blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A LINGUA FAINOS HUMANOS, FAINOS UNIVERSAIS E DIFERENTES

Traballaremos dous textos sobre a relación tan especial que mantén a lingua cos seres humanos:

A LINGUA FAINOS HUMANOS.

A LINGUA FAINOS UNIVERSAIS E CREATIVOS ANTE OS DEMAIS

O DERETO A SER DIFERENTES

O IDIOMA É A PORTA COA QUE ABRIMOS O MUNDO



O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor
o murmurio do vento
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén
se perdemos a fala
non seremos ninguén.

O idioma é o amor
o latexo, a verdade
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer
precisamos a lingua
se queremos vencer.

Manuel María.

10- PROXECTO DE AULA DA UNIDADE 0: O poeta emprega unha morea de metáforas para definir o idioma: Unha metáfora é unha identificación dun termo real (o idioma) cun termo imaxinario (a chave) que é posible porque hai un elemento que as une (o idioma e a chave abren algo).
Atopa outras dúas metáforas no poema e indica cal é o seu termo real e o imaxinario.

Crea a túa propia metáfora e logo, reunindo todas as da clase, realizaremos a primeira banda deseñada do curso coas distintas ideas que realicemos.
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE 0 GALEGO - Publicado o 29-09-2020 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA O CURSO 2020-2021: ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE

ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE!

O lema deste ano co que imos traballar e que ademais nos vai servir de motor ao longo do curso é: ASUME A TÚA RESPONSABILIDADE!

Trátase realmente de CONSTRUÍR A NOSA RESPONSABILIDADE. A responsabilidade de todos como un labor individual á vez de colectivo. Implica ter clara a igualdade de dereitos, a importancia dos deberes nun mundo complexo rico en diversidade. Somos diferentes en cultura, pero abordamos unha tarefa esencial en común a de compartir un planeta e manter viva a nosa identidade.

Apelar á sensatez nestes tempos de pandemia non pode facer invisible outras cousas das que tamén somos responsables. Bótalle unha ollada ao vídeo:



Cantas linguas hai no mundo?

Por que son tan fráxiles as linguas?

Por que é imprescindible "espertar"?


E xa postos dado que estamos pendentes da COVIB-19 falemos de CONTAXIO:



Hai contaxios saudables?

Logo, quererás probar e contaxiarte?


COMEZAMOS.

Escribir, ler e falar ben a nosa lingua, a responsabilidade esencial que temos que asumir.
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE 0 GALEGO - Publicado o 23-09-2020 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0