blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Proba 3º avance

Nesta proba do 3º avance ademais do traballado no libro de texto Unidade 8 estamos traballando o seguinte:

LITERATURA:
- Tradición Oral: Os lobishomes ou o lobo da xente (resumos da aula).

PLAN LECTOR: No exame haberá que redactar unha pequena biografía sobre Castelao na que se inclúan as súas obras e as facetas máis importantes da súa vida como debuxante, narrador, ensaista, dramaturgo e político.

No exame faremos unha pregunta sobre a lectura "Os vellos non deben namorarse".

-GRAMÁTICA. A estrutura do verbo podes consultala no libro (Unidade 9 páxinas 198-199)

-Verbos irregulares:DAR/ DICIR, ESTAR, FACER, HABER, IR, SER, VER

- Colocación dos pronomes átonos (podes consultar no libro páxinas 170-171 e tamén os seguintes enlaces:

Os pronomes átonos colócanse normalmente despois do verbo e unidos a el: (dígocho), pero hai ocasións en que se debe colocar o pronome antes do verbo.

CASOS EN QUE O PRONOME ÁTONO VAI ANTES DO VERBO:

1- Cando vai nunha oración negativa ou desiderativa:
( non te quero, oxalá cho dixesen hoxe!)

2- Cando vai nunha subordinada: (dixo que te amaba).

3- Cando vai nunha interrogativa parcial cun pronome interrogativo ou tras un exclamativo:
Quen che preguntou iso?
Como me alegro da túa boa nota!

4-Cando a oración comeza por algúns indefinidos (algo, alguén, todos...) e adverbios só, case, tamén, xa, sempre, aínda, seica, ben, mal...): (alguén mo dixo, seica me falara). Cousa que non ocorre con adverbios como os de tempo e lugar: Mañá achégome alí.

- colocación dos pronomes/ exercicios de colocación de pronomes.

- te ou che/ exercicios con te ou che.

- llo(s),lla(s),llelo(s),llela(s)/ exercicios.

SINTAXE DA ORACIÓN

Da oración activa á oración en pasiva (ver ilustración).
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-04-2016 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
A TRADICIÓN ORAL E A NOSA LITERATURA
Agora que se achega o Día das Letras imos comezar a falar da poesía. Imos coñecer as dúas caras da nosa lírica, a poesía popular de tradición oral e a poesía culta ou de autor.

Unha figura clave que unificou ambas nun momento difícil para a nosa historia foi o Padre Sarmiento que despois de percorrer Galicia deu en escribir unha obra "O coloquio dos 24 galegos rústicos ou das 1200 coplas" que serviu de modelo para os autores do chamado Rexurdimento entre os que contamos a Rosalía de Castro:



Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 17-04-2016 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal