|
|
|
|
|
|
| PROPOSTA DO GOBERNO MUNICIPAL DE CAMBRE SOBRE O BORRADOR DE DECRETO DE GALEGO NO ENSINO: |
|
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Asistimos nos últimos tempos a unha situación esperpéntica, provocada por sectores políticos e mediáticos que pretenden trasladar á opinión pública a idea de que o idioma castelán corre perigo en Galiza, por mor dunha suposta imposición do galego e dunha suposta discriminación a que se vén sometidas as persoas que falan nesta lingua. Mentres tanto, a realidade é claramente á inversa: o proceso de normalización de usos do galego foi lento e, até hoxe, insuficiente para garantir o dereito a vivir na nosa lingua. Na práctica, estamos na negación da igualdade e convivencia entre as dúas linguas, feito no que coinciden numerosos informes, organismos e entidades.
Así, un informe do Consello de Europa elaborado a finais de 2008, advertía que no noso País non se están a dar garantías para o uso normal do galego en ámbitos tan importantes como a educación, a xustiza, os servizos públicos ou os medios de comunicación; incumpríndose os tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos. Na mesma liña, un recente informe da Real Academia Galega sinala que en doce anos reduciuse á metade a cantidade de persoas que falan habitualmente en galego. Tamén o Consello Escolar de Galiza, nun informe sobre o galego no ensino, confirma unha clara desgaleguización do alumnado no seu tránsito da familia á escola, como consecuencia da desvantaxe do galego fronte ao castelán no sistema educativo.
Porén, a pesares da situación crítica pola que atravesa a lingua propia do País, a toma de posesión do novo Goberno da Xunta de Galiza non fixo mais que agravar a situación. A súa galegofobia asombra pola súa celeridade en contraposición coa ineficacia e parálise no resto da acción de goberno. Este goberno está a actuar con obsesiva premura en contra do galego e das medidas que, en boa parte, impulsou o goberno bipartito da Xunta de Galiza, inspiradas no consenso que estabelece a Lei e o Plan de Normalización Lingüística. Así, eliminou a obrigatoriedade de realizar unha proba en galego para a acceder á función pública, eliminou a condición de impartir en educación infantil un mínimo do 50% en galego en contextos español-falantes; desmantelou o modelo educativo de Galescolas, e reduciu drasticamente o orzamento para diferentes políticas de normalización lingüística, até o punto de que os orzamentos deste ano dedican un 20% menos á normalización que os do ano 2009.
O elemento central desta política gubernamental de persecución contra o galego é a substitución do actual Decreto 124/2007 por un novo, cuxas bases para a súa elaboración presentou o Goberno da Xunta de Galiza o pasado 30 de decembro. Preséntase como o que será o decreto do plurilingüismo. Porén, non hai tal plurilingüismo, o que hai é un avance claro cara ao monolingüismo en castelán. Coas bases presentadas, vai haber menos galego no ensino, esa é a realidade. Na súa aplicación práctica, vaise pasar do 50% en galego ao 70 - 30 en favor do castelán. A introdución do inglés é unha cortina de fume, pois, como o propio decreto admite, non vai haber recursos para financiar a introdución do inglés, moito menos se temos en conta que o PP reduce os orzamentos para o ensino público.
As bases do decreto vulneran leis básicas aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos lingüísticos. En concreto, vulnera a letra e o espírito da Lei de normalización lingüística (artigos 12 e 13), así como da Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias (art. 8). O borrador non garante que o alumnado acade a competencia en lingua galega, polo tanto sitúase mesmo fóra do marco do Estatuto, artigo 5. Un goberno serio, cívico e responsábel debería cumprir as leis e os tratados internacionais de dereitos humanos e lingüísticos.
É un borrador que vai traer conflitos á sociedade e aos centros educativos, onde antes había acordo e consenso. A Xunta fai deixación das súas funcións e traslada o problema ao profesorado, ao estudantado e ás familias. Porque ademais é unha proposta feita de costas á sociedade galega, sen ningún consenso con estes colectivos nin coa sociedade en xeral. Por iso se presentou na véspera de fin de ano, a última hora do serán, e sen que existise ningún proceso previo de diálogo nin contraste.
As bases para a elaboración do novo decreto preséntanse baixo a suposta argumentación de que garante a liberdade de elección. Porén, non se pode falar de liberdade de elección cando existe desigualdade xurídica entre o galego e o castelán, e o galego está situado nun nivel de inferioridade en todos os usos sociais. Nin se pode falar de liberdade de elección cando se impide a adquisición de competencia en lingua galega.
En resumo, é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta de Galiza que maltrata e despreza a lingua propia do noso País.
Por isto solicitamos do Pleno da Corporación a adopción do seguinte
ACORDO
A corporación municipal de Cambre Insta á Xunta de Galiza a:
1. Retirar o borrador do novo Decreto sobre o uso das linguas vehiculares no ensino, presentado o pasado día 30 de decembro diante da opinión pública.
2. Cumprir as obrigas estatutarias de normalización da lingua propia de Galiza en todos os planos da vida pública, de acordo co artigo 5 do Estatuto de Autonomía.
3. Retornar ao consenso político e social que se estabelece no marco normativo da Lei de Normalización Lingüística e no Decreto 124/2007, consecuencia do Plano de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade das forzas parlamentares.
|
|
|
|
|
| VIII curso básico de voluntariado |
|

O Concello de Cambre a través da concellaría de participación cidadá, cooperación e solidariedade ven de realizar o VIII Curso básico e específico de voluntariado os pasados 03 e 04 de outubro de 2009 no Albergue de Alvarella.
Cambre, 15 de outubro de 2009
As xornadas consistiron no desenvolvemento dun curso básico de acción voluntaria destinado a persoas interesadas na acción voluntaria e a persoas voluntarias que non o tivesen feito con anterioridade. O curso básico tivo unha duración de 14 horas lectivas e estivo homologado pola Xunta de Galicia. O horario do curso foi o sábado 03 de outubro de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas e o domingo 04 de outubro de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas. A el asistiron 17 persoas voluntarias das cales 7 xa eran voluntarios/as de Cambre e 10 fixéronse voluntarias tras o curso. Os contidos do curso versaron sobre a Lei galega de voluntariado do 2000 e sobre aspectos clave relacionados coa acción voluntaria como: que é ser voluntario/a, dereitos, compromisos, deberes, funcións,..., que adquire unha persoa como voluntaria.
De xeito paralelo ao curso básico, o sábado 03 de outubro de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas desenvolveuse o curso específico de “habilidades da comunicación” onde 22 persoas voluntarias do Concello de Cambre (que xa dispoñían do curso básico) aprenderon técnicas de comunicación para relacionarse cos beneficiarios/as dos servizos de voluntariado así como con técnicos ou representantes de institucións coas que traballan.
Por último, o domingo 04 de outubro de 10:00 a 14:00 horas tocoulle quenda ao curso de “traballo en equipo” dirixido tamén as persoas voluntarias que xa tivesen feito en anos anteriores o curso básico. Foron 22 persoas voluntarias as participantes, e durante o curso adquiriron estratexias e técnicas de traballo en equipo para aplicalas ao seu traballo dentro da organización do programa municipal de acción voluntaria.
Os cursos de voluntariado ideáronse durante un fin de semana de convivencia co obxectivo de dotar, tanto as persoas voluntarias como as persoas que aínda non sendo voluntarias estaban interesadas no voluntariado, dun espazo de convivencia e coñecemento mutuo que axudara a crear unha conciencia de pertenza a un grupo de iguais e así favorecer intercambio de experiencias e a creación dunha rede social. Para iso contouse cun grupo de animación que durante os tempos libres do curso aplicaron diferentes dinámicas de presentación, de coñecemento e de distensión que crearon un ambiente inmellorable entre as máis de 45 persoas que participaron no VIII Curso básico e específico de voluntariado.
O domingo 04 de outubro ás 20:00 horas clausurouse o curso e se fixo a entrega de acreditacións da man do concelleiro delegado de participación cidadá, cooperación e solidariedade Antón Otero Domínguez, asistindo ao mesmo o portavoz do grupo municipal do PSOE Venancia Salcines Cristal ,o portavoz do grupo municipal de Esquerda Unida Luís Taibo Casás así como a concelleira delegada de Turismo e Patrimonio Histórico Artístico e Natural Sindi Becerra Montes.
As persoas voluntarias (axudadas polo grupo de animación) elaboraron as Clownclusións do curso explicando as autoridades a través de técnicas teatrais e de clown o aprendido durante a fin de semana.
|
|
|
|
|
| O Concello investirá 260.000 euros para restaurar o Camiño Inglés ao seu paso por Cambre |
|

A concelleira nacionalista, Sindi Becerra, inicia a súa andaina á fronte da Área de Turismo e Patrimonio de Cambre, co impulso do proxecto de recuperación do camiño Inglés.
O Concello de Cambre vai investir 260.000 euros, procedentes dos fondos do Plan de dinamización turística do Consorcio das Mariñas, para reformar o Camiño Inglés ao seu paso por Cambre. Os traballos estarán listos antes do inicio do ano Xacobeo e preténdese sumar ao indubidábel valor paisaxístico e cultural do Camiño un maior valor estético mediante a mellora dos pavimentos, o mobiliario urbano, o alumado e a restauración dos elementos máis característicos situados ás marxes do Camiño.
Segundo explicou a concelleira de Turismo e Patrimonio Histórico, Sindi Becerra “actualmente a práctica totalidade do Camiño está asfaltado, polo que vai ser substituído por empedrado, moito máis respectuoso coa historia e tradición do que era ou camiño orixinalmente”. Becerra tamén destacou que puntos de especial valor históricos van ser reformados e restaurados: A encrucillada dous 6 Camiños, o cruceiro de Anceis onde se eliminará o tendido eléctrico e telefónico aéreo e se axardinará o contorno, ou a fonte de Sobrecarreira, que será restituída ao seu estado orixinal. Tamén o contorno da Igrexa de Sigrás vai ser reformado.
“Queremos recuperar as construcións tradicionais do Camiño e poñer en valor vos seus atractivos”. Xunto a estas obras, tamén se acometerán traballos de canalización de pluviais e saneamento.
|
|
|
|
|
| Unha consulta popular sobre a reforma do entorno do Campo da Feira é unha das primeiras decisións dos nacionalistas logo da súa entrada no goberno |
|
Durante o mes de agosto recolleranse as suxestións de veciños e asociacións para incorporar ao proxecto de reforma
O concelleiro de Participación Cidadá, o nacionalista Antón Otero, xunto co primeiro tenente de Alcalde, Xabier Iglesias, explicaron que unha das primeiras decisións adoptadas ao entrar a formar parte do goberno municipal foi a de impulsar un proceso de participación cidadá para recoller aportes e suxestións ao proxecto de reforma e rexeneración urbana do contorno do Campo da Feira de Cambre.
Otero e Iglesias comentaron que a participación cidadá será fundamental para que as accións de goberno sexan asumidas e tomadas como propias pola sociedade, e que esa intención será a que presida o seu traballo no que resta de lexislatura.
Nese sentido indicaron que a reforma e rexeneración urbana do Campo da Feira de Cambre vai ser un elemento da máxima importancia na acción de goberno, “estamos a falar da dun contorno histórico e tradicional de Cambre, usado por residentes e visitantes, da nosa ágora, o punto de encontro da nosa xente e no que a nosa xente ten que ter a palabra”.
O proxecto de intervención no Campo da Feira está enmarcado como unha das actuacións do programa “Arume”, financiado con fondos europeos, e se executará até finais de 2010, para o que conta cunha partida de 447.000€.
O concelleiro de participación indicou que xa se remitiu carta a todas as asociacións do concello na que se explican os prazos e o obxecto da consulta, e que haberá unha reunión con elas a vindeira semana. Para dinamizar a participación da cidadanía utilizaranse os medios municipais de difusión e, habilitaranse caixas de correo na web municipal e no propio rexistro xeral do concello. Explicou, ademais, que se propoñerá ás asociacións que designen unha persoa para formar parte do xurado que decidira o proxecto gañador.
Pola súa parte o primeiro tenente de alcalde e responsábel de obras, Xabier Iglesias, explicou que unha vez recollidas as suxestións cidadás serán estudadas polos técnicos municipais para seren incorporadas ao prego que rexerá o concurso. Ademais, explicou, que dada a relevancia da intervención a proposta para a constitución do xurado incluirá a técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio, do Colexio de Arquitectos, do Colexio de Enxeñeiros, da Deputación e do propio concello. O concelleiro nacionalista abondou nalgúns aspectos da intervención. Dixo que inda que a dotación orzamentaria restrinxirá a intervención ao propio Campo, a intención do concurso é que queden definidas as liñas de actuación futuras en todo o ámbito do centro urbano de Cambre. Desde o Castro e as instalación educativas próximas até o contorno da Igrexa e as rúas circundantes. “será o libro branco que guiará no futuro a conformación urbana da capital municipal”, dixo.
Por último, explicaron, que nos próximos días habilitarase na web municipal o buzon de recollida de suxestións así como a información necesaria sobre este proxecto.
|
|
|
|
|
| MOCIÓN: Sobre a gratuidade dos libros de texto |
|
Grupo Municipal do BNG de Cambre
Sr.Alcalde do Concello de Cambre
Xabier Iglesias Oviedo, Portavoz do grupo municipal do BNG de Cambre, presenta para o seu tratamento no Pleno Ordinario da corporación de 30 de xullo de 2009, a seguinte moción segundo o disposto no vixente regulamento orgánico municipal (ROM).
MOCIÓN: Sobre a gratuidade dos libros de texto
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
As nais e os pais do alumnado levan décadas loitando por unha mesma causa: que os libros de texto escolares sexan gratuítos para as familias con fillos e fillas matriculados en colexios públicos e concertados. Se como di a Constitución española no seu artigo 27.4 o "ensino básico é obrigatorio e gratuíto", os manuais de texto que o alumnado necesita para seguir o curso tamén deberían selo. Tal e como está configurado o sistema educativo, o libro é aínda un elemento imprescindíbel que as familias están obrigadas a adquirir cada comezo de curso. En realidade, ao esixir este esforzo económico non se cumpre co precepto constitucional, nin se garante a igualdade de oportunidades de todos e todas á educación. Por Orde de 6 de xuño de 2003 (Diario Oficial de Galiza do 12 de xuño), convocouse o programa de gratuidade de libros de texto nos centros de ensino sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos, e estabelecéronse as súas normas de organización e funcionamento como un servizo fundamental á sociedade por parte dos poderes públicos, como servizo de préstamos que favorece a igualdade de oportunidades entre o alumnado e inculca valores de solidariedade, conservación do material para a súa reutilización por outras persoas e coidado do ben colectivo.
No curso 2009-2010 dase un paso atrás, cunha obsesión da actual Consellaría de Educación de desmantelar os logros conseguidos en etapas anteriores argumentando que non adoptara aínda medidas concretas sobre o programa impulsado polo goberno anterior con presenza do BNG.
Rexeitamos que unha das primeiras medidas que pon en marcha o goberno do PP sexa a de apoiar os recortes sociais. Desde o BNG, queremos lembrar, que a día de hoxe hai en Galiza 82.000 familias agardando que a Consellaría de Educación defina a súa política en materia educativa, porque aínda non saben que vai pasar cos libros de texto no vindeiro curso académico e qué vai pasar co programa de gratuidade dos libros de texto.
Consideramos inaceptábel a supresión da gratuidade universal dos libros de texto, anunciada polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, na sesión do Consello Escolar de Galiza do 18 de xuño, admitidas tamén polo presidente da Xunta de Galiza. Esta proposta de recorte, xunto con outras que a Consellaría de Educación está levando adiante nestes primeiros meses do seu mandato, supón unha medida regresiva que atenta ao carácter público e gratuíto do ensino, e evidencia unha vez máis a política neglixente que este goberno está a levar a cabo.
Esta medida non pode ser a resposta do Goberno aos problemas económicos na actual situación, tal e como argumentou o conselleiro. De feito, nun contexto económico precario, o Goberno debe manter a gratuidade dos libros de texto para favorecer a economía das familias, e non usar a crise como pretexto para artellar discrecionalmente calquera tipo de política, mesmo aquelas que supoñen un ataque frontal ás garantías fundamentais polas que o Goberno debe velar. Esta política supón un paso atrás no plano educativo e social.
A tres meses da toma de posesión non sabe qué política educativa vai empregar, finalizando o curso cun total desconcerto e desconfianza por parte das familias.
É curiosa a maneira de entender a responsabilidade deste novo goberno que, por unha banda, realiza unha absurda enquisa ás nais e aos pais sobre a língua na que queren os contidos dos libros de texto e, pola outra, toma despoticamente a decisión de eliminar a gratuidade dos mesmos.
Finalmente, debemos recordar que o sistema creado polo anterior goberno da Xunta de Galiza introducía a solidariedade de compartir os libros, e que existen 82.000 familias agardando unha decisión.
Por todo isto, o BNG propónlle ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte
ACORDO
Instar á Xunta de Galiza a garantir a gratuidade dos libros de texto e do material curricular no vindeiro curso académico.
Xabier Iglesias Oviedo
Portavoz do GM do BNG
Cambre, 24 de xullo de 2009
|
|
|
|
|
| ACORDO ENTRE O PSdeG-PSOE E O BNG PARA A GOBERNACIÓN DO CONCELLO DE CAMBRE |
|

ACORDO ENTRE O PSdeG-PSOE E O BNG PARA A
GOBERNACIÓN DO CONCELLO DE CAMBRE
Os resultados electorais expresaron a vontade cidadá de que a composición da
corporación municipal de Cambre foxe plural. Ao non se producir maiorías
absolutas faise necesario o establecemento de acordos que posibiliten un
goberno estábel e forte que poida xestionar adecuadamente os intereses da
cidadanía.
O PSdeG-PSOE e o BNG, respectuosos con esa vontade cidadán de goberno
plural para este concello e sensíbeis á necesidade de propiciar a súa
estabilidade política, establecen o presente acordo para a gobernación do
Concello de Cambre polo período da presente lexislatura, até o 2011.
O goberno municipal derivado deste acordo basearase na corresponsabilidade
efectiva, solidaria e leal de ambas as dúas forzas na acción de goberno, así
como na concepción do Goberno como órgano unitario.
O reparto de tarefas e responsabilidades nos distintos ámbitos institucionais
estará en relación coa representatividade acadada por cada unha das dúas
forzas políticas.
Este acordos das forza asinante para garantir o goberno de coalición en
Cambre, baséanse nos seguintes
PRINCIPIOS E CRITERIOS PROGRAMÁTICOS:
1.-O PSdeG e o BNG subscriben o presente acordo de gobernación
comprometéndose a impulsar na acción municipal un goberno cimentado na
proximidade á cidadanía e aos seus problemas, un goberno forte para ofrecer
un maior nivel de benestar. Comprometémonos a demandar para os concello un
modelo de financiamento capaz de garantir a suficiencia económica necesaria
para xestionar as nosas competencias.
2.-Concibimos o concello como peza fundamental para a vertebración do País e
inserido na súa realidade territorial . Neste sentido, o BNG e o PSdeG
impulsarán desde Cambre, en colaboración cos concellos veciños e o resto das
institucións, unha nova organización administrativa do territorio baseada na
colaboración e na corresponsabilidade e no impulso de novas formas
institucionais de colaboración metropolitana.
Acordo de goberno 2009/2011 para o Concello de Cambre
PSdG-PPSOE / BNG
Cambre 24 de xullo de 2009
2
3.-Apostaremos por un concello comprometido co desenvolvemento rural e co
equilibrio territorial e medioambiental, un concello que camiñe cara un modelo
de crecemento sustentábel, respectuoso co medio e coas persoas.
4.-O concello é instrumento fundamental para a mellora da calidade de vida e
a conquista do benestar e a igualdade. Neste sentido serán liñas de actuación
prioritarias as políticas de promoción económica e creación de emprego, de
desenvolvemento de programas de benestar social, de defensa do medio
ambiente, de igualdade entre homes e mulleres, as políticas sociais de vivenda,
así como de dotación de equipamentos educativos, sanitarios, culturais e
deportivos.
5.-Comprometémonos a manter a máxima colaboración das institucións locais
co Goberno Galego en todos os eidos.
6.-Comprometémonos a que os concellos sexan institucións xestionadas de
xeito democrático e transparente e abertas á participación cidadá.
Promoveremos fórmulas para que os veciños e veciñas sexan partícipes das
decisións da corporación, dotándonos de mecanismos regulados de
Participación Cidadá. Asumimos o firme compromiso dos gobernos municipais
cos valores éticos e co interese público.
7.-O concello será axente activo na promoción da cohesión social, a
identidade cultural e a extensión de usos do noso idioma. Neste sentido, o
goberno municipal cumprirá e fará cumprir a lexislación en materia lingüística,
empregando a nosa lingua de forma sistemática en todas as súas
comunicacións orais e escritas e promovendo o seu uso normal nos servizos e
dependencias da Administración local. Garantirase en todo caso o dereito dos
cidadáns a seren atendidos en galego en todas as súas relacións coa
Administración.
Asemade, os grupos asinantes do presente acordo, establecemos os seguintes:
CRITERIOS PARA O FUNCIONAMENTO DO GOBERNOS DE COALICIÓN:
Principio de unidade de xestión e de solidariedade: O goberno municipal,
como órgano único e colexiado, actuará con cohesión, lealdade e apoio mutuo,
responsabilizándose de xeito conxunto e solidario do funcionamento do
concello; partindo do diálogo e co compromiso cun programa municipal común.
Cada formación política manterá a súa autonomía de actuación no que exceda á
xestión municipal.
Principio de eficacia: Na acción de goberno primará a axilidade, eficiencia e
eficacia, para así acadar un nivel óptimo de prestación de servizos e de mellora
de calidade de vida dos cidadáns e cidadás .
Acordo de goberno 2009/2011 para o Concello de Cambre
PSdG-PPSOE / BNG
Cambre 24 de xullo de 2009
3
ESTRUCTURA POLÍTICA DO GOBERNO DE COALICIÓN
1.- Don Antonio Varela Saavedra do PSOE, ostentará a Alcaldía.
2.- Don Xabier Iglesias Oviedo, do BNG, ostentará a primeira tenencia de
Alcaldía.
3.- As áreas de goberno serán:
· PSdeG-PSOE - Alcalde, Antonio Varela Saavedra:
Urbanismo, Persoal e Réxime Interior, Comunicación.
· BNG - Primeiro Tenente de Alcalde, Xabier Iglesias Oviedo:
Medio Ambiente, Infraestruturas, Obras e Servicios Municipais.
· PSdeG-PSOE , Jaime Manuel López Lisnier:
Educación e Deportes.
· PSdeG-PSOE - Arita Prado Arcay:
Cultura e festas.
· BNG - Laura Fernández Martínez:
Igualdade e Xuventude.
· PSdeG-PSOE , Carmen Tato Lago:
Servicios Sociais e maiores. Sanidade.
· PSdeG-PSOE, José Venancio Salcines Cristal:
Economía, Facenda, contratación e Patrimonio Municipal.
· PSdeG-PSOE, Beatriz Ramos Padin:
Seguridade Cidadá, Protección Civil, Transporte e Mobilidade.
Conservación e Mantemento de Parques e Xardíns.
· BNG- Gumersinda Becerra Montes:
Turismo, Patrimonio Histórico e Natural e Medio Rural
· BNG - Antón Otero Domínguez:
Participación cidadá, Cooperación e Solidariedade
4.- Incorporaranse á Xunta de Goberno Local dous concelleiros do BNG, que
estará constituída por 6 concelleiros e o Alcalde
5.- Comisións informativas. Modificarase o seu número e composición para que
todos os concelleiros e concelleiras da corporación formen parte, cando menos,
dunha delas.
Acordo de goberno 2009/2011 para o Concello de Cambre
PSdG-PPSOE / BNG
Cambre 24 de xullo de 2009
4
Manteranse as comisións informativas non permanentes, creadas nesa
lexislatura sempre e cando os seus obxectivos non se poidan encaixar nalgunha
das permanentes.
6.- O novo goberno apostara por unha política retributiva de austeridade nos
altos cargos. As retribucións actuais da alcaldía e concelleiros e concelleiras do
goberno reduciranse un 5% sobre as cantidades estipuladas nos orzamentos
municipais de 2008.
7.- Persoal de gabinete. Seguindo o obxectivo da reducción do custe, o persoal
eventual quedará reducido a dous postos, cun nivel retributivo equivalente ao
mínimo dun grupo A2. Cada grupo político designará un dos postos.
8.- Modificarase o sistema retributivo dos grupos municipais e de indemnización
por asistencia a órganos colexiados baixo os criterios de reducción da
subvencións a grupos, de maneira que non supere o duplo da pasada lexislatura
e, o incremento das indemnizacións por asistencia a órganos colexiados con
cantidades aproximadas ás do orzamento xeral de 2007. Incluiríanse os novos
órganos (mesa de contratación) e a representación en organismos
supramunicipais.
10.- A representación municipal en organismos externos nomearase en relación
coas competencias asumidas en cada Área de goberno.
11.- Procederase á redistribución de persoal e de recursos técnicos e
económicos para garantir o efectivo funcionamento das áreas de goberno. Tanto
das existentes na actualidade como as de nova creación.
12.- Da mesma maneira se establecerá o mecanismo de coordinación da política
de comunicación municipal mediante a participación das dúas forzas políticas do
goberno.
13.- Existirá unha Comisión de Seguimento deste acordo que se reunirá de
forma ordinaria unha vez ao ano, para avaliar a súa marcha e, de forma
extraordinaria, a petición de parte, cando as circunstancias así o esixan para o
desenvolvemento dos compromisos programáticos e criterios de goberno
recollidos neste acordo. Estará composta por dous representantes de cada forza
política asinante.
OBXECTIVOS PARA ESTA LEXISLATURA
1.- PXOM. Defínese como unha prioridade a adxudicación do contrato cunha
nova consultora para a súa redacción. Establecerase un método de seguimento
dos traballos de elaboración entre as dúas forzas do goberno e, procurarase a
participación dos grupos municipais a través da Comisión Informativa
correspondente.
Acordo de goberno 2009/2011 para o Concello de Cambre
PSdG-PPSOE / BNG
Cambre 24 de xullo de 2009
5
2.- Compromiso na xestión dos compromisos de programas e investimentos que
arrancaron na pasada lexislatura.
3.- Compromiso de xestión de programas en marcha nesta lexislatura (Arume,
Fiel 1, Fiel 2). Con acordos, en moitos dos casos, apoiados por todos os grupos
municipais.
4.- Execución dos planos de inversión municipais ordinarios.
5.- Cumprimento dos acordos plenarios da presente lexislatura, investimentos,
ordenanzas, estudios, ...
6.-Actuación institucional para garantir o cumprimento dos acordos de
investimento e dotacións coas outras administracións, nomeadamente coa Xunta
de Galicia. Con especial referencia aos centros educativos e de saúde.
7.- Iniciar, por medio do diálogo, as reformas na administración local co
obxectivo da modernización, a eficiencia e o mellor servizo á cidadanía.
Aplicando ás novas tecnoloxías da sociedade da información á xestión e á
comunicación municipal.
8.- Regularizar e actualizar as contratacións dos servizos públicos.
9.- Impulsar a participación cidadá. Regulándoa e consensuándoa coas
entidades veciñais e sociais do concello e, co conxunto das forzas políticas.
10.- Impulsar desde Cambre os acordos e proxectos comúns co conxunto dos
concellos a área metropolitana, nomeadamente na solución mancomunada dos
problemas que son conxuntos a toda a comarca coruñesa. Participación activa
dentro dos órganos e programas supramunicipais nos que estamos incluídos:
Consorcio das Mariñas, Grupo de Acción Local Leader+, programa de acción
costeira e Plan de dinamización turística.
Polo PSdeG-PSOE Polo BNG
Antonio Varela Saavedra Xabier Iglesias Oviedo
Cambre, 24 de xullo de 2009 |
|
|
|
|
| O BNG DENUNCIA A AUSENCIA DE APOIO AO SOFTWARE LIBRE E EN GALEGO POR PARTE DA XUNTA DE GALIZA |
|
Ana Luisa Bouza tamén critica a falta de apoio do Goberno do PP ás empresas TIC galegas e amosa a súa preocupación polo futuro de iniciativas como MANCOMUN, a Rede de Dinamización da Sociedade da Información ou o Observatorio Galego para a Sociedade da Información
Santiago de Compostela, 13 xullo 09.- A deputada do BNG no Parlamento Galego, Ana Luisa Bouza, ven de presentar unha iniciativa na que denuncia a falla de apoio ao software libre, en galego, e ás empresas TIC galegas por parte do Goberno do PP na Xunta de Galiza.
Ana Luisa Bouza advirte da “total ausencia” destas liñas estratéxicas no Plano de Medidas Urxentes presentado no Consello da Xunta do pasado día 9, no que se anunciou un investimento de 8,34 millónes de euros até 2010 no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación, así como na licitación durante o mes de xullo dun Plan Estratéxico Global para orientar a política Tecnolóxica da Xunta de Galiza nos vindeiros anos.
Nula referencia ao PEGSI actualmente en vigor
A parlamentaria nacionalista critica que nestas dúas iniciativas anunciadas pola Xunta de Galiza “non hai ningunha referencia ao Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información 2007-2010, que está en vigor e que contén medidas pendentes de desenvolver e xa orzamentadas para o mesmo período”.
Advirte de que “non se fai referencia aos requisitos de licitación prevista no referente ao apoio ao software de estándares abertos ou á preferencia de desenvolvemetos realizados en galego e por empresas TIC galegas”.
Ademais, denuncia que “tampouco se avalían os organismos e medidas que están a funcionar como consecuencia do PEGSI e polo tanto descoñecemos se van ter continuidade ou non: MANCOMUN; a Rede dinamización da sociedade da información, o plan de extensión da banda larga ou o Observatorio galego para a sociedade da información, entre outros”.
Hai un calendario para a extensión da banda larga ao rural?
Ante esta situación, a deputada do BNG demándalle ao Goberno da Xunta que aclare se asume o PEGSI, e polo tanto se dará continuidade aos organismos e medidas postos en marcha por ese plan.
Ademais, pregúntalle ao Goberno se ten un calendario de extensión da banda larga no rural.
Por último, Ana Luisa Bouza solicítalle ao Goberno do PP que explique cales van ser os seus criterios de apoio ao software libre, ás empresas TIC galegas e aos contidos en galego e se os vai ter en conta nos procedementos de licitación de proxectos que conteñan adquisición ou desenvolvemento de software ou na propia adquisición de software. |
|
|
|
|
| Ampliación do polígono industrial. |
|
* Que xestión ou contactos se están realizando coa Xunta sobre a posible ampliación do polígono de Espírito Santo?
|
|
|
|
|
| Sobre as recomendacións do Valedor do Pobo en relación a taxa pola recollida do lixo |
|
* En relación coa recomendación do 6 de outubro de 2008 do Valedor do Pobo para a instalación dun contenedor de lixo no lugar de Altamira. Por que non se aceptou modificar a ordenanza municipal reguladora da taxa por prestación do servizo de recollida de lixo?
* O valedor propón modificar a ordenanza de recollida do lixo cunha bonificación para os usuarios que teñan o coletor máis de 500 m. de distancia e basea a proposta en ordenanzas como o concello de Santiago.
EXTRAÍDO DO INFORME VALEDOR DO POBO 2008
5. Recomendación do 6 de outubro de 2008, dirixida ao Presidente do Consorcio As Mariñas, para a instalación dun contenedor de lixo no lugar de Anceis-Altamira. (Q/54/08)
Con data 16 de xaneiro de 2008, esta institución autorizou a apertura do expediente de queixa n.º 54/08, en virtude da reclamación formulada por D.ª O.R.M. ante o Concello de Cambre e o Consorcio das Mariñas, por deficiencias na prestación do servizo público de recollida de lixo no lugar de Anceis-Altamira.
No seu escrito inicial a interesada salientaba tres aspectos:-
Vén, desde hai anos, aboando puntualmente a taxa por recollida de lixo.
- O colector máis próximo sitúase a uns 500 metros da súa vivenda, ata onde ten que levar o lixo porque o servizo de recollidas non chega máis preto. Alega o consorcio razóns técnicas, estreitamentos da vía, para non aproximar o vehículo de recollida, razóns que contrastan con outros servizos privados que chegan ata o seu domicilio, como por exemplo unha formigoneira para a subministración de cemento.
- Non entende a obriga de satisfacer a mesma contía da taxa municipal que a dos outros usuarios, cando non se reciben as mesmas prestacións en semellantes circunstancias.
Xa que logo, o cerne da súa reclamación consistía na necesidade de se instalar un colector preto da súa vivenda, sita no número X da parroquia de Altamira, coa finalidade de acurtar a distancia de 500 metros respecto a outro existente, facilitándolle o depósito de lixo nun colector próximo á súa vivenda.
A resposta das administracións afectadas foi en principio discrepante.
O Concello de Cambre comunicou que tiña o servizo de recollida de lixo descentralizado no Consorcio das Mariñas:
Non obstante o anterior, dado que dende esta sección se considera que non existe inconveniente en poñer algún colector de lixo á altura do número X de Altamira, xa que o camión de recollida pode acceder ao camiño sen ningún problema xa que ten unha anchura de 6 m e unha lonxitude de 300 m, solicitouse ao Consorcio As Mariñas que coa maior brevidade posible, coloque algún colector no camiño de referencia, co fin de mellorar o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos. (Escrito de saída n.º 619, do 25 de xaneiro).
Pola súa banda, o Consorcio das Mariñas puxo de manifesto a súa oposición técnica respecto á solución achegada polo Concello de Cambre estimando a concorrencia de diversas inexactitudes no informe emitido xa que:
O camiño de acceso á vivenda NON TEN NA SÚA TOTALIDADE OS 6 M de ancho que se reflicten no informe do enxeñeiro técnico municipal, tal e como se amosa nos planos e fotografías achegadas, se non que está limitado, NA SÚA ENTRADA, zona de acceso dos camións de recollida da nosa empresa adxudicataria do servizo de recollida e transporte de lixo á planta de tratamento, A 3,40 m.
A pista de acceso á vivenda non ten saída nin tampouco un lugar axeitado para que un camión da recollida de lixo de 23 m3 poida realizar unha manobra de cambio de sentido para seguir coa súa ruta.
(Informe rexistro saída n.º 3021, do 12 de febreiro)
Posteriormente a discrepancia existente entre os informes recibidos, resolveuse co recoñecemento, por parte do Concello de Cambre, da imposibilidade técnica de practicar a solución no seu día comunicada:
“... reconsidérase a posición municipal no relativo á recollida de lixo de xeito máis próximo á vivenda da interesada, estimando que non é posible dita situación actualmente” (escrito do Concello de Cambre rexistro de saída n.º 2560, do 1 de abril)
Á vista deste último escrito, esta institución tomou coñecemento de que, por razóns técnicas, non era posible achegar un colector á vivenda da reclamante. Consonte a posición exposta, formulouse ao Concello de Cambre e ao Consorcio das Mariñas unha alternativa do xeito seguinte:
“Ante esta situación e tendo en conta:
- Que a recepción do servizo de recollida de lixo ten a natureza de obrigatoria segundo o disposto no artigo 34 do Regulamento de servizo das corporacións locais, e ademais o carácter de servizo municipal mínimo.
- Que o artigo 150 do Regulamento de servizos das corporacións locais establece que a tarifa de cada servizo público será igual para todos os que reciben as mesmas prestacións en iguais circunstancias.
O concello debería contemplar na súa ordenanza fiscal unha bonificación da taxa por recollida de lixo, naqueles supostos, como o presente, no que a prestación do servizo non se pode achegar, por razóns técnicas, a unha distancia prudencial das vivendas, co gallo de garantir ao cidadán o principio de igualdade na sustentación dos gastos públicos (artigo 31.1 da Constitución española). (Comunicacións de 10 e 24 de abril de 2008 da oficina do Valedor do Pobo).
A resposta do Concello de Cambre foi que a ordenanza reguladora da taxa de recollida de lixo era competencia do Consorcio das Mariñas “... polo que deberá ser este ente e non o Concello de Cambre, quen emita informe respecto á posibilidade de contemplar unha bonificación na ordenanza”.
Así mesmo, e dado que polos servizos técnicos municipais se comprobou que existen numerosos escritos presentados nesta corporación que fan referencia á distancia a que teñen que desprazarse os veciños para tirar o lixo, existindo informes do Consorcio As Mariñas que constatan a existencia de colectores a máis de 500 m das vivendas dos veciños.
Por iso, aínda que unha bonificación na taxa de recollida de lixo suporía unha compensación ás persoas que non dispoñen dun colector a distancia prudencial das súas vivendas, e como queira que na maioría dos casos os problemas proveñen do tamaño dos camións de recollida, esta corporación ten previsto estudar xunto co Consorcio As Mariñas, a posibilidade de realizar a recollida de lixo a través doutros mecanismos que permitan mellorar este servizo no T. M. de Cambre. (Comunicación do Concello de Cambre, rexistro de saída n.º 3403, do 16 de abril).
Pola súa banda o Consorcio das Mariñas informou que o Real decreto lexislativo n.º 2/2004, do 5 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, no seu artigo 24.4 recolle unicamente a posibilidade, de carácter voluntario para a entidade local de ter en conta, para a determinación da contía da taxa e das exencións a esta, os criterios xenéricos de capacidade económica dos suxeitos obrigados, sinalando que nas ordenanzas dos Concellos da Coruña, Lugo, Vigo, Pontevedra ou Vilagarcía de Arousa non se recolle ningunha exención ou bonificación por mor de distancia mínima a colectores ou a proximidade a eles, existindo unha casuística moi ampla neste sentido, posición que contrasta por exemplo co establecido no artigo 7 da ordenanza fiscal do Concello de Santiago de Compostela n.º 3.16 reguladora da taxa por prestación de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos que na súa aliña 2 di:
Para a recollida xeral e obrigatoria en vivendas e locais comerciais a obriga de contribuír nace desde o momento en que se presta o servizo na zona na que se sitúa a vivenda ou o establecemento. Nos núcleos rurais e, en xeral, no ámbito rural, enténdese que está establecido o servizo cando exista un colector de recollida de lixo nun radio de 200 metros, contados a partir de calquera punto do edificio, construción ou local onde se sitúa a vivenda ou se realiza a actividade.
Polo que antecede, esta institución , segundo o establecido no artigo 32.1 da Lei 6/1984, do 5 de xuño, motiva e formula ao Consorcio As Mariñas a seguinte recomendación:
PRIMEIRA.- Tendo en conta que existen informes técnicos que constatan a existencia de colectores a máis de 500 metros das vivendas dos veciños do Concello de Cambre e que o tamaño dos camións de recollida de lixo non permiten o seu desprazamento por algunhas vías municipais, recomendámoslle ao Concello de Cambre que estude xunto co Consorcio das Mariñas a posibilidade de realizar a recollida de lixo a través doutros vehículos ou mecanismos que permitan mellorar este servizo no termo municipal de Cambre.
SEGUNDA.- Que impulse unha iniciativa para a modificación da ordenanza fiscal que regula a prestación do servizo polo Consorcio das Mariñas, establecendo unha taxa que garante unha bonificación naqueles supostos nos que a prestación do servizo non se poida chegar, por razóns técnicas, a unha distancia prudencial das vivendas, co gallo de garantir ao cidadán o principio de igualdade na sustentación dos gastos públicos.
Resposta do Presidente do Consorcio As Mariñas: Non se aceptou modificar a ordenanza municipal reguladora da taxa por prestación do servizo de recollida de lixo.
6. Recomendación do 6 de outubro de 2008, dirixida ao Alcalde-Presidente do Concello de Cambre, para a instalación dun contenedor de lixo no lugar de Anceis-Altamira. (Q/54/08)
Con data 16 de xaneiro de 2008, esta institución autorizou a apertura do expediente de queixa n.º 54/08, en virtude da reclamación formulada por Dª O.R.M. ante o Concello de Cambre e o Consorcio das Mariñas, por deficiencias na prestación do servizo público de recollida de lixo no lugar de Anceis-Altamira.
No seu escrito inicial a interesada salientaba tres aspectos:
- Vén, desde hai anos, aboando puntualmente a taxa por recollida de lixo.
- O colector máis próximo sitúase a uns 500 metros da súa vivenda, ata onde ten que levar o lixo porque o servizo de recollidas non chega máis preto. Alega o consorcio razóns técnicas, estreitamentos da vía, para non aproximar o vehículo de recollida, razóns que contrastan con outros servizos privados que chegan ata o seu domicilio, como por exemplo unha formigoneira para a subministración de cemento.
- Non entende a obriga de satisfacer a mesma contía da taxa municipal que a dos outros usuarios, cando non se reciben as mesmas prestacións en semellantes circunstancias.
Xa que logo, a cerna da súa reclamación consistía na necesidade de se instalar un colector preto da súa vivenda, sita no número X da parroquia de Altamira, coa finalidade de acurtar a distancia de 500 metros respecto a outro existente, facilitándolle o depósito de lixo nun colector próximo á súa vivenda.
A resposta das administracións afectadas foi en principio discrepante.
O Concello de Cambre comunicou que tiña o servizo de recollida de lixo descentralizado no Consorcio das Mariñas:
Non obstante o anterior, dado que dende esta sección se considera que non existe inconveniente en poñer algún colector de lixo á altura do número X de Altamira, xa que o camión de recollida pode acceder ao camiño sen ningún problema xa que ten unha anchura de 6 m e unha lonxitude de 300 m, solicitouse ó Consorcio As Mariñas que coa maior brevidade posible, coloque algún colector no camiño de referencia, con fin de mellorar o servizo de recollida de residuos sólidos urbanos. (Escrito de saída n.º 619, do 25 de xaneiro).
Pola súa banda, o Consorcio das Mariñas puxo de manifesto a súa oposición técnica respecto á solución achegada polo Concello de Cambre estimando a concorrencia de diversas inexactitudes no informe emitido xa que:
O camiño de acceso á vivenda NON TEN NA SÚA TOTALIDADE OS 6 M de ancho que se reflicten no informe do enxeñeiro técnico municipal, tal e como se amosa nos planos e fotografías achegadas, se non que está limitado, NA SÚA ENTRADA, zona de acceso dos camións de recollida da nosa empresa adxudicataria do servizo de recollida e transporte de lixo á planta de tratamento, A 3,40 m.
A pista de acceso á vivenda non ten saída nin tampouco un lugar axeitado para que un camión da recollida de lixo de 23 m3 poida realizar unha manobra de cambio de sentido para seguir coa súa ruta.
(Informe, rexistro saída n.º 3021, do 12 de febreiro)
Posteriormente a discrepancia existente entre os informes recibidos, resolveuse co recoñecemento, por parte do Concello de Cambre, da imposibilidade técnica de practicar a solución no seu día comunicada:
“... reconsidérase a posición municipal no relativo á recollida de lixo de xeito máis próximo á vivenda da interesada, estimando que non é posible a dita situación actualmente” (escrito do Concello de Cambre, rexistro de saída n.º 2560, do 1 de abril)
Á vista deste último escrito, esta institución tomou coñecemento de que, por razóns técnicas, non era posible achegar un colector á vivenda da reclamante. Consonte coa posición exposta, formulouse ao Concello de Cambre e ao Consorcio das Mariñas unha alternativa do xeito seguinte:
“Ante esta situación e tendo en conta:
- Que a recepción do servizo de recollida de lixo ten a natureza de obrigatoria segundo o disposto no artigo 34 do Regulamento de servizo das corporacións locais, e ademais o carácter de servizo municipal mínimo.
- Que o artigo 150 do Regulamento de servizos das corporacións locais establece que a tarifa de cada servizo público será igual para todos os que reciben as mesmas prestacións en iguais circunstancias.
O concello debería contemplar na súa ordenanza fiscal unha bonificación da taxa por recollida de lixo, naqueles supostos, como o presente, no que a prestación do servizo non se pode achegar, por razóns técnicas, a unha distancia prudencial das vivendas, co gallo de garantir ao cidadán o principio de igualdade na sustentación dos gastos públicos (artigo 31.1 da Constitución española). (Comunicacións do 10 e 24 de abril de 2008 da oficina do Valedor do Pobo).
A resposta do Concello de Cambre foi que a ordenanza reguladora da taxa de recollida de lixo era competencia do Consorcio das Mariñas “... polo que deberá ser este ente e non o Concello de Cambre, quen emita informe respecto á posibilidade de contemplar unha bonificación na ordenanza”.
Así mesmo, e dado que polos servizos técnicos municipais se comprobou que existen numerosos escritos presentados nesta corporación que fan referencia á distancia a que teñen que desprazarse os veciños para tirar o lixo, existindo informes do Consorcio As Mariñas que constatan a existencia de colectores a máis de 500 das vivendas dos veciños.
Por iso, aínda que unha bonificación na taxa de recollida de lixo suporía unha compensación ás persoas que non dispoñen dun colector a distancia prudencial das súas vivendas, e como queira que na maioría dos casos os problemas proveñen do tamaño dos camións de recollida, esta corporación, ten previsto estudar xunto co Consorcio As Mariñas, a posibilidade de realizar a recollida de lixo a través doutros mecanismos que permitan mellorar este servizo no T. M. de Cambre. (Comunicación do Concello de Cambre, rexistro de saída n.º 3403, do 16 de abril).
Pola súa banda o Consorcio das Mariñas informou que o Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, no seu artigo 24.4 recolle unicamente a posibilidade, de carácter voluntario para a entidade local de ter en conta, para a determinación da contía da taxa e das exencións a esta, os criterios xenéricos de capacidade económica dos suxeitos obrigados, sinalando que nas ordenanzas dos Concellos da Coruña, Lugo, Vigo, Pontevedra ou Vilagarcía de Arousa non se recolle ningunha exención ou bonificación por mor de distancia mínima aos colectores ou á proximidade a eles, existindo unha casuística moi ampla neste sentido, posición que contrasta por exemplo co establecido no artigo 7 da ordenanza fiscal do Concello de Santiago de Compostela 3.16, reguladora da taxa por prestación de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos que na súa aliña 2 di:
Para a recollida xeral e obrigatoria en vivendas e locais comerciais a obriga de contribuír nace desde o momento en que se presta o servizo na zona na que se sitúa a vivenda ou o establecemento. Nos núcleos rurais e, en xeral, no ámbito rural, enténdese que está establecido o servizo cando exista un colector de recollida de lixo nun radio de 200 metros, contados a partir de calquera punto do edificio, construción ou local onde se sitúa a vivenda ou se realiza a actividade.
Polo que antecede, esta institución, segundo o establecido no artigo 32.1 da Lei 6/1984, do 5 de xuño, motiva e formula ao Concello de Cambre a seguinte recomendación:
PRIMEIRA.- Tendo en conta que existen informes técnicos que constatan a existencia de colectores a máis de 500 metros das vivendas dos veciños do Concello de Cambre e que o tamaño dos camións de recollida de lixo non permiten o seu desprazamento por algunhas vías municipais, recomendámoslle ao Concello de Cambre que estude xunto co Consorcio das Mariñas a posibilidade de realizar a recollida de lixo a través doutros vehículos ou mecanismos que permitan mellorar este servizo no termo municipal de Cambre.
SEGUNDA.- Que impulse unha iniciativa para a modificación da ordenanza fiscal que regula a prestación do servizo polo Consorcio das Mariñas, establecendo unha taxa que garante unha bonificación naqueles supostos nos que a prestación do servizo non se poida chegar, por razóns técnicas, a unha distancia prudencial das vivendas, co gallo de garantir ao cidadán o principio de igualdade na sustentación dos gastos públicos.
Resposta do Alcalde de Cambre: Non se aceptou modificar a ordenanza municipal reguladora da taxa por prestación do servizo de recollida de lixo.
|
|
|
|
|
| Preguntas para o Pleno Ordinario de 28 de maio de 2009 |
|
PRIMEIRA. Sobre os compromisos do novo Goberno Galego co concello de Cambre
Coa toma de posesión do novo Goberno Galego o pasado mes de abril e, logo de que completara a súa estrutura administrativa, pasa a un primeiro plano o cumprimento dos acordos establecidos pola anterior administración.
Na maior parte dos casos estes acordos e compromisos afectan a necesidades dos nosos cidadáns e constituen demandas históricas do noso concello.
Entre outras podemos lembrar a construción dun novo centro de Saúde no Temple, para o que xa se formalizou a cesión dos terreos mediante un acordo plenario desta Corporación. O mesmo que a construción do que sería o primeiro Centro de Día público para as persoas maiores do noso Concello e a segunda escola infantil/Galescola. Ambos na parroquía do Temple e para os que o Consorcio Galego de Igualdade e Bernestar xa tiña dados os primeiros pasos no encargo dos proxectos de obra.
Poderíamos falar tamén do compromiso na construcción dun novo colexio, á espera da obtención dos terreos, ou a renovación dos colectores principais de saneamento no Temple, imprescindíbeis para evitar os verquidos á Ría.
Entre outras cuestións pendentes a tratar coa nova administración galega están tamén o proxecto da Vía Ártabra ou a atención e mantemento das beiras do Río Mero.
Por esta razón preguntámoslle ao Goberno Local:
* Si teñen pensado desenvolver unha acción de negociación institucional coa Xunta de Galicia para reclamar o cumprimento dos acordos e compromisos de investimento asinados co Concello de Cambre.
* Si lles parece oportuno someter ao Pleno de Cambre un documento que conteña todos os asuntos pendentes coa Xunta de Galicia para que poida ser respaldada esta acción institucional do Alcalde por todos os grupos municipais aquí representados.
SEGUNDA. Sobre a mellora na xestión dos ingresos municipais e a racionalización do gasto
Aos problemas estruturais de déficit na financiación municipal e aos efectos da recesión económica que estamos vivindo, súmase en Cambre unha deficiente xestión do sistema de recadación municipal. Constatouse ademais nos últimos tempos que parte dos nosos orzamentos pérdense debido ao mal estado das infraestruturas ou á mala xestión na tramitación. Referímonos ás perdas na auga ou ao non cobro das sancións ou de deteminadas taxas e prezos. Está situación acada os efectos máis graves e constatabeis, precisamente, nunha situación de recesión como a que estamos vivindo.
Ainda conscientes de que non son solucións inmediatas as que se poden adoptar e que algúns dos problemas teñen orixe externa, preguntamos ao goberno local
- si teñen pensado poñer en práctica medidas de racionalización do gasto, de control dos consumos e de mellora na recadación de trributos e taxas, e dos ingresos en xeral, e en que consistirán.
Cambre, 25 de maio de 2009
Volver |
|
|
|
|
| Preguntas para o Pleno Ordinario de 30 de abril de 2009 |
|
PRIMEIRA. Aumento das situacións de alteración da convivencia
- Ten coñecemento o goberno local das situacións que se están a producir nas concentracións xuvenís nos últimos tempos, ten analizado as súas causas e, de ser así, ten establecido algún tipo de mecanismo ou liña de actuación para corrixir estas situacións? Que iniciativas de intervención social e de políticas xuvenís se están a pór en marcha?
SEGUNDA. Regulación da actividade forestal e protección da paisaxe
O Pleno da corporación de 29 de xuño de 2008 aprobou dúas mocións, do BNG e do PP, nas que se amosaba a preocupación polo deterioro patrimonial e paisaxístico que a actividade de explotación forestal estaba a producir en Cambre. No texto refundido das dúas mocións e na súa parte dispositiva acordáronse unha serie de decisións, algunhas delas establecendo prazos de execución, sen que até este momento se teña cumprido ningunha delas.
Pasou case un ano e a situación segue igual e actividade de explotación forestal continua a deixarnos sen algúns dos espazos de valor medioambiental e paisaxístico que determinaban a imaxe do noso territorio.
- Que explicacións se poden dar deste incumprimento e que se está a facer desde as áreas de urbanismo e medioambiente para executar o mandato plenario?
TERCEIRA, Continuación das beirarrúas entre Cambre e Pravio
O pleno da corporación municipal do pasado 25 de setembro de 2008, aprobou por unanimidade unha moción conxunta de todos os grupos municipais na que, entre outras cousas, se decidía a construción dunha senda peonil entre A Castellana e Pravio, para darlle continuidade e conectar as de Cambre e Pravio.
Visto o proxecto de orzamentos sen observar ningunha referencia a esta obra solicitamos que se explique que accións se van a tomar para cumprir con este mandato plenario.
CUARTA, Paralización da variante de Espírito Santo a Volteiro
A construción desta estrada continúa paralizada. Cal é a situación na que se atopa e que xestións se están a facer desde a Alcaldía para que se proceda ao remate da obra.
Cambre, 27 de abril de 2009
Volver |
|
|
|
|
| O BNG de Cambre instará ao alcalde a que inicie as xestións para que non queden nenos sen praza no colexio de Cambre o vindeiro curso |
|
Tamén para que o comedor do CEIP de Cambre poida acoller a todos os estudantes que o soliciten.
Cambre, 23 de marzo de 2009.-O Grupo Municipal do BNG en Cambre anunciou hoxe que un dos asuntos que incluirán no pleno ordinario deste xoves, día 26, serán as previsións de escolarización e de prazas de comedor no CEIP W. Fernández Flórez de Cambre.
Desde as filas nacionalistas instaran ao Alcalde a que inicie as xestións coa administración educativa en funcións na Xunta e a que as continúe co goberno entrante, a fin de acada compromisos para que se cubra a demanda de prazas escolares no novo curso. Coincidindo co período de solicitudes para os centro públicos, informaron de que existe unha grande preocupación ente as familias diante do posíbel déficit de postos escolares. Os nacionalistas lembraron que teñen recollida esta preocupación entre as familias que neste momento teñen escolarizados os seus fillos nas escolas unitarias de Pravio e Cecebre, adscritas ao CEIP de Cambre, e tamén de entre pais de nenos escolarizados na Galescola da Barcala.
Centrarán esta iniciativa en Cambre aínda que, lembraron, é moi probábel que unha situación similar se dea nos colexios do Temple dado o retraso das obras de ampliación do Graxal.
Ao mesmo tempo expresaron a preocupación e malestar pola situación do comedor escolar en Cambre. Recordaron que foi o único do concello onde, apesares das promesas, non se logrou que todas as solicitudes foran atendidas neste curso. Desde o BNG insistirán en que se chegue a un acordo coa Consellaría de Educación e que o concello, de ser necesario, acometa as obras de ampliación necesarias no comedor escolar. “Parécenos, dixeron, unha moi pequena inversión tendo en conta o beneficio social que se obterá”.
Gabinete de comunicación do BNG de Cambre
Volver |
|
|
|
|
| Rogos e preguntas para o Pleno Ordinario 26 de marzo de 2009 |
|
Rogos
PRIMEIRO, Prazas escolares e de comedor no colexio de Cambre
A punto de se abrir o prazo de solicitude de prazas nos colexios públicos é previsíbel que un ano máis no CEIP de Cambre se volvan rexeitar admisións de alumnos por ser superior a demanda que a oferta de prazas. Tamén, no caso de non se tomar medidas, por segundo ano consecutivo as prazas de comedor para os alumnos admitidos non serán suficientes, Lembramos que o presente curso, a pesares dos compromisos adquiridos, un importante número de nenos quedaron sen praza de comedor.
* Instamos ao goberno local a que se tomen as medidas negociadoras coa administrador educativa en funcións e coa nova que tomará posesión para solucionar con tempo suficiente este problema.
* Instamos, así mesmo a que se acometan as reformas necesarias para aumentar a capacidade do comedor escolar e que ningunha familia que o solicite quede sen praza.
Preguntas
PRIMEIRA. Seguridade vial en Pravio e Cela
- Ten previsto o goberno local a instalación de medidadas de reducción de velocidade no contorno do paso de peóns da Ponte de Cela, así como a instalación de pasos de peóns protexidos nas proximidades do cruceiro de Pravio, tal como ven sendo reclamado insistentemente, tanto por veciños e usuarios da senda fluvial como por representantes cidadáns?
SEGUNDA. Reposición do arborado na Pz. Europa
Nos últimos anos diferentes temporais ou enfermidades teñen acabado con algúns exemplares arbóreos senlleiros no parque da Pz. Europa de Cambre. Ten o goberno municipal a previsión de repoboar con exemplares nobres estas perdas?
TERCEIRA, Espazo de traballo nos Servizos sociais de Cambre
Cal é exactamente o problema de espazo do que ten falado a concelleira de Servizos Sociais nos medios de comunicación e cal é a falta de previsión do BNG á que se refire?
CUARTA, Nova perda de subvención en Cambre, a reforma da casa consistorial.
O non cumprimento das tramitacións referidas á subvención da Consellaría de Presidencia para a reforma da casa consistorial deu lugar a perda de máis de 500.000€. Poden explicar as causas desta perda e se hai iniciado algún procedemento para a recuperar?
Cambre, 23 de marzo de 2009
Volver |
|
|
|
|
| MOCIÓN: De apoio ao funcionamento da Galescola de Cambre |
|
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Estes últimos días teñen saído publicadas denuncias dun suposto mal funcionamento da Galescola de Cambre. Estas denuncias proviñan, ao parecer, de familias usuarias da Galescola e insistían na falta de atención aos nenos e no mal estado de determinadas instalacións. A reacción non tardou en se producir e foron a inmensa maioría das familias xunto co cadro de persoal e directivo da escola quen desmentiron de maneira firme esas acusacións e declararon o súa satisfacción co funcionamento, tanto pedagóxico como asistencial, da escola infantil de Cambre.
Estas acusacións insidiosas non obedecen máis que a unha campaña de desprestixio do sistema de prestacións sociais públicas e de calidade impulsado polo Goberno Galego coa colaboración municipal nestes anos. Máis aló de debates nominalistas, está demostrado que a calidade na atención, o proxecto pedagóxico, a transparencia no sistema de obtención de prazas e a capacidade técnica do persoal, conseguiron desde o primeiro momento unha alta cualificación por parte das familias.
A posición nacionalista a prol do Sistema Galego de Benestar é ben coñecida, pero esta posición teórica ou programática veuse corroborada na práctica polo bo funcionamento e resposta social de centros como a Galescola de Cambre, que desde o principio contou co apoio e colaboración das familias usuarias.
Así mesmo, o concello de Cambre, principal impulsor desta escola e coparticipe no seu funcionamento, quere amosar tamén a súa satisfacción polo éxito da Galescola e recoñecer o labor social e educativo que está a realizar. Precisamente a demanda crecente de prazas é o que nos ten levado a acordar e conveniar a creación dunha segunda escola infantil pública (Galescola) no Temple. Compromiso acadado co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar que queremos manter na nova etapa de Goberno da Xunta que se abre agora.
Por estes motivos, o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, propón para o seu debate e aprobación en Pleno, os seguintes:
ACORDOS
1.- Expresar a satisfacción do Concello co funcionamento da Galescola de Cambre e solidarizarse co persoal técnico e directivo diante das informacións acusadoras publicadas. Ratificándose na súa consideración do bo traballo profesional realizado polo persoal da Galescola.
2.- Manifestar a súa intención de manter a colaboración e implicación no funcionamento da Galescola, tal como se veu facendo desde a súa inauguración.
3.- Renovar o compromiso municipal de optar por un sistema público de atención á infancia, insistindo en que se execute o compromiso acadado co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para a construción da segunda Galescola de Cambre, na parroquia do Temple. Para o que este pleno xa ten aprobada a cesión de uso dos terreos municipais necesarios.
4.- Dar conta e trasladar estes acordos aos seguintes estamentos:
- Dirección e representantes do persoal da Galescola de Cambre
- Asociación de Pais e Nais de Alumnos da Galescola de Cambre
- Xerencia do Consorcio de Igualdade e Benestar
- Presidente en funcións da Xunta de Galicia
- Vicepresidente en funcións da Xunta de Galicia
- D. Alberto Núñez Feijoo, futuro presidente da Xunta de Galicia
Cambre, 21 de marzo de 2009
Volver |
|
|
|
|
| Comisións informativas 24 de marzo de 2009 |
|
Comisión Informativa de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e Promoción Económica.
Preguntas
PRIMEIRA, Tramitación das obras do fondo especial estatal de inversións
Segundo as nosas informacións o pasado 17 de marzo remataba o prazo para ter contratadas as obras do plan especial de investimentos. Solicitamos informe dos procedementos de contratación realizados.
SEGUNDA, Tramitación das obras do Plan Arume
O proxecto Arume contemplaba tres anualidades, 2008-2010. Solicitamos información da execución do Plan, da contratación das obras e do cumprimento do calendario aprobado.
Comisión Informativa de Educación, Benestar social, Cultura, Normalización lingüística.
Preguntas
PRIMEIRA. Escola Municipal de música
Solicitamos información sobre o prazo de posta en funcionamento das novas instalacións da Escola e sobre o modelo de xestión da mesma no que está a traballar o goberno municipal.
SEGUNDA. Adquisición de terreos para o novo colexio
En que punto se encontra o procedemento de adquisición dos terreos para o novo colexio público fronte á Barcala?
TERCEIRA. Persoal que traballa nos Servizos sociais Municipais
O pasado 13 de marzo o noso grupo solicitou por escrito a relación de traballadores e traballadoras adscritos ao departamento de Servizos Sociais e que ocupaban praza nas súas dependencias. Tanto persoal laboral como funcionario ou de empresas alleas. O 20 de marzo recibimos un escrito do departamento de Réxime Interior con dita relación pero no que non somos capaces de identificar a unha das persoas que ocupa unha das mesas dos servizos administrativos da entrada do departamento. Persoa que ven desempeñando funcións administrativas, de xestión das actividades sociais e, mesmo, de atención telefónica inicialmente, ou sendo o primeiro contacto con usuarios. Isto desde hai catro ou cinco meses. Cousa que corroboran diferente persoas usuarias dos servizos. Cal é a función desta persoa e a súa relación contractual co concello?
CUARTA. Inspección dos Servizos Sociais Municipais
O 17 de outubro de 2008, con rexistro 13241, entrou no concello un informe da Inspección de Servizos comunitarios da Xunta no que se sinalan varios defectos de funcionamento dos Servizos sociais de Cambre e se insta a solucionar estas deficiencias e a cumprimentar tramitacións pendentes.
Solicitamos que se nos informe do cumprimento destas esixencias, incluída a documentación tramitada e a súa resolución.
QUINTA. Transporte adaptado
O pasado 13 de marzo o grupo municipal do BNG presentou unha solicitude de información sobre varios aspectos relacionados co funcionamento do Transporte Adaptado para persoas con discapacidade. Solicitamos que se nos conteste as cuestións formuladas e se nos faga entrega da documentación solicitada nesta comisión Informativa.
Cambre, 21 de marzo de 2009
Volver |
|
|
|
|
|
|
|
|
|