BNG ABEGONDO


O BNG INFORMA
ACTUALIDADE POLÍTICA DE ABEGONDO E O ENTORNO

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Recomendámosche
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS

ELECCIÓNS 2008
ENTREVISTA AO PORTAVOZ DO BNG VICTOR GONZALEZ MEIZOSO

“APOIAR AO BNG É VOTAR POLOS INTERESES DOS GALEGOS”

Logo dunhas eleccións xerais na que o aumento de votos e de número de concelleiros vos levaron ao goberno, como enfrontades estas eleccións xerais?
O salto cualitativo que demos no concello serviunos para darnos ánimo e traballar de novo con ilusión. Cada vez mais xente perde certo tipo de temores e se dá conta que o BNG está aquí para defender os intereses dos veciños nesta institución que é a mais achegada pero tamén nas outras de referencia, Deputación, Xunta, Estado...

Cales son os obxectivos do BNG nestas eleccións?
O noso obxectivo é ter a maior representacióbn posible en Madrid para asegurarnos que a voz do galegos se escoita e poidamos ter o o poder de decisión que nos corresponde polo noso peso dentro do Estado. Así foi ate agora e así seguirá sendo , sen freos nin vozais e pensando só en clave de mellorar o benestar da nosa xente.

Moita xente non percibe a importancia da representación en Madrid en clave de concello, cal é a importancia real das eleccións e nivel local?
As melloras que se poidan producir para Abegondo dependen tamén do traballo en Madrid, o feito de que a terceira ronda da Coruña sufrira un empuxón de 10 millóns de € é grazas ao BNG, o millón de € que se vai invertir en saneamento da ría do Burgo e grazas ao traballo do BNG así como o feito de que o noso país obtivese na última lexislatura máis de 200 millóns de € extra sobre o inicialmente proposto nos orzamentos do Estado.Mesmo feitos como as axudas á natalidade para as labregas ou as melloras nos prezos do leite para os nosos productores son froito do traballo do BNG.Aportacións á Lei de Dependencia e outras iniciativas lexislativas fan que o BNG sexa de gran utilidade para os habitantes de Abegondo. O BNG levou ao parlamento a proposta de financiación municipal que podería ter axudado a que Abegondo duplicase os seus orzamentos, e foron PP e PSOE, os que a rexeitaron.

Por que crees que o BNG é quen mellor pode representar aos galegos nestas eleccións?
Ademais do detallado, que é un pequeno resumo do que se fixo , somos unha organización política que non temos que rendir contas aos xefes de Madrid, apostamos polas melloras xustas para o noso país, non a costa do chantaxe senón de negociar con xustiza a cobertura de necesidades que Galiza precisa tralo abandono histórico sufrido. O BNG é o garante de que deixemos de ser ograneiro enérxético de todos e de que nos convirtamos nun país de primeira no Estado.

MITIN:
MARTES 4 DE MARZO ÁS 20,30H
LOCAL SOCIAL DE SAN TIRSO (AO LADO DA IGREXA)
VITOR GLEZ MEIZOSO, Portavoz do BNG en Abegondo e Concelleiro de Benestar Social
CHARO FERNÁNDEZ VELHO ( Responsable de Igualdade do BNG)
PAULO LOPEZ (candidato ao parlamento)
Categoría: ECOS DA TABERNA - Publicado o 28-02-2008 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PRESENTACIÓN DO BNG DE ABEGONDO
O portavoz do BNG no Parlamento Galego así como os delegados provinciais do Medio Rural e Vivenda apoiaron a presentación de Victor Glez Meizoso como candidato do BNG á alcaldía. Neste acto ao que acudiron máis de 120 persoas o candidato fixo un repaso á situación na que o PP deixou o concello,a lamentable xestión de Santiso e Rocha, así como á situación actual da política local, agravada pola falta de democracia interna dos partidos centrais PP e PSOE.
Á vez Vítor expuxo algunha das liñas programáticas que o BNG traballará a partires do 27 de Maio, que sinalou como o día do cambio e do comezo dun novo Abegondo.
Categoría: NOVAS DE ABEGONDO - Publicado o 12-04-2007 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ABEGONDO; CAMPO DE BATALLA DO PP,
Escribimos noutra hora acerca do PP de Sada, ou do PP de Oza, ou do PP de Coirós, artigos seguramente esquecidos; en todos a conclusión era semallante: o PP, á vista dos feitos, resultaba definirse como profundamente caciquil, non no sentido insultante que moitos afiliados poden entender, senón no enfoque sociolóxico ou histórico que parte da Restauración e que case ningún afiliado é quen de entender. Todos os PP da comarca viñan comendo na mesma tina de levar a cabo proxectos ignorando por completo a vontade do pobo, e que ás veces podían resultar nefastos para o mesmo, (cementeira de Coirós). Abegondo, concello onde un PP liderado por Miramontes tiña ben cravados os estandartes imperiais do partido, era inmune a estas trangalladas, quitando a suprema cacicada que no seu día se fixo cos campos para o Deportivo…
Pero Miramontes marchou chamado por Fraga para ocupar o cargo de conselleiro de política agroalimentaria, entón Abegondo era unha festa que celebraba chea de ledicia a victoria política dun home tan querido polo pobo, e él unha especie de cabaleiro lexendario ó que se lle atribuían triunfantes poderes e do que todo o mundo quería estar cerca para compartir as migallas de tamaña gloria; o conselleiro seguiu desenvolvendo aqueles argumentos populistas que tan bon resultado lle deran: “en Abegondo xa fixen o que tiña que facer…” e que ninguén podía entrever que se lle volverían en contra, en Austerlitz era impensable Waterloo. No seu lugar quedaba un funcionario da Deputación que fora de terceiro na lista e que quedara de segundo tras a fatídica morte do número dous, un home sen demasiado talento político e tan sorprendido como desconcertado ante o feito de metamorfosearse nun cargo para o que non estaba animica nin intelectualmente preparado.
Así as cousas, presentóuselle ó novo alcalde o problema do famoso gaseoducto de Limiñón, e aquel, en vez de porse ó lado dos veciños actuou co mesmo guión que xa fixeran outros alcaldes do PP: púxose ó lado da empresa do gaseoducto e tratou por tódolos medios de crear un enfrentamento fratricida na parroquia, de maneira que a súa valía política e a súa veracidade como tal eran comparables á nariz de pinocho feita varal. No verán pasado, misteriosamente, Limiñón ardía polos catro costados.
Rematados os días de viño e rosas para o PP, Miramontes recaía de deputado serodio no Hórreo tras un efímero aínda que doce, paso polo consello de administración da RTVG; marcara a casilla errónea na elección do sucesor e, sabendo que no PP o que máis se valora era a fidelidade perruna, era conscente que se lle rematara o voo, tiña que volver para Abegondo onde o (que consideraba) seu sofá tiña a calor doutro cu non disposto a abandonalo. Sabíao o xente, ríos de rumores deste tema circulaban de oídos en oídos á beira doutros que situaban ó propio equipo de goberno municipal nunha bacanal na que as erectas apetencias sexuais se misturaban coas non menos duras ambicións políticas. Desprovisto de todo prestixio e autoridade o alcalde só pode ofrecer unha resistencia numantina artellando unha defensa arredor dos seus máis fieis seguidores. Namentras esto pasa, obviamente Abegondo non camiña na senda da democratización, contempla o pobo atónito e expectante, como o único que lle interesa a estes homes, como a todos no PP, é acadar ou manter o poder político; conceptos como democracia participativa, responsabilidade, ética política, orzamentos transparentes, asambleas parroquiais, sociedade do benestar, logros sociais, non son máis que termos teóricos moitas veces incomprensibles para esta caste de políticos cunha nunca saciable fame de poder
(MAXI REI) ^
Categoría: ECOS DA TABERNA - Publicado o 11-04-2007 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CORRUPCIÓN EN ABEGONDO, por Maxi Rei
Imaxinamos a rítmica música desa famosa serie ambientada en Miami, aderezada cunha serie de imaxes pintorescas do lugar, lástima que non teña vocación de facer documentais, esto préstase ás mil maravillas, e ademais sería un éxito de ventas; dinme que nunca antes a xente estivo tan ávida de información sobre a política do concello, os xornais esgótanse diariamente; a xente devece polo morbo do cotilleo político, calquera nova do asunto é devorada con ansiedade e os anacos comestos con trémula paixón en conversas de bares.
Por se non houbera suficiente cun PP en plena crise resultado das profundas ambicións personais de Miramontes (moi lexítimas pola súa parte), agora súmaselle o PSOE, tamén en crise, coa presentación dunha lista paralela á oficial, de maneira que a parelela convértese en oficial e a oficial terá que buscar outras siglas e outra identidade. O do PP víase vir; o sorprendente ven a ser o do PSOE, un partido parásito que desde a lexislatura iniciada en 1999 fixo pouco máis que nada; nas últimas eleccións municipais, vivindo coma sempre das rentas que lle dan as siglas, e por unha marxe duns escasos corenta votos sacáballe o segundo concelleiro ó BNG, aínda así o traballo feito ata agora polo único concelleiro do BNG, como soe ser habitual, superaba en moito ó traballo feito polos dous do PSOE, auténticos OVNIs (obxectos votados non identificados) que quentaban as vellas sillas de madeira a rebufo de todo, situados moitas veces fóra do xogo político e desbordados por feitos ou propostas ante as que non tiñan opinión nin palabra nin coñecemento.
E nestas o PSOE de Abegondo é traicionado polo seu propio partido, pero ¿qué pasa neste concello? Algunhas faladurías din que se atoparon neste pintoresco e tranquilo municipio, inxentes reservas de petróleo, polo que todo este trasfego político viría a explicarse como a búsqueda dunha “pole position” de saída na carreira polos beneficios que se deriven destas prebendas; outro rumor que deambula no mesmo sentido, fala de ouro en vez de petróleo, Ámbalas dúas hipóteses serven para dar explicación a este fenómeno, lástima que ambas non sexan máis que pura fantasía de quen esto escrebe…
Fantasía si, pero metafórica, non hai petróleo nin ouro, pero inmensas posibilidades de enriquecerse a través do ouro e petróleo que son hoxendía a especulación inmobiliaria a través de tramas urbanísticas nas que os aspirantes a concelleiros destes partidos buscan e para o cal deben estar ben situados. En Abegondo case non existe especulación entre outras cousas porque o PXOM leva varios anos suspendido e o PP, tras contratar a un equipo de profesionais ós que lle pagou en torno a 240.000 euros, non foi capaz a sacalo adiante. Plantexado así o problema, a explicación cae polo seu propio peso: A presentación de múltiples candidaturas por parte dos principais partidos é resultado dunha babosa ambición política, así como dunha necesidade de situarse dentro do concello para coñecer de primeira man os avatares do PXOM e actuar conforme a eses privilexios de información urbanística. Non se lle encontra outro sentido a un Miramontes que quere ser eternamente alcalde, nin a un PSOE que non avala e defende a lista local e presenta outra sen ningún sentido aparente.
Se a honradez fose un criterio realmente valorado á hora de votar, como debería selo, ningunha destas posibles catro candidaturas debería levar máis votos que os das persoas que van nelas. Como conclusión un coñecido lema lema estudiantil que se cantaba ou berraba nas manifas ás que teño ido cando era universitario: pesoe, pepé, a mesma merda é. A los hechos me remito.
Categoría: ECOS DA TABERNA - Publicado o 26-03-2007 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O MINISTERIO DA PROPAGANDA COSTA 1160€ AO MES
Dende hai unha tempada, ao noso querido goberno, dóuselle polo autobombo dun xeito espectacular. Como creemos que se gustaron non lles abondou con aterrar diariamente na prensa con tonterías e reivindicacións(que por certo nunca lle pediron aos seus gobernos),senón que decidiron profesionalizarse e contratar a un ministro de propaganda.
Donde está o grave do asunto? pois ben o concello deu en facer un contrato de colaboración a unha persoa chamada Francisco Martínez,

e quen é Fracisco Martínez?
Francisco Martínez é un concelleiro do PP de Betanzos

E canto cobra Francisco Martínez?
1000€ ao mes mais IVE

Canto traballa Francisco Martínez?
4 horas presenciais á semana

e cal é a súa misión?
Facerlle propaganda ao alcalde e ao resto da banda.

A nós parécenos obsceno, inmoral e impresentable que se gasten os cartos da xente neste tipo de prácticas. Neste concello hai moitas necesidades como para andar a tirar cartos en estupideces.
NOn sei que opinaran certos traballadores deste concello que cobran menos por facer 40 horas á semana ( mais as que toquen) ao ver que con carné do PP hai outras ventaxas.
LAMENTABLE, Así nos vai, á cola da comarca con esta banda
Categoría: ECOS DA TABERNA - Publicado o 13-02-2007 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
500.000 QUEIXOS
"la opinion" 8/2/2006, pax 16
Impresionante , segundo apunta o concello na prensa de hoxe vanse vender na feira do queixo do domingo 500.000 queixos, eso supón que se imos á feira todos os habitantes do concello, e mercamos 100 queixos cada un, será un éxito de vendas. Hai que ser paletos! teríamos unha dieta expectacular para o resto do ano, lactosa non nos había de faltar. En fin, como todo o que din estes, hai que tomalos a coña.Mentres tanto do noso concello acudirán con sorte 2 ou 3 queixeiras, a asociación de queixeiras foi ao tacho, e as potencialidades deste mercado no noso concello foi ao carallo. Foi ese o apoio que prestou o PP a este sector? para que serviu ter un consellerio de medio rural? moitas plaquitas de regalo, moitas postais de nadal, pero ao que se tiñan que adicar, nada de nada. Tanto ten Xan como Perillán.
Pero sempre nos quedarán os 500.000 queixos do alcalde. BO PROVEITO!
Categoría: MAIS COUSAS - Publicado o 08-02-2007 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VICTOR GLEZ MEIZOSO CANDIDATO POLO BNG Á ALCALDÍA DE ABEGONDO
A Asamblea Local do BNG, decidiu por unanimidade elixir a Victor Manuel Glez Meizoso como candidato polo BNG á alcaldía de Abegondo. Victor é Diplomado en Traballo Social pola Universidade de Santiago e forma parte da Executiva Comarcal do BNG das Mariñas. Asimesmo é membro da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Traballadores Sociais de Galiza. Actualmente traballa como asesor no gabinete de goberno da Deputación Provincial apoiando o traballo da Presidenta da Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade e Normalización Lingüística. Dende Setembro de 2005 é Voceiro municipal do BNG en Abegondo, e concurrirá por vez primeira como candidato á Alcaldía.
Categoría: ECOS DA TABERNA - Publicado o 02-02-2007 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CONVENIO CAMPOS DE FÚTBOL DO DEPORTIVO
A estas alturas, xa a ninguén se lle escapa que o convenio co Deprtivo da Coruña foi un apaño do naquel momento "goberno Fraga", e do "goberno Miramontes" para beneficiar a unha empresa ( R. C. Deportivo da Coruña), que como afeccionado e seguidor do Depor está moi ben,pero dende o punto de vista dun cidadán coherente é eticamente inconcevible e moralmente reprobable; o da legalidade imos deixalo no ar. De todos modos o que nos preocupa agora é que dos maravillosos beneficios que ía ter o concello segundo se deduce do texto do convenio "TARARÍ QUE TE VÍ", nin emprego, nin comercio,nin mellora social, nin asistencial, nin vantaxes incomparables.....nin nada de nada de todalas cousas que prometía tan magnífico convenio.
Mais ainda, a día de hoxe incúmplense varias estipulacións das recollidas no convenio:

- Non existe a cesión real dun campo de fútbol para o concello,de tal modo que a día de hoxe preténdeselle cobrar 140€ aos equipos de Abegondo (San Tirso e Vizoño) polo uso dun campo de adestramento.

- 600 entradas para os partidos de Riazor para nenos cada dúas semanas, donde están?

- Un técnico deportivo para o concello tres días á semana, (actualmente solo está 2).

- Ademais o concello faise cargo do pago cando menos de parte da luz existente nas instalacións (hai quen dí que de toda), cando no convenio se estipula claramente que se fará cargo o Deportivo.

En fin unha vez metidos nesta allada, cando menos facer que se cumpra o acordado. Un goberno nacionalista neste concello non permitiría que Lendoiro & company se riran da nosa xente e dos nosos clubes, como permite o actual goberno, (máis pendente do seu ministerio da publicidade e da propaganda que de atender aos veciños)
Categoría: MAIS COUSAS - Publicado o 31-01-2007 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS SOCIAIS
NO pasado mes de Setembro de 2006, o BNG apresentou no concello unha moción na que instaba ao Pleno do Concello a entra a formar parte do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar. Nese pleno o alcalde asumia o texto da moción pero acordábase adiala un mes mais, e nese prazo ía convocar aos concelleiros da oposíción para ultimar certos detalles para entrar no consorcio.
Cinco meses despois seguimos sen recibir a convocatoria, e o alcalde ainda non se diriuxiu ao xerente do consorcio en ningún momento. Por outra banda o que si se fixo foi andar dicindo por ahí que ía facer un centro de día ( como no costrúa el cos seus cartos), pois sen entrar no consorcio non hai equipamentos. Tamén o ministerio da propaganda de Abegondo gastou preto de 3000€ nunha memoria de servizos sociais ( se os gastaran en servizos sociais en vez de en papel).
Mentras tanto, adeus aos servizos sociais, e benvido mister callos!
Categoría: ECOS DA TABERNA - Publicado o 30-01-2007 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O CONCELLEIRO DO BNG EMPLAZOU AO CONCELLO A ELABORAR UNHA ORDENANZA SOBRE ANTENAS DE TELEFONÍA
antena No pasado pleno do 27 de Xaneiro, o concelleiro do BNG, realizou unha proposta co gallo de que se elabore unha ordenanza municipal para a instalación de antenas de telefonía. Deste xeito, pretende que se ordene a instalación destas antenas, que cada vez son mais necesarias, pero tamén mais potentes de modo que o aumento de emisións pode ser máis nocivo.

Asimesmo, resulta potencialmente preocupante a antena que se atopa no campo da feira de Abegondo a escasos metros dun colexio e dun centro de saúde.
Agardamos que o concello se poña canto antes mans á obra, pois as necesidades de aumento de cobertura fixeron que nos últimos tempos houbera neste concello intentos de varias compañías de instalar máis antenas.

Categoría: MAIS COUSAS - Publicado o 29-01-2007 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O BNG DEMANDA MELLORAS NA SINALIZACIÓN VIARIA
O BNG INSTA Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL A QUE SINALICE OS VIAIS EN ABEGONDO

O BNG de Abegondo, demanda da Deputación Provincial que se faga cargo da sinalización de viais provinciais ao seu paso por Abegondo.

De forma expresa solicita que se sinalice debidamente a CP. 0105 ao seu paso por Limiñón, pois esta é unha zona de curvas perigosas entre vivendas, e a velocidade á que suben os coches en moitas ocasións pon en risco a seguridade dos peóns. Deste xeito emplaza aos técnicos deste organismo a que fagan un estudio sobre o campo e analicen cales son as medidas mais axeitadas ( sinais de advertencia, pasos de peóns, bandas rugosas, etc).

Do mesmo xeito o portavoz local do BNG, Victor Glez Meizoso, demanda que de forma urxente se leven a cabo as medidas preventivas necesarias para reducir a perigosidade dos conductores na carretera de Montouto a Carral, especialmente no tramo da Manga, parroquia de Figueroa, donde cada ano coas xeadas do inverno se producen entre 20 e 30 saídas de calzada.

No pleno do pasado sábado 27 de Xaneiro, o concelleiro nacionalista emplazou tamén ao goberno municipal a que faga as xestións oportunas para que estas medidas se efectivicen na medida do posible.
Categoría: NOVAS DE ABEGONDO - Publicado o 29-01-2007 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
MIRAMONTES CONTRA ROCHA EN ABEGONDO?



Cada día que pasa aumenta o rumor na comarca e sobre todo en Abegondo, que o Ex-Alcalde, Ex-Conselleiro de Agricultura do último goberno Fraga e Ex-Presidente do Grupo de acción Local "Terra das Mariñas", será tamén Ex-militante do Partido Popular. Como o señor Santiso Miramontes apoiou a Barreiro no Congreso "Regional" do PP e "Feijoo non paga traidores" xa lle advertiron que non repetirá para deputado autonómico.

Din que Santiso tomou nota do aviso e está disposto a apresentar unha lista por Abegondo e facerse forte no seu feudo de orixe e que está valorando duas posibilidades, a primeira concurrir como candidato por TERRA GALEGA a cambio, por suposto dunha plaza na Deputación provincial, e en segundo lugar, apresentarse comoindependente, pois xa foi alcalde dese xeito para integrarse despois no Partido Popular.

O que sí se conta tamén é que non vai pactar co PP "nin de coña" pois "a vinganza servese en prato frío" e como mínimo pensa en quitarlle a maioría absoluta ao seu ex-golfiño (nunca millor dito) Rocha, e si de paso tamén lles mete un gol na Deputación, pois... doble patada a Feijoo.

Vaia fauna que temos pola dereita e tamén pola mal chamada esquerda (PSOE) desta comarca...
Categoría: NOVAS DE ABEGONDO - Publicado o 26-01-2007 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal