BNG de ESGOS


BENEGA Ó DIA <<<>>> PICA NOS RECADROS

TrackBack


TrackBack








CHEGA POR FIN DENDE TANTOS ANOS A ESGOS(PXOM) O PLAN XERAL A XUNTA DALLE O APROBADADO DIFINITIVO A PRIMEIROS DO ANO 2009 OLLEA
<<<<< PICA >>>>>


TrackBack




Ver mapa maior



Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego



TrackBack










Vídeo do Bloque Nacionalista Galego para as Eleccións Municipais do 27 de maio de 2007






O meu perfil
bng.esgos@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O BNG denuncia que "o que propón o Goberno Central é que Galiza claudique e renuncie a ter unha gran caixa"



Madrid, 9 febreiro 2010 .- En resposta a una pregunta do senador do BNG por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, a vicepresidenta do Goberno e Ministra de Economía, Elena Salgado, rexeitou esta tarde que o Goberno Central vaia dar marcha atrás no recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas de Aforros de Galiza, “á que cualificou de intromisión ilegal”. Ademais, advertiu de que a única vía que lle queda ao Goberno Galego é “rectificar”.

Para o senador do BNG o que propón o Goberno Central “é que Galiza claudique e renuncie a ter unha gran caixa galega”. Pérez Bouza lembroulle á ministra de Economía que “o que ten moitos indicios de inconstitucionalidade non é a Lei Galega de Caixas de Aforros, que o que pretende é a democratización das mesmas e que estean ao servizo da economía galega, senón o comportamento arbitrario e discriminatorio do Goberno central, que recorre as normativas dunhas comunidades autónomas e doutras non, aínda que estas sexan coincidentes”.

“A sociedade galega mobilizarase”

Ante a actitude do Goberno Central, o senador nacionalista advertiulle á ministra de Economía de que “non lle caiba a menor dúbida de que se o Goberno non cambia de postura, a sociedade galega responderá de forma cívica pero contundente contra esta intromisión do Estado na capacidade de autogoberno de Galiza”.

Ademais, asegurou que “o único que busca o Goberno Central co seu recurso é impedir que Galiza conte cun sistema financeiro propio e facilitar que o aforro dos galegos e galegas se substraia para financiar investimentos noutras partes do Estado”.

“Os ministros galegos do PSOE terán que dar moitas explicacións en Galiza”

Por último, o senador do BNG advertiu de que “se o Goberno non rectifica este comportamento inxusto e arbitrario o PSOE, e en particular os seus ministros e ministras galegas, terán que dar moitas explicacións en Galiza”.
Categoría: Actualidade - Publicado o 12-02-2010 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
MOCION DO BNG NA DEPUTACION DE OURENSE EN DEFENSA DOS SERVIZOS PUBLICOS



Xosé Manuel Fírvida Plaza, Isabel Pérez González e Alfonso Grande Pérez, deputados do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense



Esta moción foi apresentada na Deputación Provincial de Ourense no pleno de xaneiro deste ano.
O PP votou en contra, xustificando insuficiencia financeira para a posta en marcha de todos os centros construídos e financiados con fondos públicos a través do Consorcio Galego de Benestar. Compre lembrar que Feijoo prometeu que non ía reducir a partida adicada aos servizos sociais. Onde está entón ese diñeiro? E o orzamentado no ano 2009 para tal fin e que non se investíu?

Por outra banda as infraestructuras sociais creadas polo Consorcio foron a demanda dos propios concello, en base á sinatura dun convenio de colaboración, polo tanto de maneira voluntaria e en función das necesidades obxectivas do propio concello.
O portavoz do PP chegou a dicir que había alcaldes (do PP) que non querían a posta en funcionamento destes servizos, polo gasto que segundo el ía supor para o concello. As condicións de funcionamento estaban negociadas a través do convenio asinado co Consorcio, polo que non se entende que agora non os queiran abrir, privando á cidadanía dun servizo básico.


Finalmente, defendemos a xestión pública directa por parte do Consorcio, non a privatización dos servizos, o que implica maior conflictividade laboral, merma na calidade na prestación dos servizos e trasladar ao capital privado infraestructuras construídas con fondos públicos. Asemade supón poder caciquear cos postos de traballo dos servizos sociais, á hora de darlle á concesión a unha empresa privada.
Categoría: Actualidade - Publicado o 05-02-2010 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal