BNG de ESGOS


BENEGA Ó DIA <<<>>> PICA NOS RECADROS

TrackBack


TrackBack








CHEGA POR FIN DENDE TANTOS ANOS A ESGOS(PXOM) O PLAN XERAL A XUNTA DALLE O APROBADADO DIFINITIVO A PRIMEIROS DO ANO 2009 OLLEA
<<<<< PICA >>>>>


TrackBack




Ver mapa maior



Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego



TrackBack










Vídeo do Bloque Nacionalista Galego para as Eleccións Municipais do 27 de maio de 2007






O meu perfil
bng.esgos@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Pérez Bouza pede a Chaves que se transfiran a Galiza as competencias pendentes: tráfico, policía autonómica e autovías AP-9 e AP-53
Madrid, 25 Xuño 09. O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, dirixiuse en galego hoxe ao Ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, para que se desenvolva plenamente o Estatuto galego e se traspasen a Galiza as competencias pendentes como o tráfico, as autovías interiores AP-9 e AP-53 ou a policía autonómica galega.

Subliñou que o BNG defende un Estatuto de nación pero mentras non chega “é preciso que se desenvolva íntegramente o Estatuto actual, pois despois de 30 anos de vixencia aínda hai competencias pendentes de transferir”. Así aludíu a aquelas que incluso recibiron o respaldo unánime do Parlamento galego e froito do acordo de todas as forzas políticas: tráfico, as autovías interiores e a creación da policía propia.

Poña en marcha a Comisión de Seguimento das Infraestruturas

Outra das cuestións que puxo enriba da mesa foi a relativa á necesidade de pór en marcha canto antes a Subcomisión de Seguimento das Infraestruturas galegas. Foi unha demanda froito do acordo entre o BNG e o Goberno no marco dos Orzamentos do pasado exercicio. “Pero un ano máis tarde segue sen convocarse”. Lembrou que o Ministro de Fomento na comparecencia do pasado luns dixo que “era competencia súa. Por iso lle pido que se poña en marcha canto antes”.

Financiamento autonómico: o acordo do Parlamento galego

Pérez Bouza voltou a reivindicar que a variábel de poboación para definir canto cartos lle corresponda a cada CC.AA debe ser modulada por outras variábeis. Aquí, subliñou, “hai outro acordo do Parlamento galego para que teñan maior peso a dispersión xeográfica, a orografía, o envellecemento, a emigración e tamén o feito de ter lingua propia. Senón as diferenzas entre CC.AA seguirán a medrar”. Ademáis, puxo o aceno no feito de que na Galiza servizos públicos como o transporte escolar son máis caros debido precisamente á dispersión.

Para o senador do BNG tan “urxente é o financiamento autónomico como o local xa que os concellos non contan cos recursos suficientes neste momento de crise onde hai máis bolsas de probeza para facer fronte á situación”. Aínda que, iso sí puntualizou, o financiamento local debe separarse do autonómico.

Aludíu asemade á Lei de Réxime Local que “efectivamente se debe consensuar coa FEMP pero tamén debe ser consensuada coas federacións municipais representativas das CC.AA e coas forzas políticas”.

Incentivar o plurilinguismo


No que atinxe á defensa do plurilinguismo, o senador do BNG acolleu con satisfacción as intencións de Manuel Chaves de promover as linguas cooficiais, mais “isto demostra que non se fixeron os deberes. Pídolle que axude a impulsar outras medidas” en alusión a que os senadores poidan falar na lingua propia no Senado, e non só nas sesións da Comisión de CC.AA, e tamén que o Instituto Cervantes non só defenda o español senón que tamén asuma a defensa das outras linguas do Estado”.

Plan para o 2010

Respeito ao futuro plan anunciado por Chaves esta mañá para o 2010 cun orzamento de 5.000 millóns, o senador do BNG demandoulle que non só se teña en conta a variábel de poboación. “Non sempre os concellos con máis poboación teñen máis parados, é inxusto ponderar só a poboación”.
Categoría: Actualidade - Publicado o 27-06-2009 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Ó ALCALDE DE ESGOS NON TEN OUTRA MANEIRA DE TIRAR COS CARTOS


O INCREMENTO DOS VISITANTES QUE SE ACHEGAN A OLLAR O NOSO PATRIMONIO COMO SE TRATA DA RUTA DOS MUIÑOS QUE TEMOS EN ESGOS E IMPORTANTE QUE FACILITARLLES OS ACESOS E NON DERRAMALOS


No ultimo pleno do día 12 de Maio os concelleiros de BNG fanlle un a pregunta o Alcalde ¿quen foi o autor de colocar madeira por o chan nun sendeiro de patrimonio que conduce a ruta de muíños no concello de Esgos? orgullosamente die que o ordenou a facer el mesmo o autor

Totalmente rediculo a colocación de estes palés inclinados e perigosos impiden o aceso tanto a turistas como o poder achegarse os propietarios dos muíños para realizar os arranxos e mantemento dos mesmos non teñen outro tipo de acceso comentan que desta maneira non se da pasado nin con un simpla carretilla.

E ridículo os cartos que se gastan en Esgos en cousas que non son útiles senón todo o contrario

Ó portavoz Manuel Penedo, reclama o Alcalde que por parte do concello se faga un xiro totalmente anulando este proxecto e se retire estes suplementos de palés de madeira e deixen a estrada por o menos libre, tal e como estivo dende séculos, ou se faga un arranxo un pouco decente con pedra adecuado o patrimonio, por o menos non urxe perigo tal e como está agora.
Categoría: Actualidade - Publicado o 18-06-2009 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG consegue o seu obxectivo de ter unha voz galega en Europa e Ana Miranda será deputada ano e medio
O portavoz nacional agradece aos galegos e galegas o seu apoio ao BNG

Santiago de Compostela, 7 Xuño 09.- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, vén de comparecer rodeado de membros da Executiva Nacional e da candidata Ana Miranda ante os medios de comunicación para avaliar os resultados destes comicios nos que o BNG acadou o seu obxectivo de ter unha voz galega en Europa e Ana Miranda ocupará un escano en Bruxelas durante un tempo aproximado de ano e medio.

O líder nacionalista quixo agradecer o apoio prestado por todos e todas e lanzou unha mensaxe ás persoas que votaron BNG: "o seu voto servirá para contribuír, modestamente, a construír un novo modelo de Unión Europea tan necesario, que responda mellor ás necesidades da maioría social".

Vázquez considerou os resultados "pouco positivos desde o punto de vista cuantitativo" mais aclarou que o Bloque non estaba "no mellor cenário posíbel, despois dun proceso eleitoral galego e dos esforzos que ten invertido tamén o BNG en resolver un proceso interno na Asemblea Nacional".

O número un do nacionalismo explicou que "PP e PSOE fixeron o posíbel e imposíbel para non suscitar debate e que non apareceran as eleccións" e, nese contexto, os resultados de máis de 100.000 votos e un 9,5% da porcentaxe que, tal e como apuntou foi a maior das forzas políticas integradas na coaligazón de Europa dos Pobos-Verdes.

"Son bos resultados se os consideramos desde o ponto de vista obxectivo de que os reultados que tiñamos marcados era obter representación no Parlamento Europeo e Ana Miranda vai ser eurodeputada en función dos acordos da coaligazón aproximadamente ano e medio e teremos a ventaxa impagábel de que os nosos intereses vanse defender a través dos representantes da coaligazón", concluíu.

"Recuperamos unha presenza que non tiñamos e iso será positivo para o BNG e para Galiza porque permitirá que os problemas do país non fiquen silenciados como aconteceu estes anos", asegurou, ao tempo que insistíu en que "estamos comprometidos en seguir traballando por este país cunha convicción absoluta de que somos necesarios neste país
Categoría: Actualidade - Publicado o 08-06-2009 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal