blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Eí vén o maio!

En primeiro lugar debemos procurar unha definición para estes dous conceptos:

TRADICIóN ORAL:
PATRIMONIO INMATERIAL:

Logo imos achegarmos ás distintas manifestacións da Festa de maio:

Alumear o pan.

O maio cónico tradicional e os maios figurativos ou artísticos : Ourense







O maio de Marín:





O maio humano:





Ahí vén o maio
de frores cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos,
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sónvo-lo probe
do pobo gallego:
¡Pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno!...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero.

¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

Curros Enríquez
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 30-04-2015 07:04
# Ligazón permanente a este artigo
POESÍA

Imos realizar un miniobradoiro de poesía. faremos probas a ver que tal se nos dá iso de expresar sentimentos en verso, dun xeito musical e sonoro, fermoso ou estético:
1º Realiza un pareado:
Crear un PAREADO
sempre foi moi DOADO!

2º Ou un CALIGRAMA como o da imaxe-canción que inclúa versos e ilustración.

3º Adiviñas. Son versos que preguntan con rima.

4º Ensalada de versos a partir de versos de varios poemas diferentes.

5º ABECIPOEMA ou ALFABETIPOEMAS coas palabras que nos definen a nós ou a algo que nos gusta.

Botémoslle unha ollada a algunha proposta para seguir xogando coa poesía.
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 16-04-2015 07:46
# Ligazón permanente a este artigo
Nós tamén fixemos e faremos teatro

Lembrade que xa fixemos teatro creando unha obriña sobre o sentido crítico e Mafalda. Agora toca pensar en despois dos próximos exames realizar unha nova obra, esta vez sobre un texto xa existente.
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 08-04-2015 06:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal