Sesión ordinaria do Pleno da Corporación para o día 27 de novembro, ás 20.30 horas, coa seguinte orde do día:
1º Aprobación, se procede, dos borradores das actas correspondentes á sesión extraordinaria do día 13 de agosto e sesión ordinaria do día 28 de agosto de 2008.
2º Aprobación, se procede, do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS 2009.
3º Aprobación, se procede, do proxecto de “Mellora da estación de bombeo do Temple, incluído dentro do Plan de saneamento de Galiza. Solicitude de financiamento e compromisos de colaboración
O documento completo poderá consultarse na sede da Consellería de Vivenda e Solo en Santiago de Compostela (Polígono de Fontiñas-Área Central s/n), en concreto na Dirección Técnica de Solo (3º andar), onde haberá un técnico deste departamento para resolver posibles dúbidas dos interesados. O documento poderá consultarse polas mañás de 9 a 14:00 horas. Os 57 concellos nos que se vai a desenvolver algunhas das actuacións previstas dispoñen dunha copia en formato dixital do documento.
A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, publica o Plan Sectorial Galego de Solo Residencial para vivenda protexida, tal e como recolle no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) o 24 de outubro. O documento completo permanece en exposición pública desde o luns 27 de outubro durante dous meses e poderá consultarse na sede da Consellería de Vivenda e Solo en Santiago de Compostela (Polígono de Fontiñas-Área Central s/n), en concreto na Dirección Técnica de Solo (3º andar), onde haberá un técnico deste departamento para resolver posibles dúbidas dos interesados. O documento poderá consultarse polas mañás de 9 a 14:00 horas...máis
Categoría: Urbanismo - Publicado o 14-11-2008 22:10
Cambre, 12 de novembro de 2008.- Ás 12 da mañá tivo lugar a concentración silenciosa diante da casa consistorial na que numerosas persoas de Cambre manifestaron a súa dor polo crime machista de onte. A solidariedade coas familias e a condea máis enérxica presidiron o acto. A corporación estivo representada polo Alcalde en funcións, que leu o manifesto acordado por todos os grupos municipais, e por portavoces, concelleiros e concelleiras do consistorio cambrés. Como mostra de colaboración institucional e de solidariedade, por parte da Xunta de Galiza, estivo tamén presente a directora xeral do Servizo Galego de Igualdade, Ana Luísa Bouza, quen ofreceu a colaboración do seu departamento co concello no que fora preciso para axudar ás familias.
O grupo municipal nacionalista estivo representado polo seu portavoz, Xabier Iglesias.
Ás 8,30 da tarde tivo lugar, ademais, outra concentración convocada pola Marcha Mundial das Mulleres, no mesmo lugar, á que acudiron en representación do grupo municipal do BNG, as concelleiras Sindi Becerra e Laura Férnandez.
Categoría: Anuncios - Publicado o 12-11-2008 18:01
Un novo caso de violencia machista golpeou hoxe as conciencias. Como repulsa por este asesinato, o pleno da corporación aprobará esta tarde un manifesto conxunto de todos os grupos municipais e, convocará para mañá, ás 12 da mañá, unha concentración de denuncia deste crime. A concentración terá lugar diante da casa consistorial e nela estará presente unha representación do noso grupo municipal.
O BNG expresa a súa máis enérxica condena ante o asasinato dunha muller no noso País a mans da súa ex parella...máis
Vicepresidencia condena o caso de violencia de xénero ocorrido en Vilaboa...máis
O Grupo Municipal do BNG pedirá ao PSOE que aprace o pleno de aprobación das ordenanzas municipais previsto para mañán, martes, ao comprobar que os informes da intervención municipal son desfavorábeis a boa parte das propostas de modificación de Ordenanzas para o 2009. O voceiro nacionalista, Xabier Iglesias, explicou que o seu grupo “consideránse defraudado por un goberno municipal incapaz de facer fronte aos seus compromisos”...máis
O Pleno tamén tratará a cesión ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar dunha parcela no Temple para a construción da segunda Galescola de Cambre e un Centro de Día...máis
No salón de Penos, o día 30 de outubro de 2008, ás 20:30 horas, coa seguinte orde do día:
1º Aprobación, se procede, do borrador da acta correspondente á sesión ordinaria do día 31 de xullo de 2008
2º Proposta de recoñecemento de obrigas de exercicios anteriores (expediente núm.1/2008).
3º Proposta de aprobacion do expediente de modificacion de créditos núm. 3/2008, de suplemento de crédito.
4º Ratificación, se procede, da Resolución de Alcaldía de data 3 de outubro de 2008, respecto da conformidade para constituír e formar parte da Asociación Grupo de Acción Costeira “Golfo Ártabro”.
5º Ratificación, se procede, da Resolución de Alcaldía de data 22 de outubro de 2008, respecto da incoación de expediente para a resolución do contrato formalizado coa empresa IDASA, Ingeniería del Atlántico, S.A.
6º Proposta de adhesión ao Convenio marco entre a administración xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia para a implantación dunha rede de oficinas integradas de atención ao cidadán no ámbito territorial de Galicia.
7º Modificación da Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Cambre, en cumprimento de sentenza de 3 de xullo de 2008 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
8º Mocións
9º Informes da Alcaldía
10º Rogos e preguntas
Preguntas do GM do BNG para o Pleno:
PRIMEIRA. O comedor do colexio de Cambre
En que sitación está o comedor do coléxio WFF despois de pasado máis dun mes desde o comezo do curso e, non se solucionara o problema do de deficit de prazas de comedor?
SEGUNDA. Escola municipal de música
Cal é o estado actual da obra da Escola Municipal de Música e cal é a previsión para o seu remate.?
TERCEIRA, sobre o uso dos topónimos e a lingua Galega na comunicación municipal
Cal é a política do goberno local, respecto do uso da língua Galega na comunicación pública municipal?
CUARTA, Situación das obras no Temple
Como están as diversas obras nas vías públicas que afectan á parroquia do Temple e que previsións teñen para o seu remate?
O presidente da Xunta responde a Carlos Aymerich que éste é “un obxectivo irrenunciábel do goberno galego”
Santiago de Compostela, 21 Outubro 08.- O portavoz parlamentar do BNG, Carlos Aymerich urxíu esta mañá na súa intervención no pleno do Parlamento á creación dun ente ferroviario galego e dun servizo de cercanías propio...máis
"O BNG é unha forza decisiva na política estatal e iso é bo para Galiza", dixo Francisco Jorquera
Santiago de Compostela, 18 Outubro 08.
Explicou os catro apartados do pacto: 125 millóns máis, financiamento da atención á dependencia, creación da subcomisión de seguimento das infraestruturas e execución das competencias pendentes...máis
Francisco Jorquera e José Luis Rodríguez Zapatero durante a reunión de hoxe
Madrid, 15 Outubro 08. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, declarou hoxe, despois da entrevista mantida co Presidente do Goberno español, que o BNG vai pedir o luns próximo no Pleno que os dous decretos de medidas financieras aprobados se tramiten como proxectos de lei porque “estas medidas deben contar coa participación do Parlamento para introducir melloras e modificacións”.
O deputado do BNG subliñou que “temos importantes diferenzas coas medidas propostas”. Por un lado, aludiu ás formas, xa que “estas medidas deberían contar coa participación do Parlamento”, e puxo como exemplo o Plan de choque norteamericano que tivo que agardar semanas para a súa aprobación até rematar o seu paso pola Cámara...máis
A Consellaría investirá 723.000 euros nestes estudos, e adxudicará nos próximos días os correspondentes ás rutas da Vía da Prata
Os traballos compilarán a análise e información previa necesaria para elaborar a proposta de delimitación do trazado dos camiños e das zonas
de protección
O estudo do Camiño de Inglés foi adxudicado á empresa Centro de Observación y Teledetección Espacial, S.A. (COTESA), por 236.250 euros.
Madrid, 30 setembro 08. O Pleno do Congreso dos Deputados aprobou este serán, e grazas a iniciativa do BNG, instar ao Goberno a iniciar antes de fin de ano un proceso de diálogo coa Xunta para abordar o traspaso das infraestruturas para destinalas á implantación dos servizos ferroviarios de cercanías, e estudar co Goberno galego a interconexión dos tramos vellos coa nova rede.
O BNG reclamou do goberno socialista de Cambre a presentación urxente da proposta de ordenanzas fiscais e prezos públicos para o ano 2009. Segundo os nacionalistas, este paso é previo é necesario para enfrontar o debate dos orzamentos xerais do concello. As mesmas fontes manifestaron a vontade de chegar a acordos nestes temas: "estamos na mellor disposición para tender a man e chegar a acordos nas ordenanzas e nos orzamentos, pero é imprescindíbel que se faga en tempo, que non teñamos que agardar novamente a agosto para que o concello conte cun orzamento" , manifestou o portavoz nacionalista, Xabier Iglesias, facendo referencia ao acontecido cos orzamentos de 2008, aprobados hai apenas mes e medio.
Desde o BNG explicaron que non acudirán con posicións prefixadas nin con condicións. Manifestaron que só se debe ter en conta a situación de crise que está a afectar gravemente ás familias e, insistiron, en que novamente propoñeran que se adecue o prezo do subministro de auga para que as familias numerosas non se vexan discriminadas.
Desde o BNG explicaron que esta proposta foi defendida pola formación nacionalista o pasado ano e foi rexeitada por Psoe e PP. Agardan que este ano prime a sensibilidade coas familias e se poida correxir unha situación de discriminación. Iglesias animou ao goberno e ao resto dos grupos a que se sumen a propostas que son boas para a xente. Para os nacionalistas é fundamental que o prezo da auga se axuste ao consumo por persoa e non por domicilio como se fai neste momento. Lembraron que no pasado pleno do 25 de setembro o BNG presentou unha proposta neste sentido
Categoría: Comunicados - Publicado o 30-09-2008 13:10