BNG de ESGOS


BENEGA Ó DIA <<<>>> PICA NOS RECADROS

TrackBack


TrackBack








CHEGA POR FIN DENDE TANTOS ANOS A ESGOS(PXOM) O PLAN XERAL A XUNTA DALLE O APROBADADO DIFINITIVO A PRIMEIROS DO ANO 2009 OLLEA
<<<<< PICA >>>>>


TrackBack




Ver mapa maior



Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego



TrackBack










Vídeo do Bloque Nacionalista Galego para as Eleccións Municipais do 27 de maio de 2007






O meu perfil
bng.esgos@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PLENOS QUE CARECEN DE PROPOSTAS E FEITOS UN. O PP ARRUINA ESGOS

A REALIDADE É QUE OS CONCELLEIROS DO BNG EN ESGOS PODEMOS PRESUMIR DE SERMOS OS ÚNICOS QUE ESTAMOS A FACER OPOSICIÓN CLARA E TRANSPARENTE EN DEFENSA DE TODOS OS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO

TEMOS UN PP QUE NUNCA EXISTIU NIN EXISTE EN ESGOS PARA FACER UN VERDADEIRO TRABALLO DE GOBERNO ...

UNICAMENTE PARA SACUDIR AS ARCAS, ISO SI ...

Comenta o Concelleiro Manuel Penedo que somos os únicos concelleiros que loitamos como podedes ver nesta e en tantas outras actas de plenos en que nin o PSOE nin o PPG presentaron propostas de ningún tipo. Podemos afirmar claramente que estes dous grupos políticos non coñecen a realidade do noso concello e afirmamos tamén que os concelleiros do BNG en Esgos temos un compromiso coa cidadanía e por iso defendemos o compromiso que adquirimos cos nosos veciños e veciñas.

Pode consultarse a acta do último pleno. Véxanse as contas e rogos e preguntas que fai o PP e o PSOE.



B) CONTROL DEMAIS ÓRGANOS DE GOBERNO. PRIMEIRO.- ROGOS E PREGUNTAS.
1.- Pola Alcaldía contéstase a pregunta formulada no Pleno celebrado o 31-07L09 polo portavoz do BNG, D. Manuel Penedo Gonzalez, que se refería ás estradas incluídas no Plan de Infraestruturas da Consellaría de Medio Rural. Contesta o Sr. Alcalde-Presidente que as estradas incluídas no PEIM RURAL 2009 son:

- Obras de acondicionamento dos camiños no Alto da Cruz (Pardeconde) e Os Amieiros.
- Afirmado do camiño Meiroas- Touza.

Polo portavoz do BNG, pregúntase cal foi o motivo para deixar fóra os camiños que estaban proxectados ..

Pola Alcaldía contéstase que os camiños en Pardeconde son importantes e prioritarios, polo tema dos incendios forestais e para que poderan ser incluídos na andaina de Esgos. O de Meiroas- Touza atópase en moi mal estado. O orzamento total ascende a 60.000,00€ ..

2.- Polo mesmo portavoz do BNG pídense copias das actas da Xunta de Goberno Local.
Infórmase que lle serán remitidas proximamente ..

Tamén se pregunta porque non se limparon os camiños no verán e en particular o de Folgoso, os Muíños. Contéstase polo Tenente de Alcalde D. Camilo J. Rodríguez Rodríguez que é imposible limpar todos os camiños, tendo en conta que moitos deles teñen que se limpar manualmente.

Intervén o concelleiro do BNG manifestando que se limparon fincas particulares. Pola concelleira Dona Milagros Pérez Currás, maniféstase que en Folgoso se limparon unhas airas, pero que en ningún caso se limparon fincas particulares. Considérase que sería necesario ensanchar os antigos camiños de carro para poder limpalos con tractor desbrozadora.

3.- Polo mesmo concelleiro do BNG vólvese formular a pregunta feita no Pleno anterior sobre obras na Granxa. Contesta o Tenente de Alcalde D. Camilo J. Rodríguez Rodríguez manifestando que están pendentes de falar co denunciante e denunciado.

4.- Finalmente, o mencionado concelleiro do BNG formula un rogo ao Sr. Alcalde manifestando que a petición realizada no Pleno anterior sobre colocacion de bandas rugosas na estrada Vendas-Folgoso non tivo nin contestación nin se realizou obra algunha.

E non habendo máis temas de que tratar, levántase a sesión sendo as vinte trinta horas do día anteriormente indicado. De todo o cual, eu, Secretario, dou fe.
Categoría: Actualidade - Publicado o 07-12-2009 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal