blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IMOS CREAR A NOSA PROPIA CANTIGA DE MAIO

PARA PARTICIPAR NESTA INICIATIVA:

- Seguiremos as normas do Ateneo SANTA CECILIA os organizadores do Concurso de Maios e Embarcacións de Marín establecen:

- Poden participar todos os nenos e nenas que queiran, ben de maneira individual ou con familiares que convivan na mesma casa, ata os 12 anos de idade inclusive.
- Terán que compoñer unha copla orixinal en galego, do tipo tradicional que non excesa as seis estrofas.


En que consisten estas coplas. Falan de temas de actualidade de diversa índole. Normalmente unha primeira copla é de introdución ou entrada e a final que serve de despedida.

A mellor forma de entender o sentido destas estrofas é ver exemplos ou escoitar un vídeo dos maios doutros anos.

MODELOS OU COPLAS DO MAIO e DE EMBARCACIÓN de MARÍN:

Aquí vén a Bruxa
feita unha centella
por culpa da crise
que acaba con ela.
Tiña catro chicas
metidas nos bancos
levoullas Facenda
e agora anda a saltos.

Xa está todo preparado
vai haber as eleccións
hai que ter moito coidado
que non se metan os chupóns.
E a nosa Bruxa tola
por se acaso anda a mirar
se a collen nunha lista
que tamén quere chupar.


Ela quere ser alcaldesa
cunha maneira nova
vai arranxar os problemas
empregando a súa escoba.
Dique agora no concello
hai que arranxar moitos casos
e se non andan dereitos
vainos mancar a escobazos...

Xa levamos a esta Bruxa
porque se vai presentar
este ano a Eurovisión
e ten moito que ensaiar.
Tende moito coidadiño
señoriños do xurado
porque o ollo desta Bruxa
anda medio revirado.
2011

EMBARCACIÓN
Estas copliñas
que lle vamos a cantar
costou moito traballo
podelas axeitar.

Vímoslle a traer
a nosa embarcación
que todos fixemos
con toda ilusión.

Fumos navegar
con ela pola Ría
pescamos unha lorcha
e unha polmonía.

Colleunos a tormenta
indo pra Mogor
e tivemos que virar
trinta graos a babor.

O vento arreciaba
e tirounos ó mar
a punto estivemos
todos de afogar.

Non quedou nada
da nosa "Chalupa"
nin sequera un anaco
mirando con lupa.

Esta é a suplente
que tivemos que facer
despois de secarnos
e a todo correr.
1973






Maios 2019
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 23-04-2020 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
COMO RECOMENDAR UN LIBRO?
O primeiro que debes facer para recomendar un libro é redactar o texto que logo gravarás procurando seguir unha estrutura como a seguinte:

1- Indicar título, autor ou autora e a editorial.

2- Unha introdución sobre o tema ou temas principais que relata o libro.

3- Argumentos ou razóns polas que se recomenda o libro.

4- Despedida cun texto ou anécdota do mesmo ou simplemente recordando algo do máis relevante do seu contido para invitar a lelo.

Para que che resulta máis doado esta actividade, podes ver esta recomendación que che pode servir de modelo:



E logo os alumnos/as no facebook do Colexio:

Alejandra Blanco

Noa Pazos

Mario Silva
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 19-04-2020 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
A MOURA PRETA de Negros (Redondela)


Despois de ver o vídeo resume o seu contido.
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 13-04-2020 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
A PENA DA MOURA DE REMESAR


CUESTIÓNS:
1-Despois de ver o vídeo realiza un resumo do mito desta Pena da Moura do lugar de Remesar no concello lugués de Bóveda.
2- Logo procura definir que é unha moura, co que se asocia esta figura?
Comentarios (3) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 02-04-2020 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0