BNG de ESGOS


BENEGA Ó DIA <<<>>> PICA NOS RECADROS

TrackBack


TrackBack








CHEGA POR FIN DENDE TANTOS ANOS A ESGOS(PXOM) O PLAN XERAL A XUNTA DALLE O APROBADADO DIFINITIVO A PRIMEIROS DO ANO 2009 OLLEA
<<<<< PICA >>>>>


TrackBack




Ver mapa maior



Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego



TrackBack










Vídeo do Bloque Nacionalista Galego para as Eleccións Municipais do 27 de maio de 2007






O meu perfil
bng.esgos@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PARA QUE GALIZA ESTEA PRESENTE DIRECTAMENTE EN EUROPA, VOTA BLOQUE NACIONALISTA GALEGO!


O 7 de xuño hai Eleccións ao Parlamento Europeo.

Queres estar noutra Europa? Vota Bloque Nacionalista Galego!

Galiza é unha nación europea.

Galiza debe estar en Europa sen intermediarios.

Para que Galiza estea presente directamente en Europa.

Se queres outra Europa, vota Bloque Nacionalista Galego!
Categoría: Actualidade - Publicado o 30-05-2009 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
O portavoz nacional acusa a PP e PSOE de "pasar de puntillas" pola campaña e aposta por outro modelo de Europa


O portavoz nacional afirma que “mentres PP e PSOE queren pasar de puntillas pola campaña electoral, nós falamos do que non fala ninguén, desa outra Europa que millóns de cidadáns queren”

Celanova/Allariz, 24 Maio 09.- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, participou esta tarde en dous mitins en Celanova e Allariz nos que acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de preocuparse máis de excluír ao nacionalismo que polos problemas de Galiza.

Neste sentido aludíu a unhas declaracións do líder popular nos pasados días nos que afirmaba que prefería a Patxi López que a “Pachi” Vázquez, isto, tal e como explicaba o portavoz nacionalista, “traducido quer dicir que en Euscadi teñen un pacto PP-PSOE para excluír o nacionalismo e bota de menos outro aquí para excluír ao BNG. Que o que queiran, porque o pobo galego non o vai permitir”.

Non lles chegaba o tempo de acceder á poltrona de San Caetano”, ironizou Vázquez, “para que? Porque agora nin está nin lle importan os problemas de Galiza” e, neste sentido, criticou que leve xa dous días de “xira turística, onte por Euscadi e hoxe por Andalucía, en lugar de estar gobernando”.

“Agora din que teñen un burato”, continuou o líder nacionalista, “é unha técnica vella que xa utilizou no seu día o señor Aznar, pero xa verán como fan coma el que deseguida tapou o burato, encheuno de millóns e botaba por fóra”.


“Mentres seguen no seu, creando estruturas políticas para manter o poder e pretenden que o galego desapareza, nós seguimos propondo o modelo de Europa que queremos: unha Europa na que poidamos vivir e traballar da nosa terra en condicións semellantes, que defenda as conquistas laborais dos traballadores. Cuestións tan elementais como “a igual traballo, igual salario.

O número un do BNG incidíu na necesidade de explicar aos cidadáns cal é a Europa que queremos e criticou a tentativa das forzas políticas estatais de “pasar de puntillas pola campaña electoral porque non teñen nada que dicir” e asegurou que a proposta da TVE de facer un debate “cara a cara” sería amosar “dúas caras da mesma moeda”.

Pola contra, o nacionalismo galego si ofrece á cidadanía unha proposta completa que o líder do BNG expuxo en alguns dos seus puntos, como a defensa do sector lácteo ou da nosa pesca “falamos do que non quer falar ninguén” e asegurou que “para a pesca e o sector lácteo temos que buscar unha solución política ou non haberá solución de ningún tipo”.

Incidíu o portavoz nacional na necesidade de apostar “por outro modelo de Europa, como xa o fan millóns de persoas que asi o dixeron nos referendos sobre a Constitución Europea co seu 'non'”.

Fronte á ausencia de debate de ideas propiciada polas forzas estatais, Vázquez animou á cidadanía a participar nestes comicios porque “para nós estas eleccións son úteis”.

Finalmente, o líder do Bloque animou aos galegos e galegas a “apoiar ao equipo da casa” na final europea que é o 7 de xuño” por ser o único que está a defender tamén nesta campaña os dereitos lingüísticos dos galegos e galegas e criticou a actitude de Núñez Feijóo e Rajoy por “non ser capaces nin tan sequera de falar galego na intimidade”.

“Zapatero defende o aceite en lugar do leite”

No mitin interviron tamén o alcalde, Francisco García e o candidato, Iván Area, e a número un da lista nestes comicios, Ana Miranda que defendeu o papel do BNG como única forza política capaz de ir a Europa a defender a Galiza “sen cortapisas” fronte á actitude de líderes como o presidente do goberno do Estado, “que vai a Europa a reunirse con Durao Barroso ou a defender o aceite en vez do leite”.

Ana Miranda afirmou de xeito rotundo que o BNG non quer estar en Europa para “facer turismo político, como fan os representantes do PP e do PSOE, os seus europdeputados galegos, queremos ir a falar en nome da nosa xente, dos sectores produtivos galegos.

A candidata lembrou ante un auditorio cheo que “as axudas europeas non son esmolas, senón dereitos e queremos xestionalas nós para que non se invistan segundo o criterio de Madrid”.
Categoría: Actualidade - Publicado o 25-05-2009 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
IMOS A EUROPA , VÉS ,,?


"EN ESGOS "
TAMEN NOS PODEN DEFENDER EN EUROPA
TEN QUE SER GALEGA E DO BNG
ANA MIRANDA

Para defender os sectores básicos da nosa economia productiva, por iso o dia 7 de xuño os Galegos e as Galegas estamos chamados as urnas

VOTA BNG,,, VOTA ANA MIRANDA,, é Galega


A campaña do BNG para as eleccións ao Parlamento Europeo xa conta cunha web propia





Con GALIZA,
OUTRA IDEA DE EUROPA !!




Categoría: Actualidade - Publicado o 22-05-2009 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Guillerme Vázquez: ''Debemos saír desta Asemblea como un só BNG''

Guillerme Vázquez

O novo portavoz nacional asegurou que "se facemos as cousas ben podemos derrotar o PP en catro anos"

O novo portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Guillerme Vázquez, deu hoxe o seu primeiro discurso ante o pleno da Asemblea Nacional, no que enfatizou que “unha vez que conclúe o debate actuemos ante a sociedade unidos como un bloque, como un só BNG”. “Así nos quere ver a sociedade galega e así nos vai ver apartir de agora, porque todos e todas somos o Bloque Nacionalista Galego”, asegurou.

Así mesmo, Vázquez asegurou que esta era “a Asamblea máis participativa da historia do BNG”, na que os militantes nacionalistas debateron a liña política a seguir. “Aquí non sobra ninguén e aínda fala moita xente”, afirmou, e asegurou que “os afiliados e afiliadas deben ser actores do BNG”.

Guillerme Vázquez amosouse convencido de que “entre todos conquistaremos a unidade, a lealdade e a confianza dentro do BNG, que segue sendo a mellor ferramenta para conquistar a emancipación social e nacional de Galiza”.

Tempos difíciles

“Vivimos tempos difíciles para o noso país e para o conxunto da humanidade”, asegurou Vázquez, quen criticou a ideoloxía implantada na “revolución conservadora de Reagan e Thatcher”, segundo a cal “a globalización vai traír a felicidade a toda a humanidade, co mercado convertido nun deus, nun becerro de ouro ao que adorar, no que o mellor sector público era o que non existía”.

Nesa liña, explicou que “vinte anos despois, esa política está hoxe en bancarrota e levou ao mundo á peor crise desde o 1929”. Criticou, xa que logo, a idea da fin das ideoloxías e lembrou que o imperialismo segue funcionando, “ocupando nacións soberanas, como Iraq, ou Afganistán, e negando os dereitos de pobos como o palestiniano, o sahariano”

Así, asegurou que o nacionalismo propón un modelo alternativo ao neoliberal, que defenda os dereitos dos traballadores e aposte pola economía produtiva.

De cara ao goberno central, Vázquez afirmou que o BNG estará disposto a apoiar o goberno central sempre cando varía a súa estratexia e apoie ás maiorías sociais. “O BNG ten claro quen provocou a crise”, asegurou.

Goberno galego

“A presenza do BNG no goberno galego tivo máis luces que sombras, levando a cabo un proxecto transformador, que se molestou a alguén foi aos que sempre se consideraron poder por riba dos cidadáns”, dixo, ao tempo que sinalou que a súa primeira preocupación será “recuperar a sintonía cos milleiros de cidadáns que nos retiraron o seu apoio”.

“O PP non ten programa para Galiza”

“O PP non ten un programa en positivo para este país, ten un programa en negativo”, afirmou Vázquez. “Non lles di á xente o que queren, dilles o que non queren: non queren que os nosos nenos aprendan a lingua nas galescolas, nin grupo lácteo galego, nin rede galega de servizos sociais, nin que as concesións eólicas redunden no interese público, explicou.

Nesa liña, afirmou que o PP “non ten nada de tecnocrático nin de neutro, veñen facer política pura e dura”, e acusounos de seren “a dereita máis reaccionaria de Europa”. Criticou que os populares galegos avalen teorías como “a da imposición do galego” e afirmou que Galiza non será plenamente democrática até que a nosa lingua teña os mesmos dereitos que o castelán.

Guillerme lembrou que o PP non acredita no autogoberno galego e que para eles Galiza será unha moeda de cambio para poñer “aos pes de Mariano Rajoy”.

Segundo Guillerme Vázquez, o PP “é derrotable en catro anos se facemos ben o noso traballo”. Para o novo portavoz nacional do BNG, a verdadeira dialéctica da política galega durante os 27 anos de existencia desta organización se estabeleceu entre os nacionalistas galegos e a “dereita españolista do Partido Popular”.

Eleccións ao Parlamento Europeo

Segundo Guillerme Vázquez, o BNG contrapoñerá nas eleccións europeas “o modelo neoliberal da UE co noso modelo social e democrático” e asegurou que é a Unión Europea a que impide a Astano construír barcos ou afecta ao noso sector lácteo.

Humildade

Vázquez asegurou estar disposto a traballar con “humildade e realismo” porque “eu só son un máis dos afiliados do BNG” e comprometeuse a visitar todas as asambleas comarcais e “poñer a orella” para escoitar as preocupacións da xente.

Rematou o seu discurso asegurando que “cumpriremos o soño dos devanceiros que xa no século XIX soñaban cunha Galiza máis xusta e soberana” e citando un poema de Uxío Novoneyra: “Sabemos que ti podes ser máis/sabemos que o home (e engado eu, a muller) pode ser máis”. “Tentarei non defraudarvos”, rematou.
Categoría: Actualidade - Publicado o 11-05-2009 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal