blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VIDA E GRANDES LOGROS DE XOSÉ MARÍA

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Foi escritor de poesía, novela e teatro; investigou a literatura galega do pasado, o folklore e a prehistoria e foi o cofundador da primeira editorial no noso idioma. Son algúns dos méritos polos que Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985) acaba de pasar a engrosar a listaxe dos homenaxeados no Día das Letras Galegas. A Real Academia Galega decidiu que o 17 de maio do 2008 honre a súa figura.
 
Xohán Xesús González, Lois Pereiro, Fiz Vergara Vilariño, Eusebio Lorenzo Baleirón, Carvalho Calero, Ernesto Guerra da Cal ou Jenaro Marinhas del Valle eran algúns dos nomes que figuraban nas quinielas para o Día das Letras Galegas de 2008. Este sábado, os membros da Real Academia Galega decidiron que tal honra recaera en Xosé María Álvarez Blázquez, candidatura que apoiaba o concello no que naceu este polifacético galeguista hai case cen anos.

O Álvarez escritor
Premio finalista do premoi Nadal de novela en 1944, premio “Historia” dos Xogos Florais de Vigo, premio de poesía do CEBA en 1954, premio de novela Pérez Galdós en 1955, premio de novela “López Cuevillas”… son algúns dos múltiples recoñecementos que Xosé María Álvarez Blázque recibiu pola súa prolífica obra literaria que arrincou en Pontevedra en 1932 co poemario “Abril”. Despois chegarían obras como “Poesía do teu mencer” ou “Romance dos pescados peleriño”. Poemarios que reivincaban un espazo popular e de ampla difusión que el tanto buscou para a lírica galega. E que resolveu con gran acerto que ata compositores como Rogelio Groba ou Freitas Braunio puxéronlle música ás súas letras. Pero non foi o único xénero que cultivou. Como autor teatral escribiu “O zapato do cristal”, que foi escenificado en Vigo o 2 de xaneiro de 1947, ou “Os pazos altivos”, unha comedia en tres actos en verso que foi estreada en Xixón o 11 de xuño de 1947. Como novelista deixou títulos como “Os ruíns”, “Una cabaña en el cielo” ou “ Apega rabilonga e outras historias de tesouros”.

O Blázquez comprometido
O seu compromiso con Galicia fica ben claro en todo o seu universo literario pero, non conforme con isto, en 1950 funda Edicións Monterrey, a primeira editora en lingua galega. Unha empresa que refunda en 1967 baixo o nome de “Castrelos” da que foi o seu director-xerente. Á fronte de Castrelos publica o primeiro best-seller da literatura galega “O catecismo do labrego” de Valentín Lamas Carbajal. Sería a obra que inaugurou a colección literaria “O moncho” coa lenda de “Libro de pobo para o pobo” que tivo moi boa acollida.

Entre as inquietudes de Xosé María estaba a arqueoloxía, que se plasma en descubrimentos como a serie de lendas sepulcrais da época romana en Vigo, das industrias paleolíticas do Baixo Miño e das Gándaras de Budiño, dos restos dunha instalación romana de obtención de aceite de diva en Teis (Pontevedra) dunha cisterna con pezas funerarias da época de bronce en Atrios, tamén en Ponteverda.

Completa o perfil deste polifacético galeguista a súa relación cos medios de comunicación. A BBC de Londres, Radio Vigo xunto con cabeceiras de Galicia, Portugal e América convertéronse en altofalantes asiduos das súas ideas, as mesmas que expuxo en numerosas conferencias tanto en España como no estranxeiro. Agora, a Real Academia Galega, da que foi membro numerario, acaba de determinar que o 2008 sexa o seu ano. No que se recuperará abondoso material que permanece inédito, pequenos anacos que servirán para completar o crebacabezas deste intelectual que ten unha obra tan ampla como dispersa.
CULTURAGALEGA PUNTO ORG - Santiago - 2 do 7 de 2007 Xosé María Álvarez Blázquez será o novo homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008 Foi escritor de poesía, novela e teatro; investigou a literatura galega do pasado, o folklore e a prehistoria e foi o cofundador da primeira editorial no noso idioma. Son algúns dos méritos polos que Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985) acaba de pasar a engrosar a listaxe dos homenaxeados no Día das Letras Galegas. A Real Academia Galega decidiu que o 17 de maio do 2008 honre a súa figura.
Xohán Xesús González, Lois Pereiro, Fiz Vergara Vilariño, Eusebio Lorenzo Baleirón, Carvalho Calero, Ernesto Guerra da Cal ou Jenaro Marinhas del Valle eran algúns dos nomes que figuraban nas quinielas para o Día das Letras Galegas de 2008. Este sábado, os membros da Real Academia Galega decidiron que tal honra recaera en Xosé María Álvarez Blázquez, candidatura que apoiaba o concello no que naceu este polifacético galeguista hai case cen anos.

O Álvarez escritor
Premio finalista do premoi Nadal de novela en 1944, premio “Historia” dos Xogos Florais de Vigo, premio de poesía do CEBA en 1954, premio de novela Pérez Galdós en 1955, premio de novela “López Cuevillas”… son algúns dos múltiples recoñecementos que Xosé María Álvarez Blázque recibiu pola súa prolífica obra literaria que arrincou en Pontevedra en 1932 co poemario “Abril”. Despois chegarían obras como “Poesía do teu mencer” ou “Romance dos pescados peleriño”. Poemarios que reivincaban un espazo popular e de ampla difusión que el tanto buscou para a lírica galega. E que resolveu con gran acerto que ata compositores como Rogelio Groba ou Freitas Braunio puxéronlle música ás súas letras. Pero non foi o único xénero que cultivou. Como autor teatral escribiu “O zapato do cristal”, que foi escenificado en Vigo o 2 de xaneiro de 1947, ou “Os pazos altivos”, unha comedia en tres actos en verso que foi estreada en Xixón o 11 de xuño de 1947. Como novelista deixou títulos como “Os ruíns”, “Una cabaña en el cielo” ou “ Apega rabilonga e outras historias de tesouros”.

O Blázquez comprometido
O seu compromiso con Galicia fica ben claro en todo o seu universo literario pero, non conforme con isto, en 1950 funda Edicións Monterrey, a primeira editora en lingua galega. Unha empresa que refunda en 1967 baixo o nome de “Castrelos” da que foi o seu director-xerente. Á fronte de Castrelos publica o primeiro best-seller da literatura galega “O catecismo do labrego” de Valentín Lamas Carbajal. Sería a obra que inaugurou a colección literaria “O moncho” coa lenda de “Libro de pobo para o pobo” que tivo moi boa acollida.

Entre as inquietudes de Xosé María estaba a arqueoloxía, que se plasma en descubrimentos como a serie de lendas sepulcrais da época romana en Vigo, das industrias paleolíticas do Baixo Miño e das Gándaras de Budiño, dos restos dunha instalación romana de obtención de aceite de diva en Teis (Pontevedra) dunha cisterna con pezas funerarias da época de bronce en Atrios, tamén en Ponteverda.

Completa o perfil deste polifacético galeguista a súa relación cos medios de comunicación. A BBC de Londres, Radio Vigo xunto con cabeceiras de Galicia, Portugal e América convertéronse en altofalantes asiduos das súas ideas, as mesmas que expuxo en numerosas conferencias tanto en España como no estranxeiro. Agora, a Real Academia Galega, da que foi membro numerario, acaba de determinar que o 2008 sexa o seu ano. No que se recuperará abondoso material que permanece inédito, pequenos anacos que servirán para completar o crebacabezas deste intelectual que ten unha obra tan ampla como dispersa.

Alejandro Buceta Domimguez
Comentarios (2) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-05-2008 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS
XORNAL I A Coruña.- O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o día 30 de xuño de 2007 acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2008 ao egrexio tudense Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 - Vigo, 1985). Así mesmo, nomeouse Académico de Honra da Real Academia Galega a John Rutherford (Saint Albans, Inglaterra, 1941).

Xosé María Álvarez Blázquez publicou en vida tres libros de versos: Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950) e Canle segredo (1976). Se Poemas de ti e de min paga un belo tributo ao popularismo, ao imaxinismo e ao neotrobadorismo, Roseira do teu mencer, constitúese como un libro profundamente conmovedor, pois ninguén ten cantado tan altamente na nosa lingua a emoción da paternidade. En canto a Canle segredo, é un libro grave, sabio e fondo do que Ferrín dixo que se se publicara no tempo en que foi escrito tería sido o sinal dun cambio de rumbo da poesía

DIEGO FILGUEIRA GARRIDO
Comentarios (1) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-05-2008 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé María Álvarez Blázquez
XOSE MARIA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

1915, Tui - 1985, Vigo
Poeta, narrador, ensaísta, historiador e editor
A figura elixida para o Día das Letras Galegas 2008 é unha das máis polifacéticas da nosa literatura. Membro dunha ampla saga de literatos, Xosé María Álvarez Blázquez cultivou múltiples xéneros, desenvolveu unha extensa actividade investigadora en literatura, historia e xeografía, dedicouse á docencia e á arqueoloxía, foi articulista e orador e levou a cabo un traballo crucial a prol das nosas letras como fundador e animador das editoriais Monterrey e Castrelos.
Nado no seo dunha familia da pequena burguesía ilustrada, Álvarez Blázquez axiña tivo contacto co galeguismo ao ingresar na Federación de Mocedades Galeguistas. No 1930 trasládase a Pontevedra estudar Maxisterio e alí escribe os seus primeiros poemas, chegando a fundar a revista Cristal con Juan Vidal en 1932. Unha vez graduado mestre, comezará Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, pero a guerra impediralle rematar a carreira. En 1935 comeza a exercer a docencia en diversas localidades da provincia de Pontevedra, mais durante a guerra é desterrado a Coreses (Zamora). Logo de cinco anos regresa a Galicia e compaxina diversos traballos coa literatura, a investigación e mesmo a arqueoloxía, chegando a dirixir numerosas escavacións realizadas en Vigo. Desta cidade rematará sendo cronista oficial.
Durante os anos corenta dedícase á creación literaria e tamén ao ensaio científico e literario, en galego e castelán. No clima de recuperación cultural que se vive en Galicia desde a publicación de Cómaros verdes (A. Iglesia Alvariño, 1947), a creación da Editorial Monterrey xunto co seu irmán Emilio en 1950 supuxo un novo paso decisivo.
Aquí comeza unha intensa actividade editorial do autor que culmina en 1964 coa fundación de Edicións Castrelos, pioneira na edición de coleccións populares como O Moucho e Pombal. Membro da Real Academia Galega desde 1962, Xosé María Álvarez Blázquez regresa á docencia a finais dos sesenta, mantendo o seu compromiso coa literatura, a arqueoloxía e a investigación.
A súa obra lírica deu para catro libros. En 1949 publicárase na colección de poesía Benito Soto -primeiro esforzo de recuperación editorial da poesía galega no país- Poemas de ti e de min, obra realizada en diálogo polos dous irmáns Álvarez Blazquez. A proposta estética da obra é claramente imaxinista no caso de Emilio, mentres que Xosé María combina imaxinismo e neotrobadorismo.
Segundo apuntou Méndez Ferrín, tanto neste primeiro libro coma nos tres seguintes, Xosé María Álvarez Blázquez fai unha aposta estilística parella á xeración de 1925. En Roseira do teu mencer (1950), Cancioeiro de Monfero (1953) e Romance do escritor peleriño (1954), todas elas publicadas en Monterrey, o autor mestura con enorme acerto -un tanto á maneira de Cunqueiro- imaxinismo, popularismo, neotrobadorismo e mesmo lorquismo. O gusto do poeta pola composición lírica medieval, que coñece á perfección, adquire a súa máxima expresión na sorte de xogo erudito que é o Cancioeiro. A anterior Roseira do teu mencer fora unha aproximación ao mundo familiar e íntimo baixo as formas populares da canción tradicional.
Desde unha óptica máis persoal e íntima, Canle segredo mergúllase na familia, na infancia, no misterio do cotián. Considerada pola crítica a súa mellor obra, foi Premio Pondal do Centro Galego en Bos Aires en 1954, mais non sería publicada en Galicia até 1976. Por este motivo ficou un tanto esluída a fundamental achega que Canle segredo tería ofrecido á evolución da poesía galega da época.
Ademais da súa obra lírica, Álvarez Blázquez cultivou a poesía satírica nos anos setenta baixo o heterónimo de Pepe do Rollo. Toda a súa obra poética, incluídos varios poemas inéditos e outros escollidos de entre distintas publicacións, está publicada na edición elaborada polo seu fillo Xosé María Álvarez Cáccamo baixo o título Poesía galega completa (1987).
A súa obra ensaística e investigadora en arqueoloxía e literatura foi enormemente fértil. Destacan os seus estudos de literatura popular e, de maneira especial, as súas escolmas de literatura medieval e dos séculos escuros, que trouxeron á luz textos até entón descoñecidos e contribuíron decisivamente a divulgar a historia da literatura galega nun intre de grande descoñecemento da mesma.
A súa obra narrativa é maioritariamente castelá. A súa novela En el pueblo hay caras nuevas foi finalista do primeiro Premio Nadal, que obtivo Carmen Laforet por Nada en 1945. Outras obras son Una cabaña en el cielo (1952), Las estatuas no hablan (1955) e Crecen las aguas (1956). En galego escribiu Os ruíns (1936) e mais A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971). En colaboración co seu irmán Emilio escribiu as pezas teatrais El zapato de cristal e Los pazos altivos, estreadas ambas as dúas en 1947
ANTÓN FERNÁNDEZ,Elba
Comentarios (2) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-05-2008 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
POEMA DE XOSÊ MARÎA ÂLVAREZ BLÂZQUEZ
Xosé María Álvarez Blázquez

(Tui 1915-1985)

Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.

E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida
-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles -
A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes¡
LOPEZ PAZOS SARA Y GARCIA RIOS ALBA
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-05-2008 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé María Álvarez Blázquez


Xosé María Álvarez Blázquez
(1915 - 1985)

BIOGRAFÍA


Xosé María Álvarez Blazquez naceu o 4 de febreiro de 1915 en Tui, no seo dunha familia ligada ao mundo das letras. Co levantamento militar de 1936 ten lugar o fusilamento do seu pai, Darío Álvarez Limeses, e é postergada a súa toma de posesión como mestre na escola de Coreses. Con todo, o seu compromiso coa Galiza é firme e militará na Federación de Mocidades Galeguistas e no Partido Galeguista; no plano cultural, participa na fundación da revista pontevedresa Cristal e en 1950 funda a editorial Monterrey, -a partir de 1967 co nome de Editorial Castrelos-, etapa en que decide a reedición d´O catecismo do labrego, da autoría de Valentín Lamas Carvajal (1849-1906), e pon en marcha a colección literaria O moucho o que permitiu a publicación de libros de baixo custo que favoreceron a difusión da cultura galega e o seu acceso a todos os públicos.
Para alén do seu traballo como investigador, cultivou a poesía, actividade que foi central na súa vida, poetizando sobre diferentes aspectos da realidade e de moi diversas maneiras. A súa produción lírica iníciase coa publicación do poemario Abril (1932), ao que seguen obras como Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950) ou Canle segredo (1976), en que se manifesta a súa madurez poética. Ademais, a publicación do Cancioeiro de Monfero en 1953 é fundamental na corrente neotrobadoresca iniciada por Fermín Bouza Brey na década de 30, tendencia moito cultivada tamén no período de posguerra. A súa obra poética completa será publicada por Xerais en 1987.
En obra narrativa destacan os relatos Os ruíns, publicado na revista Nós en 1935, e A pega rabilonga e outras historias de tesouros, publicada en 1971. Escribiu varias obras de teatro en español, traducidas ao galego postumamente. Por outro lado, o seu interese pola arqueoloxía levouno a protagonizar importantes descubertas neste ámbito, plasmadas en obras como O vencello espritoal dos Fisterres Atlánticos (1951) e Industrias paleolíticas do Baixo Miño (1952), entre moitas outras. Tamén foron numerosas as conferencias e colaboracións nos medios de comunicación onde difundiu un ideario plenamente comprometido coa Galiza. Divulgador, pedagogo, editor, activista da Segunda República, Xosé María Álvarez Blazquez foi un normalizador da cultura e lingua galegas ao longo de toda a súa vida. Finalmente, morreu en Vigo en 1985.


Subido por:Sara.G y Marta.H
Comentarios (2) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-05-2008 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Obra literaria de Xosé María Álvarez Blázquez
Xosé María Álvarez Blázquez publicou en vida tres libros de versos: Poemas de ti e de min (1949), a medias con seu irmán Emilio pero con autorías ben diferenciadas; Roseira do teu mencer (1950), e Canle segredo (impreso en 1976, pero escrito entre 1951 e 1953). Deixou tamén un bo número de poemas soltos, inéditos ou publicados en revistas ou folletos, coma tal o fermoso "Romance do pescador peleriño" (1954), ou os epigramas que asinaba co pseudónimo Pepe do Rollo; e é xustamente célebre o engano -rapidamente desfeito por el mesmo- que causou a publicación, no día dos Santos Inocentes de 1953, do seu Cancioneiro de Monfero, con cántigas tan imitantes ás medievais que o mesmo Rodrigues Lapa as creu auténticas. Metido en grandes angueiras doutro tipo, nos seus derradeiros vinte anos escribiu moi pouca poesía lírica; pero ás veces, case como obrigado pola emoción, construía algún poema tan absoluto coma o derradeiro, datado no 29 de agosto de 1982 e titulado "Solpor", que comeza "Xa non é tempo de falar das rosas".

Se Poemas de ti e de min paga un belo tributo ó popularismo, ó imaxinismo e ó neotrobadorismo, moito no ronsel de Amado Carballo e un pouco no de Bouza-Brey -mais cunha habelencia e unha graza que a miúdo o fan superar os mestres e atuarse con Cunqueiro-, Roseira do teu mencer, que permanece fiel ás mesmas liñas formais, constitúese como un libro profundamente conmovedor, pois ninguén tiña cantado tan altamente na nosa lingua a emoción gozosa da paternidade. En canto a Canle segredo, escrito nel mezzo del cammin pero inédito durante máis de vinte anos, é un libro grave, sabio e fondo do que Ferrín dixo que se se publicara no tempo en que foi escrito tería sido o sinal dun cambio de rumbo da poesía galega. Pero tamén se pode sospeitar que, aínda inédito, tivese algunha influencia; naqueles duros anos da longa noite de pedra, mesmo sen se publicaren, os poemas circulaban, e un dos que leron Canle segredo con proveito foi sen ningunha dúbida Celso Emilio Ferreiro, amigo especialmente íntimo de Xosé María.

A obra poética de Xosé María Álvarez Blázquez tivo nas antoloxías derradeiras unha fortuna moi inferior -ou mesmo infinitamente inferior- ó seu valor real. O volume da súa Poesía galega completa -que non é completa de todo-, preparado polo seu fillo Xosé María Álvarez Cáccamo, recolle unha obra máis ben breve na que se contan algúns dos máis fermosos poemas xamais escritos na nosa lingua, e o conxunto deles é sen dúbida ningunha un dos máis valiosos da súa xeración.

A obra narrativa en galego de Xosé María Álvarez Blázquez é de menor importancia, non por calidade, senón pola súa extrema brevidade. Os cinco relatos d'Os ruíns impresos na revista Nós, 1936 (pero non distribuídos), xunto cos cinco d'A pega rabilonga, de feitío moi clásico, máis ben oteriano, son practicamente a súa totalidade. Como é ben sabido, nos anos da posguerra, sempre á beira do que para un fillo do médico fusilado de Tui era a pobreza material, e logo xa casado e cos fillos vindo, Xosé María intentou case desesperadamente gañar diñeiro por diversos medios; un deles foi a literatura, e concretamente a novela, para a que estaba moi ben dotado. Así foi que escribiu varias novelas en castelán, coas que gañou diversos premios e obtivo un mediano éxito editorial. As mellores destas novelas -Crecen las aguas, En el pueblo hay caras nuevas- fóronlle restituídas en certo xeito á nosa literatura polo seu fillo Alfonso Álvarez Cáccamo, que as traduciu ó galego cos títulos de Enchen as augas e Na vila hai caras novas.


Creado por:Noemi Couso e Aida Amoedo .
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-05-2008 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
hhh
nnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnnn
Comentarios (4) - Categoría: GALEGO - Publicado o 10-05-2008 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal