BNG de ESGOS


BENEGA Ó DIA <<<>>> PICA NOS RECADROS

TrackBack


TrackBack








CHEGA POR FIN DENDE TANTOS ANOS A ESGOS(PXOM) O PLAN XERAL A XUNTA DALLE O APROBADADO DIFINITIVO A PRIMEIROS DO ANO 2009 OLLEA
<<<<< PICA >>>>>


TrackBack




Ver mapa maior



Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego



TrackBack










Vídeo do Bloque Nacionalista Galego para as Eleccións Municipais do 27 de maio de 2007






O meu perfil
bng.esgos@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Pérez Bouza pede explicacións ao Goberno por como está a efectuar o censo agrario, con moitos problemas para os labregos



Madrid, 29 Outubro 09. O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, rexistrou dúas iniciativas parlamentares no Senado, unha pregunta e unha moción, para pedirlle explicacións ao Goberno pola maneira en como está a efectuar o censo agrario.

O senador do BNG explica nas súas iniciativas que o “por vez primeira en décadas o Goberno decidiu cambiar a metodoloxía, e en lugar de contratar a axentes para recabar os dados en cada explotación agraria, procedeu a enviar un cuestionario a cada labrego/a, o que lles provoca moitos problemas”.

Obrigados por lei a respostar aos cuestionarios enviados polo INE

Pérez Bouza pón de manifesto que “a complexidade deste cuestionario está a ocasionar moitos problemas aos labregos que non saben como abordar grande parte das cuestións. Ademais, están obrigados a respostar ao cuestionario, según a Lei 13/1996, do contrario poden ser sancionados”.

O censo agrario sempre se fixo con enquisadores

O formulario que envía o INE consta de oito páxinas e se acompaña dun manual de instrucións de catro páxinas, “a cal máis incomprensíbel. E por riba, o INE exixe que se cumprimente nun prazo de 15 días desde a súa recepción”. O senador nacionalista coñece de primeira mán a preocupación que este tema está a xenerar entre os labregos galegos, “situación que lles levou a acudir á administración máis cercana, os concellos na procura de axuda debido á imposibilidade de resolver moitas das cuestións”.

As respostas hai que llas mandar a unha empresa de Valencia, subcontratada para tratar os dados

O sector agrario non acerta a entender por que razón o Goberno suprimiu aos enquisadores cando o Estado español dispón de 3 millóns de euros do Fondo Europeo Agrícola de Garantía para a realización do censo agrario.
Ademáis, o senador do BNG denuncia o feito de que o INE adxudicou este o labor de recollida dos cuestionarios e tratamento de dados a unha empresa con sede en Gandía (Valencia) por 11,5 millóns.

Xosé Manuel Pérez Bouza lembra que o censo agrario é unha operación estatística que se fai cada dez anos. O último é de 1.999 e como é habitual, levouse a cabo mediante a contratación de axentes formados para tal fin.

Na súa moción, o parlamentar nacionalista insta ao Goberno a recuperar o método sempre aplicado de elaborar o censo agrario através de axentes preparados para iso. E tamén pede ao Goberno que adopte as medidas precisas para axudar aos labregos a respostar o complexo e inintelixíbel cuestionario enviado polo INE.

Neste sentido, dirixe ao Goberno unha serie de preguntas para aclarar a que se debe este cambio de metodoloxía, e por que razón se suprimen os enquisadores cando se está a subcontratar unha empresa de Valencia para o tratamento dos dados.
Categoría: Actualidade - Publicado o 30-10-2009 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
QUEREMOS GALEGO

Categoría: Actualidade - Publicado o 06-10-2009 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal