blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PROBAS SETEMBRO MODELO II
Podes consultar tamén o MODELO I (máis abaixo)
Nome:…………………………………………LINGUA E LITERATURA GALEGA Unid. 7, 8 e Vbos. II
1. Ponlle til ao texto e resume nun parágrafo: En terras de Viana do Bolo habia un pai que coidara a sua filla como a unha señora, e pensaba casala cun curman riquisimo. Pero ela namorouse dun pegureiro dos rabaños de seu pai e rexeitaba os proxectos paternos.
Seu pai ao saber deses amores encerrou a filla. O amante logrou liberala e fuxiron. O pai perseguiunos mais non os alcanzou. Enton, irritado, maldiciuna desexando que se convertese en loba.
En efecto, a moza despois de envorcallarse nunha lameira, transformouse nun lobishome e inmediatamente, devorou ao seu noivo. Esa morte choraa logo con profunda tristeza, cada vez que recobra o aspecto humano. Amargada da vida, actua coma unha besta feroz, mata por pracer a xente e ataca con saña aos rabaños, especialmente os de seu pai.
Organizase unha batida e os cazadores acosana durante varios dias, logrando cercala e dispararlle. Pero os tiros non lle fan dano.
Dende aquela desapareceu para sempre e nunca mais se soubo dela.

2. Localiza os pronomes tónicos que haxa. Están ben escritas as frases “dos rabaños de seu pai” ou “ seu pai ao saber dos amores” razóa a resposta.
3. Escolle o enunciado correcto:
a) Quero que mañá veñas conmigo. b) Non irei contigo a ningures.
c) Ninguén vai vir con migo? d) Irei con vos.
4. Completa os seguintes enunciados coa palabra que corresponda en cada caso.
escoadoiro - funil - grella - gabeta - molleira – friameira

Déixoche as chaves da casa na __________ da cómoda da entrada.
Non deixes a pasta no __________ que vai arrefriar.
Que saborosa está esta peituga de polo á __________.
Será mellor que a salsa a poñas nunha __________ e non na pota.
Na neveira hai unha __________ azul cun pouco de queixo; achégama, por favor.
Colle o __________ para botar a auga na botella pequena, se non has verter todo.
5. Realiza unha descrición obxectiva e connotativa dun obxecto ou persoa:
6. Completa os seguintes enunciados con h ou Ø:
• Contoume unha _istoria dun _árabe que era moi _umana e chea de _umor.
• _enrique tivo un accidente moi grave e levárono ao _ospital nun _elicóptero.
• _ola! Díxolle Óscar ao novo _óspede do _ostal.
• Caeu do _órreo e rompeu varios _ósos da perna, entre eles o _úmero.
• O seu _irmán está de vacacións nun poboado _indú.
• _elena vai a clases para aprender a tocar a _arpa.
• Non nos deixaron pasar ao concerto porque está proi_bida a entrada a menores.
7. Completa con r ou rr, segundo corresponda.
• vice_ei
• out_o
• xen_o
• pre_ogativa
• a_edor
• _ítmico
• to_tura
• ho_o_oso
• hon_ado
• xen_o
8. Coloca os indefinidos que cumpran nos espazos en branco:
• A min ____________ me preguntou por ti.
• ____________ pode facelo.
• ____________ días do ano facendo o mesmo.
• Temos ____________ opcións pero alternativas só ____________.
• Non teño ____________ lapis que estea afiado.
• Neste caso nin con ____________ nin con ____________.
• Acabo de ver ____________ movéndose naquela silveira.
• Son ____________ alumnos na clase.
9. Emparella cada prefixo co seu significado e logo escribe unha palabra que o exemplifique.
peri- moito, diverso
hipo- mil
hemi- diminución
quilo- ao redor de
neo- medio, metade
poli- novo

10. CONXUGA o presente de IND e SUBXuntivo, o pretérito perfecto e copretérito de IR, FACER, SABER e TRAER.

Nome:……………………….......LINGUA E LITERATURA GALEGA Unid. 9, 10, 11, 12 e Vbos. III
E para demostrarme que tiña razón foi inspeccionar o souto que lle servira de tobo á fera. Entrei detrás del, sentindo como a cada paso me chantaban un cravo entre as costelas. O can negouse en redondo a meterse alí e agardounos fóra. Todo o chan estaba como eu xa agardaba remexido como se o animal se envorcallase alí. Nun cornello un envurullo de roupas de muller. O meu pai desfixo o atadallo e estendeu as pezas a blusa a saia o corpiño e a roupa interior unhas botas uns carpíns.
—O lobo debeu devorar algunha muller.
—Meu pai, iso non pode ser.
—Talvez a pastora da que nos falaron, ou outra.
—E trouxo as roupas deica acó? E dobrounas e atounas?
—Non o sei.
—Esas non son roupas de pastora.
—Pois logo cal é a túa explicación?
—Non teño ningunha, meu pai. Pero...
—Pero que?
—As roupas non teñen nin unha soa pinga de sangue.
Xosé Miranda: Pel de lobo
1- Indica en que estilo está a parte dialogada do texto, para logo transfórmaa ti e escríbea no estilo contrario.

2- No primeiro parágrafo do texto, pon comas e localiza os pronomes átonos existentes e indica que función desempeñan.

3- Escolle a opción correcta:
a) Tivo que ser alguén coñecido quen díxocho.
b) Xa che teño dito que non te quero ver así vestido.
c) Che me contou unhas cousas interesantísimas.
d) Eu xa sabía que te era un home moi listo.
e) Chameite onte pola tarde.
f) Chameiche onte pola tarde.
g) Che chamei onte pola tarde.
h) Te chamei onte pola tarde.

4-- Substitúe o subliñado por un pronome átono.
a) Colleu as lambetadas ao irmán.
b) Tirou a pucha sobre a mesa.
c) Fixo os deberes para a clase de galego.
d) Recollín uns vídeos para o meu pai.
e) Preguntou a lección aos rapaces.

5- Enche os ocos co verbo que vai entre parénteses.
• Esta noite non ____________ (1ª sg. presente de indicativo: durmir) na túa casa.
• Se ____________ (2ª sg. presente de indicativo: descubrir) algunha cousa nova, chámame.
• ____________ (2ª sg. imperativo: seguir) loitando polas túas ilusións e chegarás moi alto.
• Os leóns do parque ___________ (3ª pl. presente de indicativo: ruxir) dun xeito estremecedor.
• ____________ (1ª pl. presente de indicativo: sentir) moito a súa morte.
• Estou segura de que _____________ (3ª pl. presente de indicativo: mentir) cando falan do que aconteceu.

6-Escribe o topónimo correcto para cada un dos incorrectos que van a seguir:
Rianjo: ______________. Seijo________________
Sanjenjo: ______________. Cantodarena________________
La Coruña: ______________. La Laje___________________
Puenteareas: ______________.

7- Indica en que bloque dialectal foron pronunciadas as seguintes frases:
Teño os pantalóns manchados de andar na corte das ghaliñas: __________
É obrigatorio que os camiós leven as luses acesas polo día: __________
Eu quero que vaiamos comer a Lindín, e tu?: __________
Arránxame os baixos dos pantalois para que só se vexa a punta do zapato: __________

8-Escribe s ou x segundo corresponda:
ei_e e_tender e_ilio e_ame madei_a e_cavadora sinta_e
e_terno e_trañar a_ila
e_a_erar apro_imar e_i_ir le_icolo_ía e_hibir

9-Escribe V ou B:
_asoira _ir
_iaxe a_ogado
_oar _óla imposi_le
_ol_oret a _aleiro _isa_ó co_arde
mó_il gra_ar distri_uír

10-Diferenzas entre os tres xéneros literarios estudados de contido e forma

Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 24-06-2008 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
PROBRAS SETEMBRO MODELO I
Nome:………………………………………LINGUA E LITERATURA GALEGA Unidade 0 e 1 (preavaliación)
1- Comprensión lectora: Le a seguinte cita de SEMPRE GALIZA de Castelao e contesta as preguntas.
“Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das pampas arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. ¿E sabedes por que? Porque os pobres animais aínda están no idioma universal.”
Que caracteriza ao ser humano fronte as restantes especies animais?
2- Le agora estes dous textos e logo contesta: A)“Un idioma non nace pola vontade xenial dun grupo de homes; nace pola disposición psicolóxica dun pobo, que, en condicións históricas favorables, crea unha cultura e a súa correspondente maneira de expresión. Porque un idioma é o corpo sensible dunha cultura, e todo atentado á lingua peculiar dun pobo representa un atentado á súa cultura peculiar..” CASTELAO
B)“Eses que viven de costas ás orixes dificilmente poderán redimirse da servidume do mimetismo. ¿Que cousa máis orixinal que a lingua dun pobo, xerada por accións e reaccións seculares entre o home e a Natureza, para facelo diverso no universo? (...)” ANTÓN VILAR PONTE
Como nace un idioma? Que cres que significa a expresión “redimirse da servidume do mimetismo?Por que parece tan importante ser orixinais no universo?
3- OS NOMES DAS COUSAS:Vocabulario da aula: Ás veces úsanse incorrectamente palabras tomadas ou “ traducidas” do castelán en vez das formas galegas propias. Escribe estas oracións substituíndo cada castelanismo pola palabra correcta en galego:
- ¡Que mala sorte, ho! Mira que quedarche o estuche cos lápices na casa!
- Quere que lle cambie esta grapadora polas tixeiras e que con aquel dibuxo lle aprobe o bachillerato .
- Colle a tiza escribe na pizarra que no ximnasio hai que saltar o potro.
- Fixo un resumen que lle ocupaba só dous párrafos e logo o examen deixouno en blanco.
- O maestro sentou por orden alfabética aos alumnos da clase e puxo no tablón de anuncios as cinco vocales.
4- Emparella cada definición coa enfermidade que lle corresponde:
a)-Tumor pequeno na pel , de pequena extensión, duro e doloroso. 1-bronquite
b)-Inflamación dos bronquios. 2-espulla
c) Dor dos músculos do pescozo que impide xirar a cabeza 3-furuncho
d) Inflamación do apéndice que sae do intestino groso. 4-cabaleiro
e)Excreción benigna , pequena, arredondada e escura que sae na pel. 5-apendicite

5- COMUNICACIÓN: Nun principio as linguas eran orais. Que significa isto?
-Logo apareceu a escrita que vantaxes presenta este tipo de comunicación?
6- Cales son os elementos que interveñen na comunicación. Explícamo con dous exemplos: unha conversa entre dous amigos e no momento en que les un libro.

7- Ordena alfabeticamente: receita, cabaza, ampola, andel, calacú, andazo, vacina, varíola, pílula, pediatría.
8- A LINGUA POR DENTRO: define texto, parágrafo, oración e frase.
9- ESCRIBIMOS BEN: Que é un texto coherente:
-Cando un texto está cohesionado:

10- Agora redacta un texto sobre as linguas no mundo no que me sinales os parágrafos e subliñes un exemplo dunha frase, dunha oración simple e dunha oración composta.


Nome:…………………………………….…LINGUA E LITERATURA GALEGA Unid. 0,1,2,3,4 (puntuación)
Comprensión lectora:
“Distinguido señor:
Da mesma maneira que a xente felicita os amigos cando se cumpren anos do dia que naceu eu enviolle a miña felicitacion porque hoxe e o aniversario do dia no que vai morrer. Pareceralle unha broma, pero podo asegurarlle que non o e. Eu sei perfectamente que vostede morrera tal dia coma hoxe (permitame que non lle diga nada de que ano, todo chegara). Eu sei que de primeiras, isto pode parecerlle unha mala nova, pero unha vez que vostede se repoña da sorpresa inicial e medite un pouco, darase de conta de que mais que outra cousa isto e un privilexio, porque lle permitira poder facer unha preparacion que a poucos lles esta permitida, xa que os homes deron en vivir coma se nunca fosen morrer. Nada hai tan certo e seguro coma a morte para o home, por tanto, calquera outro acontecemento dos que nos poidan suceder son moito mais alleos a nos.
Permitame pois que me despida, por esta, de vostede, desexandolle un feliz dia do seu cumpremortes.”
Xabier P. Docampo: Cando petan na porta pola noite, Xerais (adaptado)
1- ESCRIBIMOS BEN: ACENTÚA O TEXTO E INDICA se hai algún til diacrítica, que significa iso acompaña outros dous exemplos de uso de tíl diadrítica:
2- OS NOMES DAS COUSAS: Ponlle nome a este corpo (Unha ilustración dun corpo humano)
3- LITERATURA E FORMAS DE COMUNICACIÓN: Explica brevemente as peculiaridades da lingua literaria.
4- A QUÉ RELATO DA LECTURA PERTENCE o texto 1. Indica qué o tipo de narrador, qué tipo de modo de discurso usa o autor.
5- FORMAS DE COMUNICACIÓN: Cales son os tres xéneros literarios fundamentais e cómo se definen.
6- Que caracteriza ao ser humano fronte as restantes especies animais segundo Castelao?
7- A LINGUA POR DENTRO: Identifica Suxeito e Predicado, analiza as funcións ou tipo de complementos das oracións:
Ith percorreu todas as illas dende a torre.
O home soñador preparaba unha viaxe longa polo mar cara unha terra descoñecida.
Fixeron tres naves para trinta homes.
Leveiche a roupa cara a barca onte pola noite.
8- Busca nas anteriores oracións unha frase nominal e unha substantiva e analízaa seguindo a árbore aprendida:
9- LINGUA E SOCIEDADE: Explica a orixe e formación do galego até o seu nacemento:
10- Qué é o indoeuropeo,
qué significa que o galego é unha lingua romance?

Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 24-06-2008 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
PROBAS DE SETEMBRO
LINGUA E LITERATURA GALEGA 1º ESO Xuño 2008
Os temas do libro son 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10 e 11 e o anexo do libro de aula dedicado a léxico, pronomes e verbos. Destes temas especialmente os apartados dedicados á lingua por dentro, escribimos ben e os nomes das cousas.
De todos os xeitos o exame de setembro constará dos apartados seguintes: Comprensión lectora (traballo cun texto breve), os nomes das cousas (léxico), a lingua por dentro (gramática), lingua e sociedade (historia da lingua e sociolingüística). Escribimos ben ( ortografía e expresión) e Literatura e formas de comunicación) ( conceptos básicos de literatura e tipoloxía de textos, xéneros literarios…)
Na web do Colexio, http://www.colexiosannarciso.com/ no blog de galego 1º ESO A ou B estarán probas modelo que se fixeron durante o curso para que poidan preparar por elas os exercicios tipo que terá que superar nas probas de setembro.
As competencias básicas : Uso de vocabulario básico, uso do galego correcto sen uso de formas en castelán, elaboración e comprensión de textos de xeito adecuado e diferentes contextos, elaboración dun texto sinxelo e organización dun pequeno esquema ou resumos (sintetizar a información) uso do dicionario e valoración da manifestacións dos diversos xéneros literarios.

Lecturas recomendadas para 1º ESO: É conveniente que realicen unha das seguintes lecturas
- O MUNDO PERDIDO, A. Conan Doyle(Edicións Positivas)
- TRECE ANOS DE BRANCA, Agustín Fdez Paz ( editorial Rodeira)
- ESTÁS NA LÚA, Carmen Montalbán ( Kalandraka editora)
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 24-06-2008 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal