BNG de ESGOS


BENEGA Ó DIA <<<>>> PICA NOS RECADROS

TrackBack


TrackBack








CHEGA POR FIN DENDE TANTOS ANOS A ESGOS(PXOM) O PLAN XERAL A XUNTA DALLE O APROBADADO DIFINITIVO A PRIMEIROS DO ANO 2009 OLLEA
<<<<< PICA >>>>>


TrackBack




Ver mapa maior



Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego



TrackBack










Vídeo do Bloque Nacionalista Galego para as Eleccións Municipais do 27 de maio de 2007






O meu perfil
bng.esgos@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Executiva propón a Ana Miranda como cabeza de lista nas eleccións ao Parlamento Europeo
Santiago de Compostela, 13 Abril 09. A Executiva Nacional do BNG acordou esta tarde propor a Ana Miranda como cabeza de lista do Bloque Nacionalista Galego ao Parlamento europeo nas eleccións que se irán celebrar o vindeiro 7 de xuño e nas que a formación nacionalista concorrirá coaligada con ERC, Aralar e EA.

Ana Miranda, avogada especializada en Dereito Comunitario e Internacional, con estudos na Universidade de Lovaina, é a actual portavoz do BNG perante o Parlamento europeu e vicepresidenta do Partido dos Pobos de Europa-Alianza Libre Europea.

Nada en Cuntis hai 37 anos, entre setembro de 1999 e xuño de 2004 foi responsábel técnica e asistente parlamentar do eurodeputado do BNG Camilo Nogueira. É membro do Consello Nacional e responsábel da súa Comisión Nacional de Migración.

Ana Miranda e Xavier Vence eran as propostas maioritarias xurdidas das diferentes asembleas comarcais do BNG. A Executiva Nacional tomou o acordo de propor a Ana Miranda logo de coñecer a vontade de Xavier Vence de non postularse como candidato.
Categoría: Actualidade - Publicado o 14-04-2009 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Anxo Quintana é o novo vicesecretario da Mesa da Cámara, na que están representados todos os grupos parlamentares
Anxo Quintana ocupa o posto de vicesecretario na Mesa da Cámara, na que están representados todos os grupos parlamentares

Santiago de Compostela, 1 Abril 09.- Os doce deputados e deputadas electos do BNG prometeron hoxe o seu cargo, como vén sendo tradición no nacionalismo galego, co libro “Sempre en Galiza”, de Castelao e un caravel.

Os deputados e deputadas escolleron aos membros da Mesa na que o nacionalismo estará representado a través do deputado Anxo Quintana, que xa é v

icesecretario deste organismo.

Ao termo da sesión constitutiva, o portavoz parlamentar nacionalista fixo declaracións aos medios de comunicación nas que indicou que éste é unha lexislatura na que o BNG vai “desenvolver un labor de oposición, construtivo, rigoroso e moi firme, en defensa dos intereses do país e sobre todo en defensa dos intereses de aqueles galegos e galegas que con máis dureza están soportando as consecuencias da crise”.

O deputado opinou que na sesión de hoxe “houbo dous elementos positivos” e destacou como “o máis importante, que todos os grupos esteamos representados na Mesa do Parlamento”, en referencia ao acordo acadado co PSdeG-PSOE, e polo que, en aras da pluralidade, o BNG conta cun representante neste organismo. “É un bo inicio que todos os grupos parlamentares esteamos representados continuando unha tradición que permitíu isto nas últimas lexislaturas”, subliñou.

Considerou tamén o parlamentar un “bo precedente” que a presidenta da Cámara se referise a Galiza como unha nación e amosou a súa esperanza de que sexa “máis que unha anécdota”.

Insistíu, finalmente, en que, os deputados e deputadas do Bloque agora van “traballar, traballar desde a oposición para defender os intereses de Galiza e da xente”.
Categoría: Actualidade - Publicado o 02-04-2009 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal