|
|
|
|
|
|
| ACORDO ENTRE O PSdeG-PSOE E O BNG PARA A GOBERNACIÓN DO CONCELLO DE CAMBRE |
|

ACORDO ENTRE O PSdeG-PSOE E O BNG PARA A
GOBERNACIÓN DO CONCELLO DE CAMBRE
Os resultados electorais expresaron a vontade cidadá de que a composición da
corporación municipal de Cambre foxe plural. Ao non se producir maiorías
absolutas faise necesario o establecemento de acordos que posibiliten un
goberno estábel e forte que poida xestionar adecuadamente os intereses da
cidadanía.
O PSdeG-PSOE e o BNG, respectuosos con esa vontade cidadán de goberno
plural para este concello e sensíbeis á necesidade de propiciar a súa
estabilidade política, establecen o presente acordo para a gobernación do
Concello de Cambre polo período da presente lexislatura, até o 2011.
O goberno municipal derivado deste acordo basearase na corresponsabilidade
efectiva, solidaria e leal de ambas as dúas forzas na acción de goberno, así
como na concepción do Goberno como órgano unitario.
O reparto de tarefas e responsabilidades nos distintos ámbitos institucionais
estará en relación coa representatividade acadada por cada unha das dúas
forzas políticas.
Este acordos das forza asinante para garantir o goberno de coalición en
Cambre, baséanse nos seguintes
PRINCIPIOS E CRITERIOS PROGRAMÁTICOS:
1.-O PSdeG e o BNG subscriben o presente acordo de gobernación
comprometéndose a impulsar na acción municipal un goberno cimentado na
proximidade á cidadanía e aos seus problemas, un goberno forte para ofrecer
un maior nivel de benestar. Comprometémonos a demandar para os concello un
modelo de financiamento capaz de garantir a suficiencia económica necesaria
para xestionar as nosas competencias.
2.-Concibimos o concello como peza fundamental para a vertebración do País e
inserido na súa realidade territorial . Neste sentido, o BNG e o PSdeG
impulsarán desde Cambre, en colaboración cos concellos veciños e o resto das
institucións, unha nova organización administrativa do territorio baseada na
colaboración e na corresponsabilidade e no impulso de novas formas
institucionais de colaboración metropolitana.
Acordo de goberno 2009/2011 para o Concello de Cambre
PSdG-PPSOE / BNG
Cambre 24 de xullo de 2009
2
3.-Apostaremos por un concello comprometido co desenvolvemento rural e co
equilibrio territorial e medioambiental, un concello que camiñe cara un modelo
de crecemento sustentábel, respectuoso co medio e coas persoas.
4.-O concello é instrumento fundamental para a mellora da calidade de vida e
a conquista do benestar e a igualdade. Neste sentido serán liñas de actuación
prioritarias as políticas de promoción económica e creación de emprego, de
desenvolvemento de programas de benestar social, de defensa do medio
ambiente, de igualdade entre homes e mulleres, as políticas sociais de vivenda,
así como de dotación de equipamentos educativos, sanitarios, culturais e
deportivos.
5.-Comprometémonos a manter a máxima colaboración das institucións locais
co Goberno Galego en todos os eidos.
6.-Comprometémonos a que os concellos sexan institucións xestionadas de
xeito democrático e transparente e abertas á participación cidadá.
Promoveremos fórmulas para que os veciños e veciñas sexan partícipes das
decisións da corporación, dotándonos de mecanismos regulados de
Participación Cidadá. Asumimos o firme compromiso dos gobernos municipais
cos valores éticos e co interese público.
7.-O concello será axente activo na promoción da cohesión social, a
identidade cultural e a extensión de usos do noso idioma. Neste sentido, o
goberno municipal cumprirá e fará cumprir a lexislación en materia lingüística,
empregando a nosa lingua de forma sistemática en todas as súas
comunicacións orais e escritas e promovendo o seu uso normal nos servizos e
dependencias da Administración local. Garantirase en todo caso o dereito dos
cidadáns a seren atendidos en galego en todas as súas relacións coa
Administración.
Asemade, os grupos asinantes do presente acordo, establecemos os seguintes:
CRITERIOS PARA O FUNCIONAMENTO DO GOBERNOS DE COALICIÓN:
Principio de unidade de xestión e de solidariedade: O goberno municipal,
como órgano único e colexiado, actuará con cohesión, lealdade e apoio mutuo,
responsabilizándose de xeito conxunto e solidario do funcionamento do
concello; partindo do diálogo e co compromiso cun programa municipal común.
Cada formación política manterá a súa autonomía de actuación no que exceda á
xestión municipal.
Principio de eficacia: Na acción de goberno primará a axilidade, eficiencia e
eficacia, para así acadar un nivel óptimo de prestación de servizos e de mellora
de calidade de vida dos cidadáns e cidadás .
Acordo de goberno 2009/2011 para o Concello de Cambre
PSdG-PPSOE / BNG
Cambre 24 de xullo de 2009
3
ESTRUCTURA POLÍTICA DO GOBERNO DE COALICIÓN
1.- Don Antonio Varela Saavedra do PSOE, ostentará a Alcaldía.
2.- Don Xabier Iglesias Oviedo, do BNG, ostentará a primeira tenencia de
Alcaldía.
3.- As áreas de goberno serán:
· PSdeG-PSOE - Alcalde, Antonio Varela Saavedra:
Urbanismo, Persoal e Réxime Interior, Comunicación.
· BNG - Primeiro Tenente de Alcalde, Xabier Iglesias Oviedo:
Medio Ambiente, Infraestruturas, Obras e Servicios Municipais.
· PSdeG-PSOE , Jaime Manuel López Lisnier:
Educación e Deportes.
· PSdeG-PSOE - Arita Prado Arcay:
Cultura e festas.
· BNG - Laura Fernández Martínez:
Igualdade e Xuventude.
· PSdeG-PSOE , Carmen Tato Lago:
Servicios Sociais e maiores. Sanidade.
· PSdeG-PSOE, José Venancio Salcines Cristal:
Economía, Facenda, contratación e Patrimonio Municipal.
· PSdeG-PSOE, Beatriz Ramos Padin:
Seguridade Cidadá, Protección Civil, Transporte e Mobilidade.
Conservación e Mantemento de Parques e Xardíns.
· BNG- Gumersinda Becerra Montes:
Turismo, Patrimonio Histórico e Natural e Medio Rural
· BNG - Antón Otero Domínguez:
Participación cidadá, Cooperación e Solidariedade
4.- Incorporaranse á Xunta de Goberno Local dous concelleiros do BNG, que
estará constituída por 6 concelleiros e o Alcalde
5.- Comisións informativas. Modificarase o seu número e composición para que
todos os concelleiros e concelleiras da corporación formen parte, cando menos,
dunha delas.
Acordo de goberno 2009/2011 para o Concello de Cambre
PSdG-PPSOE / BNG
Cambre 24 de xullo de 2009
4
Manteranse as comisións informativas non permanentes, creadas nesa
lexislatura sempre e cando os seus obxectivos non se poidan encaixar nalgunha
das permanentes.
6.- O novo goberno apostara por unha política retributiva de austeridade nos
altos cargos. As retribucións actuais da alcaldía e concelleiros e concelleiras do
goberno reduciranse un 5% sobre as cantidades estipuladas nos orzamentos
municipais de 2008.
7.- Persoal de gabinete. Seguindo o obxectivo da reducción do custe, o persoal
eventual quedará reducido a dous postos, cun nivel retributivo equivalente ao
mínimo dun grupo A2. Cada grupo político designará un dos postos.
8.- Modificarase o sistema retributivo dos grupos municipais e de indemnización
por asistencia a órganos colexiados baixo os criterios de reducción da
subvencións a grupos, de maneira que non supere o duplo da pasada lexislatura
e, o incremento das indemnizacións por asistencia a órganos colexiados con
cantidades aproximadas ás do orzamento xeral de 2007. Incluiríanse os novos
órganos (mesa de contratación) e a representación en organismos
supramunicipais.
10.- A representación municipal en organismos externos nomearase en relación
coas competencias asumidas en cada Área de goberno.
11.- Procederase á redistribución de persoal e de recursos técnicos e
económicos para garantir o efectivo funcionamento das áreas de goberno. Tanto
das existentes na actualidade como as de nova creación.
12.- Da mesma maneira se establecerá o mecanismo de coordinación da política
de comunicación municipal mediante a participación das dúas forzas políticas do
goberno.
13.- Existirá unha Comisión de Seguimento deste acordo que se reunirá de
forma ordinaria unha vez ao ano, para avaliar a súa marcha e, de forma
extraordinaria, a petición de parte, cando as circunstancias así o esixan para o
desenvolvemento dos compromisos programáticos e criterios de goberno
recollidos neste acordo. Estará composta por dous representantes de cada forza
política asinante.
OBXECTIVOS PARA ESTA LEXISLATURA
1.- PXOM. Defínese como unha prioridade a adxudicación do contrato cunha
nova consultora para a súa redacción. Establecerase un método de seguimento
dos traballos de elaboración entre as dúas forzas do goberno e, procurarase a
participación dos grupos municipais a través da Comisión Informativa
correspondente.
Acordo de goberno 2009/2011 para o Concello de Cambre
PSdG-PPSOE / BNG
Cambre 24 de xullo de 2009
5
2.- Compromiso na xestión dos compromisos de programas e investimentos que
arrancaron na pasada lexislatura.
3.- Compromiso de xestión de programas en marcha nesta lexislatura (Arume,
Fiel 1, Fiel 2). Con acordos, en moitos dos casos, apoiados por todos os grupos
municipais.
4.- Execución dos planos de inversión municipais ordinarios.
5.- Cumprimento dos acordos plenarios da presente lexislatura, investimentos,
ordenanzas, estudios, ...
6.-Actuación institucional para garantir o cumprimento dos acordos de
investimento e dotacións coas outras administracións, nomeadamente coa Xunta
de Galicia. Con especial referencia aos centros educativos e de saúde.
7.- Iniciar, por medio do diálogo, as reformas na administración local co
obxectivo da modernización, a eficiencia e o mellor servizo á cidadanía.
Aplicando ás novas tecnoloxías da sociedade da información á xestión e á
comunicación municipal.
8.- Regularizar e actualizar as contratacións dos servizos públicos.
9.- Impulsar a participación cidadá. Regulándoa e consensuándoa coas
entidades veciñais e sociais do concello e, co conxunto das forzas políticas.
10.- Impulsar desde Cambre os acordos e proxectos comúns co conxunto dos
concellos a área metropolitana, nomeadamente na solución mancomunada dos
problemas que son conxuntos a toda a comarca coruñesa. Participación activa
dentro dos órganos e programas supramunicipais nos que estamos incluídos:
Consorcio das Mariñas, Grupo de Acción Local Leader+, programa de acción
costeira e Plan de dinamización turística.
Polo PSdeG-PSOE Polo BNG
Antonio Varela Saavedra Xabier Iglesias Oviedo
Cambre, 24 de xullo de 2009 |
|
|
|
|
| O BNG de Cambre instará ao alcalde a que inicie as xestións para que non queden nenos sen praza no colexio de Cambre o vindeiro curso |
|
Tamén para que o comedor do CEIP de Cambre poida acoller a todos os estudantes que o soliciten.
Cambre, 23 de marzo de 2009.-O Grupo Municipal do BNG en Cambre anunciou hoxe que un dos asuntos que incluirán no pleno ordinario deste xoves, día 26, serán as previsións de escolarización e de prazas de comedor no CEIP W. Fernández Flórez de Cambre.
Desde as filas nacionalistas instaran ao Alcalde a que inicie as xestións coa administración educativa en funcións na Xunta e a que as continúe co goberno entrante, a fin de acada compromisos para que se cubra a demanda de prazas escolares no novo curso. Coincidindo co período de solicitudes para os centro públicos, informaron de que existe unha grande preocupación ente as familias diante do posíbel déficit de postos escolares. Os nacionalistas lembraron que teñen recollida esta preocupación entre as familias que neste momento teñen escolarizados os seus fillos nas escolas unitarias de Pravio e Cecebre, adscritas ao CEIP de Cambre, e tamén de entre pais de nenos escolarizados na Galescola da Barcala.
Centrarán esta iniciativa en Cambre aínda que, lembraron, é moi probábel que unha situación similar se dea nos colexios do Temple dado o retraso das obras de ampliación do Graxal.
Ao mesmo tempo expresaron a preocupación e malestar pola situación do comedor escolar en Cambre. Recordaron que foi o único do concello onde, apesares das promesas, non se logrou que todas as solicitudes foran atendidas neste curso. Desde o BNG insistirán en que se chegue a un acordo coa Consellaría de Educación e que o concello, de ser necesario, acometa as obras de ampliación necesarias no comedor escolar. “Parécenos, dixeron, unha moi pequena inversión tendo en conta o beneficio social que se obterá”.
Gabinete de comunicación do BNG de Cambre
Volver |
|
|
|
|
| Propostas do BNG ao pleno do xoves |
|
O BNG de Cambre presentará no vindeiro pleno diversos rogos e preguntas relacionados con temporal, a cobertura da TDT, e a mellora da iluminación no colexio Porto Faro, entre outros. Así o portavoz do BNG, Xabier Iglesias, explicou que o seu grupo municipal solicitará ao goberno municipal que se habilite un sistema de información e axuda para canalizar as reclamacións de danos diante da administración e da compañía de subministro de enerxía eléctrica. O BNG considera que as peores consecuencias do temporal foi para familias e negocios xa que a interrupción do subministro eléctrico pode ter provocado importantes prexuízos económicos. Interrupcións que nalgunhas parroquias do concello se mantiveron até o domingo de maneira inexplicábel.
Por outra banda, o BNG instará ao goberno municipal a que presente diante do Pleno un informe sobre o mapa actual de cobertura da TDT e sobre as accións que se tomarán para garantir, no ano 2010, o dereito ao acceso á información dentro do prazo establecido. Recordará que o día 3 de abril de 2010 –queda un ano-, producirase o “apagón analóxico” e a recepción de televisión será exclusivamente por sistemas dixitais. Nestos momentos seguen a existir zonas de sombra e mala calidade de recepción no territorio municipal, asunto que temos tratado en diferentes ocasións diante do Pleno. A posibilidade de recepción do sinal televisivo vai máis aló do ocio e o entretemento, está directamente vinculado ao dereito a información da cidadanía.
O grupo nacionalista pedirá tamén ao goberno municipal a que ordene a reposición inmediata do cruce da Estrada do Temple coa Travesa da Coutelana, fronte ao colexio Portofaro. A construtora do edificio que se está levantando nese lugar retirou un farol de alumado público que daba servizo ao cruce, e que lle coincidía xusto polo acceso á obra, aumentando así o perigo para peóns e vehículos.
Entre as preguntas que formulará o voceiro nacionalista no pleno destaca unha sobre a perda de subvencións no 2008, da Deputación Provincial, 800.000€, e da Consellaría de Cultura, 7.500€.
Volver |
|
|
|
|
| Moción sobre Palestina |
|
O BNG presentará unha moción no pleno que terá lugar mañán xoves na la que proporá á corporación Local a condena a agresión militar sionista contra Gaza, reclamando o fin de calquera operación militar e do bloqueo criminal á que e estado israelí está a someter á franxa de Gaza.
Ao mesmo tempo, proporá que o concello de Cambre inste a Xunta de Galicia a que demande do goberno Español:
a)A suspender as relacións diplomáticas e económicas co Estado de Israel.
b)A paralizar calquera cooperación militar co estado de Israel.
c)A instar o cumprimento das resolucións 242 e 338 da ONU, relativas á retirada israelí dos territorios ocupados e ao dereito do pobo de Palestina ao retorno e a súa Autodeterminación nacional.
d)A promover no marco das Nacións Unidas o envío inmediato dunha misión de observación e interposición que garanta o fin da agresión e do bloqueo contra a franxa de Gaza.
Como complemento o BNG solicitará ao goberno local que convoque aos veciños e veciñas á solidariedade activa con Palestina e que se dirixa á representación da autoridade palestina para expresarlle a súa solidariedade e a condena da agresión que están a sufrir.
O BNG de Cambre explica na moción que desde hai dúas semanas a apocalipse chegou á franxa de Gaza. A potencia militar israelí descarga inmisericorde todo o seu poderío sobre un puñado de palestinos que sobreviven malamente no seu reduto territorial acosados e cercados polo bloqueo e o boicot do estado xudeu.
Era o que faltaba para rematar o catálogo de penurias e sufrimento ao que están sometidos. Sen comercio, sen alimentos e medicinas,sen poderen decidir os destinos da súa -cada vez máis reducida terra- agora teñen que soportar os bombardeos, a agresión militar, dirixida indiscriminadamente contra nenos, mulleres e vellos que teñen como pecado seren palestinos e vivir nas súas casas.
Nunha demostración abafante da negación de todos os dereitos internacionais, o matonismo substitúe á xustiza, as bombas ao diálogo e o terror contra a poboación ao exercicio do dereito. Israel está ofrecendo unha demostración práctica de en que consiste o terrorismo de estado, pois non doutra maneira se pode entender o bombardeo de escolas, de edificios da administración ou relixiosos, ou a matanza de nenos e civís de maneira indiscriminada. E por riba, sen que as vítimas poidan ser atendidas polos organismos internacionais de solidariedade.
E todo isto sucede coa lentitude ou pasividade da diplomacia internacional que cualifica eufemisticamente como "hostilidades" o que é un auténtico xenocidio. Non hai solucións fora do dereito, non hai saída no camiño a través do terror. O cumprimento das resolucións da ONU, o respecto ao dereito internacional e o recoñecemento da soberanía palestina son os únicos garantes dun futuro de paz no oriente medio. O Estado de Israel debe ser condenado e sancionado internacionalmente, o mundo ten que demostrar non estar disposto a tolerar por máis tempo esta situación.
Desde o noso concello podemos axuntar a nosa voz á de todos os homes e mulleres xustos do mundo que están a clamar para que remate esta vergoña. Podemos ademais dirixirnos ás nosas institucións para que se sumen na condena e na esixencia de sancións ao estado agresor.
Volver |
|
|
|
|
| Sementando un futuro sen violencia machista |
|
 Volver |
|
|
|
|
| O BNG denunciou a paralización na construción da beirarrúas Cambre ao Instituto |
|

Cambre, 29 de agosto de 2008.- O BNG denunciou a paralización das obras de construción de beirarrúas na Cambre-a Rocha, no lugar dos Campóns , ademais de mostrar a súa preocupación pola “sorprendente” estreiteza que teñen algúns tramos.
O asunto foi formulado onte no pleno polo voceiro nacionalista, Xabier Iglesias, quen indicou que a obra de construción das beirarrúas está paralizada dende comezo deste mes de agosto.
A formación nacionalista trasladou ao Alcalde a súa preocupación pola estreiteza e o perigo dalgúns tramos para os peóns, tendo en conta ademais, que esta senda será utilizada sobre todo por estudantes do Instituto de Sigrás e para unir Sigrás coa capital municipal.
O grupo municipal do BNG instou ao goberno local para que se adopten ás medidas necesarias para a continuación inmediata dás obras e, para que, por parte dá Deputación Provincial, se complete a expropiación dos terreos necesarios para unha execución axeitada da obra. Así mesmo, que se informe do control e seguimento que se está a facer desta obra.
[Volver] |
|
|
|
|
| Proposta para a creación dun programa de voluntariado medioambiental do Concello de Cambre |
|
O BNG presentará no vindeiro pleno da próxima semana unha moción para a creación dun programa de voluntariado medioambiental municipal cos obxectivos do coidado e posta en valor das rutas homologadas, do entorno do Río Mero e, da preservación e posta en valor do patrimonio forestal e natural do territorio municipal. Para este obxecto o BNG propón unha ampla campaña de difusión e captación de persoas voluntarias, tendo como meta a súa formalización dentro deste ano.
O voceiro do BNG, Xabier Iglesias, considera que sería prolixo enumerar os importantes valores medio ambientais e paisaxísticos do noso Concello. O BNG cree que ninguén discutirá que entre eles están os máis importantes valores patrimoniais “que debemos preservar e poñer en valor para o futuro. A sociedade cambresa queda sumida na perplexidade –cando non na rabia- cando ve como referentes do noso territorio que nos dignificaban e describían van desaparecendo pouco a pouco sen que, aparentemente, a administración sexa capaz ou teña a vontade de evitalo”.
A sociedade de hoxe en día, en contra dos diagnósticos pesimistas dalgúns, non é pasiva nin despreocupada, máis ben ao contrario, é activa, solidaria e participativa. Neste senso, moitas persoas son conscientes de que tamén desde o labor persoal e altruísta se pode contribuír a unha mellor convivencia. Isto é unha das razóns de ser do voluntariado, unir o altruísmo e a solidariedade para mellorar as cousas co esforzo persoal. É o facer, o actuar.
E aquí é onde as administracións teñen unha obriga básica, contribuír a dar soporte e os instrumentos necesarios para que a sociedade poda organizarse, participar e actuar. Sen pretensións manipuladoras nin inxerencias.
Son moitos os exemplos da solidariedade activa que se poderían dar e non hai que saír de Cambre para atopalos.O BNG entende que no medio ambiente e na defensa e posta en valor do patrimonio é onde “podemos topar cun bo número de persoas dispostas a colaborar. Que tan só precisan saber como facelo e que se lle faciliten os instrumentos necesarios”.
Neste momento hai dúas rutas de sendeirismo e ciclismo homologadas, outra, a do río Mero, chamada a ser un dos referentes naturais desta comarca, así como
cantidade de rutas que se poderán establecer nos próximos anos. Rutas que como podemos comprobar non se atopan nun estado de conservación adecuado. Estamos vendo, así mesmo, como masas forestais ou árbores singulares van desaparecendo ano tras ano. Vemos como o incivismo dalgúns aproveita os vellos camiños para o deposito de lixo de todo tipo ou como accesos a estes camiños son pechados por accións malintencionadas ou, simplemente, pola falta de mantemento. Necesitamos, polo tanto, que moita xente se involucre na súa preservación e defensa. Porque hai persoas que queren facer, que queren colaborar.
Hoxe a lei de voluntariado de Galiza e os distintos programas do Plan Galego de Voluntariado dan a cobertura xurídica e administrativa, e tamén económica, para artellar a sociedade en torno á defensa e promoción do patrimonio común.
Coa experiencia acumulada en Cambre, coidamos, é o momento de ofrecer ás persoas con esta sensibilidade os medios para actuar. Parécenos que a creación dun programa de voluntariado medioambiental en Cambre é de todo punto de vista apropiada. Un programa que poida ter o apoio desde todas as áreas de goberno e que conte cos medios adecuados para desenvolver o seu traballo.
[Volver] |
|
|
|
|
| Tala de árbores catalogados por Patrimonio na antigua estada da Estación |
|

O BNG de Cambre denunciou a tala de varias árbores catalogadas patrimonialmente na antigua estrada da Estación, a carón da ponte das Ínsuas.
A formación nacionalista demandará a actuación urxente tanto do Concello de Cambre coma da Deputación Provincial, ésta segunda coma responsabel da vía.
Dun grupo de cinco plátanos de sombra que quedaban naquela zona, dous xa foron talados e un terceiro ten un corte de motoserra. Resulta canto menos curioso que os dous que talaron facían sombra a uns chalets que están en construcción.
O voceiro nacionalista, Xabier Iglesias, puxo en coñecemento do alcalde estes feitos para que mandase a Policía Local con fin de proceder a elaboración do informe oportuno. Ademáis a formación nacionalista esixirá que se denuncie ante Patrimonio esta tala e que se planten novos exemplares.
O BNG tamén trasladou ao Concello a súa preocupación pola enorme tala que se está a facer nas marxes do río Mero, que aparenta ir máis aló da eliminación de exemplares alóctonos e enfermos. Neste senso, tras denunciar este feito por parte do BNG, o goberno local convocou unha reunión para esta mesma semana co director da obra da Confederación Hidrográfica del Norte.
[volver] |
|
|
|
|
| A Corporación aproba una proposta do BNG para a construcción dun aparcamento para O Temple na rúa Francisco Rodríguez |
|
A corporación local aprobou por unanimidade a proposta presentada polo BNG de Cambre na que solicitou ao goberno local que inicie a contratación dunha asistencia técnica externa, para o estudo técnico e financeiro da construcción dun aparcadoiro soterrado no ámbito da Rúa Francisco Rodríguez, no Graxal-O Temple.
Cambre, 1 de agosto de 2008.- O voceiro nacionalista, Xabier Iglesias, explicou que un dos problemas máis graves que ten a parroquia de O Temple e, nomeadamente o Graxal, é o do aparcamento. Tanto residentes como empresarios vense afectados por esta situación na súa vida cotián e nos seus negocios. Para o grupo municipal do BNG é hora xa de que se tome algunha iniciativa en serio, de que se tomen decisións, despois de moitos debates ata o de agora infructuosos. Ainda sendo conscientes da dificultade en atopar unha solución a este problema o BNG non ten dúbida que “os problemas son xerados pola ausencia de planificación e a despreocupación polos equipamentos públicos”.
“Pensamos que os veciños e comerciantes do barrio non queren escoitar máis veces que os políticos coincidimos con eles no diagnóstico, o que queren oír de nós, dos representantes políticos, son solucións.Neste sentido, proporemos ao Pleno que tome a decisión de que se estude a construción dun aparcadoiro soterrado na rúa Francisco Rodríguez, contemplando o uso do subsolo dos viais, do parque e, mesmo a posibilidade, da parte superior do Parque Ramón Barba e da zona da polideportiva anexa ao Colexio”, segundo indicou o portavoz nacionalista. O BNG entende que se trata dunha superficie suficiente e que permitiría habilitar prazas para residentes, para o alugueiro e para uso dos comerciantes e empresarios da zona.
Considera que el estudio solicitado debe incluir non só son técnicas, tamén económicas e de financiación , polo que o estudio que se faga deberá abordas ambas as dúas cuestións.
[Volver] |
|
|
|
|
| A Corporación Local aproba por unanimidade unha Auditoría enerxética do Concello |
|
A Corporación Local aprobou por unanimidade unha proposta do BNG de Cambre na que demandaba a contratación dunha asistencia técnica externa para a realización dunha auditoría enerxética de todos os consumos municipais, que contemple un plano de redución e racionalización dos consumos.
Cambre, 1 de agosto de 2008.- O voceiro nacionalista, Xabier Iglesias, considera que a crise económica e a necesaria conciencia ecolóxica relacionada co cambio climático e os usos racionais da enerxía obrigan as institucións a tomar medidas e a ser exemplares. O Concello ten moito que dicir neste campo tendo en conta que é o maior consumidor enerxético no territorio municipal e, por outra banda, a factura enerxética non se para de incrementar co paso do tempo.Estas son dúas razóns co peso dabondo como para tomar en serio este problema, abordalo e tomar decisións. Xa non é suficiente con pequenas medidas parciais que non atacan o mal de raíz. É necesario que Cambre conte cun plano a medio e longo prazo, cunha folla de ruta, que marque o camiño e que se podan ir avaliando no tempo os seus resultados.
Son moitos os ámbitos que estudar e mellorar: os consumos das calefaccións, os alumeados interiores e o alumeado público, etc.
Tamén é certo que os medios propios non permitirían, excepto que desatendan outras funcións, deterse con rapidez e profundidade en elaborar un estudio rigoroso e un plano de actuación, tendo en conta, ademais, que “falamos dun asunto que non admite máis demoras”.
Desde o grupo municipal do BNG consideramos necesaria unha auditoría enerxética do Concello de Cambre cos obxectivos de redución da factura enerxética municipal e de contribuír aos usos racionais da enerxía, contratar unha asistencia técnica externa para a realización dunha auditoría enerxética de todos os consumos municipais, que contemple un plano de redución e racionalización dos consumos.
[Volver] > |
|
|
|
|
| Auditoría enerxética do Concello de Cambre |
|
O BNG de Cambre presentará no vindeiro pleno desta semana (xoves día 31) unha moción na que demandará a contratación dunha asistencia técnica externa para a realización dunha auditoría enerxética de todos os consumos municipais, que contemple un plano de redución e racionalización dos consumos.
O voceiro nacionalista, Xabier Iglesias, considera que a crise económica e a necesaria conciencia ecolóxica relacionada co cambio climático e os usos racionais da enerxía obrigan as institucións a tomar medidas e a ser exemplares. O Concello ten moito que dicir neste campo tendo en conta que é o maior consumidor enerxético no territorio municipal e, por outra banda, a factura enerxética non se para de incrementar co paso do tempo.Estas son dúas razóns co peso dabondo como para tomar en serio este problema, abordalo e tomar decisións. Xa non é suficiente con pequenas medidas parciais que non atacan o mal de raíz. É necesario que Cambre conte cun plano a medio e longo prazo, cunha folla de ruta, que marque o camiño e que se podan ir avaliando no tempo os seus resultados.
Son moitos os ámbitos que estudar e mellorar: os consumos das calefaccións, os alumeados interiores e o alumeado público, etc.
Tamén é certo que os medios propios non permitirían, excepto que desatendan outras funcións, deterse con rapidez e profundidade en elaborar un estudio rigoroso e un plano de actuación, tendo en conta, ademais, que “falamos dun asunto que non admite máis demoras”.
Desde o grupo municipal do BNG consideramos necesaria unha auditoría enerxética do Concello de Cambre polo que proporá ao pleno, cos obxectivos de redución da factura enerxética municipal e de contribuír aos usos racionais da enerxía, contratar unha asistencia técnica externa para a realización dunha auditoría enerxética de todos os consumos municipais, que contemple un plano de redución e racionalización dos consumos.
