A LEI DE AUGAS DO PP
A LEI DE AUGAS DO PP• O BNG presentou unha emenda á totalidade da Lei que foi rexeitada pola mayoría absoluta do PP.
• Aprobouse no Parlamento Galego o 26 de outubro de 2010 cos únicos votos favorábeis do PP.
• Publicouse o 18 de novembro do Diario Oficial de Galiza.
• Entrou en vigor o 18 de decembro de 2010.
• A Xunta ten 6 meses para aprobar o regulamento da Lei, polo tanto non empezará a cobrar até despois das eleccións municipais.
• É unha lei exclusivamente recadadora. O PP aprobou esta lei para recadar máis cartos.
• Cámbialle o nome ao Canon de Saneamento, que pasa a chamarse Canon da Auga, e crea o Coeficiente de Verquido
• A Xunta non mellorará a calidade da nosa auga
• A Xunta non se fará cargo do mantemento das traídas e pozos particulares
QUEN PAGARÁ O IMPOSTO DA AUGA?• Todas as galegas e galegos que consuman auga
• O PP crea o Canon da Auga, que gravará o consumo de auga real ou potencial (artigo 45 da Lei 9/2010, de Augas de Galiza).
• Pagaremos pola auga da traída e dos pozos, mesmo pola auga da choiva (artigo 45, apartado 3, da Lei 9/2010, de Augas de Galiza).
NO PP DIN QUE NON TEMOS QUE INSTALAR CONTADORES
Froito da presión social feita polo BNG, o PP retirou do ante-proxecto de lei a obrigatoriedade de instalar contador, con todo será obrigatorio no caso de que Augas de Galiza así o requira (artigo 85, infraccións leves, apartado n).
CANTO PAGAREMOS POLA AUGA?No caso de traída e pozos particulares:
Aplicarase a estimación obxectiva, a cota do imposto estabelecerase regulamentariamente “en atención ás características e ás circunstancias do aproveitamento, tendo en conta a capacidade de extracción, adución ou almacenamento de auga dos mecanismos instalados polo suxeito pasivo...” (artigo 50 da Lei 9/2010, de Augas de Galiza)
No caso de traídas públicas:
• Aplicarase unha tarifa en función do número de persoas que habiten a vivenda e o consumo que realicen mensualmente.
• A Lei de Augas do PP estabelece o imposto ou Canon da Auga, que pagarán todas as galegas e os galegos, e a taxa chamada Coeficiente de Verquido, que se recadará nos concellos que teñan unha depuradora (EDAR), dependente da Xunta de Galiza.
NO PP DIN QUE O RURAL ESTÁ EXENTO DO IMPOSTO DA AUGAMENTIRA. Non hai un só artigo na Lei 9/2010 onde se diga tal cousa. É máis, o PP, coa súa maioría absoluta no Parlamento Galego, impediu que se aprobara unha emenda do BNG na que quedaría exento todos os núcleos rurais de menos de 2.500 habitantes, é dicir, todo o rural galego.
NO PP DIN QUE ELES NON SOBEN OS IMPOSTOS
MENTIRA. A Lei 9/2010, de Augas de Galiza, reflicte todo o contrario.
Non só pagarán impostos polo consumo da auga os residentes no rural, que teñan traídas propias ou pozos particulares, senón que os que viven na vila pagarán máis pola auga que consumen.
ALEGACIÓNS DO BNG AO PXOM ABEGONDO
A DO ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ABEGONDO
Victor Manuel González Meizozo,  na súa condición de voceiro do Bloque Nacionalista Galego (BNG) nesta Corporación, presenta as seguintes
ALEGACIÓNS AO DOCUMENTO DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL (PXOM)
PRIMEIRA.- SOBRE A DISTRIBUCIÓN PARROQUIAL DA CAPACIDADE RESIDENCIAL.-
O PXOM de Abegondo planifica o crecemento urbanístico de Abegondo para os vindeiros 16 anos, distribuindo a nova capacidade residencial entre as parroquias dun xeito claramente desigual e descompensado, co cal, en vez de conquerir o obxectivo dun crecemento artellador e integrador no territorio, o que se vai conquerir é o medre desigual e desestruturado entre as distintas parroquias do concello.
En efecto, das 2107 novas vivendas que se prevén no PXOM, 1.358 delas (o 64,45 %) concéntranse só en tres parroquias, Marco, San Tirso e Crendes, parroquias que o PXOM contempla que dupliquen o seu número de vivendas e de habitantes, mentras que o resto das parroquias (especialmente as da zona sur) ven limitado a súa capacidade de desenvolvemento.
Especialmente significativo é o feito de que tendo en conta que o crecemento do número de vivendas nos núcleos se asenta básicamente no solo de núcleo rural (1.487 novas vivendas dun total de 2.107, o 70%), a concentración da nova capacidade residencial nunhas poucas parroquias obriga a que o PXOM restrinxa a delimitación dos núcleos rurais nas restantes.
SITUACIÓN ACTUAL	PREVISIÓN DE NOVAS VIVENDAS E NOVOS HABITANTES NO PXOM DE ABEGONDO	INCREMENTO
Viv.	Habit.	SU/LD	SUNC	SUD	AINR	NR	Total Viv.	Habitantes	Δ Viv. (%)	Δ Hab. (%)
Santaia	412	730	50	55	150	50	136	441	763	107,04	104,52
Cabanas	62	138					31	31	54	50,00	39,13
Cerneda	53	90					22	22	38	41,51	42,22
Cos	40	111					13	13	22	32,50	19,82
Crendes	309	718				317	424	424	734	137,22	102,23
Cullergondo	76	147					28	28	48	36,84	32,65
Figueroa	91	219					46	46	80	50,55	36,53
Folgoso	49	133					20	20	35	40,82	26,32
Leiro	97	208					48	48	83	49,48	39,90
Limiñón	149	233			39	36	32	107	185	71,81	79,40
Mabegondo	465	990	80	137	109	43	124	493	853	106,02	86,16
Meangos	116	191					54	54	93	46,55	48,69
Montouto	156	347				11	67	78	135	50,00	38,90
Orto	76	257					36	36	62	47,37	24,12
Presedo	57	135					20	20	35	35,09	25,93
Sarandós	244	565				76	57	133	230	54,51	40,71
Vilacova	56	134					28	28	48	50,00	35,82
Viós	84	227					41	41	71	48,81	31,28
Vizoño	80	225					44	44	76	55,00	33,78
TOTAL	3.348	5798	130		298	533	954	2107	3645	62,93	62,87
NOTAS : SU/LD (solo urbán-licenza directa); SUNC (solo urbán non consolidado); SUD (solo urbanizable delimitado);                         AINR (actuacións integrais en núcleo rural); NR (solo de núcleo rural)
Para o BNG o PXOM de Abegondo debe ter en conta TODAS as parroquias, distribuindo a nova capacidade residencial entre TODAS as parroquias dun xeito equitativo e xusto, que contribúa a un crecemento harmónico e equilibrado en todo o Concello.
SEGUNDA.- SOBRE OS SUD EN APLICACIÓN DA DT 13º LOUG.-
1.- O PXOM pretende “legalizar” 8 urbanizacións ilegais. E non é que o diga o BNG. É o que dí a Memoria do PXOM, na súa páx. 2, ao dicir que un dos obxectivos do PXOM é o “Regularizar a edificación existente feita o amparo das NN.SS.PP. sobre as pistas de concentración parcelaria e parcelacións urbanísticas ilegais (caso das de Limiñon)”.
Para “legalizar” tales urbanizacións o PXOM pretende ampararse nunha disposición, a DT 13ª da Lei 9/2002, pero a realidade é que NON se cumpre cos requisitos porque as urbanizacións, na maior parte dos casos, non estaban executadas con anteriorirade ao 01/01/2003 e, ademáis, ditas urbanizacións non foron executadas “á marxe do planeamento” senón en contra do planeamento, ao amparo de parcelacións urbanísticas ilegais en solo rústico e con licenzas de obras en contra da normativa e do planeamento urbanístico (razóns polas que se segue un proceso penal no Xulgado de Betanzos).
Pero non só se pretende legalizar ditas urbanizacións ilegais senón que o PXOM permete construir nelas novas vivendas (na actualidade hai 168 vivendas en ditas urbanizacións e o PXOM vai permeter construir outras 88 máis),  eximindo de cesións para vivenda protexida, espazos libre e equipamentos públicos; cesións ás que, sen embargo, se lles impón a outras urbanizacións. En consecuencia, preténdese legalizar o ilegalizable e, por riba, se autorizan novas vivendas en ditas urbanizacións ilegais, con maiores ventaxas que nas legais que se prevén no concello. O PXOM de Abegondo favorece o ilegal sobre o legal !!!!.
2.- A Lei 9/2002 (DT 13ª), LOUG permete legalizar as urbanizacións xurdidas á marxe do planeamento e, desde marzo do 2010, só obriga a que os sectores así delimitados como solo urbanizable conten cun grado de ocupación pola edificación do 50%.  Pero para elo esixe o cumprimento de varias condicións :
3.- Se o anterior xa é inxustificable, as consecuencias aínda o son máis. Dado que o PXOM exime a ditas urbanizacións dos deberes de cesión para sistemas xerais, equipamentos e dotacións públicas, e VPP (vivendas de protección pública), elo supón que ditas cesións e reservas teñan que ser asumidas polas novas urbanizacións previstas polo PXOM, que deste xeito resultan perxudicadas. Ou sexa, como en ditas urbanizacións ilegais o PXOM non contempla nen un só metro cadrado de cesión para sistemas xerais ou de reserva para VPP, as novas urbanizacións legais que prevé o PXOM deben asumir ditas cesións e reservas para VPP.
Abonda un exemplo. A capacidade residencial do PXOM en solo urbán non consolidado e urbanizable é de 143.947,58 m2, a Lei (LOUG) obriga a reservar un mínimo de 30% para VPP (vivenda protexida), ou sexa, un mínimo de 43.184 m2, a distribuir entre os distintos polígonos e sectores. Pero como o PXOM exime ás urbanizacións ilegais de dita reserva, elo obriga a que as restantes urbanizacións teñan que asumir dita reserva, co cal a porcentaxe de VPP nas urbanizacións ilegais é moi superior ao 30% (chegándose ata o 80% nalgún polígono).
E non só iso. Mentras na maior parte das urbanizacións previstas polo PXOM (tanto en urbano como en urbanziable e núcleo rural) a altura das edificacións é de planta baixa (altura máxima 3,5 metros) nas urbanizacións ilegais (situadas en rústico) a altura é de baixo+planta alta (cunha altura máxima de 7 metros). Ou sexa, máis alturas e plantas no ilegal que no legal !!!!.
Sector	Situación
Parroquia	Superficie
m2	Edificab.
m2	Vivendas
Existentes	Novas Vivendas	Total
Vivendas	Cesións
Sistemas X.	Cesións VPP
1	Fraga
Limiñón	108520	12161,28	24	24	48	0	0
2	A Carreira
Limiñón	115492	16227,45	49	15	64	0	0
3	A Raiña
Mabegondo	26216	3196,83	9	4	13	0	0
4	Vilamarín
Mabegondo	71156	8743,41	19	17	36	0	0
5	O Penedo 1
Mabegondo	52478	6493,5	18	9	26	0	0
6	O Penedo 2
Mabegondo	23086	2897,18	10	2	12	0	0
7	O Asadiño
Abegondo	83818	10305,88	31	11	42	0	0
8	A Cancelada
Abegondo	44067	4209,9	8	7	15	0	0
TOTAL		64235,43	168	89	257	0	0
TERCEIRA.- SOBRE A INSUFICIENCIA DO SISTEMA XERAL DE EQUIPAMENTOS E ESPAZOS LIBRES PÚBLICOS.-
1.- Non é sostible que un PXOM contemple 2.107 novas vivendas e un incremento de poboación de 3.645 habitantes (dos 5.798 actuais a 9.443) e non contemple nengún novo sistema dotacional público de equipamento docente, asistencial, sanitario ou cultural. O único novo sistema xeral dotacional que se prevé son uns terreos anexos aos campos de fútbol do Deportivo. O PXOM non contempla, por exemplo, algo tan necesario en Abegondo com,o un centro de atención ás persoas maiores (centro de día ou residencia). ¿ É que Abegondo non vai necesitar novos equipamentos públicos para atender á poboación actual e a eses 3.645 habitantes novos ?.
2.- Non é sostible tampouco que no PXOM de Abegondo o 41,80 % dos sistemas xerais de espazos libre e zonas verdes sexan inundables. De acordo coa Memoria do PXOM, do total de 431.051 m2 previstos para espazos libres e zonas verdes públicas ao servizo do conxunto da cidadanía de Abegondo, 180.181 m2 son inundables para o propio PXOM. O BNG considera que calificar como sistema xeral de espazos libres e zonas verdes terreos que pola súa situación son potencialmente inundables, o que imposibilita a súa accesibilidade e uso público, debe ser calificado como un fraude máis dun PXOM negativo para o interese xeral de Abegondo.
CUARTA.- SOBRE A INSUFICENCIA DE COBERTURA ORZAMENTARIA E SOBRE A INEXISTENCIA DE COBERTURA LEGAL PARA A NOVA TAXA A APLICAR AS VIVENDAS OBXECTO DE LICENZA DIRECTA.-
1.- Non existe cobertura legal nengunha respecto da previsión do PXOM de impoñer unha taxa de 19 €/m2 construido ás novas vivendas con licenza directa (ou sexa, as que se poidan construir en solo urbán consolidado ou solo de núcleo rural) pola conexión aos servizos urbanísticos. Iso equivale a unha media de 4.456 €/vivenda. O BNG considera que tal taxa carece de amparo legal nengún e é manifestamente ilegal e inxusta (¿ porqué se vai pagar pola conexión a uns servizos municipais xa executados, pagados e en funcionamento ?).
Nen o RDL 2/2004, de Texto refundido da Lei reguladora de Facendas Locais nen a Lei 8/1989 de Taxas e Prezos públicos amparan a imposición dunha taxa pola conexión aos servizos urbanísticos cando dita taxa se impón en función da clasificación do solo e da natureza da licenza (directa en solo urbán non consolidado ou núcleo rural) pola concesión a uns servizos existentes (e teñen que ser existentes porque do contrario a licenza xa non sería directa senón sometida a operación de reparto de cargas e beneficios).
2.- O Estudo Económico do PXOM cuantifica en 7.156.790 € o total de aportacións municipais dirixidas a actuacións previstas no PXOM.
Dita cuantía obteriase das seguintes fontes de financiamento :
a) Taxas municipais : 4.710.100 € (64,29 %)
b) Enaxenación do 10 % de aproveitamento lucrativo de cesión municipal : 	1.974.030,42 € (26,95 %)
c) Supéravit orzamentario do 2009 : 642.059,70 € (8,76 %).
TAXAS MUNICIPAIS (4.710.100 €) : Nada máis e nada menos que o 64,29 % (máis das 3/5 partes) do total de aportación municipal a actuacións previstas no PXOM vai sair da imposición dunha taxa (nova) “para conexión e reforzo dos sistemas xerais de dotacións e servizos ás vivendas de nova creación en solos de licenza directa”. Ou sexa, o PXOM prevé a implantación dunha taxa (cunha cuantía de 19 €/m2 edificable), a pagar polos promotores de novas edificacións obxecto de licenza directa (ou sexa, en solo urbán consolidado e en solo de núcleo rural). Exemplo : un veciño que queira construir unha casa en solo de núcleo rural ou nun solar urbán deberá pagar, ademáis da taxa por licenza urbanística e o ICIO (imposto de construccións), unha nova taxa, cuantificada en 19 €/m2 edificable (nunha vivenda unifamiliar de 200 m2 construidos, a normal, iso equivale a 3.800 €). Como o PXOM contempla que a nova edificabilidade prevista en solo urbán consolidado e solo de núcleo rural totaliza 247.900 m2, pois o concello agarda recadar por tal concepto un total de 4.710.100 € (247.900 m2 x 19 €).
O propio PXOM cuantifica en 1057 as novas vivendas (130 en urbán e 927 en rural), co cal o importe medio por vivenda nova será de 4.456 € !!!!!. Ou sexa, cada nova vivenda a construir en Abegondo, en solares ou en solo de núcleo rural, pagará unha media de 4.456 € por esta nova taxa.
No Informe conómico-financieiro trátase de xustificar dicindo que esta nova taxa é “Algo lóxico tendo en conta o esforzo que fixo o concello no seu afán de dotar o termo municipal de servizos, obriga que debería ser executada polos propietarios do solo”. Traducido, como o Concello executou as dotacións de servizos de auga, saneamento, etc, pois as novas vivendas deben pagar unha taxa para financiar ditos servizos, pero claro, ditos servizos xa están executados na súa maioria.
Da importancia cuantitativa desta taxa o Estudo do PXOM, ao analizar a viabilidade  económica das actuacións previstas e do propio PXOM, conclúe que “En atención ó presente Estudo Económico se pode deducir que o Plan Xeral de Ordenación, si ten en conta as variables antes nomeadas e grava as vivendas de licenza directa (por unha parte lóxico) , é viable na súa concepción”. É dicir, o PXOM recoñece que a viabilidade económica do PXOM queda condicionada á aplicación e recadación da nova taxa. Sen a nova taxa non hai capacidade de financiamento municipal para executar o PXOM.
ENAXENACIÓN DO 10% DE APROVEITAMENTO DE CESIÓN MUNICIPAL. (1.974.030,42 €). Máis da cuarta parte da aportación municipal ao PXOM vai sair da venta do 10% de aproveitamento de cesión municipal das novas urbanizacións previstas. O PXOM prevé vender a totalidade dos 28.200,43 m2 de aproveitamento de cesión municipal, agardando obter 1.974.030,42 € (o que equivale a un valor de venta de 70 € por m2 de aproveitamento). Pero o caso é que nen nun só metro cadrado de dito aproveitamento se vai destinar ao patrimonio municipal do solo. Nen un metro cadrado de solo para construir VPO (que é, por certo, a finalidade principal ao que debería ir destinado dito aproveitamento, de acordo coa normativa legal).
SUPERÁVIT ORZAMENTARIO DO 2009 (642.059,70 €). O Estudo económica contempla destinar a actuacións do PXOM 642.059,70 € de “superávit” do Orzamento do 2009. Pero tal “superávit”(en realidade sería o suerávit por operacións correntes), sinxelamente non existe. O redactor do PXOM precisa no seu Estudo que “A información contable utilizada no presente estudo foi facilitada polo concello de Abegondo”, pero a realidade é que os datos de liquidación do orzamento municipal do concello de Abegondo (páxina web do Ministerio de Economía) só recoñecen un superávit de 243.399,77 €, pouco máis da terceira parte do que figura no PXOM.
QUINTA.- SOBRE A OBTENCIÓN DISCRIMINATORIA DOS SISTEMAS XERAIS.-
Non é xusto e igualitario que o PXOM contemple que determinados terreos calificados como sistema xeral de espazos libre e zonas verdes públicas se vaian obter polo sistema de expropiación, a razón de 2,21 €/m2, mentras que outros terreos na mesma zona, situación e calificación, son considerados como sistemas xerais adscritos a varias urbanizacións, co cal eses propietarios van ter dereito a aproveitamento urbanístico. Ou sexa, uns, expropiados a 2,21 €/m2; outros, dereitos urbanísticos. Exemplo delo, o parque de Orto.
Tampouco é xusto que terreos na mesma zona e coa mesma situación urbanística (mesma dotación de servicios) teñan clasificacións urbanísticas distintas ou distinto nivel de aproveitamento. Hai Actuacións Integrais en núcleo rural con edificabilidade de 0,30 m2/m2 mentras que outras teñen 0,10 ou 0,15. Tamén hai Actuacións nas que se poden construir vivendas de só planta baixa (altura máxima de 3,5 m) mentres que outras van poder construir baixo+planta alta (altura máxima de 7 m). O mesmo sucede nos sectores de solo urbanizable.
SEXTA.- SOBRE A INADECUACIÓN DE DETERMINADAS ACTUACIÓNS INTEGRAIS NOS NÚCLEOS RURAIS.-
1.- O PXOM contempla 22 Actuacións Integrais (AI) en solo de núcleo rural (cun total de 25 polígonos), concentrándose ditas Actuacións especialmente en Crendes (de feito, das 533 novas vivendas previstas en ditas Actuacións no concello, máis da metade, 317 van ser en dita parroquia).
Como cuestións previas débese sinalar o seguinte :
a) Nos terreos delimitados como AI nos núcleos, e ata que se aprobe o correspondente Plan Especial e o subseguinte proxecto de reparcelación, NON poden outorgarse licenzas para novas edificacións nen tampouco poden autorizarse segregacións ou parcelacións (agás os supostos, limitados, do art. 206.1 da LOUG; mesmo réxime que para o rústico).
b) As 22 AI delimitadas no PXOM remítense, en canto ordenación detallada, a un Plan Especial de ordenación de núcleo. En todas ellas a iniciativa do planeamento é pública e o sistema de actuación o de cooperación. Por tanto, e de acordo co PXOM, vai ser o Concello o que formule o Plan especial e o proxecto de reparcelación, así como tamén vai ser o concello o que execute as obras de urbanización (repercutíndolle aos propietarios os custos correspondentes, claro).
c) A diferencia do restante solo de núcleo rural, os propietarios de terreos incluidos nas AI deben ceder espazos para dotacións públicas (equipamentos, espazos libres, zonas verdes, aparcadoiros), na mesma porcentaxe que se se tratase de solo urbán non consolidado. Ademáis, e tamén a diferencia do restante solo de núcleo rural, tamén deben ceder o 10 % do aproveitamento urbanístico ao Concello e custear a conexión ou reforzo dos servizos urbanísticos.
