TRABALLAMOS CO HIMNO GALEGO. Sabías que é o único himno do mundo que comeza con interrogantes? Que sabes sobre o Himno galego, coñeces este poema épico de Eduardo Pondal e a súa música de Pascual Veiga? Que nos di o himno? Segue as propostas que che facemos para axudarte nesta investigación.
Identifica no Himno galego en primeiro lugar unha personificación e intenta explicar quen fai as preguntas iniciais do poema e a quen se dirixen ou quen as responde:
Que din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
O autor do Himno é_______________________.
Lembra a segunda parte e indica cal é o símbolo no poema que representa o pasado, presente e futuro: Os rumorosos que son os pinos. A raíz no pasado, o tronco o presente e o futuro que está nas copas que son as que "pregoan a redenzón da boa nazón de Breogán".
Sobre Breogán e o seu adn, por se queremos da lenda historia podedes ler este artigo do ADN de Breogán.
UNIDADE 5 (só a gramática e literatura) e 6: Os nomes das cousas:
- A comida 8 (páx.126)
- A familia léxica (páx.127)
Ortografía:
- Signos de puntuación: a coma (páx.128)
Gramática:
- Pronomes/determinantes(Demostrativos,posesivos páx.110-111).
- Pronomes/determinantes(cuantificadores, identificadores, interrogativos e exclamativos (páx.130-131 Literatura:
- A lírica características, métrica (páx.114-115)
- A lírica:a rima e as estrofas (páx. 134-135)
Tradición oral:
-Atoparse con mouras.
Lingua e Sociedade:
- Variedades da lingua situacionais (páx. 128)
Obradoiro de expresión:
- O refrán na libreta e no blog.
UNIDADE 7: Os nomes das cousas:
- A paisaxe (páx.146)
- Os préstamos lingüísticos(páx.147)
Ortografía:
-Signos de puntuación: Os dous puntos e os puntos suspensivos (páx. 149)
Gramática:
- Os pronomes persoais tónicos (páxina 150-151)
- Os pronomes átonos:(páx.170-171) repaso do 2º avance.
As orixes do Entroido:A palabra significa entrada, festa da entrada da preparación dunha boa entrada da primavera. É logo unha festa previa á primavera (antes do Solsticio)e data de cando non había certeza de que a primavera volvía cada ano, ou máis ben, críase que había que facer algo para que os deuses da Natureza ofrecesen unha primavera boa, produtiva e fecunda. Era unha festa na que se realizaban rituais propiciatorios na honra deses deuses da Natureza e das Estacións nos que a máscara e outros ritos con lume, como a queima dun boneco, debían ser elementos centrais asociados a unha mellor e maior fecudidade, por iso é tan reiterada a referencia a ambos sexos nos festexos de entroido. Ritos que se realizaban a partir do solsticio de inverno 21 de decembro) e antes do equinocio da primavera (21 de marzo).
Pero por que conservamos o Entroido sendo unha festa pagá realmente tan primitiva? Grazas ao Cristianismo que non foi capaz de rematar con estes cultos pagás, anteriores a aparición da relixión cristiá, que ante a imposibilidade de prohibilas, colocou un período de 40 días de xexún (ieiunum en latín) na Idade Media para evitar que se mesturasen coas celebracións coa Pascoa, é dicir coa conmemoración da morte e resurreción de Cristo.
Lembrade que estes corenta días, de aí vén o nome da Coresma, se colocan cada ano en función da primeira lúa chea que haxa despois da entrada da primavera.