blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AS ORIXES DO TEATRO NA BIBLIOTECA

Hoxe día internacional do Teatro fomos á Biblioteca para escoitar aos compañeiros/as de 4º de Cultura Clásica de 4º da ESO que nos explicaron cales eran as orixes deste xénero literario.

No blog da Biblioteca de Secundaria podemos ver unha reportaxe máis ampla desta experiencia didáctica.

Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 27-03-2015 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
EN QUE CONSISTE O TEATRO
Imos achegarnos ao xénero do teatro:




Cuestións:
1- Cales son os personaxes que interveñen nesta trama?
2-Describe brevemente como son.
3- En que lugar e en que tempo se atopan?
4- Cal é o conflito que xorde entre eles?
5- Ao se tratar dun resumo dunha representación o final queda aberto, cal cres que será o final da historia? Sera comedia ou traxedia?
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 25-03-2015 06:16
# Ligazón permanente a este artigo
1º DA ESO COA AUTORA DE DRAGAL

Hoxe tivemos os alumnos/as de 1º da ESO o Encontro da Biblioteca coa autora Elena Gallego Abad. Explicounos inicialmente as razóns que a levaron a escribir o libro, a documentación básica coa que comezou unha historia que logo se foi desenvolvendo e que hoxe xa está a piques de presentar o cuarto volume (espera saír no próximo mes de abril). Tamén verá a luz neste ano o cómic do DRAGRAL.

Os alumnos/as de 1º da ESO despois de preguntarlle dúbidas e incertidumes tras da lectura , tamén de comunicarlle a súa experiecia tras ler o primeiro dos libros entregoulle unha serie de traballos en grupo realizados nestes días na procura das orixes do dragón galego.

Se queredes ver unha reportaxe gráfica máis completa das fotos podedes consultar o enlace da Biblioteca de Secundaria.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 18-03-2015 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO COA AUTORA ELENA GALLEGO

Despois de ler en Nadal o libro de Dragal I A herdanza do dragón de Elena Gallego Abad. Hoxe 18 de marzo teremos un Encontro coa autora organizado pola Bilioteca de Secundaria San Narciso e o Departamento de Galego coa intención de que os alumnos/as de 1º da ESO teñan unha experiencia lectora completa ao compartir as dúbidas, emocións e sentimentos que a lectura deste libro provocou coa súa escritora, ademais de escoitar da súa propia voz as vicisitudes da creación literaria e o seu complexo proceso.
Ao se tratar dun libro e dunha saga que está gozando dunha calorosa acollida, que conta xa con traducións a diversas linguas, esoutra faceta do mundo editorial tamén enriquecerá o coñecemento dos alumnos/as sobre o mundo do libro e contribuirá a que sigan lendo máis e medrando en cultura.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 18-03-2015 06:09
# Ligazón permanente a este artigo
NA PROCURA DE ESCUDOS E BANDEIRAS CO DRAGÓN GALEGO

A antiga bandeira do primeiro reino medieval de Europa, que foi Gallaecia, é dicir, un reino que os romanos venderon aos Suevos (que ocupaba ademais da actual Galicia, o Norte de Portugal e unha boa parte de Asturias e León) tiña unha bandeira que como consta nun documento do 1669 tiña un dragón e un león enfrontados. Aínda hoxe no escudo da cidade portuguesa de Coimbra podemos ver aquel vello dragón.

Ademais desta proba evidente da presenza do dragón galego na nosa Terra de vello, hai unha boa chea de escudos da nobreza galega que incorporan un dragón na heráldica particular.

Na fotografía que acompaña esta entrada vemos este escudo da casa Balboa en Vilafranca do Bierzo, e non é o único que podemos apreciar, tamén aparece un dragón de distinta maneira en escudos de diversas familias.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 16-03-2015 06:14
# Ligazón permanente a este artigo
A RAÍÑA LUPA NA...




A Raiña Lupa pasa por ser a moura máis coñecida e misteriosa da nosa mitoloxía.
Trátase dun mito precristiá que logo se foi cristianizando ata aparecer integrado nas lendas da chegada do corpo de Santiago Apóstolo. Vaiamos logo na procura do noso dragón, as fontes de inspiración da novela de Dragal.

Le atentamente este texto en latín e a súa tradución:

Ophiussa... primo Oestrymnis,
locos et arua Oestrymnicis habitantibus;
post multa serpens effugauit incolas,
uacuamque glaebam nominis fecit sui.


"Ofiusa... foi chamada, ao principio, Estrimnis, porque os estrímnicos poboaban as súas paraxes e cabos; despois, unha multitude de serpes fixo fuxir aos seus habitantes e deixou o territorio privado do seu nome."

Cempsi atque Saefes arduos collis habent
Ophiussae in agro. Propter hos pernix Lucis
Draganumque proles sub niuoso maxime
Septentrione conlocauerant laurem.


"Os cempsos e os saefes ocupan os abruptos cumios do territorio de Ofiusa. Cerca deles se estableceron o rápido luso e a prole dos draganos, en dirección cara o septentrión de abundantes neves".
Ora Maritima, Avieno

Avieno neste texto do século IV d.C. conta que os habitantes máis antigos de Galicia chamados Oestrimnios foron atacados o pobo dos Saefes (serpes ou dragóns) que algúns historiadores identifican coas tribos celtas que conforman a Cultura dos Castros. Poucos vestixios deixaron debido a posterior Romanización que trouxo outros costumes, crenzas e formas de vivir e organizarense a sociedade. Pero nas lendas como a do Santo Hadrián atopamos a un dos primeiros santos nestas terras acabando coas serpes das Illas Sisargas.

Non esquezamos que Ofiusa é o nome que recibe este territorio e que significa "pobo de serpes", os ofidios son a especie destes réptis, "ofis" é a palabra grega da que provén este nome.



Tamén os arqueólogos e especialistas na Cultura Castrexa chaman a nosa atención sobre a aparición de serpes esculpidas en pedra en distintos castros como o de Troña (Ponteareas) acompañados de lendas que se conservaron por tradición oral. Na ilustración a famosa Pedra da Serpe de Gondomil (Ponteceso), unha das máis coñecidas representacións de serpes-dragóns de orixe incerta e que posteriormente foi cristianizado como pode apreciarse pola cruz.




Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 12-03-2015 06:41
# Ligazón permanente a este artigo
A RAÍÑA LUPA E O DRAGÓN



A Raíña Lupa pasa por ser a moura máis coñecida de Galicia. Pero nós que sabemos sobre ela?

Trátase dun mito precristiá curiosamente cristianizado e do que hai moito escrito.
Que é unha moura?

Aquí atopamos outra información no blog do Arqueólogo Manuel Gago
A información máis común é a que transmite a galipedia e un traballo moito máis complexo é este do concello de Boqueixón

E tamén deixamos aquí este vídeo do lugar do Monte Pindo onde din que está soterrada:

Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 11-03-2015 06:54
# Ligazón permanente a este artigo
ATOPARSE COAS MOURAS




a lenda da Poza da Moura
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 01-03-2015 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal