blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A FESTA DO MAIO EN GALICIA


Unha festa tradicional con gran arraigo na nosa comarca é a Festa do Maio. Trátase dun festexo tradicional que ademais se mantivo ao longo dos tempos e chegou a nós coma unha expresión moi asociada a nosa infancia pois será a infancia quen cobra un protagonismo especial no mantemento desta tradición.

Aínda que sexan os máis novos quen aparezan en primeiro plano en moitos destes costumes que se adoitan realizar o 1º de maio, os adultos tamén son partícipes e promoven outras tradicións asociadas todas a este ciclo. Os maios están relacionados coa entrada da primavera, é dicir, son a expresión ante todo dunha festa de orixe moi antiga, posiblemente precristiá, claramente agraria e moi vencellada á fecundidade dos campos. hai quen di que era unha festividade céltica relacionada coa deidade da fertilidade Beltane. Todas as culturas do mundo teñen algunha evidencia de festexar este festexo dentro do ciclo anual de costumes.De feito o espertar da natureza era asociado co comezo do ano en moitas sociedades primitivas.Lembremos o mito grego de como naceron as estacións.

Botémoslle unha ollada aos rituais que se dan na nosa terra. Procura saber en que consisten os distintos costumes e onde se conservan a día de hoxe:

1-Alumear o pan.Tamén chamado lumepan
2-Colocación dos maios nas portas.
3-Os maios cónicos tradicionais: Ourense en Pontevedra ou Marín
4-As embarcacións de maio.
5-O maio humano.

Os maios na literatura galega. Procura un dos textos que che invitamos a coñecer. A que tipo de maio cres que fai referencia? Por que?

O poema de Manuel Curros Enríquez

Ahí vén o maio
de frores cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos,
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sónvo-lo probe
do pobo gallego:
¡Pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno!...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero.

¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.


Curros Enríquez
Comentarios (1) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 27-04-2018 06:04
# Ligazón permanente a este artigo
Boas lecturas no Día do Libro

Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 23-04-2018 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
Decálogo de plantas e animais (I)

LÉXICO DAS PLANTAS.

1-Que é un fento, a carriza, a herba de namorar, a herba gateira,a figueira do demo...

2-Xogo intercativo no portal das palabras

3-Das seguintes árbores cales son as 25 árbores máis nosas?
Abeleira, aciñeira, acivro, ameneiro (amieiro), ameixeira, bidueira, buxo, carballo, castañeiro, cerdeira, érbedo, faia, figueira, freixo, laranxeira, limoeiro, loureiro, maceira, nespereira, nogueira, oliveira, palmeira, pereira, piñeiro, pradairo, sabugueiro, salgueira, sobreira, teixo, vimbieira.

4-Cales destas árbores dan froitos comestibles?

INVESTIGANDO: Un par de exemplos do uso das plantas na cultura popular:

5-As plantas que usamos nos maios son:

6-As herbas de San Xoán son:


LÉXICO DE ANIMAIS

7- Segue a listaxe ata chegar a 25 mamíferos do país: lobo, oso, xabarín...:


8-Paxaros do país:
Ponlle nome aos paxaros do país da ilustración. Podes incorporar outros 10 nomes máis. Para investigarmos na seguinte páxina

9-Insectos da terra. Completa ata 25: grilo, cabaliño do demo, formiga...

10- CURIOSIDADESSete animais de malnome
Comentarios (0) - Categoría: O NOME DAS COUSAS - Publicado o 05-04-2018 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
Nova lectura para o mes de abril

Tras a sombra do bruxo de Francisco Díaz Valladares
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 02-04-2018 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal