blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O pergamiño Vindel espéranos en Vigo...

Seremos quen de descubrir por que é un tesouro?

Que é un pergamiño?

En que idioma están escritos os textos deste pergamiño? Por que está normalmente nun Museo en Nova York e só durante uns meses estará exposto en Galicia?

Quen era Vindel?

Quen era Martín Codax?

Que contén o pergamiño Vindel?

Que é unha cantiga de amigo? De que tratan?

Cantas cantigas están escritas neste pergamiño?

Por que é único o Pergamiño Vindel?

Cantas persoas intervirían na confección deste pergamiño, ademais do autor das cantigas?


Bótalle un ollo aos textos do Pergamiño Vindel.

Escoita dúas cantigas das que se atopan no Pergamiño:





Logo de escoitalas imos comentar algunhas das súas características na aula.

As confidentes da muller nas cantigas.

Algúns dos recursos literarios das cantigas
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 18-02-2018 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
Das raíñas e labregas da Idade Media

O NOSO TRABALLO PARA MARZO SOBRE A MULLER NA IDADE MEDIA:

Falaremos, investigaremos para realizar unha boa biografía de sete mulleres con nome de seu na nosa Idade Media. Unhas son raíñas, outras humildes labregas, mesmo nas cantigas que daquela escribiron conservamos algúns dos cantos que seguro elas tamén cantaban.

DE CANDO NACE O GALEGO: SÉCULO IX
Ilduara ou Aldara

ENTRE OS SÉCULOS XI e XII
Sancha I, raíña de Galicia (1037-1067). Aínda que nacera en León en 1013, será a raíña de galicia dende o 1037. Esposa do Conde de Castela, grazas ao cal este será logo rei, Fernando I.

Urraca, raíña de Galicia (1081-1126) neta de Sancha I e filla de Afonso VI e Constanza de Borgoña, é unha das raíñas máis controvertida da Idade Media polo seu afán de poder que a levou a enfrontarse a súa irmá Tareixa, condesa de Portugal, favorecendo así a independencia deste condado e a súa configuración coma un novo reino, separado da Gallaecia histórica entre o norte e o sur do Miño. As dúas irmás casaran con dóus irmáns nobres de Borgoña, Urraca con Raimundo e Tareixa con Henrique. Pero se cadra o episodio máis coñecido produciuse anos despois co enfrontamento co seu fillo Afonso VII, rei de Galicia, León e Castela, e aspirar ao goberno destes territorios tras casar por segunda vez con Alfonso I de Aragón.

AS MULLERES NAS CANTIGAS DO SÉCULO XIII

Aínda que houbo mulleres nobres que escribían, non se conservan referencias escritas sobre mulleres galegas a non ser polo que os homes escribían acerca delas en documentos literarios como as cantigas de amigo (das máis coñecidas as de Martín Códax, xograr de Vigo) ou en cantigas de escarnio e maldicer onde se nomea a unha tal María Balteira.
Na nosa visita ao Museo do Mar de Vigo e a exposición do Pergamiño Vindel: Un tesouro en sete cantigas imos tentar descubrir por que ten tanta importancia este documento.
O Esplendor dunha lingua milenaria que cando Rosalía de Castro (no século XIX) vivía aínda era practicamente descoñecido que existiran na nosa lingua escritos de reis e trobadores que fixeran da nosa literatura unha das máis brillantes da Europa medieval.Esa época dourada foi coñecida grazas aos estudos como os de Sarmiento (editados no XIX) e a descubertas como a do Pergamiño Vindel en 1914. Á volta da visita seredes vós os que narredes o resto da historia de por que este pergamiño é un tesouro en sete cantigas e como procurar a voz das mulleres da época a través deses textos que son algo máis que palabras milenarias.


E NO SÉCULO XIV
Inés de Castro, raíña de Portugal despois de morta.

Finalmente María Castaña, unha clara precursora da Revolta Irmandiña da que xa falamos.
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN - Publicado o 08-02-2018 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal