lexislatura 2007/2011


O meu perfil
foronacionalistadecambre@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FONDO DE INVESTIMENTO LOCAL
A segunda fase da escola municipal de música encabeza a lista de obras proposta polo BNG

Inclúese nun total de 21 propostas que presentarán á consideración de todos os grupos de Cambre


Cambre, 11 de decembro de 2008.- O BNG de Cambre anunciou hoxe, a través dun comunicado a presentación dun conxunto de 21 propostas de obras e investimentos para acometer con cargo ao fondo estatal de investimento para Cambre. Lembraron que os preto de 4 millóns de Euros esixen unha tramitación áxil e, demandan do goberno local que poña canto antes en marcha a maquinaria municipal para a tramitación dos proxectos e que non se perda nin un euro.

Neste sentido, explicaron os nacionalistas, o BNG quere ter feitos os deberes e expoñer as súas propostas de investimento que, afirmaron, son recollidas das demandas e necesidades cidadáns e centradas na infancia e na xuventude, na seguridade viaria e nos maiores.

Segundo explicou o portavoz do BNG en Cambre, Xabier Iglesias, “non traemos unha proposta pechada e inamovíbel, pretendemos o diálogo e o consenso co goberno o co resto das forzas políticas para acordar o mellor uso dese fondo”. Afirmou, ademais, que desde o BNG creen recoller o desexo dunha maioría de veciños e veciñas e, queren, con está proposta adiantar no tempo obras que serían difíciles de abordar con recursos propios.

A 2ª fase da Escola Municipal de Música, incluíndo a reforma e adaptación do baixo que actualmente ocupa, xunto coa reparación da fachada e da cuberta do vello edificio, é a obra que os nacionalistas sitúan en primeiro lugar. Para Iglesias daría lugar a que nun prazo inmediato a Escola estivera completamente rematada e acondicionaría parte do edificio para usos socioculturais da parroquia de Sigrás. A maior parte do proxecto, segundo explicou, xa quedaría listo desde a anterior lexislatura, co que se simplificaría a tramitación da solicitude.

Dotar de cuberta a varias instalacións polideportivas municipais, como as do Temple e a Barcala, a preparación da pista de skate, a reforma do ximnasio do colexio de Cambre ou, habilitar un local para as persoas maiores na Barcala, son outras das propostas incluídas. Que se completan, segundo informaron, coa ampliación da rede de sendas peonís en varias estradas ou a reposición de redes de auga para evitar o malgasto por fugas.

Por último, o portavoz nacionalista, anunciou que entregará copia da súa proposta a todos os grupos municipais a través do rexistro municipal, hoxe mesmo.

Gabinete de comunicación do BNG de Cambre

Volver
Proposta
Categoría: Orzamentos - Publicado o 11-12-2008 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal