blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Biografía de Rosalía de Castro
Naceu en Santiago de Compostela e foi bautizada cos nomes de María Rosalía Rita. Filla de pais descoñecidos.Sábese moi pouco da súa escolarización. Na escola mostrou talento de versificadora. Tamén lle gustaba o debuxo, a música e a declamación.

Rosalía de Castro contraeu matrimonio con Manuel Martínez Murguía, erudito cronista de Galicia. O ano seguinte Rosalía deu á luz a súa primeira filla, Alejandra, á que han de seguir 6 fillos máis. O seu domicilio por España cambiou varias veces, entre Madrid e Simancas. Rosalía nunca disfroitou de boa saúde. Loitou sempre contra enfermidades, e a menudo coa penuria, viviu dedicada ao seu fogar, os seus fillos e o seu marido, nunca aspirou á fama. O seu marido foi quen a convenceu para que publicara as súas obras. Morreu de cáncer os corenta e oito anos na súa casa de Padrón, a cal hoxe e un museo. Todos os fillos morreron antes que ela, sen poder deixar heredeiros.

Compuxo o seu primero libro: La Flor. Nos Cantares, Rosalía asume a voz do pobo galego.Follas Novas é o título do seu último libro en galego no que mostra a súa esencia vital. Rosalía mostra unha visión sombría da existencia humana. A súa obra mestra en castelán é En las Orillas del Sar, versos de ton íntimo, de estraña penetración, cargados de nocturna beleza. Merece ser considerada, ao lado de Gustavo Adolfo Bécquer, como a precursora da Modernidade iniciadora dunha nova métrica castelán.
SARA LÓPEZ PAZOS
Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 16-04-2008 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Historia de Pontevedra

Historia
de Pontevedra


Pontevedra e a capital da provincia do seu mesmo nome,situada no sur de Galicia,no noroeste de España.Como capital provincial,é unha ciudad turística,industrial e de servizos.É ademais a cabeceira da comarca de Pontevedra.e a capitalde Rías Baixas.

Limita o norte cos municipios de Barro e Moraña a o Nordeste co municipio do Campo Lameiro.ao Leste co municipio de Cotobade ao sureste co municipio de Ponte Caldelas ao sur co municipio de Soutomllor ao sureste cos municipios de Bilaboa e Marín ao este co Océano Atlántico(Ría de Pontevedra)eo municipio de Poio,a o noroeste co municipio de Meis .Ao sur ten unha pequena saída a Ria de Vigo,no punto do O Castelo,onde isistia unha pequena illa(Illa do Castelo)que pertencía ao termino municipal de pontevedra.



Aida Amoedo Portabales
Comentarios (2) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
mitoloxia de galiza
Mitoloxía



-Agora que pasou a Semana Santa acórdome
do que ten que ver de Xesús,Deus e os anxos do ceo...
-Pero aparte de todo este paraíso o Alén hai un lado escuro e tenebroso chamado o inferno.
O puro inframundo governado por un anxo malvado que foi rexeitado do reino de Deus...
LUCIFER o demo.Un dos primeiros anxos creado polo reino de deus reixeitado pola súa vivacidad.
O día que foi rexeitado ocorreu que,deus meteu el dedo nun lago o sacou e o escorreu e cando quedaba unha gota pingando a sacudeu e converteuse nun anxo.Lucifer aventurado meteu a man enteira sacouna e creou 5 anxos é cun ton descarado dirixiuse a deus dicindo que o gañou .Deus enfurecido o expulsou cos seus anxos diabólicos que creara.Foise transformando ata converteuse nun ser horripilante e mosntruoso cunha apariencia a un cordeiro macho. Desde entón os dous mundos o inframundo e o ceo estan enfrentados entre si. E mostranse no noso mundo . Por exemplo aparicions de Xesús a persoas e aparicions do demo en posesos a igresia so confirmou un estado de posesos nunha universitaria inglesa Mary Rosele aínda posesa.


Antonio Martinez Escofet

e

Daniel López Pérez
Comentarios (2) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
tradicions e costumes galegas
A matanza do porco
Unha actividade inseparable da data do San Martiño (11 de Novembro) e das tradicións de comezo do inverno celta, é a matanza do porco, mesmo de grande importancia económica para as familias, polo menos antigamente.

O porco mátase sobre un banco ou similar, suxeitándoo polas pernas namentras o matachín (que pode matar nun mesmo San Martiño máis dunha ducia de porcos en diversas casas) fai o seu cruento traballo. Este é o traballo dos homes.

As mulleres encárganse de recoller o sangue, e de ao ir remexendo para que non calle, e que se ha comer en forma de filloas de sangue ou mesturado con faragullas de pan pasado pola tixola, ou en forma de morcilla. O matachín cando remata fai unha cruz no sangue co seu coitelo.

O seguinte paso consiste ou ben en chamuscar o porco ou escaldalo. Ao tempo se lle arrincas as pezuñas.

O matachín despois raña ben co coitelo toda a pel do animal, para a deixar limpiña, xunto coas orellas, ollos, pes, etc.

O traballo máis complexo é abrir o animal en canle, que se fai no propio banco ou enriba dunha mesa. Sácanselle o unto, as tripas, e todos os interiores, cos que se farán os diversos alimentos, e que van sendo organizados polas mulleres enriba dunha segunda mesa.

Despois cólgase o porco aberto. Ao día seguinte prepáranse para salgadoiro outras partes: raxos, aranguelo, pás, touciño, xamóns, lacóns, cachucha... Aínda que segundo as casas, poden deixar cousas para comer frescas, como o raxo, e mais facer os roxóns.

Se non hai necesidade de que quede todo o produto do porco na mesma casa, as partes que se lles reparten aos veciños que non fan matanza chámanas probas.

O MAGOSTO
Celébrase cando o castaño empeza a dar o seu froito xeralmente no cambio de estación. O magosto consiste en asar ou cocer as castañas.

O lume no que se fan as castañas é un dos moitos lumes sagrados dos galegos, e non se pode cuspir nel nin apagalo de golpe: ten de se apagar só, para quencer ás ánimas dos mortos.

Os lugares de facer o Magosto son: o souto, a eira, ou dentro da casa, a lareira.

O método de asar as castañas consiste en sinalalas para que non estalen, e botarlles leña por riba para que se asen a modiño.

Outra forma de as consumir son cocidas (en auga cun pouco de fiuncho ou anís, ou en leite).

O samhaín
. Segundo as nosas vellas tradicións, as almas viñan á terra no "día de defuntos" con moi diversas fins. Por iso nuns lugares púñanlles de comer, para que non pasasen fame; noutros botaban ese día un gran pao ao lume, para que quentasen no caso de teren frío; noutros era considerado pecado varrer pola noite a cociña porque se lles daba para atrás, impedíndo-lles que se acheguen á lareira; e noutros tense por acción inhumana pechar de golpe as cancelas ou portelos, porque se mancaban.

Se se busca nos libros de etnoloxía polas celebracións que se fan en Galiza con ocasión do "día de defuntos" atoparemos unha serie de costumes ancestrais própias da nosa nación. Desde o deixar un óco na mesa ou racións de comida e/ou bebida para os defuntos até facer colares coas castañas novas. A pouco que se pregunte a persoas de máis de corenta anos de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía, Sanxenxo, Quiroga, Carballeda de Ávia...) lembrarán-nos que tamén era habitual polo día de Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles uns pauciños coma dentes e deixa-las nos camiños para asustar aos viandantes. Todo isto con ocasión da festa dos Defuntos, o dous de novembro. Este costume coincide co americano de Halloween e aínda co máis antigo celta do Samaín, no que eran os cranios dos inimigos os que brillaban na escuridade con candeas no seu interior.

En Galiza mesmo chéga-se a ver como a cabaza tallada séca-se e consérva-se para emprega-la como máscara no Entroido. A antiga festividade celta do Samaín foi descrita habitualmente como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesta data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abrían-se as portas entre este mundo e o Alén, dándolle á xente a posibilidade de se reuniren cos seus antepasados mortos.

A festa do Samaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendían-se lumes sagrados frotando pólas de serbal e teixo, e con esta fogueira inicial alimentában-se as lareiras de todas as casas.

Polo Samain era costume baleirar nabos de grande tamaño ? non foron cabazas até que chegaron de América - para poñer-lles dentro candeas. Nas Rías Baixas, os nenos xogaban tales días coma estes coas cabazas, facendo caras con elas, e poñéndolles pelo e bigotes con barbuxa de millo, antes de acender-lles velas. Varios séculos despois esta tradición, que se mantén aínda viva en Galiza, ten continuidade nas festas de Halloween, que exportaron aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX.



(...)

Durante a noite do 31 de outubro os druidas (a casta sacerdotal dos celtas) recollían cunha fouce de ouro as baias do visco dos troncos de aciñeiras e carvallos. E por que unha fouce de ouro? Moi sinxelo. Os celtas consideraban a este metal como un metal enxebre, e era polo tanto o único que se podia utilizar para estes quefaceres. Unha vez subidos ao tronco dun carvallo ou aciñeira, os druidas cortaban baia por baia de visco mentres recitaban uns mantras, que seguramente eran para atribuir mais poder ao visco. Por desgraza, os druidas non deixaron restos escritos pois así, como dixo Xúlio César, "evitaban que o seu sistema de adestramento caise en mans do vulgo e que os estudantes descoidaran o exercizo da sua memória por confiar na palabra escrita".

Acto seguido os druidas depositaban esas baias nun caldeiriño ou tiraban-as a un manto branco que sustiña outro druida no chan. A descrición deste ritual debemos-lla ao historiador Plínio. Despois, esas baias tan especiais terian indubidábeis poderes curativas para a xente, e para as suas elaboracións máxicas. Era nesta festa onde os druidas podían comer carne de cocho e beber viño. Durante eses días antes do aninovo, tiñan lugar sacrifizos de animais: pola data había que comezar a almacenar para facer fronte aos duros meses que viñan por diante. Estes sacrifizos de animais facian-se co obxectivo de se provisionaren de carne e de pel para o inverno. Era a sua peculiar matanza, como a que se celebra en Galiza por San Martiño.

A noite do 31 de outubro está relacionada moi directamente co mundo dos mortos e esta crenza estaba moi arraigada no povo celta. Eles crian que esa noite, unha "porta" se abría, e a dimensión dos vivos ficaba en comunicación coa dimensión do mundo dos mortos, alomenos por unhas horas. Durante este período non se podia sair da comunidade, pois nesta noite, a comunidade non se puña en contacto con outras comunidades se non que se puñan en contacto cos seus próprios antepasados. Durante esas horas, podia-se tocar, apalpar e mesmo se podía traspasar ao mundo dos mortos. Por iso en toda a aldea había fogueiras. Non se acendian coa intención de horrorizar aos malos espíritos, se non que se acendian para poder guiar aos mortos na escuridade da noite, para que atopasen aos seus parentes e lares, e se puidesen quencer co calor do lume do lar.

Os celtas, esa noite, amoreaban as caveiras dos seus mortos (e tamén dos seus inimigos) e as pintaban. En Galiza temos nas encrucilladas amoreamentos de pedras (os milladoiros) e ten-se o costume de depositar unha pedra e pedir un desexo. Existe un milladoiro no camiño de Santiago, famoso porque posue unha grande cruz de ferro. O feito de depositar unha pedra alá é sinal de que non se terá mala fortuna durante o que fica de viaxe, e por iso os pelegríns adoitan levar unha pedra desde a sua lugar de orixe, ou ben a apañan antes de chegar ao milladoiro.

Outro costume clásicamente galego é o de dar de comer á xente que ven ao enterro. O convite fúnebre, o mesmo que o banquete fúnebre, non son privativos de Galiza, pois tamén existiron en Irlanda, en Astúrias e noutros países. En opinión de Murguía eran unha especie de holocausto que viña directamente dos ritos funerários célticos e obedecían ao precepto popular de considerar sagradas as almas dos devanceiros.

Moitos coidan que as almas das persoas que morreron volvían por veces a este mundo. Foi moi común en Galiza a crenza na aparición das ánimas xa sexa con fasquía de bolboretas ou de aves comúns, xa de animais e réptiles. Segundo a doutrina dos druídas (metempsicose), as almas non finan senón que pasan duns a outros; e hai escritores que afirman que a Vía Láctea chámase no noso idioma "Camiño de Santiago" porque é, en realidade, o camiño que levan as almas dos mortos cara á rexión das sombras, unha procesión de estrelas ou multitude de almas.

Amisa do galo
Celebrase o 24 de Decembro, é unha celebración relixiosa que ten lugar na medianoite do día 24 na igrexa.
En alguns lugares é tradición levar un galo e facelo cantar mentar oficiábase a misa.
Noutros lugares tiñan a costume de facer bromas na propia misa

Os maios
Cuándo se celebra: entre el 1 y 3 de Mayo

Dónde se celebra: por toda Galicia

A festa dos maios celébrase os primeiros días de maio e ten como fin festexar a chegada da primavera.
Chámase ?Maios? a celebración e as representacions que se fan, que consiste en cantar coplas ou diálogos adicados a primavera, aunque en alguns lugares tamén componse coplas de crítica a certas persoas ou institucions de lugar.
Maio figurativo:
Especie de monumento feito de táboas e cuberto de musgo que se decora con flores, follas e ramos verdes.
Maio humano:
Neste caso é representado por un mozo, en ocasions disfrazado dalgún persoaxe popular (no caso de ser unha rapaza, vestida de branco) que é o xefe do grupo e se adorna con flores, espadañas, herbas aromáticas, follas e as veces cun pau na man.
Maias:
Nenas e rapazas vestidas de branco, con coroas e arcos de flores que cantan os Maios facendo ofrendas a algún santo.
Árbore de Maio:
Nalgunos lugares de Galicia colocanse na praza principal unha árbore (o máis alto que poidan conseguir os rapaces).


Nos lugares que non se celebra a Festa da Árbore do Maio, acostumbrase celebrar-la Festa do Ramo, a cal non ten unha fecha concreta, xa que elixese o mes con menos festas e polo tanto menos propicio para o encontro dos xovenes de diferentes sexos.
Organizan esta festa as rapazas duna aldea determinada, que encarganlle a un carpinteiro un ramo composto dun gran pau de madeira do que colganse rosquillas, caramelos, doces e froita.
Todo o mundo ponse arredor do ramo e elixese un mozo para reparti-los doces (motivo da maioría das veces de enfrentamentos entre os mozos de diferentes parroquias) e fanse un concurso de coplas (regueifas), sendo gañador o que teña sempre unha resposta cantada a calquer copla que se lle diga ata derrotar ao resto de participantes.
Durante moitos anos na Festa do Ramo estiveron prohibidos os bailes e a música de panderetas e gaitas, limitándose a festa das coplas e doces.
Ademáis destas celebracions acostúmase a regalar ramos de flores a cambio de aguinaldo e a decora-los carros, das casas e incluso das hortas con flores.

Creado por:Sara.G e Marta.H
Comentarios (2) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
SAÚDO
MATEMÁTICAS - MATEMÁTICOS


Ola. Nace esta categoría dentro do blog para facer algo máis que exercicios e problemas. Espero que coloquedes aquí anécdotas, acontecementos, curiosidades... das matemáticas.

Como estamos vendo a PITÁGORAS, emprázovos a que faledes del para coñecelo mellor.
Comentarios (6) - Categoría: MATEMÁTICAS - Publicado o 07-04-2008 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
cantigas galegas
POUSA, POUSA
Fun á taberna do meu compadre,
fun polo vento e vin polo aire:
e como é cousa de encantamento
fun polo aire e vin polo vento.
 E pousa, pousa, pousa,
e non me toques naquela cousa: BIS
e pousa, pousa axiña,
e non me toques naquela cousiña. BIS
 Murmuraban as miñas veciñas
que eu andaba co crego nas viñas: BIS
eso é verdá, eu non o nego,
que eu andiven a loitas co crego. BIS
 E pousa, pousa..
Cando me case xa teño un galo,
xa miña nai non me ten que dalo; BIS
cando me case xa teño un polo,
xa miña nai non me ten que dar todo. BIS
E pousa, pousa..

VER BAILAR CARMIÑA
Ver bailar Carmiña,
Carmiña, Carmela,
con zapato branco,
con media de seda,
con media de seda
de seda calada,
ver bailar Carmiña,
miña namorada.
 Os zapatos piden medias,
as medias piden zapatos,
as raparigas bonitas
piden rapaciños guapos.
 Ver bailar Carmiña
Comentarios (3) - Categoría: GALEGO - Publicado o 07-04-2008 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Contos (LITERATURA)
Tres tegas, tres maquías

Unha vez era un rapaz pouco intelixente, e mandárono ó muiño con tres tegas de centeo e dixéronlle:

-Fíxate ben: das tres tegas ten que che cobrar tres maquías, que non che vaia cobrar de máis.

Entón o rapaz, pra non esquece-lo aviso, foi dicindo polo camiño:

-Tres tegas, tres maquías; tres tegas, tres maquías; tres tegas...

E así chegou onde estaba un home sementando grau, o cal home ao ouvilo pensou: "este lapón vai dicindo que ogallá recolla soio tres maquías de tres tegas de semente.. ¡vouno mallar!"

E pegoulle uns paus, e díxolle despois:

-Deiquí adiante vas ir dicindo: "que salla todo"

Así o fixo o neno, e máis adiante atopou cun arrieiro que estaba tapando un pelexo que lle deitaba o viño, o cal arrieiro, ao ouvirlle dicir, "que salla todo", cheo de coraxe deulle unha malla e despois díxolle:

-Deiquí adiante, has dicir, "que non salla ningún"

Volveu o neno a colle-lo camiño depilindo:

-Que non salla ningún;que non salla ningún...

E deu cun pastor que andaba por voltar con cinco cabalos que se entullaron nunha lagorza e non podían saír. Tras moito traballo saltou un fóra precisamente cando chegaba o neno coa letanía. O pastor, ao sentilo, emprendeu a paus no neno hasta quentalo e por último díxolle:

-Deiquí adiante vas dicir: "donde saltou un, que salte outro"

Ía o neno coa nova letanía hasta que tropezou cun que tiña un ollo valeiro. O torto tomou o dito do neno pra si e, cego de coraxe, mallou nel hastra deixalo eivado no camiño.

Cando puido dar pra casa -que ao muíño non puido chegar- meteuse no leito pois non se tiña de doores, e fixo propósito de non ir repitindo outra vez os encárregos.


Tradición oral
Seleccionado por-Noemi Couso Calvar
Comentarios (5) - Categoría: GALEGO - Publicado o 07-04-2008 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
o espello do viaxeiro (mitoloxía galega)

-Na mitoloxía galega críase que Galicia era o ?país dos mortos?. Contanse historias que tratan da morte e dos camiños ó inferno; como o espello do viaxeiro. Este relato trata dun viaxeiro que despois dunha longa viaxe voltaba cara o seu fogar, de camiño caiu unha tormenta e buscou refuxio. Foi preguntar a un fogar pequeno onde vivía un ferreiro que era indéntico a el. Só diferenciábanse en que o ferreiro non tiña pálpebra no ollo dereito. Aquela noite o ferreiro e o protagonista despois dunha boa cea emborracháronse e o viaxeiro que non se controlaba polo efecto do alcol, craboulle un coitelo no torso sen facer unha ferida moi grave. O ferreiro, moi borracho, cravoulle un atizador quente no ollo dereito quitándole así a pálpebra. A mañá seguinte tiña o ollo vendado. O ferreiro díxolle que non se levantara da cama na súa ausencia. O viaxeiro levantouse e foise a ver a cara. Non atopou ningún espello pero saíu da casa e mirouse nun barril cheo de auga e faltáballe a pálpebra dereita. Decatouse, entón, de que o ferreiro non estaba borracho senón que foi unha arducia para que foran idénticos. O viaxeiro meteuse na cama e esperou á noite para que o ferreiro fora durmir e desta maneira cando foi á cama o viaxeiro cravoulle un coitelo e descuartizouno,escondeu o cadáver e foi durmir. Á mañá seguinte apareceron a muller e o fillo do ferreiro. O viaxeiro moi rápido púxuse a ropa do ferreiro para non levantar sospeitas. Como castigo ó feito tivo que cargar coa identidade do ferreiro o resto da súa vida.



-DOCAMPO HERNÁNDEZ,Adrián
-GARCÍA ARAUJO,Pablo
Comentarios (5) - Categoría: GALEGO - Publicado o 07-04-2008 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Saúdo

Ola, somos os alumn@s de 1º de ESO - A.

Esperamos que este blog sexa un lugar de encontro, aprendizaxe e diversión, ao que vos invitamos a participar.


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-04-2008 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0