[volver] |
|
|
|
|
| En Cambre séguese sen asumir responsabilidade algunha, a culpa é doutros |
|
Remata sen conclusións de alcance a Xunta de
Portavoces.
O que se vai facer é parte do que o BNG propuxo en xaneiro.
Cambre, 18 de xullo de 2008.- Mediante unha comunicación pública, o BNG de Cambre, manifestou a súa consternación ao comprobar que Cambre está sen goberno e que ninguén asume responsabilidades.
As concelleiras nacionalistas, Sindi Becerra e Laura Fernández, fixeron estas declaracións logo de saír dunha reunión de representantes de todos os grupos municipais co Alcalde e técnicos municipais, celebrada esta mañá. Manifestaron
que a reunión consistiu nun continuo“despexe de balóns” e “botar a culpa a outros” e, que en ningún momento se produciu a mínima asunción de responsabilidades por parte do goberno nin do Alcalde. Segundo dixeron as
concelleiras do BNG, o que resulta máis alarmante xa non é a posibilidade de que se produzan accidentes, senón que Cambre estea gobernado por quen non é capaz de tomar decisións. “Iso é o que está a provocar a alarma social. Si o goberno o fai tan ben, como é que se teñen producido xa tres accidentes en poucos meses?”, comentaron.
Lembraron que, diante da falta de ideas e iniciativas por parte do executivo local, foi o BNG quen, en xaneiro, presentou unha proposta que acadou o respaldo unánime, para evitar estas situacións. Afirmaron que, aínda hoxe, as medidas que propón a Alcaldía son as cousas elementais que hai meses que tiñan que estar feitas. Insistiron en que, ao final, a conclusión proposta desde o goberno é unha nova reunión e que as obras se fagan a man.
As mesmas fontes nacionalistas indicaron que o lamentábel deste asunto e comprobar como o goberno non goberna e, por sistema, busca culpábeis externos sen asumir o mínimo erro nin responsabilidade.
Desde o BNG, non se entende, como o Alcalde, que ten competencias para elo, non dá orde de paralización inmediata de todas as obras susceptíbeis de accidentes, mentres non se asegure o control estrito na súa execución. Insistiron, ademais, na obriga do Alcalde en reclamar os danos e prexuízos provocados, pero tamén en tomar medidas internas no seu goberno e na súa administración.
Remataron lamentando que se volva a comprobar a nula capacidade de actuación dun goberno que se encontra perdido e desbordado polos acontecementos.
Gabinete de comunicación do BNG de Cambre
[volver] |
|
|
|
|
| O goberno local incumpre os mandatos plenarios que impedirían esta sucesión de accidentes |
|
Unha moción nacionalista en xaneiro apostaba por medidas preventivas e contou con respaldo unánime.
Acusan ao executivo de non cumprir coas súas obrigas.
Cambre, 16 de xullo de 2008.- O BNG de Cambre manifestou hoxe, a través dun comunicado aos medios, a súa preocupación pola sucesión de accidentes nas instalacións de condución de gas.
En referencia ao novo incidente na rúa consideraron que entre “uns e outros “ están a provocar unha inquietante sensación de alarma social e de perigo. Aludían os nacionalistas á falla de profesionalidade dalgunhas empresas e ao deixamento do goberno local, como causantes desta situación. Explicaron que a súa posición en xaneiro, en relación co incendio provocado no Paseo Marítimo,
fora crítica co goberno pero que fixeran especial énfase en tomar leccións do sucedido para que non se repetira. Así, dixeron, o Pleno aprobou por unanimidade a moción do BNG na que se resolvía esixir das empresas concesionarias unha auditoría técnica das instalacións e os protocolos de actuación diante de sucesos deste tipo. Segundo informan, aprobouse ademais iniciar as reclamacións pertinentes as empresas implicadas.
Os nacionalistas recordaron, ademais que este acordo incluía que o Alcalde se dirixiría á Consellería de Industria para que se velara polo cumprimento das normativas nas instalación e se depuraran responsabilidades.
Antón Otero, responsábel de comunicación do BNG e concelleiro da corporación, expresou o seu pesar porque, pasados seis meses daquel accidente e da aprobación da moción nacionalista, os feitos volvan a se repetir. Rematou dicindo que: “Sabemos que os accidentes, por definición, non se poden evitar ao 100%, pero o preocupante é a falla de actuación do goberno local. Sabemos que non
estamos libres de que poda ocorrer algo así pero o que non é de recibo e que teñamos un goberno que non exerza a súa autoridade e que non cumpra cos mandatos do Pleno”. Otero insistiu en facer un chamamento ao Alcalde para que
se poña mans á obra e que garanta a seguridade de veciños e veciñas, reiterando que, nesa liña contará co respaldo do BNG pero, culminou, para iso o Alcalde ten que exercer, que gobernar.
Gabinete de comunicación do BNG de Cambre
[volver] |
|
|
|
|
| Presentarán unha proposta ao pleno para a construción dun aparcadoiro soterrado no Graxal |
|
O portavoz do BNG anunciouno durante un encontro cos empresarios do Temple.
Iglesias comprometeuse a apoiar as reivindicacións deste colectivo
Cambre, 14 de xullo de 2008.- Unha representación da directiva da asociación de
empresarios do Temple, mantivo un encontro co portavoz dos nacionalistas en Cambre, Xabier Iglesias. No transcurso desta xuntanza os empresarios expuxéronlle ao representante do BNG algunhas das cuestións que máis lles preocupa en relación coa situación da actividade económica do seu barrio.
Aproveitaron para convidar ao BNG a participar na feira de empresarios que terá lugar a partires do 24 de xullo, no paseo marítimo do Temple.
Pola súa parte, Iglesias, manifestoulles que o tecido empresarial do Temple é un ben precioso para o Concello e que se debe apoiar e promocionar. Concordou con eles en que son problemas de ordenación urbanística do barrio os que máis afectan para unha boa marcha dos negocios, e comprometeuse a que as iniciativas políticas do BNG irían nese sentido. Recordou que xa foron varias propostas do BNG, nesta liña, as que foron aprobadas. Propostas sobre a
seguridade e a humanización do barrio ou, para impedir que a zona se siga masificando e para que se dote de servizos. O portavoz do BNG considerou, non obstante, que o barrio ten grandes potencialidades e posibilidades e que estas están fundamentadas na xente que o habita.
Neste sentido, insistiu, en que o labor que pode desempeñar o pequeno comercio na dinamización da zona é importante e debe ser apoiada desde o concello. Iglesias comprometeuse a continuar presentando iniciativas neste sentido e, anuncioulles, que unha delas vai ser a proposta de estudar a construción dun aparcadoiro soterrado no medio do Graxal, ocupando parte da rúa Francisco Rodrígez . “Trataríase de dar
solución ao primeiro problema do barrio para residentes e empresariado, como é o do aparcamento e, ao tempo, mellorar outros equipamentos urbanos, en referencia a piscina descuberta do Parque Ramón Barba e, á deteriorada e perigosa polideportiva cuberta anexa ao colexio”, explicou.
Anunciou que esta será unha das iniciativas que o grupo nacionalista presentará ao Pleno de xullo.
Gabinete de comunicación do BNG de Cambre
[volver] |
|
|
|
|
| O BNG propón difundir e promover o uso do ferrocarril de proximidade |
|
O BNG lamenta que o Alcalde non teña posto en marcha a campaña de promoción do ferrocarril de proximidade
Anuncia o apoio incondicional ao goberno local de seguiren o acordado entre todos os partidos.
Cambre, 9 de xullo de 2008.- O portavoz municipal de BNG, o nacionalista Xabier Iglesias, confirmou hoxe que o seu grupo estará ao lado do Alcalde en todas cantas xestións leve adiante para promover e reclamar o uso do ferrocarril de proximidade. Ao mesmo tempo, lamentou que, polo de agora, esas acción se teñan quedado en simples declaracións.
Así o manifestou logo de acudir, a reunión coa directiva da asociación de afectados polo trazado do tren de alta velocidade por Cambre. Nesta reunión, na que participaron representantes de todos os grupos, incluído o grupo de goberno socialista, íase dar conta das xestións realizadas até o de agora polo goberno municipal.
Iglesias sinalou a súa decepción ao comprobar que unha reunión tras outra, o goberno local, o único que manifesta é ter enviado solicitudes de entrevistas ás que ninguén contesta.
Insistiu en que hai meses que o BNG ven propoñendo que desde o concello se inicie un labor de sensibilización cidadá e difusión para promover o uso do transporte ferroviario de proximidade, como paso previo a unha reclamación con toda a forza e o apoio da sociedade para que se aumenten e melloren os servizos existentes.
Esta proposta, comentou, foi aceptada por todos e, tamén polo goberno, pero, segundo dixo, non teñen dado un só paso para poñela en práctica, denunciou o portavoz nacionalista.
Iglesias insistiu en que o trazado proposto de Alta velocidade é agresivo, de impacto negativo e beneficios inexistentes pero, a maiores, trae consigo o desmantelamento da actual vía coa conseguinte imposibilidade de recuperar o servizo de ferrocarril metropolitano. Neste punto, considerou, que onde hai que centrar os esforzos é en sumar usuarios e convencer a máis veciños para utilicen a alternativa ferroviaria. “Senón comezamos a usalo, mal poderemos defender que se aumente e mellore o servizo e, dificilmente poderemos evitar que levanten a vía”, afirmou.
Para Iglesias o goberno municipal e o seu Alcalde non están a altura das circunstancias. Insistiu en que esa campaña hai meses que tiña que estar en marcha. Reiterou que o BNG apoiará ao Alcalde nesa liña pero, criticou, que o goberno de Cambre estea de vacacións permanentes, sen atender aos problemas e mostrando o seu desinterese polos asuntos que lle preocupan aos veciños.
[volver] |
|
|
|
|
|
|
|
|
|