BNG de Cambre


O Galego é un derito básico
manifestación 18 de maio

O BNG e a nosa lingua
O BNG e a nosa lingua
Categoría: Anuncios - Publicado o 06-05-2008 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A situación lingüística de Galiza. Acto Comarcal
acto lingua galega
Categoría: Anuncios - Publicado o 05-05-2008 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O BNG presenta alegacións e suxestións á Vía Ártabra
Vía ÁrtabraCambre, 08/05/08.- A Concelleira Sindi Becerra presentou hoxe, en nome do BNG de Cambre, o seguinte documento de alegacións e suxestións no rexistro municipal:



CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Dirección Xeral de Obras Públicas
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela

ALEGACIÓNS E SUXESTIÓNS DO BNG DE CAMBRE



Foron moitas as discrepancias e contestación social e política que produciron as alternativas iniciais ao trazado da vía Ártabra no seu paso por Cambre.
Por fin, en 2006, o Concello de Cambre en Pleno, e por consenso de todos os grupos políticos representados, apoiou unha alternativa de trazado que foi enviada á Consellería de Política Territorial. Esta alternativa, consensuada social e politicamente, coincide no seu trazado en boa parte co proxecto en exposición pública pero, topamos con importantes modificacións e alteracións sobre a proposta de Cambre que, entendemos prexudicial para o interese xeral do concello de Cambre e para o de todo o contorno metropolitano ao que lle ten que dar servizo.


Na memoria do Plan Sectorial que xustifica o Plano Viario Comarcal recóllese expresamente a recomendación de suprimir as peaxes existentes (naquel momento A Barcala e Guísamo) como factor básico para que todo o sistema viario proxectado fora eficaz. Ademais, a corporación de Cambre acordou en Pleno o pasado 27 de marzo de 2008 “rexeitar a instalación da peaxe no enlace da Vía Ártabra coa AP-9 en Cambre”.

Por outra parte, ningunha das propostas anteriores sometidas a información pública, na fase de estudo, contemplaba a implantación dunha peaxe no treito de Cambre, fora cal fora a proposta de trazado.

Non supón ningún beneficio para os veciños e veciñas de Cambre. Situada a dous quilómetros, aproximadamente, do acceso da Barcala, actualmente en “peaxe sombra”, que hai pouco tempo que se liberou, os usuarios de Cambre continuaran empregando o acceso da Barcala, incrementando o colapso e perda de calidade de vida na parroquia do Temple.

O diferente tratamento, tanto do trazado como dos servizos de acceso no territorio de Cambre non resulta equilibrado respecto do percorrido polo concello de Oleiros. Sobre todo cando a grande superficie a ocupar e expropiar no acceso e peaxe da AP-9, para case exclusivo uso dos usuarios de Oleiros se encontra no territorio de Cambre.

Supón un forte impacto ambiental. O espazo protexido da Gándara, segundo as vixentes normas de planeamento de Cambre, vese gravemente afectado. Isto supón unha irreparábel perda para o patrimonio medio ambiental do noso concello.

O deseño proposto supón tamén o peche entre estradas inaccesíbeis (das novas propostas e máis a AP-9) dunha parte importante da parroquia de Pravio.

Entendemos que o interese xeral debe primar á hora de acometer a construción das infraestruturas de comunicación e, seguindo ese principio, debe tender ao reparto equitativo de cargas e beneficios nos distintos territorios que atravesa. Isto non se cumpre cando comprobamos o diferente tratamento segundo a parte do percorrido que analicemos.
Vemos, neste sentido, que non se tiveron en conta as propostas realizadas desde Cambre en canto a cualificación da vía, ao número de enlaces e ao tratamento medioambiental.
Para un percorrido similar en distancia, no territorio de Oleiros, contarán con sete entradas e cunha cualificación da vía que permite unha maior flexibilidade no trazado (menores radios de curvatura).
Pola contra, Cambre fica con tres entradas, anulándose a da Costa do Coido (entre Brexo e Bribes) de grande importancia para articulación territorial local e comarcal. Cualifícase o trazado con velocidades elevadas, impedindo a posibilidade de flexibilizar os impactos e de pequenas correccións necesarias. Ao mesmo tempo, sobre a proposta aprobada en Cambre, non se teñen en conta as solucións de falsos túneles que minorarían o grande impacto sobre o territorio que provocarán as trincheiras proxectadas.


A Vía Ártabra adáptase ao territorio de Oleiros, cualificándose como vía de tipo R-80 e R-40 para que o impacto sexa máis leve e o dano menor. A Cambre aplícaselle unha vía de tipo R-100, moi agresiva co medio e o territorio ao ter que cumprir cos criterios técnicos para una vía desas características.

No noso territorio esiximos o mesmo tratamento, é dicir, que o proxecto contemple unha vía R-80, que consideramos que se adapta mellor ao contorno, o seu impacto será menor no territorio ao poder variar o radio de curvatura e as pendentes, evitando así a división e modificación das parroquias, respectaríase a distancia do río Brexa e o regato de Calougo e o seu impacto visual e sonoro poderían ser moito menor. Por outra parte permitiría manter o acceso no Coído (Bribes).

Por último, unha das cuestións máis negativas, é a supresión de enlaces no acceso a AP-9 no lugar de Catro Camiños. Este era un dos elementos básicos do plano Viario Comarcal e, ao mesmo tempo, constituía unha das reivindicacións históricas da comarca: o acceso en todos os sentidos neste punto da AP-9. Non só non se contempla senón que, mesmo, se elimina unha saída (a saída desde Santiago). Sen que en ningún caso se vexa compensado –pensando en termos de distancias e accesibilidade- pola entrada con peaxe da Gándara.

Polo que solicitamos:

- que o treito por Cambre pase de R-100 a R- 80.
- manter os accesos no Coído (Bribes) e na actual saída/entrada na AP-9 en Cecebre.
- Que o punto de enlace coa AP-9 se faga á altura da actual entrada de Catro Camiños e, que contemple todos os sentidos de entrada e saída.
- Respectar o medio ambiente, conservando o río Brexa, o regato Calougo e a zona verde da Gándara.
- Optar pola solución de falsos túneles nos tramos que supoñan un corte no teritorio.
- Eliminación no proxecto da peaxe da Gándara.



Por todo o exposto, SOLICITAMOS á CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES, que teña por presentado en tempo e forma este escrito de alegacións e suxestións ao “Documento do proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da obra: Vía Ártabra. Treito: AC-221 (polígono de Cambre) - autoestrada AP9 - autovía A6. Clave AC/04/156.00.2.” e, admita as alegacións e suxestións formuladas.


Cambre, 8 de maio de 2008.


Bloque Nacionalista Galego
de Cambre ( A Coruña)
Alegación
Categoría: Infraestruturas - Publicado o 02-05-2008 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Nervos
Texto de opinión de Carlos Aymerich sobre a situación política actual

Carlos Aymerich escrebeu este artigo para o semanario "A nosa terra"

Categoría: Xeral - Publicado o 02-05-2008 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O BNG e 1º de Maio
Desde o BNG, organización comprometida cos traballadores e traballadoras, queremos convidar aos militantes e simpatizantes a acudir á manifestación convocada polo sindicalismo nacionalista na CORUÑA. Ás 12:00 horas sae da Praza de Vigo
Categoría: Xeral - Publicado o 29-04-2008 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O BNG denuncia ilegalidades no paseo fluvial
O BNG puxo en coñecemento Augas de Galicia, consellaría de Medio Ambiente,
Confederación Hidrográfica del Norte, Ministerio de Medio Ambiente,Servicio de protección de la Naturaleza, Guardia Civil e Concello de Cambre a través dun escrito de denuncia obras ilegais no paseo fluial.

Ver escrito denuncia e resposta da Confederación Hidrográfica do Norte

Escrito denuncia
Categoría: Río Mero - Publicado o 25-04-2008 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A mala xestión do goberno municipal fará perder 300.000€ a Cambre


Mantense paralizada a obra da Escola Municipal de Música

Xa tiña que estar totalmente rematada
Categoría: Comunicados - Publicado o 21-04-2008 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O Alcalde debe esforzarse por coidar o mobiliario urbano e manter a calidade dos servizos públicos





Ducias de veciños diríxense ao concello denunciando o deterioro das marquesiñas da parroquia de Cecebre
Categoría: Comunicados - Publicado o 19-04-2008 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A Comisión Informativa especial dá o visto bo ao informe de efectos ambientais do Plan Xeral
A participación construtiva dos representantes do BNG, permite sacar adiante o documento

Irá a “Medioambiente” como paso previo a outras tramitacións do Plan



Categoría: Comunicados - Publicado o 18-04-2008 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Pleno ordinario 24 de abril 2008
No salón de plenos ás 20:30 horas.

- Orde do día


- Preguntas para o pleno

- Preguntas para as comisións informativas






"a sensibilidade do goberno local cun 1º premio do Certame de Pintura"
Categoría: Plenos - Publicado o 18-04-2008 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A instancias do BNG celebrarase unha reunión para analizar o impacto da Vía Ártabra
Consideran que “política territorial” debe explicar os cambios introducidos no proxecto

Cambre convocará á Consellería para que xustifique as súas propostas

Categoría: Comunicados - Publicado o 18-04-2008 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O BNG téndelle a man ao PSOE para aprobar os orzamentos que necesita Cambre

O PSOE debe decidir entre negociar co PP ou chegar a acordos co BNG


Categoría: Comunicados - Publicado o 16-04-2008 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
GZ CREA 08: CERTAME GALEGO DE CREADORES NOVOS



* Un primeiro premio de 3.000 euros

* Un segundo premio de 1.500 euros

* Un terceiro premio de 1.000 euros
Categoría: Xuventude - Publicado o 14-04-2008 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Subvención para actividades deportivas 2008
Consellería de Cultura e Deporte

Beneficiarios: asociacións sen ánimo de lucro.

Orde do 31 de marzo de 2008


Por medio desta orde preténdese desenvolver un plan de consolidación das entidades deportivas de Galicia co obxectivo xeral de garantir o desenvolvemento das actividades en que participan ou que promoven as entidades deportivas. A universalización da práctica deportiva ten un papel moi importante na sociedade, actuando de maneira transversal en moitos valores sociais de grande importancia para a mellora da calidade de vida dos cidadáns, e en especial acadar a xeneralización da práctica deportiva entre os nenos e nenas galegos, facilitando o seu acceso á práctica deportiva a través da consolidación da igualdade de oportunidades no deporte.

Prazo até o 12 de maio de 2008.

orde
Consellería de Cultura e Deporte
Categoría: Axudas e subvencións - Publicado o 10-04-2008 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Axuda económica para mulleres vítimas de violencia
Resolución do 3 de abril de 2008 pola que se regulan as bases para a concesión da axuda económica

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de novembro de 2008.
resolución
Servizo Galego de Igualdade
Categoría: Axudas e subvencións - Publicado o 10-04-2008 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O BNG diante os orzamentos municipais de 2008
O portavoz nacionalista, Xabier Iglesias, ten serias dúbidas de que os orzamentos conten co apoio dos compañeiros de Venancio Salcines

O BNG de Cambre recoméndalle ao concelleiro
de Facenda que negocie os orzamentos co seu grupo de goberno (PSdeG-PSOE) antes de presentalos ao resto de partidos políticos


Categoría: Comunicados - Publicado o 05-04-2008 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Selección de persoal

Convocatoria para a elaboración das listaxes de agarda para a cobertura temporal de postos de traballo no Consorcio

O prazo de presentación das instancias é d 16 de abril.
Categoría: EMPREGO - Publicado o 03-04-2008 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O Consorcio estuda colaborar coa Deputación da Coruña na construcción de Galescolas en polígonos industriais

[01/04/2008] Os deputados provinciais de Igualdade e de Benestar Social, Silvia Seixas e Xoan Manuel Sande, reuníronse esta mañá co xerente do Consorcio, Lois Castrillo, para analizar as posibilidades de colaboración entre as dúas entidades á hora de pór en marcha o Plan Piloto da Deputación para construcción de equipamentos de Educación Infantil en polígonos industriais da provincia.(máis)
Categoría: IGUALDADE - Publicado o 03-04-2008 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Árbores centenarias caeron baixo as motoserras en Monte do Marco-Piñeiro-Cecebre
Cambre, 2 de abril. Outra perda do noso patrimonio. Exemplares centenarios caen baixo as motoserras nunha das poucas zonas que se conservaban naturais de Cambre. Monte do Marco-Piñeiro-Cecebre.

ver fotos

fotos árbores talados
Categoría: Anuncios - Publicado o 02-04-2008 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Vía Ártabra: INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROXECTO DE TRAZADO E ESTUDO AMBIENTAL DO 2º TRAMO


Vía Ártabra


Trámite de información pública do proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da obra: Treito: Polígono de Espíritu Santo - autoestrada AP9 - autovía A6 (Costa da Lapa).


Prazo para as alegacións: 30 días hábiles, até o 8 de maio

Resolución do 24 de marzo de 2008, da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se somete a información pública o proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da obra: Vía Ártabra. Treito: AC-221 (polígono de Cambre) - autoestrada AP9 - autovía A6.


Descargar planos

Ficha resumo


Podes consultalo no Servizo Provincial de Estradas da Coruña, na Dirección Xeral de Obras Públicas e no Concello de Cambre.

1 comentario

planos
ficha resumo
Categoría: Infraestruturas - Publicado o 02-04-2008 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
a FORZA que fai PAÍS.


Deixa a túas suxestións, críticas e comentarios na caixa de correo bngdecambre@gmail.com para incluir nun artigo

Súmate a nós



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

























bngdecambre@gmail.com
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 Fotos
 Anteriores
 LIGAZÓNS
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BLOGS GALEGOS

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis

© by Abertal