blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XAN de Rosalía de Castro
Para axudar na redacción sobre " a miña nai , unha muller traballadora" lemos na clase o poema de Rosalía de Castro titulado Xan
Aquí deixamos este vídeo montado sobre este mesmo poema por alumn@s do ies Lagoa de Antela.



E aquí está o texto íntegro co poema de Rosalía:

Xan vai coller leña ó monte,
Xan vai a compoñer cestos,
Xan vai a poda-las viñas,
Xan vai a apaña-lo esterco,
e leva o fol ó muíño,
e trai o estrume ó cortello,
e vai á fonte por auga,
e vaa á misa cos nenos,
e fai o leito io caldo.
Xan, en fin, é un Xan compreto,
desos qu'a cada muller
lle conviña un polo menos,
pero cand'un busca un Xan,
casi sempre atopa un Pedro.

Pepa, a afertunada Pepa,
muller do Xan que sabemos,
mentres seu home traballa,
ela lava os pés no rego,
cátall'as pulgas ó gato,
peitea os longos cabelos,
bótalle millo ás galiñas,
marmura co irmán do crego,
mira s'hai ovos no niño,
bota un ollo ós mazanceiros
e lambe a nata do leite,
e si pode bota un neto
ca comadre, qu'agachado
traillo embaixo do mantelo.
E cando Xan pola noite
chega cansado e famento,
ela x'o espera entr'as mantas,
e ó velo entrar dille quedo:

-Por Dios non barulles moito,
que m'estou mesmo morrendo.
-¿Pois que tes, ña mulleriña?
-¿Que hei de ter? Deita eses nenos,
qu'esta madre roe en min
cal roe un can nun codelo,
i ó cabo ha de dar comigo
nos terrós do simiterio...
-Pois, ña Pepa, toma un trago
de resolio qu'aquí teño,
e durme, ña mulleriña,
mentres os meniños deito.

De bágoas s'enchen os ollos
de Xan ó ver tales feitos;
mas non temás, qu'antre mil
n'hai máis qu'un anxo antr'os demos;
n'hai máis qu'un atormentado
antre mil que dan tormentos.
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 26-02-2010 06:38
# Ligazón permanente a este artigo
O Entroido galego e o seu léxico
Podes consultar o léxico do Entroido nunha páxina da SXPL e ademais nos especiais de Vieiros da Escola temos un dedicado a un dos máis orixinais dos entroidos do mundo, o Entroido de Ourense.
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-02-2010 07:30
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA - SAHARA
Un traballo de solidariedade e Paz. GALICIA-SAHARA
1-Investiga sobre o Sahara, cal é a orixe deste pobo, porque é un pobo con problemas, que é o Fronte Polisario, cal é a situación actual dos campos de refuxiados, como é a vida no deserto(25-30 liñas) podes consultar entre outras a entrada na rede: “Sáhara Occidental” na Galipedia. (http://gl.wikipedia.org/wiki/S%C3%A1hara_Occidental)
Incorpora ao traballo: Unha ilustración (mapa de situación), (mapa conceptual) e un artigo de opinión.
2- Despois de ver a Exposición GALICIA–SAHARA, creada por Pelu Vidal de AGARESO, unha ONG de Reporteiros Solidarios, realiza a descrición dunha parella de fotografías da Exposición: Incorpora os pés de foto como introdución para as túas descricións que deben non ser inferiores ás 10 liñas por cada fotografía. Nestas descricións, ao emparellalas, debes procurar unha detallada descrición das persoas, obxectos e espazos pensando nos contrastes entre elas.
3- Sabías que hai moitos libros de literatura sobre o Sáhara. Por exemplo, o famoso libro O Principiño onde narrador é un aviador que durante un voo ten unha avaría no motor. Para arranxalo párase no deserto do Sáhara. Para el é unha cuestión de vida ou morte. Á mañanciña do seguinte día o aviador é sorprendido por unha pequena voz que lle demandaba “Por favor... píntame un año!”.
Procura agora ti un texto literario sobre o Sáhara. Podes consultar libros como Smara, unha viaxe marabillosa dun neno ao deserto do Sáhara.
4- A presentación do traballo debe ter o mesmo formato para logo facer unha exposición posteriormente na Biblioteca de Secundaria: unha carpeta que inclúa tres folios ou catro cos contidos do traballo (incluíndo a bibliografía utilizada).

Aquí deixamos o vídeo resumo do traballo de fotografía de Pelu Vidal da Exposición que viches no colexio. No blog da Biblioteca de Secundaria poderás ver outros vídeos, entre eles un sobre a historia do Sáhara.


Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 05-02-2010 06:48
# Ligazón permanente a este artigo
O DÍA EN QUE CASAN OS PAXAROS
PO día 2 de febreiro é unha data singular no calendario que imos comentar despois do avance, imos pois colocando aquí un enlace sobre a candeloria

Quando a candelária chora,
a metade do inverno vai fora,
que chore que deixe de chorar,
a metade do inverno está por pasar.
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 02-02-2010 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal