blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PROBA DE SETEMBRO
1- GRAMÁTICA:
- Tipos de palabras (páx. 23 ou consultar no blog.)
- Pronomes átonos e tónicos (páx. 150-151 e 170-171 do libro)
- Verbos regulares (ademais do libro, anexo páx. 275, no blog ou na libreta).
- A colocación pronomes átonos (páx. 170-171 do libro repaso 2ª avaliación) (Exercicios prácticos) No blog.
- Verbos irregulares (páx. 276-280).

2-LÉXICO E ORTOGRAFÍA, PRODUCIÓN DE TEXTOS, EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA.(Acentuación, casos especiais e acento diacrítico páx. 41,61 e 81 e repaso aos signos de puntuación na segunda avaliación).

3- LITERATURA: Xéneros literarios: Narrativa (páx. 66-67) e Lírica (páx.114-115). O teatro (páx. 202-203 e 222 -223 do libro).

4- LECTURA e COMPRENSIÓN LECTORA: (Proba de comprensión lectora no caso de tela pendente) E Xoel aprendeu a voar de Marica Campo. Haberá unha pregunta na proba de setembro.

OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE (Haberá unha pregunta da lectura na proba). Podes ver a obra no blog.

5- SOCIOLINGÜÍSTICA: Os prexuízos (síntese das páx. 196, 216, 236 e 256 do libro).

6- No blog da materia :
- O autor do Día das Letras Galegas 2020.
- O himno galego (I) e Fogar de Breogán (II)

7- TRADICIÓN ORAL: OS lobishomes, O mes de defuntos e os mouras e mouras. ( no blog e libreta do curso)

Podes consultar en detalle probas modelo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-06-2020 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
RECOMENDACIÓNS PARA O FINAL DO CURSO 2019/20
Imos saber que tres recomendacións faremos a falta de folión ou fogueiras comunitarias de San Xoán.

En primeiro lugar, cinco minutiños para cumprir coa tradición nada mellor que ir buscar o cacho de San Xoán, as 7 herbas e as augas de 7 fontes:





En segundo lugar recomendamos escoitar música galega relacionada coa data de San Xoán: Noite de San Xoán, cantiga feita a partir dos versos do autor do himno galego, Eduardo Pondal, que escribiu para esta noite máxica. A segunda sobre os Feitizos:





E como xa estamos entrando no verán, imos recomendar finalmente unha serie de lecturas para este tempo de lecer:

A saga de aventuras do Dragón galego:
DRAGAL escrita por unha xornalista e escritora marinense, Elena Gallego Abad.



A historia de Ith, fillo de Breogán de Silvestre Gómez Xurxo.

E finalmente unha lectura que toca temas como a amizade, a aventura, o misterio e o amor.

O BOSQUE PÁLIDO de Jaureguízar.

Boa lectura e boas vacacións!!

Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 18-06-2020 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA LENDA HISTÓRICA
Hoxe toca coñecer os amores tráxicos de Floralba e o peregrino no castelo de Sobroso en Ponteareas.


Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 17-06-2020 08:24
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS E CANTOS DE MARÍN
Disque contan os nosos avós que na praia de Mogor hai unha serea (non unha sirena que iso é unha bucina) falamos dun ser máxico co corpo dunha muller, pero con cola de peixe que seica canta moi ben. E un deses avós de Mogor tamén contou que nunha cova da illa agochábase un tesouro dos mouros, disque esa é a Illa de Ons, pero que nos saibamos nesta illa polo menos hai unha cova da moura no Castro e outra furna ou buraco chamado do Inferno:
"Hai un buraco que se tiras unha pedra óese como se estiveras cortando unha árbore. Por terra non se pode ir pero por mar sí, e cando a marea está chea mírase a auga desde enriba”... “En días de temporal óense berros e salaios das almas que ten atrapadas o diaño”... “Un soldado ao achegarse sentiu como se o estiveran empuxando para que caíra e así pasou. Foron varias as expedicións a dentro del, pero non o atoparon. Sospeitase que o soldado estea nun asento de pedra”...

Subamos nun barco con dous do continente a ver que nos contan alí:



E logo xa de volta, como empezabos falando dos cantos das sereas, nunha taberna mariñeira escoitamos un canto mariñeiro que fala de Marín.

En Marín tamén é terra de cantos, consérvanse cantos populares. Podes coñecer no vídeo do seguinte enlace a historia dunha cantiga emblemática de Marín a do Rodaballo:

Nunha lancha de Marín
coa proa de carballo, BIS
catro rapaces da Pobra
ui, ai, ai
roubaron un rodaballo.BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa

O patrón que os mandaba
tamén era de Marín BIS
e díxolle ao rodaballo:
ui, ai, ai
moito miras para min! BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa

Fórono vender á lonxa
e con moito disimulo BIS
e quen o foi a comprar
ui, ai, ai
a filla do Cachirulo! BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa

Aquí se acaba a historia
deste peixe rodaballo BIS
que por non haber aceite,
ui, ai, ai,
houbo que comelo asado. BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa


Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 11-06-2020 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
LENDA DE SANTA MARIÑA
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 09-06-2020 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
RECUPERACIÓN DE XUÑO 2020
A causa do confinamento, como xa se vos comunicou, os alumnos/as puideron ir recuperando a materia pendente de Lingua e Literatura Galega a través da realización de actividades de diversa índole remitidas polo profesor semanalmente e devoltas a través do correo electrónico da materia. Para aqueles que amosaron problemas telemáticos (que son casos puntuais) o centro habilitou neste período un sistema de entrega de traballos semanal para poder recibir e remitir o material pertinente.

Os alumnos/as que non optaron por esta fórmula saben que deberán realizar unha proba telemática oral co profesor :

1º ESO A: 5 de xuño á partir das 9,30 horas.
1º ESO B: 5 de xuño á partir das 12 horas.

Dita proba será sobre contidos dados presencialmente, claro está, ben na 1ª e/ou na 2º avaliación:

1ª avaliación.
2ª avaliación.

A seguir indicamos os contidos básicos destas dúas avaliacións:

1- GRAMÁTICA: Tipos de palabras (páx. 23 ou consultar no blog.) pronomes átonos e tónicos (páx. 150-151 e 170-171 do libro) e verbos regulares (ademais do libro, anexo páx. 275, no blog ou na libreta).

2-LÉXICO E ORTOGRAFÍA, PRODUCIÓN DE TEXTOS, EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA.(Acentuación, casos especias e acento diacrítico páx. 41,61 e 81 e repaso aos signos de puntuación na segunda avaliación).

3- LITERATURA: Xéneros literarios: Narrativa (páx. 66-67) e Lírica (páx.114-115).


4- LECTURA e COMPRENSIÓN LECTORA: (Proba de comprensión lectora no caso de tela pendente) E Xoel aprendeu a voar de Marica Campo.


Ademais os contidos abordados nesta 3ª avaliación son:

1- GRAMÁTICA: A colocación pronomes átonos (páx. 170-171 do libro repaso 2ª avaliación) (Exercicios prácticos). Verbos irregulares ( páx. 276-280).

2- LECTURA e COMPRENSIÓN LECTORA: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE (Proba da lectura).

3- SOCIOLINGÜÍSTICA: Os prexuízos (síntese das páx. 196, 216, 236 e 256 do libro).

4- LITERATURA E TRADICIÓN ORAL: O teatro (páx. 202-203 e 222 -223 do libro).

No blog.: Día das Letras Galegas. O himno galego.

5- USO DE LÉXICO, PRODUCIÓN DE TEXTOS E EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA. ( Blog e distintas páxinas do 3º trimestre que iremos detallando)


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-06-2020 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal