blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Celso Emilio Ferreiro
AIRE PURO

o aire puro da maña procrama
o seu dereito a entrar en cada casa.
¡abrelle as portas,patria¡
¡dalle os teus seos,alma¡

Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-04-2009 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
poema De Celso Emilio Ferreiro- Jara e ClauDia
Carta A Miña Muller

Querida, non o esquezas, hai palabras
que é pecado dicilas niste tempo.
palabras que non debes pronuncialas,
nin xiquera pensalas, cavilalas,
tatexalas, gabalas, escribilas...
moito menos berralas.
esposa, toma nota e non o esquezas:
non digas libertá palabra triste
con peligro de morte e calivera
si é certo que me queres nunca digas
esta palabra estúpida
que ten dentes e morde coma un lobo.

Comentarios (3) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-04-2009 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
María Soliña
Polos camiños de cangas
a voz do vento xemía:
ai,qué soliña quedache
María Soliña

Nos areales de Cangas
muros de noite se erguían:
ai,que soliña quedache
María Soliña

As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguian:
ai,que soliña quedache
María Soliña

As gaivotas sobre Cangas
soños de medo tecian:
ai que soliña quedache
María Soliña


Ecollido por:Pilar Iglesias Cidrás
Laria Rehouni Collado
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-04-2009 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
poetizate
¿Qué pasa ó redor de min?
¿Qué me pasa qu'eu non sei?
Teño medo d'unha cousa
Que vive e que non se vé
Teño medo dá desgracia traidora
Que ver ,e que nunca se sabe onde ver

PABLO FEIJOO E ADAN
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-04-2009 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
canción de cuna para Rosalía de Castro,morta
érgue-te miña amiga
que xa cantan os galos do día

porque o vento muxe coma unha vaca

Os arados ven e ven,
dende Santiago a Belén
Dende Belén a Santiago
Un anxo vai nun barco
Un barco de prata fría
Que traía a door de Galicia
Galicia deitaba a queda
Transida de tristes hebras
Herbas que sobren téu leito
E a negra fonte dos teus cabelos
Teus cabelos van á mar,
onde as nubes teñen seu nítido pombal

érgue-te miña amiga
¡que xa cantan os galos de dia!
porque o vento muxe coma unha vaca

paula
Díaz Díaz,Angel
TORRES PIÑEIRO,Alejandro
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 15-04-2009 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
O Reino
NO TENPO AQUIL
CANDO OS ANIMALES FALABAN
DECIR LIBERTÁ non era triste,
decir verdá era coma un rio,
decir amor,
decir amigo
era igual que nomear a primavera
ninguén sabía dos aldraxes

cando os animais falaban
os homes cantaban nos solpores
ponbas de luz e silgaros de sol.
decir teu e meu non se entendia

decir espada estaba prohibido,
decir prisión somente era unha verba
sin xenso,un aire que mancaba
o corazon da xente
¿cando
cando se perdeu,
iste gran reino?


angel area e pablo torres
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-04-2009 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
NEGRA SOMBRA-ROSALÍA DE CASTRO
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pe dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite, i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en mi mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

SUÁREZ BLANCO, Carolina
AMOEDO ARIAS, Alba
Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 15-04-2009 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Longa noite de pedra
O teito e de pedra
De pedra son os muros
i as tebras
de pedra o chan
i as reixas
As portas
as cadeas
o aire
as fenestras
asolladas
son de pedra
os corazons dos homes
que ao lonxe espreitan
feitos estan
tamen
de pedra
i eu morrendo
nesta longa noite
de pedra

escrito por david ao rato e pablo ao teclado
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-04-2009 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
SAÚDO 1º A 2008-09
Estamos alucinando co blog e temos ganas de comezar xa
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-04-2009 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0