2.- A criterio do BNG débese revisar todas aquelas AI que se delimitan en terreos que reunen as características para ser considerados como solo de núcleo rural, excluindo aqueles outros que, ademáis de non reunir as características morfolóxicas de núcleo rural, atópanse complementamente fora da malla urbana.
SÉTIMA.- ILEGALIDADE DO SUND-TI-16.-
O coeficiente de edificabilidade do SUND-TI-16 (0,40 m2/m2; dato obrante tanto en Memoria como na ficha do sector) incumpre manifestamente o art. 46.4 da LOUG, que limita a un máximo de 0,30 o coeficinte de edificabilidade para o solo urbanizable non delimitado.-
OCTAVA.- INEXISTENCIA DE RESERVA VIARIA PARA O NOVO VIAL DE CIRCUNVALACIÓN.-
Nos planos de ordenación non figura reserva viaria nengunha para dita novo vial (nen tampouco consta compromiso algún doutras Administracións Públicas para a súa execución ou financiamento), polo cal débese suprimir a referenza ao mesmo na Memoria do PXOM.
Abegondo, 9 de febreiro de 2011
Asdo. Vitor González Meizoso
PRESENTACIÓN DO BNG DE ABEGONDO
O BNG DEMANDA MELLORAS NA SINALIZACIÓN VIARIA
O BNG de Abegondo, demanda da Deputación Provincial que se faga cargo da sinalización de viais provinciais ao seu paso por Abegondo.
De forma expresa solicita que se sinalice debidamente a CP. 0105 ao seu paso por Limiñón, pois esta é unha zona de curvas perigosas entre vivendas, e a velocidade á que suben os coches en moitas ocasións pon en risco a seguridade dos peóns. Deste xeito emplaza aos técnicos deste organismo a que fagan un estudio sobre o campo e analicen cales son as medidas mais axeitadas ( sinais de advertencia, pasos de peóns, bandas rugosas, etc).
Do mesmo xeito o portavoz local do BNG, Victor Glez Meizoso, demanda que de forma urxente se leven a cabo as medidas preventivas necesarias para reducir a perigosidade dos conductores na carretera de Montouto a Carral, especialmente no tramo da Manga, parroquia de Figueroa, donde cada ano coas xeadas do inverno se producen entre 20 e 30 saídas de calzada.
No pleno do pasado sábado 27 de Xaneiro, o concelleiro nacionalista emplazou tamén ao goberno municipal a que faga as xestións oportunas para que estas medidas se efectivicen na medida do posible.
MIRAMONTES CONTRA ROCHA EN ABEGONDO?
Cada día que pasa aumenta o rumor na comarca e sobre todo en Abegondo, que o Ex-Alcalde, Ex-Conselleiro de Agricultura do último goberno Fraga e Ex-Presidente do Grupo de acción Local "Terra das Mariñas", será tamén Ex-militante do Partido Popular. Como o señor Santiso Miramontes apoiou a Barreiro no Congreso "Regional" do PP e "Feijoo non paga traidores" xa lle advertiron que non repetirá para deputado autonómico.
Din que Santiso tomou nota do aviso e está disposto a apresentar unha lista por Abegondo e facerse forte no seu feudo de orixe e que está valorando duas posibilidades, a primeira concurrir como candidato por TERRA GALEGA a cambio, por suposto dunha plaza na Deputación provincial, e en segundo lugar, apresentarse comoindependente, pois xa foi alcalde dese xeito para integrarse despois no Partido Popular.
O que sí se conta tamén é que non vai pactar co PP "nin de coña" pois "a vinganza servese en prato frío" e como mínimo pensa en quitarlle a maioría absoluta ao seu ex-golfiño (nunca millor dito) Rocha, e si de paso tamén lles mete un gol na Deputación, pois... doble patada a Feijoo.
Vaia fauna que temos pola dereita e tamén pola mal chamada esquerda (PSOE) desta comarca...