blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ENTRADA DE VERÁN
PROBAS MODELO PARA SETEMBRO

LECTURAS RECOMENDADAS DE VERÁN

VÍDEO REPRESENTACIÓN "A MULLER FALA"


VÍDEOS DAS REPRESENTACIÓNS DO 1º CONCURSO DE TEATRO CLÁSICO

FOTOS DA REPRESENTACIÓN
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-07-2018 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Modelo das Probas para setembro
PROBAS MODELO

1ª Avaliación:

1- Comprensión lectora: a)A néboa é un mar na terra. / b) A néboa é u fenómeno metereolóxico. Cal das dúas oracións é denotativa e cal connotativa? Explica os conceptos usando a palabra obxectivo e o seu contrario.
2- As cinco grandes familias lingüísticas do mundo son:
As linguas románicas son:
Oito linguas da península son:

3- GRAMÁTICA: Escribe o artigo determinado esixido por cada un dos seguintes substantivos masculino ou feminino: __ viaxe__ mel ___laranxeira __ ponte __ análise __ crise __ paréntese __castañeiro__ friaxe __ nariz
__ cárcere __ sangue __ sal __leite __garaxe __ paxe __ romaxe __ hepatite __dor __ arte __ calor ___ele
__ orde __árbore __servidume __ costume __limoeiro __ marxe __suor __ sinal __orixe__ til __mar __eme

4-Escribe o feminino das seguintes palabras:
catalán, heroe, campión, italiano, tecelán, san, cru, marqués,xudeu,paspán,alemán, cidadán.


Escribe o plural das seguintes palabras:
iraquí, anzol, til, dólar, cóctel, ollomol, patín, sol, cadáver, pavillón, lapis.



5-Clasifica os seguintes substantivos:
penedo, ponte, rapaza, segadores, Galicia, fermosura, arroz, exército, xenreira, area.
común: propio: concreto: colectivo:

abstracto: contable: incontable: individual:

6- Que diferenza existe entre sufixos alterativos e derivativos? Pon exemplos.
7- LINGUA E SOCIEDADE: Cal é a lingua dos nosos avós? É a mesma lingua que a que nós usamos habitualmente? Cales son os motivos? Razóa a resposta:
8-LÉXICO: Define coas túas palabras: Caveira, Camposanto, Paxaro da morte, Morte Branca, Morte Moura / calofrío/ Machismo/ Feminismo .
Indica os sinónimos da saúde: anteollos, sandar, hematoma, oftalmólogo, proído.


9- LITERATURA:
Un veciño de Doade, Sober (Lugo) cruzaba de noite polo camposanto parroquial e viu un vulto, e saír del un relampo cativeiro como o dun lucecú; claro que era inverno e non era probable que fose este insecto a orixe daquela luz. Sen pensalo moito deulle unha patada e aquilo botouse a rolos, e mesmo lle pareceu que xemía un algo.
Chegou á casa e dispúxose a cear o que lle amañara a muller. Foi entón cando viu sobor do mesado unha caveira de morto.
O home, coma se nada, díxolle á caveira:
—Se queres cear dígolle á miña muller que se poña prato.
A caveira respondeu:
—Non, non quero cea, só veño para dicirche que non respetaches o meu descanso e que mañá irás facerme compaña ao camposanto.
b) COMPRENSIÓN LECTORA: Indica e comenta no seguinte texto:
Narrador:
Tempos:
Espazos:
Personaxes:


10-EXPRESIÓN: Redacta un texto sobre: Os xéneros literarios. Define en canto aos contidos que os diferencian, os distintos nomes que reciben e as formas que adoitan usar (non menos de 10 liñas).

2ª AVALIACIÓN:

1- O NOME DAS COUSAS: oito palabras para cada paisaxe:
2- Escribe dous exemplos de campos semánticos . Que é un préstamo lingüístico? Define e pon exemplos
3- Analiza e substitúe OD e OI polos pronomes átonos que correspondan:
Sempre mandou unha carta para ti.
O teu fillo botou tomate ás albóndigas.
Contou un chiste e deu as grazas aos presentes.
Nunca fixen un agasallo para vós.
Quen dará a sorpresa aos veciños?
Escribimos un poema para a homenaxeada?

4- Coloca nas seguintes oracións te/che (fíxate se son OD ou OI):
… deixo … aquí o libro, que xa o lin.
Eu … vou … facer… un favor, pero logo tesmo que devolver.
Non … queixes … tanto, que esa ferida non é nada.
… votaron… porque pensan que es a mellor para delegada.
… matar… era pouco, mira que dicirlle que non … gustaba … o pan!
Pero alguén … avisou … para que non foses?

5- As variedades da lingua (enuncia brevemente como se producen)

6- LITERATURA: Medir versos e tipo de rima, indicar tipo de estrofa e se son arte maior ou menor:
7- Rosalía biografía, obra e temáticas: (mínimo 10 liñas).

8- Por que é un tesouro o Pergamiño Vindel? Quen é Videl? Quen é Martín Códax?

9- EXPRESIÓN: Unha visita didáctica ao Museo do Mar de Vigo.


10- PLAN LECTOR: A COVA DA MOURA: Escolle unha das dúas
A) Analizando as intencións da autora.
B) As mulleres de onte e de hoxe e o Castelo de Soutomaior.

3ª AVALIACIÓN:

1- OS NOMES DAS COUSAS: Escribe o nome de 10 aves de Galicia. Explica que son os seguintes conceptos: xesta, maio humano, embarcacións de maio, fiúncho, toxo, espadana, pampullo, maceira, loureiro, nogueira, patagullo, un sinónimo de lucecú.
2- TRADICIÓN ORAL: Comprensión e expresión. Cal é o tema deste relato da tradición oral. Que é a fada? Explica como cres que o protagonista se podería librar da fada?
Durmían dous, dos sete irmaos, xuntos ao cuberto. A medianoite un deles ergueuse para ir ouriñar e avisoulle ao outro que volvería axiña, que non se movera. Nada máis marchar o que quedara dentro mirou a porta aberta pola que saira o seu irmao, asomouse sen facer ruído e fóra viu envorcallaba o seu irmao na terra das toupeiras para transformarse. Logo dun tempo regresou para a cama co seu aspecto humano. Traía as roupas rachadas e o seu irmao maior díxolle:
- Agora xa sei que es o lobo da xente.
-Son. Pero non cho quixen dicir.
Logo agarimouno antes de lle explicar como ía librar da fada…





3- Substitúe o OD e OI polos pronomes átonos que correspondan e colócao onde e como correctamente:
Exemplo: Facía un poema para o seu amigo: Facía o (OD) + lle(OI)= Facíallo
Botei o sal ás lentellas.
Como non ensinaches os deberes aos profesores?
Latexaba o corazón ás rapazas na alborada
Teu pai mercou un piso para vós.
Saúda a Xurxo da miña parte.
Nunca mercarei unha bicicleta para ti.
Coloca só no oco onde corresponda nas seguintes oracións te/che (fíxate se son OD ou OI):
…..busquei …. o libro
Non …… lanzaron …. o balón.
…. esperei….. na rúa a que …. deran ….. o coche.
Sempre…. chegaron….. os cartos.
Que ……dixo ….. que ….. quería …. ver….. onte?

4- Que é un prexuízo? Pon dous exemplos de prexuízos lingüísticos co galego.

5-CONXUGA:
Presente de Indicativo IR:
Presente Subxuntivo PODER:
Pretérito. Subxuntivo HABER:
Antepretérito Indicativo DICIR:
Ti ....................... algo. ( 2 sing. Copretérito SABER )
A nosa fábrica .....................o ano pasado cen mil coches. (3 sing. pretérito Ind.PRODUCIR)
Eu a el non lle .....................axudar. (1 sing.pretérito Ind. PODER)
Oxalá que lla ...................de corazón. (3 singular presente Subx. DAR )

5- ORTOGRAFÍA: USO de B ou V
_asoira _ir _i_ir _e_er _oda _iaxe a_ogado a_aliación _oar _óla hidroa_ión
imposi_le _ol_oreta ha_itar_le. _aleiro _isa_ó co_arde mó_il gra_ar distri_uír _ra_o ad_er_io
7-EXPRESIÓN: A muller galega ao longo dos tempos: Comenta a situación da muller na Idade Media, no século de Rosalía, no século XX e nos nosos días. (Mínimo 20 liñas)
8-PLAN LECTOR: Explica o papel da muller na novela Tras da sombra do Bruxo.
9-LITERATURA: Define teatro, e explica a tipoloxia dun texto dramático.
Cales son os subxéneros teatrais, defíneos brevemente.

10-LETRAS GALEGAS 2018: Vida (mínimo 10 liñas) e obra (mínimo 10 liñas) de____________________________

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-07-2018 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
Recomendacións de lecturas para o verán
Un par de libros en galego recomendables para quen gusta ler e teña todo aprobado:

Unha saga de aventuras, amor...e algo máis que descubrirás lendo: DRAGAL de Elena Gallego Abad.


Dragal I, A herdanza do dragón, Elena Gallego Abad, Xerais, 264 páxs.
Dragal II, A metamorfose do dragón, Elena Gallego Abad, Xerais, 360 páxs.
Dragal III, A fraternidade do dragón, Elena Gallego Abad, Xerais, 320 páxs.
Dragal IV, A estirpe do dragón, Elena Gallego Abad, Xerais, 360 páxs.

Cando petan na porta pola noite. Un libro dun autor que acaba de morrer, Xabier P.Docampo, que gañou no seu día o Premio Nacional de literatura xuvenil con esta obriña con varios relatos de medo. Cando petan na porta pola noite, Xavier P. Docampo, Xerais, 96 páxs.

Amor dos quince anos, Marilyn, Agustín Fernández Paz, Xerais, 176 páxs.

Trece anos de Branca, Agustín Fernández Paz, Edebé, 98 páxs.

Contos por palabras, Agustín Fernández Paz, Xerais, 112 páxs.

Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 03-07-2018 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal