bng aberto á mariña
A razón de sermos nós mesmos: +BNG
Non nos faltan ganas, estou seguro de que temos máis ca ninguén, de arrimar o ombro e sacar adiante o país. Enquisa tras enquisa, sempre se nos recoñece como os mellores defensores da nosa terra. Porén, á vista dos últimos resultados electorais non nos queda máis remedio que preguntarnos que está a acontecer.
Aqueles que non sexan quen de comprender de xeito acertado a realidade na que viven están condenados a repetir os mesmos erros. De pouco serve consolármonos dicindo que a culpa téñena os demais, que están contra nós; tampouco podemos contentarnos co feito de que, for o que for, polo menos imos estar en Europa. Iso demostra que acertamos na fórmula escollida para acudirmos ás eleccións europeas. Felicitémonos por iso; máis non ignoremos o problema de fondo: a continua perda de apoios electorais, e tamén de masa crítica no noso contorno social que dea soporte ás nosas propostas. Hai anos, a xente sentía o orgullo de defender propostas nosas que consideraba positivas para o país, aínda que non nos apoiara ao cento por cento. Pero sentíase arroupada en torno a dita masa crítica. No seu momento deberiamos, todos e todas nós, ter reflexionado mellor sobre os resultados do ano 2005 e outros anteriores. Mais agora estamos aquí e non podemos seguir mirando cara a atrás sen aportar fórmulas de traballo que contemplen o futuro e non un idílico pasado de crecemento continuado. Contra Fraga viviamos mellor; é ben certo! Tiñámolo todo de cara, a ineficacia duns, a falta de ideas dos que gobernaban; en fin, todo axudaba a ir cara a adiante. Mais os outros reaccionaron e acabaron por collernos desprevidos.
Que podemos facer desde o BNG para mudar esta situación? De entrada, comezar a crear unha nova cultura política no mundo do nacionalismo galego. O noso anterior Voceiro Nacional, Anxo Quintana ten dado mostras de frescura e honradez asumindo os resultados do 1 de marzo. Temos que abrir unha nova etapa que debe ser protagonizada por novos actores para conformarmos unha alternativa ao PP, para capitanear ese novo equipo que nos permita preparar o camiño para un goberno que substitúa a esta caste de nugalláns que semella que aínda non se cren que gañaron as eleccións. Estes nosos gobernantes, novos, aínda que sobradamente prepotentes, son capaces de mercar un feixe de alfombras para seguir a mirar debaixo delas e poder inventar as mentiras máis gordas con tal de non dar alternativa ningunha, agás o liberalismo económico ultraortodoxo, a defensa do Opus e os ataques á nosa lingua.
Estamos convencidos e convencidas de que o BNG débese dirixir ao conxunto da sociedade galega cunha alternativa nacionalista e de esquerdas con vocación maioritaria. Un BNG que non debe desaproveitar nin o camiño andado, nin o capital humano e político acumulado, pero que tampouco pode obviar os cambios experimentados pola sociedade galega do século XXI, nomeadamente nos ámbitos máis urbanos. Un BNG que non se vai enriquecer política, organizativa e ideoloxicamente limitándose a aportar as mesmas solucións e reflexións de hai trinta ou corenta anos aos problemas da xa próxima década dos anos 10. Non podemos sacralizar os métodos de traballo polo feito de considerarmos esencial un aspecto do noso programa. Canto máis se mitifique un problema, máis nos afastaremos da realidade e das solucións necesarias do mesmo.
A curto prazo, temos que consolidar e mellorar o noso labor nos concellos, liderar a oposición ao PP, no Parlamento Galego e nas vilas, e traballar para poñer as bases que permitan regresar con garantías ao goberno. Non hai solucións máxicas, pero temos que atallar o desánimo, conectar mellor coa sociedade e dar maior amplitude e solidez á organización.
Ese debe ser o cometido de +BNG: facer que o Bloque Nacionalista Galego recupere o protagonismo desenvolvido na sociedade galega ao longo dos últimos anos; tanto na oposición (levando a cabo propostas que obrigaban aos demais a posicionarse sobre os temas cruciais para o país) como no Goberno (adoptando decisións que de seguro servirán de referente por moitos anos).
Estamos na Asemblea Constituinte de +BNG como corrente interna do BNG e estas palabras centraron a súa atención no BNG como tal, para que se fale máis do BNG, e non das partes. Ollo: isto non é contraditorio co feito de constituírmonos en tal corrente interna: tan só reflicte o principal interese desta corrente de opinión dentro do BNG. E para levar a cabo a nosa idea da organización nacionalista que precisa a Galiza do século XXI debemos organizarnos. Para iso: para que haxa máis BNG. Poñámonos todos mans á obra.
+BNG consolídase
Iniciou este encontro, ante máis de 300 militantes e simpatizantes do BNG, Anxo Quintana, nun momento de gran emoción e aparentemente recuperado do seu baixón postelectoral, que brevemente inxectou aos presentes unha boa dose de optimismo e de autoestima ante o pasado e ante o futuro.
Ademais das intervencións de Lois Barcia, Teresa Táboas e Carlos Aymerich, houbo unha vintena de intervencións moi breves, a modo de pinceladas que compuxeron unha interesante paisaxe de ideas.
Quedaron claras varias ideas:
Que hai ilusión para contribuir no bng a conectar de novo coa nosa base electoral, que non tén que ser necesariamente nacionalista, para iso hai que ter claro a onde queremos ir, pero tamén debemos ter os pés no chan e saber discernir entre o desexable e o posible.
Que precisamos coñecer mellor o país que temos, os seus intereses e anceios, que non necesariamente han coincidir cos que nos desexariamos. Teremos que saber adaptarnos nós ao país -desde o nosa identidade nacionalista e de esquerda- e non empeñarnos en esperar a que veña el a nós.
Que temos intelixencia e ideas innovadoras para dar resposta ás necesidades do país -como se demostrou desde o goberno da Xunta- temós que gañar a confianza do galegos e galegas para que deixen demostrárllelo de novo.
Que temos que estar, por tanto, dentro e tamén fóra, para saber en todo momento en que realidade vivimos, como se move a sociedade e como temos que reaxustar a nosa acción política cando sexa preciso.
Quedou constituída unha xestora que nos próximos meses se encargará de elaborar as bases da nosa acción política, unha nova denominación para o que vai ser unha corrente ou un partido nacionalista e de esquerda, aberto, participativo e moderno, con aspiración de liderar o movemento nacionalista galego, representado no BNG, desde o principio da unión -non unidade- voluntaria de individuos e grupos a partir do recoñecemento da diversidade e pluralidade ideolóxica.
Que o BNG precisa unha renovación é evidente,...
Tristemente dende que milito no BNG non vexo outra cousa mais que sucesivos retrocesos electorais, é algo obxetivo e un forte argumento no momento de decir que é necesaria unha renovación, igualmente dende que milito no BNG son as mesmas persoas as que teñen o control do partido, as que marcan o ritmo e o rumbo, as que marcan as pautas e metodoloxías de traballo, dende fai moito tempo e parece ser que antepoñen o ter eles o control a que o partido mellore o rumbo, e dicir, para estas persoas o primordial e ser eles que teñan o timón anque o barco vaia a pique.
En rasgos xerais e preciso mellorar a apariencia da organización e cando menos retocar o modelo da mesma e sobre todos introducir novas persoas nos organos de control para sexan estas as que realicen os cambios mencionados e sexan capaces de conectar coa sociedade.
A pesar da miña mocidade levo bastante tempo vendo como se tropeza na mesma pedra, como se comete erro tras erro, levo moito tempo non entendendo decisións que se toman no consello comarcal(a executiva xa non chego) nin os metodos de traballo que se usan nin porque so poden asumir responsabilidades certas persoas, en resumen, estou cheo de ver infinidade de cousas que chocaban co meu sentido común coa miña maneira de ver as cousas, o mesmo que uso sempre para intentar obter bos resultados en Alfoz no meu concello e que por ahora nos está dando resultados positivos.
Primeiramente dado a miña mocidade e inexperiencia política cría que era eu o que debía estar equivocado pero a vista dos feitos e resultados parece ser que non, pero seguidamente atopaste con que si estás disposto a asumir traballo e responsabilidades non podes, entón atopaste nun entorno no que non comprendes como se está a facer o que se fai, no que para nada te identificas cos plantexamentos que se realizan e que os resultados a todo iso son negativos e no que ti non podes facer nada para intentar melloralo xa que só se lle da opción a certas persoas e se continuamos polo camiño que levamos na última decada hai trazas de convertirnos nun partido residual, todos continuan mirando somente de ter a súa parcela de control do partido pero o que me pregunto e si esa xente sabe que o resultado de dividir cero sae sempre cero.
A todo isto podemos decir moito a militancia non deixándonos mangonear por ninguén, si por ninguén, tendo en conta o sentidiño común no intre de de votar, de escoller a quen nos dirixa pensando sempre e exclusivamente polo ben do partido e non pensando en que sexa o seu amigo o que mande no mesmo, somos un partido moi democrático moi dado a criticar o caciquismo e logo atopamonos con que no momento da elección dos nosos órganos somos nos os que usamos calquera táctica por cocha que sexa, todos deberiamos ter claro que dentro non hai enemigos.
Creo que debe haber máis reflexión interna a nivel indiviual, si falamos con 10 persoas e só nos entende 1 quizáis debemos pensar que o problema e noso e non dos que non nos entenden, debe haber menos debate estéril e as conclusións deben estar máis vinculadas as accións.
Nunca debemos esquecer que un partido fano bó ou malo as persoas que o compoñen.
Que é renovar o BNG?
O dicionario di:
- "Mellorar a aparencia de algo ou dotar de máis forza e calidade calquera cousa que estaba vella ou en desuso"
- "Substituír unha cousa por outra da mesma clase pero nova ou en mellores condicións"
- "Suceder unha persoa a outra nun cargo"
Aplicándo estas acepcións ao momento que vive o BNG, podemos entender o seguinte:
1. Renovar é mellorar a apariencia da organización que está vella, dotándoa de máis forza e calidade.
2. Renovar é substituir o modelo de organización por outro da mesma clase pero novo ou en mellores condicións.
3. Renovar é suceder unha persoa a outra nun cargo.
Poderiase dicir que todas elas son válidas e aplicables ao caso que nos ocupa, pero teñen distintos matices e sobre todo deixan moita marxe interpretativa segundo que se trate só de substituir persoas sen máis, ou que a maiores, se realice unha renovación do modelo organizativo. Aquí é onde está o quiz da cuestión:
Unha parte do BNG quere que se produzan as substitucións de persoas e as correccións convenientes para que a apariencia sexa mellorada, sen cambiar o modelo nin as formas.
Outra parte pretende cambiar o modelo, e tamén as persoas e as formas, un cambio moito máis profundo da organización.
Á vista da deriva dos últimos anos, parece evidente que a sociedade lle ven transmitindo ao BNG, a través da perda continuada de apoio electoral, que non está na boa dirección. A resposta que sexamos capaces de dar parece indudable que debe consistir en cambiar o rumbo de forma bastante drástica, que non abonda con rectificar para seguir igual, que hai que dar un golpe de timón rotundo.
Se non somos capaces de dar ese golpe de timón o futuro que lle espera ao BNG é a extinción.
O próximo sabado vaise visualizar democraticamente como entendemos na Mariña o significado de renovar.
A militancia tén a palabra.
A militancia tén a palabra
Unha parte da militancia considera, con maior ou menor convencimento, que o españolismo se está comendo ao nacionalismo, que os militantes están abandoando a súa militancia activa e, polo tanto, non traballan e, en definitiva, que hay que traballar máis e resistir, facer algunhas correccións de rumbo e seguir adiante. Esta é a postura da UPG.
Outra parte da militancia ve a situación moito máis grave e culpa da mesma á UPG e ao “quintanismo”, como autores e responsables da deriva nacionalista postbeirista. Séntense excluídos e consideran que hai que volver aos tempos do frontismo asambleario, no que todos tiñan a súa parceliña.
Unha terceira parte, representada por +BNG, admite a súa responsabilidade na caída electoral e os importantes erros de cálculo cometidos desde o goberno, pero reivindica sen complexos o traballo feito desde a Xunta. Considera que o frontismo caducou e que convén ir cara outro modelo de organización.
En todos estes grupos, e especialmente nos dous últimos, hay un importante número de militantes que están desde hai tempo cun pé dentro e outro fóra porque non están contentos dentro pero tampouco queren tirar pola borda este proxecto colectivo que tanto costou construír.
Poñamos as cartas boca arriba, o certo é que o BNG está gobernado pola UPG, desde sempre. O chamado “quintanismo” foi o resultado de que un sector de militantes de diversa procedencia optaron por intentar cambiar o rumbo da organización pactando coa UPG a súa participación nos órganos de goberno. Un intento que foi e está sendo aínda moi censurado polos que seguiron estando fóra e que, desde o meu punto de vista, tivo boas intencións pero foi demasiado inxenuo e optimista, non soubo ler ben a situación.
Despois da Asamblea Nacional do 10 de maio, a UPG segue tendo o control da organización e a cidadanía percibiu o resultado como un enroque para resistir, en absoluto como un cambio de rumbo. Os resultados electorais do domingo pasado confirman esta percepción: moitos dos galegos que nos viñan votando xa non o fan e seguramente se quedaron na casa. Esta é a incuestionable realidade: estase producindo un profundo desapego da sociedade galega que simpatizaba con nós hai uns anos e mesmo dos propios militantes, e da rapacería,...
O proxecto nacionalista segue sendo necesario e tén detrás moita máis xente da que vota ao BNG, pero esa xente non está disposta a confiar en nós mentras non se produza un cambio de rumbo ben claro e rotundo, mentres non se presente como un partido aberto e diáfano, ilusionante e ilusionado con medrar cara formas de facer política máis próximas ao que á xente realmente lle importa e preocupa, mentres non abandone ese autoillamento para recrearse en cuestións que, poden ser moi importantes, pero non interesan aos nosos votantes.
Para que ese achegamento aos nosos votantes perdidos se produza sería preciso que ocurrise un cambio de actores e de guión. Mentres sexa o enfoque da UPG o que determine o rumbo da organización non parece que este cambio se vaia producir. Os outros enfoques posibles, poden chegar a confluir perfectamente e unir as súas forzas no momento en que abandonen esa actitude de enfado mútuo, pero aínda así, polo menos nesta comarca, non teñen suficiente apoio nas asambleas, multitudinarias cando se trata de elexir cargos e órganos de goberno. Por tanto, parece previsible que na próxima cita do 27 de xuño, se vai reproducir o resultado que todos coñecemos.
O voto dos militantes nas asembleas resulta, por tanto, a chave do futuro do BNG, na comarca é na Galiza, como non podería ser doutro xeito nunha organización democrática. Así que... esa é cuestión: A militancia debe pensar moito o seu voto, vai decidir sobre a supervivencia do BNG, parece dramático. É dramático.
Galego nas aulas
Só podemos ser libres desde o coñecemento. Quen non sabe, non pode escoller en liberdade, nin en pé de igualdade. As persoas de pensamento unidimensional, que levan a súa mente cuberta con orelleiras néganse a coñecer outra realidade distinta da súa. E mesmo aspiran a que outros pensen coma eles, pois non toleran a diferenza. Canta razón tiña Marcuse ao se referir á sociedade americana dos anos 60. De aparencia liberal, gozando de certas doses de benestar, todos os coñecementos científicos e tecnolóxicos eran empregados para dominar ao ser humano e sometelo a un proceso de produción cego e sedento de enormes beneficios... para uns poucos.
Tamén agora, aquí, entre nós, unha xente nova, aínda que sobradamente prepotente, quérenos colocar a todos e todas unhas orelleiras na nosa mente: a da lingua única. Conciben a lingua como un instrumento co que facer técnicos que falen castelán: xa se sabe, por se hai que facer as maletas. Hai quen nos volve a ver só como man de obra inmigrante. Tan mal verán o da crise?!
Todos os profesionais do mundo do ensino coinciden en que o coñecemento e uso de varias linguas é fonte de riqueza. Imaxinar que en Galiza o castelán está en perigo supón un enorme esforzo imaxinativo. O que realmente corre perigo na nosa terra é a nosa lingua. Estudos recentes seguen a confirmalo. E os nosos gobernantes (neo) a mirar cara a outro lado. O consenso lingüístico xerado en torno ao Plano de Normalización Lingüística é un referente que agora, algúns, queren rachar por puro interese político e partidario. Fomentan a existencia de certos grupos ultraconservadores que levan ao ridículo a súa reivindicación a prol do castelán e pretenden con iso reducir á mínima expresión a presenza do galego no ensino (e na sociedade en xeral).
Fronte a esta vaga neo-conservadora podemos reaccionar civicamente apostando pola pluralidade. Cando nos chegue á casa a enquisa sobre o uso do galego nas aulas debemos apostar firmemente pola nosa lingua para que poida usarse en pe de igualdade co castelán e non vexa reducida a súa presenza nos colexios. Tamén nos poderemos queixar de tan curiosa iniciativa, para a que si hai cartos, aínda que non para outras cousas. E esixir que haxa un control con garantías (por exemplo, ante notario) de todo o seu procesamento, amén da debida custodia das mesmas.
Temos que tirar leccións de inmediato
Baixamos do 9%, abandóannos os nosos votantes e iso non pode agocharse.
E evidente que temos que saber por que e porlle remedio. Acontece dende 2001
Por que nos acontece? é a primeira pregunta
Na Asemblea Nacional Bieito Lobeira nuna intervención defendendo a
ponencia explicou que non eran nacionalistas os 400.000 que nos
votaron unha vez, pero tampouco todos os 250.000 que nos votaron agora.
Nesa lóxica, descarnada, transparente e inxenua, está a explicación do
que nos está pasando.
E unha lóxica de pureza, de capela e de vangarda que algúns cren que é
leninismo, cando só é exclusivismo incompatible coa cultura
democrática da sociedade
A quen lle pode gostar que o cualifiquen como non nacionalista se vota
ao BNG? e que ademais llo digan á cara ou que se note que llo decimos
dende o BNG, dende o Parlamento ou dende os mítines?
Como evitalo é a segunda pregunta?
Primeiro recoñecendo que está pasando (que perdemos votos sen parar
dende 2001)
Logo interrogándonos sobre porque nos pasa
Despois buscando solucións. E aquí propoño algúnhas:
Aspirando a ser maioritarios, non minoriatarios. Facendo do programa
do BNG o programa estratéico do BNG, sen axendas nin capelas ocultas.
Tratando aos votantes como adultos políticos con capacidade de
elección que é o que son.
Procurando implicar no debate ao nacionalismo social que está máis alá
das Asembleas do BNG controladas por uns poucos.
O problema non é de persoas senón de métodos e concepcións que
encarnan as persoas. Discutamos primeiro e fagamos despois.
Saude e Terra
Asinado
O BNG do presente e do futuro
A situación actual do mundo non pode ser observada do mesmo xeito que o faciamos hai 30 anos, cando a política internacinal estaba determinada pola confrontación entre o modelo capitalista e o socialismo real. O BNG naceu nese contexto e desde entón os cambios producidos no ámbito internacional obríganlle a realizar os pertinentes retoques nos seus plantexamentos ideolóxicos que lle permitan adaptarse á sociedade resultante.
O documento que se ofrece neste post, ainda que un pouco longo, non tén desperdicio. Realízase nel unha síntese da historia recente do mundo desde a perspectiva dunha esquerda sensata e intelixente.
Convidamosvos a visionar este documento e, partindo del, imos definir cal debe ser a translación ao noso proxecto político nacionalista do BNG e como debería orientarse cara o futuro, algo que nos corresponde difinir constructivamente a todos e todas.
<embed id="VideoPlayback" src="http://video.google.es/googleplayer.swf?docid=-639917879259387994&hl=es&fs=true" style="width:400px;height:326px" allowFullScreen="true" allowScriptAccess="always" type="application/x-shockwave-flash"> </embed>
Resultados electorais autonómicas do 2009. Saquemos conclusións
Resáltanse en negriña elementos que poden terse en conta na análise cualitativa que nos leve a tirar conclusións causais a cerca dos resultados.
Como se pode apreciar, os resultados na comarca son desiguais, o que permite realizar moitas especulacións sobre as posibles causas da suba ou baixa electoral de cada forza.
Os % son resultado de simples restas de porcentaxe de votos emitidos válidos.
Datos globais da Mariña:
BNG baixa – 0,06 % (- 45 votos)
PSOE baixa – 3,67 % (- 1861 votos)
PP baixa – 1,09 % (- 716 votos)
Concellos que suben máis de 4 puntos:
Riotorto:
BNG Alcaldía + 9,11 % (+69 votos).
Sube PSOE (+4 %).
Caída PP (-14 %)
Mondoñedo:
BNG Alcaldía + 7,97 (+142 votos).
Sube PSOE (+2%).
Caída PP (-11%)
Trabada:
BNG + 6,28 % (+53 votos).
Baixa PSOE -(2,5%).
Alcaldía PP baixa (-4%)
Concellos que suben de 2 a 4 puntos:
O Valadouro:
BNG + 3,62 % (+43 votos).
PSOE mantense (-0,2%).
Alcaldía PP baixa (-3%)
Foz:
BNG + 3,16 % (+180 votos).
Alcaldia PSOE (caída -8%).Urbanismo.
Sube PP (+3%)
Ribadeo:
BNG Alcaldía + 2,65 % (+180 votos).
Baixa PSOE (-5%).
Mantense PP (-0,3%)
Alfoz:
BNG + 2,12 % (17 votos).
Baixa PSOE (-1,5%).
Alcaldía PP baixa (-1%)
Concellos que suben de 0 a 2 puntos:
Muras:
BNG + 0,51 % (-5 votos).
Sube PSOE (+5%).
Alcaldía PP (caída -7%)
Concellos que baixan de 0 a 2 puntos:
Lourenzá:
BNG - 0,36 (-31 votos).
Sube PSOE (+2%).
Alcaldía PP baixa (-2,5%)
A Pontenova:
BNG - 0,37 % (-54 votos).
Alcaldia PSOE subidón (+15%).
Baixón PP -17%)
Viveiro:
BNG - 0,58 % (-130 votos).
Alcaldía PSOE baixa (-5%).
Sube PP (+2,5%)
Concellos que baixan de 2 a 4 puntos:
Cervo:
BNG - 2,15 (-118 votos).
Baixa PSOE (-3%).
Alcaldía PP sube (+5%) Urbanismo.
Xove:
BNG - 3,32 % (-91 votos).
Caída PSOE (-6%).
Alcaldía PP sube (+9%)
Concellos que baixan de máis de 4 puntos:
Burela:
BNG Co goberno - 4,52 (-138 votos).
Alcaldía PSOE baixa (-1%).
Sube PP (+3%)
Barreiros:
BNG - 8,94 (-191 votos).
Sube PSOE (+1%).
Alcaldía PP sube (+7%) Urbanismo.
Unidade, uniformismo ou alienación?
Poren a discrepancia enriquece o pensamento, a idea, o concepto que temos  de cada situación, de cada grupo ou acción. Acaso por iso o BNG é unha organización política tan rica! Non se pode pechar a idea da súa organización nunha caixa e deixala abandonada a veira do camiño. Non se poden silenciar as ideas que conforman a súa unidade. Si, a súa unidade. Só na discrepancia, na aportación de ideas, na propia discusión argumentada , no uso do sentido crítico, se poden aportar solucións a un proxecto. A aceptación porque si dunha organización, sen cuestionarse nada, lévanos a obediencia debida, ao “si señor”, a dependencia, a escravitude, a morte da intelixencia, a morte da propia idea e a alienación da persoa. Unha organización ten que estar viva, ser dinámica, crearse a si mesma, renacer cada día, aportar solucións a situacións novas e ser percibida como parte da sociedade da que forma parte, coma unha realidade viva.
É o silencio o que divide. O silencio crea alienación, desconfianza, descoñecemento, apatía, …, e consecuentemente a morte das organizacións. E os que creemos nesta idea, nesta organización, no BNG como o camiño a seguir na defensa da nosa Cultura, da nosa Lingua, da nosa xente, do noso País, loitaremos sempre por unha organización viva, dinámica, real, imaxinativa, integrada nos diferentes sectores sociais, impregnada de pobo, de ideas, de participación e de solucións as diferentes problemáticas que vaian xurdindo: Un BNG integrado na sociedade e integrador das diferentes ideas, das diferentes posturas, das diversas tendencias políticas, sociais, económicas,con sentido crítico, …, porque iso é o que somos, homes e mulleres de esquerda con un só obxectivo, Galiza.
Non podemos facerlles caso aos que tapan as visíbeis división nas súas organizacións políticas criticando ao adversario, silenciando aos seus correlixionarios, esixindo obediencia debida, utilizando a mentira e a difamación como medio para destruír, aniquilar ou alienar aos individuos.
Nos seguiremos creando organización dende o pobo, co pobo e para o pobo, cos medios dos que dispoñamos, nutríndonos da multitude de ideas que xorden das persoas libres e da sociedade así concibida, porque só así é posíbel a unidade para crear un BNG útil e libre para un Pobo libre.
Chairego, 25 de maio de 2.009