blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Carlos Casares
Carlos Casares
Estudou filosofia en santiago desembolveu a sua actividade cultural e profesional como escritor editor e catedratico de instituto
A sua ideoloxia estivo marrcada polo maxisterio e amizade con Ramon Piñeiro e polo
grupo de galegistas vinculados a editorial Galaxia da que foi director dende oano 1985 ata a sua morte .foi elexido membro da Real academia galega en 1977 deputado autonomico polo PsdeGPesoe (1981 1985) e presidente do Consello da Cultura Galega en 1996.
Colaborou en revistas grial da que foi director no 1989 a 2002 ano do seu falecemento. Algunhas das suas obras son :A galiña azul , As laranxas,O can rin eo lobo cristin etc.
Traduciu o principiño do frances Antonie de saint no 1989 ,os escarabellos da suecamaria gripe .

Feito por:Rodrigo Castro
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Imno galego
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Subido por: Marta
Comentarios (1) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL MARIA
Manuel María Fernández Teixeiro naceu en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929. En 1942 trasladouse a Lugo para estudiar o bacharelato e aquí comezou a súa precoz carreira literaria participando, á idade de 20 anos, no ciclo de conferencias "Jóvenes valores lucenses". Esta primeira conferencia serviulle para entrar en contacto cos integrantes da tertulia do café Méndez Nüñez (Pimentel, Fole, Rof Codina...) que o poñerán en contacto coa realidade galega, tanto interior como do exilio. Nesta primeira etapa da súa vida, publica o primeiro poemario dun poeta da nova xeración, Muiñeiro de brétemas (1950), co que se inaugura a denominada "Escola da Tebra".

En 1958 instálase en Monforte como Procurador dos Tribunais e ao ano seguinte casa con Saleta Goi. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participa na reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas, e atende os chamamentos e peticións que lle chegan de todas as organizacións que, ao longo e ancho do país, andan a traballar pola recuperación cultural: desde impartir conferencias ou recitar poemas a presentar á Nova Canción Galega. A súa obra literaria diversifícase e multiplícase de acordo cos novos tempos: ensaio, narrativa, teatro... sen abandonar o cultivo da poesía. Do existencialismo e o seu pesimismo radical evolúe cara á unha poesía que rompe, tanto no formal como na temática, con esta liña subxectiva para se comprometer co ser humano, coa súa xente, coa súa realidade social, en definitiva, co seu pobo.

A súas actividades políticas culminaron coa súa elección como concelleiro en 1979. Son anos duros, e a súa participación nas campañas en defensa da lingua foi moi activa. En 1985 abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural e, desde a súa xubilación, reside na cidade da Coruña. A súa xenerosa entrega foi recoñecida en 1995, na Homenaxe organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega na Coruña.

Non é doado resumir en poucas liñas a obra deste insigne poeta, referencia imprescindíbel no panorama literario da segunda metade do século XX, pola amplitude dos seus rexistros, das súas propostas e da súa temática: intimismo, paisaxismo, socialrealismo crítico ou satírico, preocupación relixiosa, reivindicación lingüística... e, como fío conductor de todo este mundo poético, a construción da patria.
ALBA GARCIA RIOS
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Xabier P.Docampo



Xabier P.Docampo(Rábade Lugo 1946) é un mestre,escritor,contacontos,actor de teatro,guionista e promotor da lingua e a cultura galega,ademais de animador á lectura e experto en bibliotecas escolares.En 1995 obtivo o premio nacional de literatura infantil e xubenil por cando petan na porta pola noite, seleccionada así mesmo como unha das cen mellores obras do século xx español,segundo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez.A súa tarefa pedagósica intégrase na chamada nova escola galega.

Antonio Martínez Escofet
Comentarios (3) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé María Álvarez Blázquez
Biografía


  Nacín en Vigo o 6 de xullo de 1950. O barrio de As Travesas e as praias de Coruxo son os espazos da miña nenez. Santiago de Compostela, onde fixen estudos de Filoloxía Románica, constitúe o referente crucial da miña mocidade. Desde o ano 1973 veño exercendo a docencia como profesor de Literatura en Institutos de Santiago, Ourense e Vigo e vivo, desde 1990, na aldea de Vilar (Vilaboa), fronte á illa de San Simón.
     Ademais de poesía, teño publicado relatos breves e fixen algunha incursión no xénero teatral. A miña adicación aos estudos literarios céntrase na poesía galega da segunda metade do século XX. Ultimamente descubrín o esixente placer da literatura para crianzas e o territorio complementario da poesía obxectual.
     Obtiven os premios "Esquío", "González Garcés" e "Arume de Poesía para Nenos" e os da Crítica de Galiza e de España.
     Formei parte do consello editorial das coleccións de Poesía "Mogor" (1976-1980) e "Pero Meogo" (1980) e dos consellos de redacción dos suplementos "Galicia Literaria" de Diario 16 de Galicia (1990-1992) e "Faro das Letras" de Faro de Vigo (1993-1996). Entre os anos 1984 e 2002 integrei a equipa directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, onde desempeñei o cárrego de Presidente durante algúns meses de 2002. Coordenei as revistas da A.E.LG. "Nó" e "Contemporánea". Fun membro fundador do "Foro da Cultura" e de "Esculca Observatorio para a defensa dos direitos e as liberdades". Actualmente formo parte do colectivo "Burla Negra" e do consello de redacción da revista "Grial".



Foi escritor de poesía, novela e teatro; investigou a literatura galega do pasado, o folklore e a prehistoria e foi o cofundador da primeira editorial no noso idioma. Son algúns dos méritos polos que Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985) acaba de pasar a engrosar a listaxe dos homenaxeados no Día das Letras Galegas. A Real Academia Galega decidiu que o 17 de maio do 2008 honre a súa figura.


Nuria Bouzas Pousada
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Maios tradicionais
Cada primeiro de maio (segundo a tradición cristiá a data chega até o día 3) a vexetación sae á rúa en forma de "maio", unha construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función da zona na que se elabora e que pode ser enxebre ou artístico. Os "maios" xestáronse para invocar o crecemento das plantas cultivadas e para protexelas de posíbeis ameazas naturais, coma os ratos, toupas... ou os sobrenaturais, as sempre temidas meigas que cos seus poderes poden botar un "mal de ollo" á colleita.

Aínda que os maios comezaron sendo festas propiamente vexetais feitas con pequenas construcións, co paso dos anos foron incorporando bailes e coplas con carácter satírico, completando o sentido popular da festa.

A celebración hoxe
Metade tradición, metade espectáculo, varias localidades de toda Galicia festexan esta peculiar convocatoria no período que cómprente os últimos días de abril ou os primeiros de maio (en función de cando coincida o domingo no calendario).

Desde finais do século XIX e principios do XX as institucións potencian a celebración desta festa coa creación de certames. En Ourense, a festa de exaltación da vexetación celébrase desde 1909, e aínda que, segundo afirma o propio concelleiro de Cultura, José Araújo, son "tradicións que nunca se perderon na cidade, aínda que manteñen dúas variantes: unha de maios tradicionais, e outra dos artísticos, que reproducen escenas cotiás ou edificios da cidade". Ademais, o Concello insiste en recuperar esta tradición, por iso, durante o pasado mes de marzo organizou, en colaboración con varias asociacións, un "Foro dos maios". Unha serie de conferencias que recolleron opinións e teorías sobre o pasado, presente e futuro dos maios que o concello acaba de editar acaba de editar dentro da colección Auria baixo o título "Levántate, maio"

Un total de 25 maios encheron a alameda ourensá, no que había réplicas en carriza da Ponte do Milenio, do Carrabouxo, de igrexas, esculturas e situacións cotiás da cidade ou da provincia. Non faltaron as asociacións culturais "Rabo de Galo" e "As Eiroas", dous clásicos neste certame no que venceron a Asociación de veciños da Rúa do Vinte e un e o Mouchiño, na categoría de maio artístico adulto; os alumnos do colexio Padre Feijoo e o centro de ensino Guillelme Brown na categoría de maio artístico infantil. Nos apartados maios enxebres gañaron os veciños da Rúa do Vinte e un na categoría adulto e os alumnos do Colexio Concepción Areal na edición infantil.

En Pontevedra dez maios foron os encargados de engalanar a Praza da Ferraría. O vencedor foi o maio de Cerponzóns que levou o premio especial (que é o máis importante do concurso). Os maios de Pontevedra eran tradicionais, onde predominaba a habitual forma cónica. En Poio víronse 7 maios e dous máis con forma de barco, outra das estruturas tradicionais para este tipo de construcións. Os gañadores en Poio foron os grupos "Pimpín" do Sartal, "Bouréante" de A Seca e o do colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Isidora Riestra.

As orixes
Os historiadores non conseguen porse dacordo á hora de datar a da orixe dos maios. Hai quen a sitúa no Paleolítico, momento no que xorden os cultos agrarios como hai quen a sitúa no Neolítico, co nacemento da agricultura. O que si queda claro é que os maios xurdiron sempre ligados ao medio agrícola e á necesidade de crear un ritual para o crecemento das colleitas e da súa protección contra calquera tipo de mal (ben unha peste, ben un "mal de ollo").

Os maios acompáñanse habitualmente de coplas cun compoñente satírico que facían relevancia a calquera feito social que acontecese no último ano. As coplas eran recitadas por unha persoa desde dentro do propio maio, e a xente que estaba fóra replicaba coas mesmas verbas. Coas coplas acontecía igual que coas formas e os materiais de construción dos propios maios, hai moitas estruturas, figuras e variantes. O que si é igual en toda Galicia, é a relación que hai entre os maios e os nenos, que son os protagonistas destas festas.
SARA LOPEZ PAZOS
Comentarios (1) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Marilar Aleixandre
Teño saudades de todas as cidades e vilas nas que vivín: Ceuta (o limoeiro de lúa que tiñamos no patio); Doña Mencía (ir comer figos ao romper a alba con meu pai); Madrid (o cineclube de Areneros, onde vin por vez primeira "Freaks"); Vigo (as mimosas en flor en decembro); Santiago de Compostela se algún día marchase, e ata outras cidades nas que nunca ou só brevemente vivín: Donostia, Perugia, Boston. Debido a Ramón Facal teño unha relación especial con Toba, Cee e coa Costa da Morte onde están situados algúns dos meus libros como A formiga coxa e Lobos nas illas, e pertenzo ao Batallón Literario da Costa da Morte e ao consello editorial de Letras de Cal.
Tiven a sorte de recibir unha esmerada educación rockeira asistindo a "Caravana" de Ángel Álvarez a finais dos 60; entre semana estudiaba Bioloxía e cheguei a ter unha relación bastante intensa cos escaravellos. Nos 70 comecei a ensinar Ciencias, e puiden mercar unha moto. Agora ensino Didáctica das Ciencias e Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela.
Hai quen pensa que os escritores levamos unha vida aventureira, pero eu non viaxei en trineo polo Ártico, aínda que confío en facelo algún día. Mentres tanto escribo poemas, contos e novelas.
Aprendín a escribir -ademais de lendo- redactando panfletos e artigos para revistas de partidos clandestinos (todos, cando eu estudiaba). O primeiro relato que escribín, un conto sobre vampiros, foi o xérmolo de "Agardando polos morcegos", pero tardei bastante en publicar A formiga coxa. Despois viñeron, A expedición do Pacífico (Premio da Crítica de Galicia 1995) alternando con narrativa para adultos, como Lobos nas illas (Xerais 1996, en castelán Lumen 2001) ou A Compañía Clandestina de Contrapublicidade (Premio Álvaro Cunqueiro1998). A Banda sen futuro recibiu o premio Lazarillo de novela xuvenil en 1999 e o premio Lecturas, votado por rapaces e rapazas das bibliotecas galegas, en maio de 2001. A miña novela Teoría do Caos, un texto sobre as traizóns, recibiu o premio Xerais en 2001. Son unha viaxeira impenitente, e convén lembrar o proverbio árabe, non hai que confiar nos viaxeiros pois contan moitas mentiras.




derrotas domésticas


debeu ser mderrotas domésticas
dedebeuoi difícil
degolar as anguías
sen cortar os dedos
arrandearte para que non te cubrisen
as escamas do ollomol
liscar do nó corredío das sabas
nas noites opacas
que batallas contra os garavanzos
medrando disformes na agua
que absurda tarefa


escoller lentellas de arroz
que impotencia
cando o leite fervido vai por fóra
inevitablemente
e se o batifundo das tixolas
non che deixaba oír a música
se o teu francés e alemán
eran inútiles contra a graxa nos fogóns
se os tubos de agua berran como nenos
ou gaivotas
e as patacas se pegan


no fondo da tarteira
nai
¿como é que estás sorrindo nas fotos?


Fala carrapuchiña
 
 Chamoume e metinme na cama con el. Facía como que ía comerme, rillando as uñas moi a modo e despois tragando as biscardas. Outras veces metía na boca os dedos, a man ou mesmo o brazo enteiro ¡tan pequeno! Comerse un ó outro, así fan os que se aman. Eu non podía comelo, sendo tan grande, tan enorme, con aqueles cabelos hirsutos, o alustro dos dentes brancos, a voz profunda como os tronos. Daquela quitáballe os carrachos que o asañaban como a todos os lobos e despois comíaos, rebentando de sangue que esvaraba pola miña boca, polo queixo, manchando o meu vestido. Por iso dixo o cazador, cando nos encontrou a primeira vez, que eu ía ensanguentada, que rompera isto ou aquilo, que el estaba coméndome e tivera que tirarme do máis fondo das súas tripas. Non era certo e, por outra banda, se nos comemos o un á outra e por amor. Tamén Beatriz comeu a Dante ou polo menos comeu o seu corazón, o centro do centro. Tampouco é verdade que o cazador lograra ferilo, senón que, non podendo enfrontarse á escopeta cargada, fuxiu para o máis escuro da fraga.
Pero eu probara o seu sangue, o sangue que rebentaba o corpo esvaradío dos carrachos que sabían a terra, a metais enferruxados. A lúa comezou a cambiar o meu corpo. Dentro de min nacían alustros e tronos, coitelos de linguas, dentes afiados como esquírolas de cristal. Cando o cazador nos encontrou a segunda vez eramos dous e non puido escapar. Desde entón unhas veces vou eu procuralo ó escuro do bosque, outras ven el e entra comigo na casa, enganando ós outros co seu aceno de can, os ollos baixos para non descubrir os relampos de treboada que aniñan neles.

