BNG de ESGOS


BENEGA Ó DIA <<<>>> PICA NOS RECADROS

TrackBack


TrackBack








CHEGA POR FIN DENDE TANTOS ANOS A ESGOS(PXOM) O PLAN XERAL A XUNTA DALLE O APROBADADO DIFINITIVO A PRIMEIROS DO ANO 2009 OLLEA
<<<<< PICA >>>>>


TrackBack




Ver mapa maior



Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego



TrackBack










Vídeo do Bloque Nacionalista Galego para as Eleccións Municipais do 27 de maio de 2007






O meu perfil
bng.esgos@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Boletín nº 6 Ano 06
Portada boletín bng esgos nº6Dentro deste boletín nº 6 do ano 2006 recolle entre outros temas as declaracións do Portavoz do BNG no que se informa da mala xestión do Partido Popular, o Plan Xeral do Concello, a colocación da Depuradora, o estado do Centro de Saúde, a Residencia da Terceira Idade que non termina de arrancar, o tema das Vivendas Sociais e a débeda, e o Novo Estatuto de Autonomía.

Podedes acceder o Boletín no enlace seguinte:

Boletín >>>
Categoría: Boletíns - Publicado o 23-11-2008 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
QUINTANA ASEGURA QUE O AUTOGOBERNO É O MELLOR CAMIÑO PARA XERAR BENESTAR PARA TODA A CIDADANÍA GALEGA

Anxo Quintana onte no mesmo hotel Méndez Núñez en que se reuniran as Irmandades da Fala hai 90 anos



O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, defendeu a “urxencia” de que Galiza se dote dun Estatuto de Nación que lle permita aumentar as súas competencias porque “a crise económica obríganos a poñer hoxe, máis que nunca, o goberno e o autogoberno ao servizo do pobo”. Quintana, que participou onte en Lugo na conmemoración do 90 aniversario da primeira Asemblea Nacionalista, afirmou que “o autogoberno é o mellor camiño para xerar benestar para todos os galegos e galegas”.


O portavoz nacional do BNG indicou tamén que “o señor Feijóo segue empeñado na súa cruzada contra o idioma galego e en que o Galego morra” e advertiulle en referencia ás eleccións galegas do mes de marzo que “seguramente ese discurso dea votos en Madrid, onde o señor Feijóo deu a conferencia, mais desde logo non en Galiza, onde todo o mundo ama o Galego independentemente de que o fale máis ou o fale menos”.

"O manifesto da primeira Asemblea das Irmandades da Fala é un berro de tremenda modernidade"

Anxo Quintana afirmou, no acto celebrado onte á tarde no mesmo hotel Méndez Núñez da capital luguesa onde o 18 de novembro de 1918 se xuntaron as Irmandades da Fala, que “o nacionalismo é un proxecto político froito dunha necesidade social, é unha demanda do pobo, e por iso non é algo efémero”. O portavoz nacional do BNG dixo que os postulados da primeira Asemblea Nacionalista de Lugo, como a igualdade entre homes e mulleres ou a necesidade de que Galiza conte con competencias plenas para ordenar o seu ámbito agrario, portuario ou das infraestruturas, “seguen estando plenamente vixentes”, polo que afirmou, “a lectura hoxe daquel Manifesto segue a ser nos nosos días un berro de tremenda modernidade”.

O portavoz nacional do BNG pediulle ao resto de forzas políticas que “non utilicen o nome do galeguismo en van” e dixo que as dúas características esenciais daquela primeira Asemblea Nacionalista de 1918 foron “a irmandade e a fala”. “A irmandade porque o nacionalismo é igualdade entre os pobos e entre as persoas e a fala porque o noso idioma é parte da esencia do pobo galego”, afirmou Quintana.

“Que Galiza sexa plenamente soberana”

No acto participou tamén o vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel comarcal do Bloque, Antón Bao, que fixo fincapé na necesidade de cumprir o obxectivo daquela primeira Asemblea Nacionalista: “a autoorganización do noso país”. “Desde 1918 avanzouse moito mais queda moito camiño por andar porque queda pendente o obxectivo de que Galiza sexa plenamente soberana e dona do seu destino”, insistiu Bao, que fixo referencia a que “os Vilar Ponte, Castelao, Risco e outros devanceiros reunidos naquela Asemblea déronnos as ideas e nós hoxe temos a obriga de polas en marcha”.

No acto de conmemoración do fito da fundación do nacionalismo galego, que estivo cargado de simbolismo por celebrarse no mesmo hotel Méndez Núñez en que os días 17 e 18 de novembro de 1918 se reuniron as Irmandades da Fala, participaron cargos públicos e orgánicos do BNG de Lugo, entre eles o portavoz municipal do BNG en Lugo, Xosé Anxo Laxe, e os alcaldes e tenentes de alcalde do BNG de toda a provincia. Fíxose entrega dunha reprodución do Manifesto da I Asemblea Nacionalista de Lugo, editado pola Fundación Galiza Sempre.
Categoría: Actualidade - Publicado o 19-11-2008 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
O DÍA QUE GALIZA DECIDIU PROCLAMARSE NACIÓN

Primeira páxina do Manifesto ao Pobo Galego da I Asemblea das Irmandades da Fala


A Fundación Galiza Sempre recupera o manifesto coa publicación dunha edición facsímile.

Tendo a Galicia todal-as caracteristicas esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexonalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas. Así comeza o Manifesto ao Pobo Galego saído da I Asemblea das Irmandades da Fala, celebrado en Lugo os días 17 e 18 de novembro de 1918, acta fundacional do nacionalismo galego. Coincidindo co seu noventa aniversario, a Fundación Galiza Sempre (que adquiriu o documento en 1999 e o depositou no Museo do Pobo) publica unha edición facsímil.


As primeiras Irmandades creáranse na Coruña dous anos antes, desenvolvendo neste tempo unha pelexa entre rexionalistas e nacionalistas, e entre progresistas (os irmáns Villar Ponte, Lois Porteiro, Lois Peña Novo, Roberto Blanco Torres, Xaime Quintanilla ou Xoan Vicente Viqueira) e tradicionalistas (Losada Diéguez, Vicente Risco). A primeira, saldouse cunha vitoria das teses nacionalistas, a segunda tamén foi vencida polos progresistas, seguramente dun xeito menos claro, pero suficiente para que poidamos falar de que o nacionalismo galego tivo dende as súas orixes unha base nidiamente esquerdista.

Para Xusto Beramendi o documento constitúe "o maior punto de inflexión da historia do galeguismo político" e os acordos adoptados na asemblea de Lugo "configuran o cerne de tódolos programas do nacionalismo galego até os anos sesenta. É, xa que logo, a súa acta de nacemento". Defíne a Galiza como nazonalidade, reivindica a súa autonomía cunha carga moi importante de competencias, fai unha proposta federal ou mesmo confederal para a Península Ibérica, e defende a cooficialidade de galego e castelán. Propugna, ademais, unha regaleguización idiomática, cultural e xurídica do país. Beramendi salienta que "gran parte das arelas maiores que inspiraron este documento fican hoxe insatisfeitas e seguen a constituir motivo de conflicto político en España e en Galicia".

É un manifesto nacionalista, pois, mais tamén un texto de esquerdas, no que os postulados progresistas, herdeiros do republicanismo federal, priman sobre as ideas tradicionalistas. Para Beramendi "estamos perante un proxecto moi avanzado para o seu momento, que postula unha democracia representativa moderna, daquela non existente en ningún país europeo e menos aínda na España da Restauración: voto para a muller, representación proporcional, limpeza no sufraxio, erradicación do clientelismo mediante a eliminación das Deputacións provinciais e os concellos rurais...".

Non é tan avanzada, no entanto, o seu programa de transformacións socioeconómicas, en particular a cuestión dos foros e dos reximes de propiedade e cesión da terra, non dedicando a este asunto máis ca unha declaración moi laxa: A Asambleia declara de toda urxencia a resolucion do problema dos gravámenes sobor da terra en Galicia e Tamén declara sere un crime contra Galicia o permanente absentismo dos propietarios da terra.

Actos de conmemoracións en Lugo

Baixo o título A Galiza das Irmandades, unha perspectiva actual, a Deputación de Lugo programou nove conferencias sobre a vixencia dos postulados do manifesto, impartidas no salón de actos da institución entre os días 18 de novembro e o 31 de xaneiro de 2009. Entre os conferenciantes destacan Francisco Rodríguez, que ofereceu a súa palestra onte 18, Xoán Garrido (2 de decembro), Encarna Otero (3 de decembro), Margarita Ledo (4 de decembro), Pilar García Negro (8 de xaneiro), Xosé Díaz (15 de xaneiro) ou Antón Bao (16 de xaneiro).
Categoría: Actualidade - Publicado o 19-11-2008 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
ESTAMOS TRABALLANDO NESTE CADERNO DIXITAL
BNG Esgos
Estamos traballando na elaboración deste novo caderno dixital para criar un sistema áxil e directo de comunicación para o BNG de Esgos, sen manipulacións, con opinións directas da vida política do concello e ligazóns directos con outros cadernos e páxinas do BNG a nível nacional.

En poucos días veredes, simpatizantes e militantes, medios de comunicación e quen queira entrar neste caderno dixital, como acceder á opinión do BNG de Esgos.

Agardamos que gostedes deste novo medio de expresión. Un saúdo nacionalista.
Categoría: Xeral - Publicado o 07-11-2008 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal