blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fantasmas de Luz, de Agustín Fdez Paz
Vexamos estes avances de dúas películas de cine:





O noso libro terá algo que ver con esta película?
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 18-03-2013 06:49
# Ligazón permanente a este artigo
COLOCACIÓN PRONOME ÁTONO
Deixamos aquí unha pequena indicación a ter en conta para usar correctamente os pronomes átonos e vitando os "pronomicidios":

Os pronomes átonos colócanse normalmente despois do verbo e unidos a el: ( dígocho), pero hai ocasións en que se debe colocar o pronome antes do verbo.

CASOS EN QUE O PRONOME ÁTONO VAI ANTES DO VERBO:

1- Cando vai nunha oración negativa ou desiderativa:
( non te quero, oxalá cho dixesen hoxe!)

2- Cando vai nunha subordinada: (dixo que te amaba).

3- Cando vai nunha interrogativa parcial ou tras un exclamativo:
Quen che preguntou iso?
Como me alegro da túa boa nota!

4-Cando a oración comeza por algúns indefinidos e adverbios: ( alguén mo dixo, seica me falara). Cousa que non ocorre con adverbios como os de tempo e lugar: Mañá achégome alí.
Comentarios (2) - Categoría: GRAMÁTICA GALEGA - Publicado o 11-03-2013 07:18
# Ligazón permanente a este artigo
EVITAR OS PRONOMICIDIOS
O Departamento de Policía púxose en contacto con urxencia coa Inspección de Educación e están colaborando estreitamente coa idea de evitar máis pronomicidios na zobna. Por iso e por non alarmar acaban de enviar a un inspector de Educación, que está xa no centro, e vai pasar preguntando aula por aula cousas como estas ( colocámocas aquí para de forma urxente evitar que nos acusen de permitir máis pronomicios. Poñede atención e practicar logo:
colocación dos pronomes átonos
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA GALEGA - Publicado o 05-03-2013 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0