BNG de ESGOS


BENEGA Ó DIA <<<>>> PICA NOS RECADROS

TrackBack


TrackBack








CHEGA POR FIN DENDE TANTOS ANOS A ESGOS(PXOM) O PLAN XERAL A XUNTA DALLE O APROBADADO DIFINITIVO A PRIMEIROS DO ANO 2009 OLLEA
<<<<< PICA >>>>>


TrackBack




Ver mapa maior



Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego



TrackBack










Vídeo do Bloque Nacionalista Galego para as Eleccións Municipais do 27 de maio de 2007






O meu perfil
bng.esgos@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PARQUE EMPRESARIAL Plenos do cinco de marzo presentase un tema importante e o pp non pensa no futuro facilitar mellor prezo para achegar empresas a Esgos

Parque empresarial que despois de tantos anos de retraso que sempre o BNG defendemos como a mellor occion para que Esgos pudera dar un paso en infraestucturas e xenerando riqueza apostamos en apoiar cos nosos votos o pp a que se poña en marcha o mais preto posible, pero non estamos de acordo co prezo que se establece, 50 E metro mais impostos e demasiado para Esgos con esto xugamos a que se pasen a outros parques empresariales con mellores condicions e accesos as parcelas as empresas pois o fundamental e darlle mellor oferta sobretodo nos tempos que transcurren



RESUMEN DO PLENO informate




ACTA DA SESION ORDINARIA CELEBRADA POLO PLENO DESTE CONCELLO CON DATA CINCO DE MARZO DE DOUS MIL DEZ.
Sres. Asistentes:
Alcalde-Presidente:
Manuel Blanco Pérez Concelleiros:
José Antonio Blanco Pérez. Manuel Fariñas Blanco. Milagros Perez Curras. Manuel Penedo González. Jose Manuel Gonzalez Quintas Eladio Gomez Rosales Secretario:
Castor Mariño Soaz Non asisten:
Camilo José Rodríguez Rodríguez. J ose Manuel Baltar Blanco
No salón de Sesión da Casa Consistorial de Esgos, sendo as vinte horas do día cinco de marzo de dous mil dez, baixo a presidencia do Sr. Alcalde e coa asistencia dos Concelleirosque a marxe se relacionan, actuando como Secretario o titular desta Corporación, reuniuse jo Pleno deste Concello o obxeto de celebrar sesión ordinaria en primeira convocatoria.]
Aberto o acto polo Sr.Alcalde pasase a Orde do Dia.
PRIMEIRO.- LECTURA E APROBACIÓN, SI PROCEDE, DA ACTA DA S,ESIÓN ANTERIOR.


Por orde da Alcaldia procédese a dar lectura a acta do Pleno anterior, que se remitiu xunto coa convocatoria desta sesión, preguntándose os señores concelleiros si algún tén algún reparo ou observación que formular a dita acta. Votan todos a favor, abstendose Di' Eladio Gomez Rosales, portavoz do PSdeG-PSOE, por non asistir a dito Pleno.

SEGUNDO.- CONVENIO PARQUE EMPRESARIAL DE ESGOS.
Pola Alcaldía recordase que o texto de dito convenio remitiuse os portavoces dos grupos politicos representados na Corporación, e manifesta que o parque empresarial e Un tema importante no que levaban tempo traballando e ternos a ambición de poder contar CQ parque empresarial, empezando pouco a pouco pero coa idea de desenrolo. Tivemos unha serie de contactos con Urbaourense S.A. a través da Excma. Deputación Provincial que nos axudou a impulsar este proxecto. Paralelamente xa tivemos unha reunión con empresarios do Concello
interesados no tema.
.
Interven o portavoz do BNG, D. Manuel Penedo Gonzalez afirmando que e unha boa idea xa que e moi necesario. Non estou moi dacordo co prezo que se establece en Esgos, considera que cun prezo asequible pódese competir cos poligonos mais próximos a Ourense.

A continuación interven o concelleiro do PP, D. Jose Antonio Blanco Perez, manifestando que a dia de hoxe estase a traballar no concurso para a redacción do proxecto técnico, asi como na realización dos traballos técnicos do Plan Parcial do Sector S-2 no que se ubica O parque empresarial. E referido o prezo de 50€/m2 manifesta que na reunión con empresarios interesados no parque xa se falou dese prezo e a ninguen He pareceu caro. A idea e darlle unha saida a xente e que empresarios e autónomos non teñan que irse do Concello para poder ter a


poro que se acorua onciar O x.onceuo ce nsgos a nn ce que se micie O expediente para enxir Xuiz de paz Sustituto, ou de non facelo notificar ó devandito Tribunal que non se inicia o expediente.

Logo dun breve intercambio de opinións o Pleno por unanimidade acorda se inicie o devandito expediente para elixir Xuiz de Paz Sustituto.
B) CONTROL DEMAIS ÓRGANOS DE GOBERNO.
PRIMEIRO.- ROGOS E PREGUNTAS.

1.- Polo portavoz do BNG, D. Manuel Penedo Gonzalez formúlanse as seguintes preguntas: a) Pregunta se pola Confederación Hidrográfica do Miño, se notificou ó Concello a resolución sobre as obras realizadas por urbiesgos, consistentes na canalización do rio grañal.

Pola Alcaldía contestase que non ten datos para poder contestar neste Pleno, pero que no seguinte contestara, primeiro si a Confederación Hidrográfica do miño notificou ó Concello e segundo, en caso positivo tramites realizados polo Concello.

b)Manuel Penedo pregunta Sobre a denuncia por unha obra no comunal de A Granxa, pregunta en que momento se atopa. Contesta o concelleiro do PP, D. Jose Antonio Blanco Perez manifestando que xa se derribo u o peche, estando pendente de retirar os cascallos.

2.- Polo portavoz do PSdeG-PSOE, D. Eladio Gomez Rosales, preguntase ó Alcalde ¿cando ten pensado facer o presuposto do 201 O?
E non habendo mais temas de que tratar, levantase a sesión sendo as vinte horas cuarenta e cinco minutos do dia anteriormente indicado. De todo o cual, eu Secretario dou fe.

Categoría: Actualidade - Publicado o 14-05-2010 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG presenta unha moción nos concellos para apoiar a manifestación do 17 de maio

Santiago de Compostela, 11 Maio 10. O BNG presentou nos concellos unha moción destinada a apoiar activamente a manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego en defensa do noso idioma, prevista para o vindeiro 17 de Maio en Santiago de Compostela. Con tal fin, proponse facilitar o transporte colectivo para aquelas persoas que decidan sumarse a esta mobilización social.

No acordo da moción exprésase tamén rexeitar as “Bases para o Decreto de Plurilingüismo”, feitas públicas pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, e reafirmar o compromiso municipal co consenso estabelecido, no ámbito do ensino, no Plano Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado de xeito unánime polo Parlamento de Galiza en setembro de 2004.

Ademais, no punto terceiro maniféstase a adhesión ao texto da “Iniciativa Popular pola Garantía dos Dereitos Lingüísticos”, promovida pola Plataforma Queremos Galego.


No Concello de Fisterra, con goberno por maioría absoluta do PP, o acordo aprobouse por unanimidade.

Na exposición de motivos da moción sinálase que a celebración do 17 de Maio, Día das Letras Galegas, presenta este ano 2010 especiais características que reafirman o carácter reivindicativo desta data. “Nunca até o momento, nos case 30 anos de vixencia do actual Estatuto de Autonomía, un goberno da Xunta de Galiza se atrevera a aplicar unha política lingüística tan agresiva e regresiva, chegando á vulneración da legalidade vixente e á anulación dos dereitos democráticos no ámbito lingüístico”, recóllese.

“Esta estratexia, deseñada en base á construción dunha monumental mentira (a imposición do galego), abrangue a práctica totalidade das consellarías e departamentos do Goberno galego, e ten a ver tanto coa imposición de medidas político-administrativas que relegan ou exclúen o galego, así como con liñas discursivas e de actuación práctica que devalúan e estigmatizan o noso idioma”, sinala o documento.
Categoría: Actualidade - Publicado o 11-05-2010 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal