BNG de ESGOS


BENEGA Ó DIA <<<>>> PICA NOS RECADROS

TrackBack


TrackBack








CHEGA POR FIN DENDE TANTOS ANOS A ESGOS(PXOM) O PLAN XERAL A XUNTA DALLE O APROBADADO DIFINITIVO A PRIMEIROS DO ANO 2009 OLLEA
<<<<< PICA >>>>>


TrackBack




Ver mapa maior



Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego



TrackBack










Vídeo do Bloque Nacionalista Galego para as Eleccións Municipais do 27 de maio de 2007






O meu perfil
bng.esgos@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O BNG pide ao Estado que revise as concesións de encoros outorgadas durante o franquismo



Madrid, 4 Abril 10. O senador do BNG por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, vén de presentar unha iniciativa na que lle demanda ao Goberno que revise as concesións de encoros outorgadas durante o franquismo e que lle faga cumprir ás empresas hidroeléctricas a súa obriga de manter un caudal mínimo ecolóxico.

Pérez Bouza denuncia que “esta situación afecta aos 30 maiores encoros de Galiza que, malia lucrarse dun dominio público, teñen unhas concesións practicamente a perpetuidade, con escasas ou nulas contrapartidas para a sociedade galega, e sen que se lles esixa o cumprimento dos mínimos compromisos medioambientais”.

Os encoros construídos durante o franquismo réxense pola Lei de Augas de 1879

Neste sentido, o senador do BNG critica que “dende o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño se xustifique esta impunidade en que ao teren obtido a concesión durante o franquismo, réxense por normas anteriores á reforma da Lei da Auga de 1985 e á posterior Directiva Marco da Auga da Unión Europea, do ano 2000”. En concreto, a norma que os regula é a Lei de Augas de 1879, que non establece ningunha esixencia de mantemento de caudal mínimo ecolóxico, primando por enriba de todo a produción enerxética.

“Deste xeito –engade o senador do BNG- enténdese que a maior parte dos grandes encoros galegos non teñan escalas para peixes, o que case rematou coa vida piscícola dos nosos ríos; ou que encoros como o de Albarellos, en Ribadavia, ou o de San Estevo de Ribas de Sil se permitan secar tramos do río durante meses con graves danos medioamentais e económicos, especialmente no segundo caso”.

“Os responsábeis teñen nome, pero o Goberno evita enfrontarse con eles”

Pérez Bouza subliña que “os responsábeis destas desfeitas teñen nome: Iberdrola, Endesa ou Fenosa, pero o Goberno evita calquera enfrontamento con eles baixo o pretexto de que terían que indemnizalos ou darlles máis anos de concesión”.

Sen embargo, o senador do BNG considera que a entrada en vigor da Directiva Marco da Auga “debería obrigar ao Goberno español a ordenar ás empresas hidroeléctricas que cumpran os requisitos medioambientais que marca a Unión Europea, como o establecemento de caudais mínimos, independentemente do ano da concesión”.

O mesmo defende para a caducidade das concesións, que en moitos casos non vencen até o ano 2069, “que deberían ser por prazos máis razonábeis e revisábeis, e non a perpetuidade como ocorre na actualidade”.

“As hidroeléctricas teñen que cumprir as leis do século XXI, non se poden rexer por normas do século XIX”

“O dereito non pode fosilizarse no século XIX, as empresas hidroeléctricas teñen que cumprir as leis do século XXI”, subliña.

Ante esta situación, o senador do BNG pídelle ao Goberno que estableza un caudal mínimo para todas as concesións hidroeléctricas, así como escalas de peixes.

Ademais, Pérez Bouza pregúntalle ao Executivo se non considera inxustificábel que moitas concesións se sigan rexendo por leis mesmo do século XIX.

Por último, demándalle ao Goberno que revise as concesións para que non sexan a perpetuidade e se esixa o cumprimento da normativa ambiental.
Categoría: Actualidade - Publicado o 06-04-2010 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal