por diante.
|
|
|
|
|
| Portavoz Nacional |
|
Guillerme Vázquez (Naceu en Pontevedra en 1952. Licenciado en Medicina. Exerceu como profesor no Instituto Frai Martín Sarmiento de Pontevedra. Concelleiro nesta cidade (1995-1996), deputado no Parlamento Galego (1993-1996) e no Congreso dos Deputados (1996-2004). Desde 2003 foi membro do Goberno Municipal de Pontevedra. Así mesmo, Vázquez tivo os cargos de responsábel local e comarcal do BNG en Pontevedra, e foi membro do Consello Nacional do BNG e da súa Permanente en varias etapas foi elixido novo portavoz nacional do BNG ao obter, a lista á executiva que el encabezaba (Alternativa pola Unidade), o 55 por cento dos votos, sumando o 44,90 por cento os votos obtidos por Carlos Aymerich, encabezando a lista Máis BNG.
|
|
|
|
|
| BOP |
|
Anuncio
PAGAMENTO DE PREZO XUSTO POLA EXPROPIACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA
EXECUCIÓN DO PROXECTO DENOMINADO PARQUE EÓLICO SERRA DE MEIRA, SENDO O BENEFICIARIO
A EMPRESA IBERDROLA ENERGIAS RENOVABLES DE GALICIA S.A.
Faise saber a tódolos interesados no expediente, no que se sigue o procedemento expropiatorio da instalación do parque eólico de referencia, que o día 4 de maio de 2009, ás 10:00 horas, na Casa do Concello de Meira, para o pagamento dos predios nº 268, 271, 287, 337, 343 e 418, o día 4 de maio de 2009, ás 12:00 horas na Casa do
Concello de Meira, para o pagamento dos predios nº 296-A, 296-B, 345, 349-G, 355-B e 355-C, o día 5 de maio de 2009, ás 10:00, na Casa do Concello de Meira, para o pagamento dos predios nº 262, 273, 274, 290-B, 298, 338-E e 417, o día 5 de maio de 2009, ás 12:00 horas, na Casa do Concello de Meira, para o pagamento dos predios
nº 303, 332, 373 e 429, o día 6 de maio de 2009, ás 10:00 horas na Casa do Concello de Ribeira de Piquin, para o pagamento dos predios nº 40, 41, 55, 124, o día 6 de maio de 2009 ás 11:00 horas na casa do concello de Ribeira
de Piquin, para o pagamento dos predios nº 66, 69, 169, 171, 202 e 227, incluídos no expediente,.segundo a resolución dictada polo Xurado Provincial de Expropiación, debendo advertir a tódolos propietarios das fincas afectadas,ós que serán notificados individualmente, que os pagamentos realizaránse nas condicións que establecen osartígos 48 da Lei de expropiación forzosa, de 16 de decembro de 1954, e 48, 49 e 50 do seu regulamento, de 26
de abril de 1957.
BOP 18/04/09 |
|
|
|
|
| BOP |
|
Anuncio
Pola Xunta de Goberno Local do Concello de Meira,
en sesión celebrada o día 30 de marzo de 2009, procedeuse á adxudicación provisional dos seguintes contratos, incluídos dentro do Fondo Estatal de Inversión Local, polas seguintes contías e ás empresas indicadas
a continuación:-
Contrato de obras para “novo colector xeral de
saneamento dende a zona de “O Carballal” e obras
varias”: adxudicado provisionalmente por importe de 84.725,53 euros (dos cales 11.686,28 euros corresponden ao IVE) á empresa OVISA, Pavimentos y Obras,S.A., con CIF nº A-15016207.
- Contrato de obras para “reparación e mellora do
polideportivo”: Adxudicado provisionalmente por importe de 159.282,38 euros (dos cales 21.969,98 euros corresponden ao IVE) á empresa Construcciones Carballeira, S.L., con CIF nº B-27121961.
Meira, 31 de marzo de 2009.-
BOP 17/04/09 |
|
|
|
|
| Anuncios |
|
 Pola Xunta de Goberno Local do Concello de Meira,
en sesión celebrada o día 16 de marzo de 2009, procedeuse
á adxudicación provisional do contrato de servizos
para actividades formativas e de divulgación de
valorización integral e promoción da multifuncionalidade
do monte e defensa e prevención de incendios forestais,
á empresa CERNA, Ingeniería y Asesoría
Medioambiental, S.L.P., con CIF nº B-27284835.
Notificación colectiva das liquidacións das taxas por
vados e entrada por beirarrúas, exercicio 2009.
A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o
día 16 de marzo de 2009 acordou a aprobación do
padrón de vados e entrada por beirarrúas do exercicio
2009 que estará exposto nas oficinas municipais en
horario de 9:00 a 15:00 horas, durante un prazo de 20
días, contados a partir do día seguinte o da súa publicación
no B.O.P. de Lugo, aos efectos de que poida ser
examinado e presentar as reclamacións que se estimen
pertinentes, entendéndose definitivamente aprobado se
transcorrido o devandito prazo non se formulara reclamación
contra o mesmo.
Asemade acórdase a apertura do prazo de recadación
en período voluntario que será segundo o seguinte
detalle:
PRAZO DE INGRESO EN PERIODO VOLUNTARIO:
ATA O DÍA 30 DE XUÑO DE 2009.
Transcorrido o prazo de ingreso voluntario, sen que
se efectuaran os pagamentos correspondentes, iniciarase
o período de constrinximento, cos recargos e xuros
que establece a lexislación tributaria aplicable.
Meira, 17 de marzo de 2009.
BOP 03/04/09 |
|
|
|
|
| Resultados Meira |
|
O candidato nacionalista Anxo Quintana admitíu que o BNG “non cumpríu cos seus obxectivos electorais” e comunicou que se puxo en contacto esta noite co líder do PPdeG para lle transmitir a súa “felicitación e a do BNG polo seu éxito electoral nesta noite”.
O candidato transmitíu “unha mensaxe de agradecemento aos milleiros de galegos e galegas que hoxe confiaron no proxecto propio para este país que representa o BNG. O noso agradecemento pola confianza que nos anima a seguir traballando nun proxecto no que levamos traballando tanto tempo”, ao tempo lanzou unha “aperta fraternal e o meu agradecemento aos centos de militantes e amigos e amigas que traballaron con ilusión para que unha forza política propia do país tivera o maior apoio posíbel”.
“Os apoios recibidos son importantes e anímannos a seguir traballando. Empeza unha nova etapa para Galiza, para o país, cun novo goberno que terá que enfrentar un goberno difícil para todos e todas”, dixo.
“O compromiso do BNG vai ser”, tal e como dixo Anxo Quintana, “como se estivéramos no goberno, o de estar ao lado da xente. O BNG é unha forza política da xente e para a xente, o que máis nos preocupa é a xente, como sempre foi”.
|
|
|
|
|
| A campaña rastrera do PP |
|
A mentira, a difamación, e agora tamén os paparazzi son as armas que está a utilizar o señor Núñez Feijoo nesta campaña, a máis suxa e rastreira das que se recordan. Por inventar ata inventan accidentes de tráfico. Non sei ata onde quere chegar o PPdeG antes do 1 de marzo, o que está claro é que Feijoo é demasiado covarde para querer defender esas mentiras debatendo. E con, todo, non nos van tumbar. Esta política de difamacións terá o seu xusto castigo o vindeiro domingo nas urnas.
|
|
|
|
|
| Alcalde sin Foto |
|
O BNG está sendo atacado de forma sistemática por diversos medios de comunicación, alimentada dende o PP e as suas organizacións satélite, plataforma mediática incluida.
Esta campaña está destinada a enganar á opinión pública, a furia coa que nos atacan só se explica nunca clave, o BNG é o inimigo a bater non só polo PP, senón polos poderes fácticos que o sustentan.
A campaña anti-BNG baséase na mentira e na difamación, non reparan en utilizar contra nós técnicas gangsterís, envios de mensaxes anónimas á prensa, colocación de pasquíns injuriosos sobre o mobiliario urbano e a propagación de todo tipo de infundios destinados a criar a idea de que todas as forzas políticas somos iguais.
Un destes exemplos poidemolo ver na nota publicada o martes na Voz de Galicia na sua edición de Lugo. No que se arremete contra do BNG inventando unha nova que non foi tal.
*na citada nota cabe destacar o titular no que se di que “El Director Xeral de Acción Social (BNG) visitó Meira y evitó fotografiarse con el alcalde de Terra Galega”
Aclaración,
Certo é que o Sr Bieito Seara pediulle o Sr Alcalde de Terra Galega que non desexava fotos, pois a visita oficial poderia confundirse con un acto electoral, cousa que non desexaba , xa que a visita era un mero tramite para ver o emprazamento do futuro centro de dia, sen ningún tipo de inauguración, firma de acordos nin nada polo estilo. O sr Alcalde pareceu entender, así coma o único fotografo que estaba na visita, a postura do director xeral, logo da nota vemos que non foi asi
O BNG de Meira cree que a forma de facer politica municipal non é sair na Foto e buscar novas donde non as ai, senon os feitos e o traballo cotiá que ten que desempeñar e polo que lembramos cobra.
Sentimos que o partido do sr alcalde teña que utilizar informacións falsas para poder sair na prensa, e utilizar as mismas técnicas co PP
María Vega
Voceira BNG Meira
|
|
|
|
|
| Meira |
|

A candidata do BNG pola provincia de Lugo, Esther López, participou no acto celebrado en Meira pedindo o voto para a “única forza política, o BNG, que pode continuar co cambio no país”. Tamén considerou fundamental o papel dos lucenses nas vindeiras eleccións e convidounos a participar na transformación do país que o BNG iniciou dende o Goberno con novas políticas de benestar, de apoio á economía produtiva e ao desenvolvemento do medio rural.
|
|
|
|
|
| Acto electoral en Meira |
|

|
|
|
|
|
| Xantar |
|
 Representantes do BNG de Meira acompañaron a Fernando Blanco no xantar
M. M. L.(Progeso)01/02/09.
O cabeza de lista do BNG por Lugo, Fernando Branco, compartiu este sábado o arranque da campaña nun xantar-mitin na capital na que expresou a súa certeza de que "o BNG vai crecer moito en Galicia especialmente en Lugo" nos próximos comicios autonómicos. Branco asegurou que a formación nacionalista conseguirá "magníficos resultados" e vai "a conquistar novos espazos", dixo.
As eleccións do 1 de marzo "son importantes porque o proxecto de transformación e cambio profundo no país que iniciamos fai catro anos ten que continuar", afirmou Branco, que sinalou "a valentía" dalgunhas das decisións que se tomaron durante os últimos catro anos, como o Banco de Terras, a Lei de Vivenda ou o decreto eólico. "Moitas das nosas medidas nestes catro anos xeraron polémica porque son proxectos transformadores e valentes que este país precisaba e os do BNG atrevémosnos", enfatizou.
No campo que lle toca de preto, como conselleiro de Innovación e Industria, Branco subliñou que por "primeira vez a enerxía vai quedar neste país e vai a redundar nun beneficio para o conxunto dos galegos e galegas". Branco asegurou que labradores, "ganaderos, cooperativas e comunidades de montes sexan os principais adjudicatarios do concurso".
No tocante á crise, Fernando Branco defendeu a necesidade de que Galicia conte con instrumentos financeiros propios. "Se algo necesita o país é un instituto de crédito propio", dixo. "Non deixa de ser sorprendente que o PP e o PSOE defendan que un ICO é moi bo no Estado pero moi malo en Galicia", sinalou, e insistiu en que a eses dous partidos "o que lles molesta é que os galegos e galegas teñamos capacidade de autogobierno, de tomar decisións propias; queren que dependamos doutros e con ese obxecto tratan de boicotear os proxectos do BNG", apuntou.
Na comida-mitin de inicio de campaña, celebrada onte no restaurante A Palloza, déronse cita unhas 400 persoas.
|
|
|
|
|
| Nos tamén somos Anxo Quintana |
|
Cando se trata de defender o noso país tod@s somos Anxo Quintana |
|
|
|
|
| Xuntanza Comarcal en Meira |
|
 O BNG xuntou en Meira a militantes e simpatizantes de Meira, Ribeira de Piquín, Pol, A Pastoriza e Castro de Rei como antesala á campaña electoral para os comicios galegos
Os nacionalistas destacaron a forte implicación das consellarías gobernadas polo BNG cos concellos da zona, na que se realizaron investimentos millonarios en actuacións coma a posta en marcha dun estabelecemento pertencente á Rede de Comercio Rural Galego en Bretoña, a futura construción do centro de día en Meira ou a aplicación do Banco de Terras que beneficia a concellos gandeiros coma Pol ou A Pastoriza
Meira. 16 de xaneiro. O BNG avaliou como positiva e esperanzadora, para o país, a acción transformadora das consellerías dirixidas polos nacionalistas no Goberno Galego. Na xuntanza celebrada en Meira con militantes e simpatizantes do BNG dos concellos de Meira, Ribeira de Piquín, Pol, A Pastoriza e Castro de Rei, as persoas asistentes avaliaron como moi positivas as accións que o BNG impulsou dende a Xunta de Galiza. Un exemplo destas accións foi o investimento de máis de 70.000 euros por parte da Consellaría de Innovación e Industria, que dirixe o lucense Fernando Blanco, para a recuperación dunha taberna-tenda en Bretoña que pasou a formar parte da Rede de Comercio Rural Galego. Tamén se valorou a futura construción do centro de día en Meira, no que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar correrá cos custes de construción e funcionamento, logo da cesión dos terreos por parte do concello trala súa entrada no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Na xuntanza de hoxe, que se enmarca na rolda de reunións que está a manter o BNG da comarca de Lugo nas distintas localidades co obxectivo de mobilizar á súa base electoral de cara aos próximos comicios autonómicos, estiveron presentes Esther López e Xosé Manuel Becerra, que son candidatos do BNG pola provincia de Lugo nos postos cuarto e séptimo das listas electorais para as eleccións ao parlamento galego. Na vindeira semana estas xuntanzas desplazaranse a Becerreá o vindeiro martes día 20 e a Vilalba o 21.
|
|
|
|
|
| Convención Electoral |
|
A Convención Electoral Nacional, en directo
A partires das 18 horas, poderás seguir o acto no teu computador clicando na seguinte ligazón.
BNG- directo |
|
|
|
|
| Eleccións Galegas |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|