Polo ben dos veciños de Cambre
Cambre, 30/05/2008.- Neste ano que levo no Concello debe ser ista a frase que máis veces escoitei. Ao principio parecíame lóxica pero co paso do tempo funme dando conta que non é máis que un comodín, unha frase á que algúns acuden para xustificarse.

O que eu entendo “polo ben dos veciños de Cambre” son feitos e non eternas e rimbombantes promesas: Centros de Saúde adaptados ao crecemento real de Cambre e non os sempre colapsados que actualmente temos, prazas suficientes para que os nenos non queden fóra de galescolas e demais centros de ensinanza, prazas para os maiores en centros de día, dispoñer por fin dunha casa da cultura tantas veces “empezada” e non de “casas de ideas” para disfrute de outros , unha rede de saneamento completa para todos os veciños, beirarrúas ou sendas, tamén para os que non vivimos no centro de Cambre, parques infantís seguros, locais para a xuventude, en fin obras reais...

E para todo isto señores, para “o ben dos veciños de Cambre” ao que tantas veces vostedes recorren, é necesario que se aproben uns orzamentos que permitan afrontar tales compromisos e non parches que só sirvan para pagar un determinado gasto.

Señores do PSOE non queiran enganar aos veciños culpando a uns ou outros do que só vostedes, como goberno que son, non son capaces de realizar, e aos compañeiros de oposición recordarlles que todos nós somos a maioría “polo ben dos veciños de Cambre”.


Laura Fdez.
Concelleira BNG de Cambre

Volver
Categoría: Xeral - Publicado o 30-05-2008 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
 
Ligazóns dende outras webs
a FORZA que fai PAÍS
id

id

id

id

id

id

id

id

id

id


id

SIGRÁS MOBILIZASE POLA
TALA ILEGAL DOS CASTIÑEIROS




O meu perfil
bngdecambre@gmail.com
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

frontpage hit counter

asp hit counter






Documento sin título































© by Abertal