A soga

A soga, o último recurso.

Acariciou coas mans a súa lonxitude. Baixo a áspera tona o esparto agochaba unha promesa de liberdade. Fixo un nó corredío, probou o seu contacto coa pel, dunha sequidade que suxería outras peles escamosas, enguedellar o corpo nun co dunha cobra. Con outros corpos, antes de ingresar aquí.

A soga fala linguaxes distintas, prende ou ceiba, ata ou abre fiestras cara a outro lugar, fóra deste obtuso cárcere, deste claustro, círculo sen fin. É a derradeira esperanza, a elección cando nada queda por escoller.
Nas longas noites dubidara, soñando coas súas espirais incitantes, mentres a soga se ofrecía e se negaba, nun intre a carón da man, no seguinte inalcanzable.

¿Termaría o barrote do seu corpo? Era preciso que aguantase durante un curto tempo. ¿Ou cedería, arrebolándoa no chan, os ósos escachados, sen conseguir o seu obxectivo? ¿E ela, sería quen de facelo? ¿Ou botaríase atrás no último momento?

Apertou a soga, o único que tiña, o camiño retorto cara ao outro lado, un lugar incerto, descoñecido, mais que poñería fin a este desacougo.
Na escuridade da cela, a soga enrodelada como un animal antigo, unha besta do seu país, de cego propósito, ignorante da súa mordedura letal, agarda en silencio a madrugada. A noite escoa lentamente cara a outro meridiano, quizais cara ao lado da soga que permanece na sombra.
A novicia asegurou o nó, contemplouno durante un intre, porta dun mundo distinto, e despois entrou nel.


Feito por:Noemi Couso Calvar


Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Danza da lúa en Santiago
¡Fita aquel branco galán,
olla seu transido corpo!

É a lúa que baila
na Quintana dos mortos.

Fita seu corpo transido
negro de somas e lobos.

Nai: a lúa está bailando
na Quintana dos mortos.

¿Quén fire potro de pedra
na mesma porta do sono?

¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!

¿Quen fita meus grises vidros
cheos de nubens seus ollos?

¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!

Déixame morrer no leito
soñando con froles dóuro.

Nai: a lúa está bailando
na Quintana dos mortos.

¡Ai filla, co ar do céo
vólvome branca de pronto!

Non é o ar, é a triste lúa
na Quintana dos mortos.

¿Quén brúa co-este xemido
dímenso boi melancónico?

¡Nai: É a lúa, a lúa
coronada de toxos,
que baila, e baila, e baila
na Quintana dos mortos!




Subido por: Paula Calviño Monteagudo
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA PAIS DOS MORTOS



Dise que Galicia e o país dos mortos.Hai alguns mitos que nolo contan.
1-Procura do inferno.
Un home que vai na procura dun abogado e aparece no inferno, pero non sabe sair,por iso ponse a rezar e nese intre aparécelle un santo, despois aparece en Galiza.
2-San Andrés de Teixido.
Como dí o refrán :? a San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo?
3-Brato do Pico do Sagro
E unha montaña que en un buraco que se dí, tamén: o que non vai de vivo vai de morto
4- As vilas asolagadas
Son vilas que están afundidas por causa dun mal comportamento. As persoas siguen vivinddo nas vilas asolagadas en forma de almas.
5-A compaña
E un grupiño de persoas que van polas vilas as 12 da note e a persoa que a mire dise que morrerá en pouco tenpo, para evitar xuntarse coa ?A Compaña? hai que facer un ciculo no chan e poñerse boca abaixo e non miralos.

Estes son os mitos que din que Galizia e o país dos mortos, entre outros.
-
Ángeles e Tania
Comentarios (4) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
LOBISHOME

Erase unha vez ,nunha montaña de Cervantes habia un home que se emberrechaba por todo e tiña un fillo que lle gustaba ir as festas. E un día discutiron por que el queria ir a festa de Pedrafita e o pai lle dixo asi como bais detras das mozas vai detras das lobas. E un día o mozo escapou ,e no pobo se falaba moito da desaparición do mozo e o gran lobo, o pai foi a xunta unha veciña e lle preguntou como podia facer para volver a ser humano, e ela lle diso -hai que ferilo.Enton o pai apuñalou o gran lobo e bolveu aser humano.


ALBERTO ARMESTO OTERO
ÁNGEL MARIÑO SOAGE
Comentarios (1) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0