blogalizando
<language>ga</language> 
CONTOS AO TELÉFONO DE 1º ESO A
   <description><![CDATA[Seguindo os pasos do noso amigo Rodari, imos ir colgando aquím, nesta nova categoría do blog distintos textos que seguen unha pautas semellantes ás que presentan os famosos "Contos ao teléfono" de Gianni Rodari, que naceron dunha experiencia do autor coa súa filla á que en moitas ocasións ao non estar na casa á hora de deitarse a nena a causa do seu traballo como xornalista, el decidiu chamala por teléfono para seguir co costume de narrarlle un breve conto cada noite.
 Comezamos con este conto ao teléfono de Manuel Goimil:
   "Os altofalantes da estación do tren anuncian saídas e chegadas un tanto raras; deuse o caso de que, un día, falaban un idioma, e ao seguinte, outro.
   -Penso que iso é italiano! –dixo un condutor certo xoves.
   -E iso, non é chinés? –preguntou outro ao día seguinte.
   -Ou xaponés!
   -Seica o altofalante foi de Erasmus?
   Ademais, as horas que saían polos altofalantes eran completamente disparatadas.
   -O tren chegará ás trinta e cinco e dous medios calcetíns do corenta de outubro –deulle por dicir un día, en árabe.
   O que, no caso de existir, sería dous meses máis tarde. Por iso, un experto foi revisar os aparatos.
   -Non hai dúbida, están escangallados –era un experto de fama mundial, está claro-. Teñen un trasno metido! –diagnosticou.
   -Pois moi culto é! –dixo o xefe da estación-. Que facemos?
   -Nada. Se os trens sempre levan retraso, para que o imos arranxar? Sempre vai dicir o mesmo!
   E así foi como, ata que cambiaron ao xefe e ao experto, no ano da súa xubilación, o trasno seguiu dicindo tantas trasnadas como quería, ata que cortaron as luces e levaron ao ser de volta ás fragas. Entón, todo volveu á normalidade: o aburrimento."
Manuel Goimil                                                                                                              
A ESCRITORA ELENA GALLEGO CON  1ºESO A
   <description><![CDATA[Hoxe estivo con nós Elena Gallego despois de ler e traballar sobre o  seu libro Dragal, a herdanza do dragón. Soubemos unha morea de detalles desta saga que creo a autora para facer evidente que desde Marín se pode escribir e chegar a editar unha novela como esta. demostranos que é posible  unha novela de fantasía e aventuras orixinal que fuxa dos lugares comúns doutras sagas máxicas e procure a base da súa trama nas lendas e na historia propias, da nosa Terra. 
Os dragóns son seres máxicos presentes en muitas culturas, tamén na nosa. Elana Gallego demostrounos como partindo das nosas lendas podemos crear unha troloxía como a de Dragal. A primeira entrega foi editada cando xa tiña escrita a segunda, e xa está ultimando a terceira da saga que sairá á luz na próxima primavera posiblemente. Daquela volveremos invitaremos de novo a autora a compartir unha xornada con nós. Se queredes ver máis fotos do Encontro podedes ver unha reportaxe fotográfica no blog da Biblioteca de Secundaria.]]></description>
Na prehistoria de Galicia, o pobo de Saefes
   <description><![CDATA[Le atentamente este texto en latín e a súa tradución:
 Ophiussa... primo Oestrymnis,
locos et arua Oestrymnicis habitantibus;
post multa serpens effugauit incolas,
uacuamque glaebam nominis fecit sui.
"Ofiusa... foi chamada, ao principio, Estrimnis, porque os estrímnicos poboaban as súas paraxes e cabos; despois, unha multitude de serpes fixo fuxir aos seus habitantes e deixou o territorio privado do seu nome."
Cempsi atque Saefes arduos collis habent
Ophiussae in agro. Propter hos pernix Lucis
Draganumque proles sub niuoso maxime
Septentrione conlocauerant laurem.
"Os cempsos e os saefes ocupan os abruptos cumios do territorio de Ofiusa. Cerca deles se estableceron o rápido luso e a prole dos draganos, en dirección cara o septentrión de abundantes neves".
Ora Maritima, Avieno.
Avieno neste texto do século IV d.C. conta que os habitantes máis antigos de Galicia chamados Oestrimnios foron atacados o pobo dos Saefes (serpes ou dragóns) que algúns historiadores identifican coas tribos celtas que conforman a Cultura dos Castros. Poucos vestixios deixaron debido a posterior Romanización que trouxo outros costumes, crenzas e formas de vivir e organizarense a sociedade. Pero nas lendas como a do Santo Hadrián atopamos a un dos primeiros santos nestas terras acabando coas serpes das Illas Sisargas. 
Non esquezamos que Ofiusa é o nome que recibe este territorio e que significa "pobo de serpes", os ofidios son a especie destes réptis, "ofis" é a palabra grega da que provén este nome.
Tamén os arqueólogos e especialistas na Cultura Castrexa chaman a nosa atención sobre a aparición de serpes esculpidas en pedra en distintos castros como o de Troña (Ponteareas) acompañados de lendas que se conservaron por tradición oral. Na ilustración a famosa Pedra da Serpe de Gondomil (Ponteceso), unha das máis coñecidas representacións de serpes-dragóns de orixe incerta e que posteriormente foi cristianizado como pode apreciarse pola cruz.]]></description>
SOBRE A LECTURA DE DRAGAL
   <description><![CDATA[A primeira das lecturas que imos abordar neste curso coa intención de participar dun Encontro coa autora e de paso participar na presente edición, na do 2012 do Premios Sarmiento que organizan os Equipos de Dinamización Lingüística das Escolas Católicas de Galicia é o libro de Elena Gallego titulado DRAGAL.
Propoñémonos facer desta lectura ademais unha reflexión práctica sobre os textos narrativos analizando a estrutura da novela e identificando en cadanseu capítulo os elementos da narración que presenta. Tamén seremos creativos e iremos realizando unha ilustración capítulo a capítulo.
Promete ser unha lectura entretida e instrutiva.
Comezamos polo resumo ou ARGUMENTO desta historia de intriga e aventura, de amizade e fantasía.
Hadrián atópase na clase de matemáticas nos minutos nos que a profesora reparte os exames mentres que sen que ninguén se dea conta na aula, dende a fachada da vella igrexa de San Pedro que se atopa fronte do centro do ensino o Dragal observa a situación. Dona Ermidas, a profesora, entrégalle o exame a Hadrián que curiosamente sacou un 10. O dragón dende a cornixa chíscalle un ollo. E a profesora que estivera preocupada polo rapaz que veu trasladado despois da morte do seu pai dille ao final da clase anímao a que siga así apa atopar o seu camiño. Un camiño misterioso que Hadrián agora sabía que se abrira séculos atrás.
O NARRADOR neste capítulo é unha voz externa ao relato en terceira persoa. É un narrador omnisciente que coñece o pasado o que pensan os personaxes (Hadrián ou Ermidas.
OS PERSONAXES: Parece haber un protagonista claro neste capítulo que é Hadrián e outro personaxe( se cadra o antagonista) misterioso denominado Dragal, aparecen os nomes de varios compañeiros de clase do rapaz: Mónica que parece coñecer a Hadrían porque ao final agarda por el, Miguel, Teresa, Antón… secundarios e tamén nun papel secundario , un tanto máis relevante que os anteriores neste capítulo, o de Dona Ermidas a profesora de matemáticas.
ESPAZO(s): a Aula que se atopa nun centro de ensino fronte a unha vella igrexa cuxa fachada vese dende a fiestra.
TEMPO(s): ( Aquí debemos distinguir entre o tempo relatado ( canto tempo se narra) e cómo se relata ese tempo e que chamamos o tempo do discurso. Este pode ser lineal se coincide co anterior ou descontinuo podendo  ser mesmo unha retrospección (indo de adiante cara atrás).  
O tempo relatado é o que podería durar aproximadamente unha sesión de clase de matemáticas na que se entregan uns exames.
O tempo do discurso que neste capítulo coincide co relatado porque é lineal comeza no principio e remata ao final da clase, aínda que hai referencias ao pasado de Hadrián e ao comezo do curso, non se chega a dar un salto a un tempo pasado, é unha pequena referencia. 
MODOS DE DISCURSO (A autora pode escoller entre narración, descrición ou diálogo á hora de contar esta historia. Trátase de comentar en cada capítulo cal dos tres domina e cando se utiliza , se é que se usa calquera dos outros dous).
No 1º  capítulo Dragal domina a narración de acontecementos, non hai descrición (unha liña describe o aspecto do exame de Hadrián) e o diálogo aparece cando dona Ermidas aos alumnos os exames e unha pequena conversa entre ela e o protagonista. 
LECTURA PARA O PREMIO SARMIENTO
   <description><![CDATA[A primeira das lecturas que imos abordar neste curso coa intención de participar dun Encontro co autor e de paso participar na presente edición, na do 2012 do Premios Sarmiento que organizan os Equipos de Dinamización Lingüística das Escolas Católicas de Galicia é o libro de Elena Gallego titulado DRAGAL.
Para saber máis aquí tes un enlace co blog creado pola autora sobre o seu libro Dragal, a herdanza do dragón
 Tamén é moi recomendable estoutro enlace onde hai información complementaria de gran interese á hora de ler DRAGAL. A herdanza do Dragón.]]></description>
Preparando o magosto
Poderemos visitar a Mámoa do Rei... na contorna da lagoa de Castiñeiras. Coñécese co nome de Chan de Castiñeiras un conxunto megalítico formado por sete mámoas, agrupadas en dúas áreas. Datan do Calcolítico, entre o 2500 e o 2000 a. C., e de entre todas elas destaca a Mámoa do Rei, un amplo túmulo de trinta metros de diámetro con dolmen de corredor.
GALICIA: país dos mortos... Samaín ou Defuntos?
   <description><![CDATA[PARA CREAR OPINIÓN.Estamos preparando un debate para chegar a definir a denominación máis axeitada para estas manifestacións culturais que se realizaban e que se están de novo impulsando nestes primeiros días de novembro. Para preparar o debate aquí deixamos uns enlaces a vieiros da escola, a cultura galega . 
Na rede hai abertos debates semellantes, por exemplo, en Bretemas onde hai testemuñas moi interesantes como unha que fala do que se facía tradicionalmente na Illa de Arousa, lugar especialmente interesante no relacionado co culto aos mortos, parece ser que os rapaces ese día van pedir polos defuntiños. Noutro blog, ladrándolle á lúa, dáse esta opinión:
A pesar do que moitos pensan, o Samaín é unha festa que sempre se celebrou en Galicia aínda que non en todas partes con esta denominación. Para moitos será máis coñecida como o día das cabazas ou das caveiras. Parece ser que esta tradición foi espallada polos celtas, que celebraban a chegada do inverno e con el, o nacemento dun novo ano. Samaín vén a significar en gaélico "fin do verán".
Desde sempre, nas vilas e aldeas de Galicia, os rapaces deixaban nas encrucilladas as cabazas ou calacús cunha candea acesa no seu interior para asustar os camiñantes.
Hai outros como Méndez Ferrín que non aceptan esta orixe e sosteñen que se trata dunha manifestación do imperialismo estadounidense que impuxo o Halloween en todo o mundo, fronte aos que aceptan que efectivamente esta manifestación do día 1 de novembro veu dos EE.UU., pero nunha viaxe de volta, pois serían os emigrantes irlandeses os que levaran esa tradición a América durante o século XIX e principios do XX. Sexa como for, cada día se recupera en máis lugares a celebración do Samaín.
Desde o San Narciso pensamos que na procura da verdade debemos ser fieis en primeiro lugar ás denominacións propias como a de Tempo de Santos ou Defuntos. Logo cremos que debería estar tan presente ou máis que a palabra cabaza outra sdenominacións como calacús, sendo esta denominación a referida a unha cabaza de grandes dimensións e máis propia das hortas de Galicia que a laranxa valenciana que compramos no super. E xa postos a reivindicar produtos da terra botamos de menos a posta en valor da castaña neste tempo de magostos onde a castaña é símbolo do morto. Antigamente botábanse dende os campanarios das igrexas  mamucas(castañas cocidas)ou tamén bullós ( asadas) para que os rapaces e maiores que as apañaban rezasen un noso pai pola salvación da ánima que representavba aquela castaña. Tamén era habitual realizar un magosto ao pé dos cemiterios onde antes se facía comida( comer cos defuntiños) cando non se deixaba (aínda se deixa) un prato na mesa baleiro e a mesa sen recoller tal día como hoxe para os defuntos da casa, comíase bacallau e de postre, sempre castañas. Logo, estamos ou non estamos no país dos mortos? 
A LINGUA DOS NOSOS AVÓS 2011
A LINGUA DOS NOSOS AVÓS
   <description><![CDATA[Unha das primeiras tarefas do curso é descubrir a verdade sobre a nosa lingua na nosa casa. Descubrir que o idioma que se fala na casa vén de vello ou que, se non falamos tanto galego como quereríamos, aínda que hoxe se fale castelán,o galego tamén se falaba nas xeracións inmediatamente anteriores á nosa ou á dos nosos pais. Sabelo é sempre moi importante, pero por que?
Pois porque deste xeito imos indagar os motivos polos que en cuestión de 100 anos, dende o 1900 ata hoxe, hai un descenso moi notable de galego falantes. Iso é o que notamos se facemos unha enquisa na aula como esta que estamos a realizar. 
Acto seguido tamén pensamos en que podemos facer para superra esta situación tan inxusta para  a lingua que nos dá personalidade e que nos fai orixinais no mundo. Iremos contando a que conclusións chegamos.]]></description>
DESCUBRE A VERDADE...A GALICIA QUE LEVAS DENTRO
   <description><![CDATA[ “Cada lingua dálle personalidade cultural ao seu pobo e transmítella a cada un dos seus membros. Cada pobo ten a súa. Cada home ten a do seu pobo. Nós, os galegos, temos a nosa.”													                RAMÓN PIÑEIRO
Este é o lema co que arrincamos este curso 2011-12: "Descubre a verdade...a Galicia que levas dentro"Xira ao redor da idea da educación da nosa identidade. Se o que nos fai humanos é precisamente a fala, exercer como tales humanos esixe vivir na procura de nós mesmos e manifestarnos como tal, de xeito auténtico ou verdadeiro. “Coñécete a ti mesmo” é unha fermosa e vella sentencia da antiga Grecia que podemos aplicar á hora de nos dispor a coñecer ese nós colectivo que se chama Galicia e que usa unha lingua que nos dá identidade no mundo, o galego.
Tomamos este texto como primeira lectura do curso e lectura central da Unidade 0. O debuxo que tes a túa dereita acompaña o seguinte texto.
CHEGOU DAS AMÉRICAS 
(de “Cousas” A.D. R. Castelao)
Chegou das Américas un home rico e trouxo consigo un negriño cubano, coma quen trai unha mona, un papagaio, un fonógrafo... O negriño foi medrando na aldea, onde deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores.
Un día morreu o home rico e Panchito trocou de amo para gana-lo pan. Co tempo fíxose mozo comprido, sen máis chatas que a súa coor... Aínda que era negro como o pote, tiña gracia dabondo para facerse querer de todos. Endomingado, con un caravel enriba da orella e unha ponla de malva na chaqueta, parescía talmente un mozo das festas.
Unha noite de estrelas xurdeu no seu maxín a idea de saír polo mundo á cata de riquezas. Tamén Panchito sinteu, como tódolos mozos da aldea, os anceios de emigrar. E unha mañán de moita tristura gabeou polas escaleiras dun trasatlántico.
Panchito ía camiño da Habana e os seus ollos mollados e brilantes esculcaban no mar as terras deixadas pola popa.
Nunha rúa da Habana o negro Panchito tropezou cun home da súa aldea e confesoulle saloucando:
—Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol; eu non me afago con esta xente. ¡Eu morro!
Panchito retornou á aldea. Chegou probe i endeble; pero trouxo moita fartura no corazón. Tamén trouxo un sombreiro de palla e mais un traxe branco...]]></description>