BNG. MEIRA


Espazo do BNG Meira


Taboeiro de novas locais




RSS to JavaScript


MEIRA
 CATEGORÍAS
 Ligazóns
 POST DESTACADOS
 buscas algo?
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 FOTOBLOGOTECA

Anuncio de licitación
Redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Meira

convocatoria do procedemento aberto para a adxudicación do "CONTRATO DE SERVIZOS PARA A REDACCIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE MEIRA",

Boletín Número 260, de 11/11/2008
Categoría: BNG de Meira - Publicado o 11-11-2008 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Ampliación Poligono II fase.

.Oito empresas xa solicitaron terreo para ampliar as súas instalacións nunha superficie total de 17.000 metros cadrados netos de solo produtivo

.A equipa redactora iniciou xa a Modificación do Plan Parcial necesaria para levar a cabo esta ampliación



A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, acordou cos empresarios de Meira a ampliación en 20.000 metros cadrados do Parque Empresarial desta localidade, respondendo así as solicitude para poder ampliar as naves xa ubicadas na primeira fase. De feito, oito empresas xa solicitaron terreo para ampliar as súas instalacións nunha superficie total de 17.000 metros cadrados netos de solo produtivo.

Co fin de levar a cabo esta ampliación, a equipa redactora xa iniciou a Modificación do Plan Parcial necesaria para lear a cabo esta ampliación. Neste momento o conta con 34 parcelas comerciais cunhas dimensións de entre 445 e 20.744 metros cadrados.

O Parque Empresarial de Meira conta cunha superficie total en 48.800 metros cadrados de solo empresarial, 3.498 dedicados a uso social e deportivo, 8.416 metros cadrados reservados para zona verde e 14.994 destinados a vías e aparcamentos. O investimento total da primeira fase executada ascende a 881.130 euros e localízase na estrada N-640, a 35 quilómetros de Lugo.
Categoría: Urbanismo e Vivenda - Publicado o 15-10-2008 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Asamblea Nacional
Xose Salgado e María Vega,
Xose Salgado e María Vega.
A Asemblea Nacional Extraordinaria do BNG elixiu o domingo pasado a Anxo Quintana candidato á presidencia da Xunta de Galiza co 95,7% dos votos a favor.

En total 1.314 delegados e delegadas deron o seu apoio ao candidato; mentres que houbo 38 votos en contra, 18 en branco e 3 nulos.
A de Anxo Quintana foi a única candidatura que se presentou a este proceso eleitoral e contou co aval de 3.332 delegados e delegadas.
Categoría: BNG de Meira - Publicado o 07-10-2008 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
anuncio bop
Adxudicación definitiva do contrato de servizos para a recollida, transporte e valorización dos residuos orgánicos procedentes da depuradora

Pola Xunta de Goberno Local do Concello de Meira, en sesión celebrada o día 1 de setembro de 2008, procedeuse á adxudicación definitiva do contrato de servizos para a recollida, transporte e valorización dos residuos orgánicos procedentes da depuradora á empresa AGROAMB PRODALT, S.L.U.


Boletín Número 231, de 07/10/2008
Categoría: BNG de Meira - Publicado o 07-10-2008 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Delegados por Meira

Meira contará con tres delegados na Asamblea extraordinaria do BNG
Xose Salgado, María Vega e Xosé Lourido foron elexidos delegados pola comarca de Lugo-Centro en representación do noso concello.

p.v.
pvilarino@elprogreso.es

Un total de 86 delegados representarán á comarca de Lugo na Asemblea Nacional do BNG, que o vindeiro domingo, día 5, elixirá ao candidato nacionalista á presidencia da Xunta de Galicia, que será previsiblemente Anxo Quintana.
Así o pasado sabado os militantes do BNG pertencentes aos 37 municipios da comarca, que votaron unha lista de consenso que integra «as distintas sensibilidades existentes dentro dá formación nacionalista», sinalaron. A candidatura de delegados para a Asemblea Nacional está encabezada polo responsabel de de política municipal do BNG na comarca, Xosé Manuel Becerra, e dá cabida a militantes de todas as localidades, entre os que se inclúen representantes de todos os municipios da comarca e tres dos cinco delegados provinciais das consellerías do BNG . A proposta de lista foi elaborada pola dirección comarcal tomando como basee a actual composicion do Consello Comarcal e buscando «unha lista representativa dá vida do BNG na comarca, con presenza de militantes de todas as localidades e equilibrada en canto a presenza de homes e mulleres», destacou Antón Bao, secretario comarcal. Os nacionalistas lucenses acudirán a Santiago, á primeira Asemblea con delegados, con 86 representantes, 51 homes e 35 mulleres, aos que se engaden os sete delegados natos cos que conta a comarca de Lugo por pertencer ao Consello Nacional, máximo órgano de dirección do BNG. Na lista figuran tamén os tres concelleiros da cidade de Lugo, a máis diso varios nacionalistas ligados á CIG e o máximo responsable da Sociedade de Xestión do Xacobeo, Ignacio Rodríguez Eguíbar.

Categoría: BNG de Meira - Publicado o 29-09-2008 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Categoría: Aberto a todos - Publicado o 18-09-2008 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Regulamento da Escola e Banda Municipais de Música
Aprobados inicialmente no Pleno de 5 de setembro de 2008 o Regulamento da Escola e Banda Municipais de Música e a ordenanza fiscal reguladora do prezo público por actuacións da Banda Municipal, sométense a información pública por prazo de trinta días, durante os cales os interesados poderán formular as reclamacións ou suxerencias que se estimen oportunas.

Boletín Número 214, de 16/09/2008
Categoría: BNG de Meira - Publicado o 18-09-2008 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Festa da Malla

Os membros do BNG de Meira celebramos un xantar de confraternidade o pasado domingo
co gallo da Festa da Malla, na que contamos coa presenza de, entre outros, Emilio
López (Delegado Provincial da Consellaría do Medio Rural), Antonio Veiga
(Responsábel da Área de Cultura da Deputación de Lugo), Federico Gutiérrez Estoa
(Alcalde do Concello de Riotorto), Paz Abraira (membro da executiva nacional do
BNG), Xosé Manuel Becerra (Responsábel Comarcal de Política Municipal), así coma
concelleiros/as e amigos/as de varios municipios veciños.

Tamén visitou a malla o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco,
aínda que por motivos de axenda non puido compartir o xantar co grupo
Comentarios (1) - Categoría: BNG de Meira - Publicado o 03-09-2008 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
aberto o prazo para subvencións a asociacións concello de Meira
bases para a concesión de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral ou social do exercicio 2008, procédese á súa convocatoria mediante este anuncio no BOP para que os interesados presenten, no prazo de VINTE DÍAS NATURAIS, dende esta publicación

Boletín Número 202, de 02/09/2008
Comentarios (0) - Categoría: Cultura - Publicado o 03-09-2008 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Anuncio
Aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 31 de xullo de 2008 o proxecto de urbanización da unidade de actuación AR-1, da zona de O Carballal (Meira), sométese a exposición pública dito expediente por prazo de vinte días hábiles a partir da publicación deste anuncio no BOP de Lugo, durante os cales poderán presentarse as reclamacións ou alegacións que se estimen oportunas.
En Meira, a 1 de agosto de 2008.

Boletín Número 181, de 07/08/2008
Categoría: BNG de Meira - Publicado o 14-08-2008 07:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Anuncio Concello
Notificación colectiva das liquidacións das taxas por vados e entrada por beirarrúas, exercicio 2008.
A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 4 de xullo de 2008 acordou a aprobación do padrón de vados e entrada por beirarrúas do exercicio 2008 que estará exposto nas Oficinas Municipais en horario de 9:00 a 15:00 horas, durante un prazo de 20 días, contados a partir do día seguinte o da súa publicación no B.O.P. de Lugo, aos efectos de que poida ser examinado e presentar as reclamacións que se estimen pertinentes, entendéndose definitivamente aprobado se transcorrido o devandito prazo non se formulara reclamación contra o mesmo.
Asemade acórdase a apertura do prazo de recadación en período voluntario que será segundo o seguinte detalle:
PRAZO DE INGRESO EN PERIODO VOLUNTARIO: ATA O 30 DE SETEMBRO.
Transcorrido o prazo de ingreso voluntario, sen que se efectuaran os pagamentos correspondentes, iniciarase o período de constrinximento, cos recargos e xuros que establece a lexislación tributaria aplicable.
Meira, a 14 de xullo de 2008.

Boletín Número 171, de 26/07/2008
Categoría: Axenda Local - Publicado o 30-07-2008 21:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Imposto de vehículos 2008
Notificación colectiva das liquidacións do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, exercicio 2008.
A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 4 de xullo de 2008 acordou a aprobación do padrón do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (I.V.T.M.) do exercicio 2008 que estará exposto nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 15:00 horas, durante un prazo de 20 días, contados a partir do día seguinte o da súa publicación no B.O.P. de Lugo, aos efectos de que poida ser examinado e presentar as reclamacións que se estimen pertinentes, entendéndose definitivamente aprobado se transcorrido o devandito prazo non se formulara reclamación contra o mesmo.
Asemade acórdase a apertura do prazo de recadación en período voluntario que será segundo o seguinte detalle:
PRAZO DE INGRESO EN PERIODO VOLUNTARIO: ATA O 30 DE SETEMBRO.
Transcorrido o prazo de ingreso voluntario, sen que se efectuaran os pagamentos correspondentes, iniciarase o período de constrinximento, cos recargos e xuros que establece a lexislación tributaria aplicable.
Meira, a 14 de xullo de 2008.

Boletín Número 171, de 26/07/2008
Comentarios (10) - Categoría: BNG de Meira - Publicado o 30-07-2008 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Orzamentos 2008
Ós efectos do disposto no artigo 161.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, faise público para xeral coñecemento, que esta Corporación, en sesión plenaria celebrada o día 13 de xuño de 2008, adoptou o acordo inicial de aprobación do orzamento para o exercicio 2008, e trascorrido o prazo de exposición pública, sin que se presentasen reclamacións contra o mesmo, considerase definitivamente aprobado.
O importe do mesmo, resumido por capítulos é o seguinte:


Boletín Número 171, de 26/07/2008
Comentarios (7) - Categoría: BNG de Meira - Publicado o 30-07-2008 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Actividade Lúdica para os nen@

A Asociación M de meira, organiza o campamento urbán

Mais informacion: Mdemeira.org
Categoría: Axenda Local - Publicado o 30-07-2008 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ANUNCIOS. DA ADMINISTRACIÓN LOCAL
De acordo co disposto no artigo 237 da Louga, sométese á información pública o convenio urbanístico de xestión para a monetarización do aproveitamento urbanístico lucrativo municipal da área de repartición AR-1 (O Carballal, Meira), por un prazo de vinte días hábiles desde a publicación deste anuncio no DOG. O expediente poderá consultarse nas oficinas do Concello de Meira en horario de atención ao público.

Diario Oficial de Galicia
mércores, 16 de xullo de 2008

enlace DOG
Categoría: Axenda Local - Publicado o 18-07-2008 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Vivenda urbanizará 20.000 metros cadrados no polígono de Meira
En resposta á petición dous empresarios do polígono industrial de Meira, que solicitan máis superficie para a ampliación dás súas instalacións, a Consellería de Vivenda e Solo procederá á urbanización dá segunda fase, que constará de 20.000 metros cadrados. Para a súa execución, Vivenda procederá a modificar o plan parcial e o proxecto de urbanización.
Para elo estanse a reunir co empresariado da zona co obxectivo de iniciar a redacción e tramitación dos proxectos no último trimestre do ano.
Categoría: Urbanismo e Vivenda - Publicado o 18-07-2008 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis