blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un 24 de febreiro de fai 175 anos
Un día 24 de febreiro nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela, escollemos este día para comezar a traballar máis polo miúdo a poesía na clase de galego de 1º ESO, escoitamos versoso de Rosalía e comentamos temas e estilo dunha poesía que bebe das fontes da tradición oral, porque esa é a forma primeira que teñen para o galego moitas das manifestacións da nosa literatura. Neste camiño da descuberta da Galicia que levamos dentro o campo emotivo emocional vai ser percorrido grazas en gran medida a poesía galega que terá o seu punto álxido no mes de maio cando cheguemos a comentar e coñecer mellor un poema que como algúns dos poemas de Rosalía tamén nos representa a todos nós e que é o Himno galego de Eduardo Pondal.
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 25-02-2012 07:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal