blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

No tempo das 13 lúas e 13 noites

Lembrade... comezabamos o curso preguntándonos se vivíamos como galegos. Por iso decidimos tomarnos tempo e, ao longo do curso, día a día, ir sabendo máis e máis de como somos os galegos, que significa ser galego. Agora chega o Nadal e xa empezan a bombardeanos coa publicidade como todos os anos:



E entre anuncios que reclaman a nosa atención debemos saber achegarmos de verdade ao significado deste ciclo de Trece noites coas trece lúas,.
Comecemos polo que celebramos no día 24 de Nadal, é dicir, o nacemento e utilicemos este vídeo e unha fermosa cantiga tradicional adaptada recentemente polo grupo Berroguetto:



Este é o texto do nadal tradicional:

Cara Belén camiña unha Niña ocupada
fermosa canda ela San Xosé a acompaña.

Chegaron a Belén e pediron pousada,
responderon desde dentro con voz alborotada
-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?
-Somos Xosé e María que pedimos pousada
- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.
- Cartos non traerei máis que real de prata
-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.

San Xosé se apenaba, María o consolaba.
Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,
que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?


Un ciclo, o de Nadal, que remata o 6 de xaneiro coas danzas de Reis coma estas:










Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 17-12-2012 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
UN POETA GALEGO QUE SEGUE VIVO
Trátase de Celso Emilio Ferreiro que hoxe día 12 do mes 12 do 2012, ano no que se celebra o seu centenario, imos lembra a través deste poema:





e tamén dun documental:

que emitirán na TVG . Este é un breve adianto:



Este documental que emiten hoxe ás 11,30 case ás 12.
No proxecto Abalar hai tamén unha Unidade didáctica sobre Celso Emilio
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 11-12-2012 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal