|
|
|
|
|
|
| Pesca e Marisqueo |
|
O Sábado 14 reuniuse o candidato a alcaldía de Camariñas polo BNG Luis M. Suárez e o deputado autonómico e portavoz de Asuntos Maritimos do BNG Bieito Lobeira en Camariñas para trataren sobre as súas propostas en política pesqueira.
Entre os asistententes atopábanse a Presidenta das Mariscadoras da Ria de Camariñas, os Patróns Maiores e Vicepatróns Maiores das confradias de Camariñas e Camelle, o Presidente dos Percebeiros excusou a súa presenza ó Acto por coincidirllo co seu turno de garda vixiando os bancos percebeiros.
Bieito falou da riqueza e calidade dos pescados e mariscos da Costa da Morte e pediu o dereito de decisión dos galegos e galegas en materia de pesca para que o Estado Español e a UE non continúen a facer eles as leis sobre pesca sen ter "nen a máis mínima idea da realidade do mar na Costa da Morte e Galiza". tratáronse ademáis, temas relacionados cos coeficientes reductores, o recoñecimento de enfermedades profesionais entre outros proxectos que intenta levar a cabo o BNG.
Por outro lado Luis M. Suárez propuxo unha concellalía do Mar onde se traballará codo con codo cas confradías. Solicitoulle e Lobeira que interviñense pola xente do mar ante a Conselleira de Pesca (PSOE) que faga efectiva xa a rexeneración da Ria de Camariñas, o dragado do Porto de Camelle e a ampliación do dique de abrigo do mesmo. Criticou a falta de infrastructuras básicas nos portos de Camariñas, Camelle, Sta. Mariña e Arou.
|
|
|
|
|
| Luís M. Súarez Pérez, Candidato do BNG á Alcaldia de Camariñas |
|
Luis M. Suárez Pérez presentouse o pasado 9 de febreiro de 2007 como o Candidato do BNG á Alcaldia de Camariñas na Casa de Pedra. Estivo arroupado polos seus compañeiros do BNG camariñán e polo Responsabel Comarcal e candidato a Alcaldía de Vimianzo Manolo Antelo, Carme Adán Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galiza e o viceportavoz do BNG no Parlamento Galego Bieito Lobeira.
Ainda que na lexislatura anterior o BNG non acadou representación municipal non deixou de traballar polos intereses de Camariñas. Suárez comezou cunha loita en defensa do Museu de Man, o Alemán de Camelle e denunciu en diversos medios o estado de abandono en que se atopa o museo de Man por parte das autoridades locais.
Foi Suárez temén o promotor da recollida de sinaturas para a construcción de vivendas de protección autonómica en Camariñas e él mesmo apresentoullas en persoa ó Delegado Provincial de Vivenda (Bascuas).
|
|
|
|
|
|
|