|
|
| Boletín informativo do BNG de Viveiro |
|
Este é o Boletín informativo do BNG de Viveiro.
Actualmente atopámonos en construción |
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| As mentiras e ruindades de Melchor Roel |
|

“La mentira tiene las patas cortas”. Esta é a frase da que Roel bota man machaconamente nas súas peroratas. Hoxe ímoslla pedir prestada para aplicar neste caso:
Domingo, 25 do mes que andamos. Roel imparte a bendición urbi et orbi desde o seu novo despacho e cando lle preguntan polo recurso que o BNG ten presentado contra a modificación do contrato da concesionaria que xestiona a auga e o saneanento, dí que o recurso foi presentado fóra de prazo.
A mentira, Roel, ten as patas curtas. Vexamos: o acordo foi tomado na sesión de pleno do día 27 de marzo. O recurso do BNG foi presentado, en tempo e forma o 25 de abril. Que é o que está fóra de prazo ?. É vosté, señor Roel un MENTIREIRO, así con todas as letras. Que vergoña!
Hoxe. Luns, 26. Na sesión de Pleno non figura nen o recurso, nen unha moción que desde hai máis de 26 días foi formalmente rexistrada no Concello. Xa non foi tratada na sesión anterior. Hoxe vennos co conto de que se extraviou. Quen a extraviou? Iso non llo cre ninguén. É vosté un trapalleiro.
Sega, sr. Roel, en solitario, coas súas mentiras e as súas trapalladas. Predique todo o que queira. O BNG élle moito máis serio e non o asustan nen as súas mentiras nen as súas ruidades.
Consello Local Bloque Nacionalista Galego
Viveiro, 26 de maio de 2008
|
|
|
|
|
|
|