bloguesquío


Blog do CEIP Saco e Arce - Toén -
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

¡Que ven o lobo!
Onte fomos ao Auditorio a ver unha representación teatral : ¡Que viene el lobo! de Kamante teatro.
Era a historia dun lobiño que vivía nun zoo pero o seu desexo era ser Lobo de Conto. Así que un día escapa e, o primeiro que fai é ir á Escola de Lobos. Alí descubre que, si quere aprobar, ten que comerse a alguén: unha avoíña, unha nena ...
¿Será capaz de facelo? ¿Vos que pensades?
Comentarios (0) - Categoría: biblioteca - Publicado o 21-02-2008 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
¿Parécenche aburridas as matemáticas?


As matemáticas non sempre son aburridas; é máis, as veces son sumamente entretidas.

Neste recanto imos expoñer algúns dos divertimentos matemáticos que coñecemos e empregamos ás veces para ilustrar , complementar ou simplemente facer máis levadeiras as actividades cotiás propias desta materia.

Non desprezamos, é máis, agradecemos calquera aportación que nos queirades facer, para ir ampliando pouco a pouco este recuncho.

Imos comezar por un curioso caso extraído do libro “O home que calculaba” (libro que recomendamos vivamente) E o caso dos 35 camelos.

Plantexa o problema de tres irmáns os que seu pai lles deixou en herdanza 35 camelos que terían que repartir do seguinte modo:
-O maior recibiría a metade.
-O mediano unha terceira parte
-O menor unha novena parte

¿Saberías como resolver o problema? Colle papel e lapis e... ¡ a calcular!

SOLUCIÓN
Comentarios (0) - Categoría: Divertimentos matemáticos - Publicado o 18-02-2008 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O Entroido no cole

Como este ano o Dia da Paz e o Entroido coincidiron moi próximos no tempo, no cole decidimos relacionar as duas festas.

Eliximos como centro de interese o conto "O Mago de Oz" e decidimos que o tema dos disfraces fora "Un pacto de Amizade".

Efrén,disfrazado de Mago de Oz, é o que vai conseguir que no colexio (O país de Oz) reine a armonía, facéndolles ver que todos os problemas teñen solución.

Cada clase escolleu unha parella de persoaxes de contos que teñen "malas relacións" e tivo que preparar unha adaptación do conto, na que rematen sendo amigos. Tamén prepararon un cartel onde se representaba a súa adaptación do conto.
Comentarios (0) - Categoría: Entroido - Publicado o 08-02-2008 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal