BNG de ESGOS


BENEGA Ó DIA <<<>>> PICA NOS RECADROS

TrackBack


TrackBack








CHEGA POR FIN DENDE TANTOS ANOS A ESGOS(PXOM) O PLAN XERAL A XUNTA DALLE O APROBADADO DIFINITIVO A PRIMEIROS DO ANO 2009 OLLEA
<<<<< PICA >>>>>


TrackBack




Ver mapa maior



Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego



TrackBack










Vídeo do Bloque Nacionalista Galego para as Eleccións Municipais do 27 de maio de 2007






O meu perfil
bng.esgos@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PLENOS QUE CARECEN DE PROPOSTAS SEN CONTIDO SEN PROXECTOS UN FUTORO PRECARIO EN ESGOS


DENDE BNG NON ENTENDEMOS QUE ANO TRAS ANO O PP NON PRESENTE PROXECTOS COMO PODEDES OLLEAR NAS ACTAS SO SI CAE ALGO DO FONDO ESTATAL O RESTO PASAN O TEMPO EN MODIFICAR CREDITOS


Acta da sesion extraordinaria do pleno once de decembro do dous mil nove

Sres. Asistentes:
No salón de Sesión da Casa Consistorial de Esgos, sendo as vinte horas do día once de decembro de dous mil nove, baixo a presidencia do Sr. Alcalde e coa asistencia dos Concelleiros que a marxe se relacionan, actuando como;' Secretario o titular desta Corporación, reuniuse o Pleno deste Concello o obxeto de celebrar sesión extraordinaria en prime ira convocatoria.
Alcalde- Presidente:
Manuel Blanco Pérez Concelleiros:
Jose Manuel Baltar Blanco
Camilo José Rodríguez Rodríguez. José Antonio Blanco Pérez. Manuel Fariñas Blanco.
Milagros Perez Curras.
Manuel Penedo González.
Jose Manuel Gonzalez Quintas Secretario:
Castor Mariño Soaz Non asiste:
Eladio Gomez Rosales
Aberto o acto polo Sr.Alcalde pasase a Orde do Dia.
PRIMEIRO.- LECTURA E APROBACIÓN, SI PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR.
Interven o Sr. Alcalde-Presidente manifestando que en Rogos e Preguntas, I'' a), débese engadir a súa desposta: "Que como iba haber un Pleno extraordinario deixabase para dito Pleno e que cada grupo trouxera as súas propostas de obras para debatir no Pleno".
Sometida a votación resulta aprobada por unanimidade.
SEGUNDO.- FONDO ESTATAL PARA O EMPREGO E SOSTENIBILIDADE LOCAL.
Iniciado o debate sobre a lista de obras a incluir no devandito Plan, pola Alcaldía concédeselle a palabra o 20 tenente de alcalde D. Jose Antonio Blanco Perez, presentando a seguinte resolución de obras:
1°._ Deposito de auga en Vilar.
2°._ Deposito de auga en A Lama e prolongación do abastecementoata A Parrocha. 3°._ Prolongación saneamento en Vilar.
4°._ Cochera Guardia Civil.
5°._ Conexión rede de abastecemento de Xaravedra con varios pobos.
Manifesta asimismo que a dia de hoxe estan sen realizar as memorias cos seus ornamentos, prevendo que o orzamento de 132.000,OO€ solo dará para realizar as tres primeiras, pois as obras relacionadas enténdese que son por orde prioritario.
Interven a continuación o portavoz do BNG D. Manuel Pene do Gonzalez, manifestando que descoñece o estado de conservación do deposito de augas de Vilar, e que hay outros temas que me parecerian mais asumibles, creo que as asociacións que reciben subvencións do Concello tamén deberian de colaborar nestas obras.




0866877
Establécese un intercambio de opinións sobre a nova ubicación do depósito de auga de Vilar, sobre o saneamento en Hachas. Finalmente o portavoz do BNG manifesta que básicamente a relación de obras son parecidas remarcando o seu interés na prolongación do saneamento de Vilar.
Sometida a votación votan a favor os seis concelleiros do PP, en contra ningún, e absteñense os dous concelleiros do BNG.
TERCEIRO.- EXPTE. N° 1/09 DE MODIFICACIÓN DE CREDITOS.
Por orde da Alcaldía das e conta que visto que existen gastos para os que non existe crédito suficiente e dado que se dispón do remanente liquido de Tesoureria, segun os estados financieiros e contables resultantes da liquidación do ejercicio anterior, e polo que se propón aprobar o expediente n° 1 coa modalidade de crédito extraordinario financiado con cargo ó remanente liquido de Tesoreria resultante da liquidación do ejercicio anterior co seguinte resumo por capítulos:
1. - Ingresos
Partida 87 Remanente de Tesoreria,
Consignación inicial O Consignación definitiva 166.177,82€
II.- Gastos. Partida 4.22
4.60
Consigación inicial 240.000,00 380.000,00 620.000,00
Aumento 90.177,82 76.000,00 166.177,82
Total 330.177,82 456.000,00 786.177,82
Sometido a votación votan a favor os seis concelleiros do PP, en contra ningún e absteñense os dous concelleiros do BNG.
E non habendo mais temas de que tratar, levantase a sesión sendo as vinte horas vinte minutos do dia anteriormente indicado. De todo o cual, eu Secretario dou fe.


Categoría: Actualidade - Publicado o 07-03-2010 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
MOBILIZACIÓNS CLASE OBREIRA GALEGA



O 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, sempre foi unha data cun significado especial para todos as/os nacionalistas galegas/os. Mais desta volta, perante as agresións que a clase traballadora está a sufrir, e as reformas neoliberais que se albiscan no horizonte promovidas polo Goberno Central (reforma laboral, conxelación de salarios e reforma das pensións, ...) e a falta de propostas do Goberno Galego, as/os nacionalistas galegas/os temos que camiñar da man para demandar do Goberno Central e da Xunta de Galiza medidas efectivas para mudar situación de crise no noso país.

Por este motivo desde o BNG facemos un chamamento para secundar as manifestacións que o día 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, convoca a CIG, baixo o lema “O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando”, nas principais cidades de Galiza:

* A Coruña: Ás 20:00 horas da Praza da Palloza
* Compostela: Ás 20:00 horas da Praza Roxa
* Lugo: Ás 20:00 horas da Ronda da Muralla (local CIG)
* Ferrol: Ás 20:00 horas da Avda de Esteiro (local CIG)
* Ourense: Ás 20:00 horas, do Pavillón dos Remedios
* Pontevedra: Ás 20:30 horas da Praza da Ferrería
* Vigo: Saída ás 20:00 h da Vía Norte
Categoría: Actualidade - Publicado o 05-03-2010 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
GALIZA TEN DEREITO

Estamos asistindo a un proceso de reordenación bancaria, impulsado polo Banco de
España e o goberno central, que conleva o risco de que Galiza perda as súas caixas de
aforro pola deslocalización dos seus centros de decisión, e que estas entidades de carácter
social se transformen en entidades financeiras privadas.
Frente a este risco, as institucións galegas de autogoberno reaxiron. O Parlamento galego
adoptou por unanimidade o acordo de establecer como prioridade o mantemento da
galeguidade das caixas, a súa solvencia, e a necesidade de tramitar por urxencia a
reforma da Lei galega de Caixas. O Parlamento de Galiza aprobou por ampla maioría unha
reforma da Lei de Caixas que democratiza estas institucións, fai a súa xestión máis
transparente, reforza as faculdades do autogoberno para defender o sistema financeiro
propio e supervisar a actuación das caixas, e que garante que estas entidades sexan
efectivamente alavancas de desenvolvimento da economía produtiva do País.
A resposta do Goberno central a este acto de afirmación do autogoberno galego non pode
ser máis desalentadora: presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de
Caixas de Galiza que conleva a paralización da súa aplicación nun momento decisivo, o
que pode colocalas na situación idonea para que sexan absorbidas por entidades foráneas.
Sen a fusión das dúas caixas galegas, Galiza ficaría sen sistema financeiro propio,
perdendo un dos principais instrumentos para o seu desenvolvemento económico.
Conscientes da gravedade da situación, manifestamos:
1. Galiza ten dereito a ter un sistema financeiro eficiente ao servizo do País,
regulado polo seu Parlamento, como expresión do autogoberno. É vital, por tanto,
preservar a Lei de Caixas de Galiza.
2. Galiza ten dereito a que o Estado respecte o autogoberno galego. Que non
nos dean tratamento de autonomía de segunda, cuestionando a constitucionalidade
da lei galega, si non se fixo coaa basca, a catalá ou a andaluza. Por que se recurre
a nosa e non a deses outros territorios? O Goberno central debe reconsiderar o
asunto e aceptar que as institucións galegas de autogoberno, dentro do marco
competencial vixente, teñen capacidade para dotarnos do marco xurídico que se
considere máis acaido para defender os intereses de todas as galegas e galegos,
como ordena o Estatuto de Autonomía de Galiza.
3. Galiza ten dereito a propiciar a fusión das súas caixas. O goberno central
tamén debe aceptar que as institucións galegas teñen tanto dereito como as de
calquera outra Comunidade Autónoma para impulsar unha fusión dentro do país,
cando se cumpren as mesmas condicións. Galiza ten dereito a preservar e garantir
a galeguidade das caixas galegas coa súa fusión. Unha fusión paritaria, da que
xurda unha Caixa solvente como mellor garantia para os seus traballadores, os
impositores e todas e todos os galegos.
Está en xogo boa parte do noso futuro, a dignidade do noso autogoberno e perto de
80.000 millóns de euros en activos, isto é, a maior parte do aforro das galegas e dos
galegos. Está en xogo que ese aforro se invista aquí ou se desvíe cara a financiar o
desenvolvimento doutros territorios.
Galiza debe defender o seu. Ten dereito.
Categoría: Actualidade - Publicado o 01-03-2010 16:33
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG denuncia que "o que propón o Goberno Central é que Galiza claudique e renuncie a ter unha gran caixa"



Madrid, 9 febreiro 2010 .- En resposta a una pregunta do senador do BNG por designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, a vicepresidenta do Goberno e Ministra de Economía, Elena Salgado, rexeitou esta tarde que o Goberno Central vaia dar marcha atrás no recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas de Aforros de Galiza, “á que cualificou de intromisión ilegal”. Ademais, advertiu de que a única vía que lle queda ao Goberno Galego é “rectificar”.

Para o senador do BNG o que propón o Goberno Central “é que Galiza claudique e renuncie a ter unha gran caixa galega”. Pérez Bouza lembroulle á ministra de Economía que “o que ten moitos indicios de inconstitucionalidade non é a Lei Galega de Caixas de Aforros, que o que pretende é a democratización das mesmas e que estean ao servizo da economía galega, senón o comportamento arbitrario e discriminatorio do Goberno central, que recorre as normativas dunhas comunidades autónomas e doutras non, aínda que estas sexan coincidentes”.

“A sociedade galega mobilizarase”

Ante a actitude do Goberno Central, o senador nacionalista advertiulle á ministra de Economía de que “non lle caiba a menor dúbida de que se o Goberno non cambia de postura, a sociedade galega responderá de forma cívica pero contundente contra esta intromisión do Estado na capacidade de autogoberno de Galiza”.

Ademais, asegurou que “o único que busca o Goberno Central co seu recurso é impedir que Galiza conte cun sistema financeiro propio e facilitar que o aforro dos galegos e galegas se substraia para financiar investimentos noutras partes do Estado”.

“Os ministros galegos do PSOE terán que dar moitas explicacións en Galiza”

Por último, o senador do BNG advertiu de que “se o Goberno non rectifica este comportamento inxusto e arbitrario o PSOE, e en particular os seus ministros e ministras galegas, terán que dar moitas explicacións en Galiza”.
Categoría: Actualidade - Publicado o 12-02-2010 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
MOCION DO BNG NA DEPUTACION DE OURENSE EN DEFENSA DOS SERVIZOS PUBLICOS



Xosé Manuel Fírvida Plaza, Isabel Pérez González e Alfonso Grande Pérez, deputados do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense



Esta moción foi apresentada na Deputación Provincial de Ourense no pleno de xaneiro deste ano.
O PP votou en contra, xustificando insuficiencia financeira para a posta en marcha de todos os centros construídos e financiados con fondos públicos a través do Consorcio Galego de Benestar. Compre lembrar que Feijoo prometeu que non ía reducir a partida adicada aos servizos sociais. Onde está entón ese diñeiro? E o orzamentado no ano 2009 para tal fin e que non se investíu?

Por outra banda as infraestructuras sociais creadas polo Consorcio foron a demanda dos propios concello, en base á sinatura dun convenio de colaboración, polo tanto de maneira voluntaria e en función das necesidades obxectivas do propio concello.
O portavoz do PP chegou a dicir que había alcaldes (do PP) que non querían a posta en funcionamento destes servizos, polo gasto que segundo el ía supor para o concello. As condicións de funcionamento estaban negociadas a través do convenio asinado co Consorcio, polo que non se entende que agora non os queiran abrir, privando á cidadanía dun servizo básico.


Finalmente, defendemos a xestión pública directa por parte do Consorcio, non a privatización dos servizos, o que implica maior conflictividade laboral, merma na calidade na prestación dos servizos e trasladar ao capital privado infraestructuras construídas con fondos públicos. Asemade supón poder caciquear cos postos de traballo dos servizos sociais, á hora de darlle á concesión a unha empresa privada.
Categoría: Actualidade - Publicado o 05-02-2010 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal