|
|
|
RELATOS DA TRADICIÓN ORAL PARA O MES DE DEFUNTOS |
|
 TEMPO DE DEFUNTOS
MORTE BRANCA, MORTE MOURA
O PAXARO DA MORTE
AS LUCIÑAS
ÁNIMAS E PANTASMAS
ASOMBRAMENTOS DO CASTIÑEIRO
A SOCIEDADE DO ÓSO
A ESTADEA e ESTáNTIGA
A COMPAÑA
OS ROMEIROS DO ALÉN: STO.ANDRÉ DE TEIXIDO
|
|
|
|
A Estadea e a Estántiga |
|
 Estadea ou a Estántiga son algúns dos moitos nomes da Compaña.
Estadea debe ser unha pantasma moi alta que cuberta cun sudario branco nalgunhas ocasións dirixe a comitiva da Compaña.
Pero outros din que a Estadea non é máis que unha ánima en pena con ese mesmo apecto, altísima pantasma, que se presenta soa. Recoñécese polo descarnado do seu rostro que non convén mirar de fronte, aluman un ollos vermellos coma brasas e polo sitio da boca daquela caveira xorden bafaradas de lume. É un aviso de morte.
A Estántiga ou Estantiga, é unha deformación posiblemente de "hoste antiga" (en latín "hoste" fai referencia a un exército inimigo) e adoita ser un dos nomes da Compaña en Galicia e en Asturias. |
|
|
|
A Sociedade do Óso |
|
 Pode confundirse coa Compaña e resulta doado comprender o motivo. Os membros desta sociedade secreta, composta por persoas que aparentemente soncoma ti ou coma min, teñen o costume de percorrer os camiños de noite en pantasmal procesión, igualiño cá Compaña. Nestes percorridos os socios levan na man para alumarse ósos de defunto coma quen leva unha candea de cera.
Os Socioas da Sociedade do Óso saben cando un dos seus consocios vai morrer e vano buscar á casa e acto seguido fanlle un funeral na igrexa, sempre de noite. O corpo real do defunto queda na casa e o que vai no cadaleito é en realidade a sombra do morto.
Coidadiño se presencias un funeral desta Sociedade no transcurso da cerimonia u dos socios hase de achegar a ti e hache poñer na man unha candea acesa. Cando todo remate, vaise facer de día e atoparaste só no adro da igrexa e comprobarás que non hai tal candea, o que tes na man é unha tibia humana xeada e fría coma a mesma morte. |
|
|
|
Asombramentos do castiñeiro |
|
 Os soutos poden ser tamén lugares perigosos na nosa tradición. Enriba do castañeiro canta o moucho que, como é sabido, é un dos avisos da morte máis habitual, e debaixo dun castañeiro pode aparecérselle a un a sombra de alguén que vai morrer (outro aviso da morte, que os estudados denominan urco e pode tomar a forma que lle pete unha vez morto, tal vez unha pega, ou un moucho ou mesmo unha castaña).
Quizás por iso non recomendan durmir debaixo do castañeiro polos malos soños que poida traer (parece unha boa indirecta mesmo cunha carga irónica de que debaixo do castañeiro o que hai que facer non é estar durmido, senón traballar) pero efectivamente o castañeiro pode ser perigoso polos ?asombramentos?, especialmente os ninos poden ser vítimas deles. As sombras poden ser ánimas en pena que causan dano aos familiares próximos para que os lembren pois andan penando e non poden entrar nin no Ceo nin no Inferno.
En Mondoñedo cóntase que unha nena noviña dirixíase á noitiña por un camiño a recoller as ovellas. O avó levaba un tempo mal, encamado e con poucas esperanzas de vida. Ao pasar por diante dunha casa xusto fronte ao outro lado do camiño, viu ao seu avó vestido como para ir a misa, esperando debaixo dun castiñeiro. Ela seguiu e ao volver para casa dixéronlle que o avó morrera. Unha señora que tamén o vira, logo lle explicou que o avó se aparecerá debaixo do castiñeiro vestido como para ir a misa porque se estaba despedindo dela.
|
|
|
|
Ánimas e Pantasmas |
|
 Despois da visita da Morte Negra, a alma dos defuntos despréndese do corpo e colle o camiño do Máis Alá, do Alén. Traspasadas as fronteiras do Alén, a alma convértese en ánima. Na nosa tradición a maioría das almas pasan a ser Ánimas do Purgatorio, pois considérase que están alí, nese Purgatorio coma se estivesen nunha estación de tránsito lavando as manchas que lles impiden a entrada no Paraíso.
Neste proceso de limpeza, de cando en vez, volven por este mundo e aparécense a veciños e familiares na procura de axuda ou dun favor para purgar as súas culpas. Cando veñen, veñen de noite e andan normalmente por aquí coa mesma roupa coa que foron amortallados, e por diante o seu corpo semella o que tiveron en vida, pero por detrás véselles ben que están mortos.
As ánimas preséntanse aquí para que amigos e parentes lles axuden a cumprir promesas que non cunpriron en vida, ou para que reparen no seu nome malas accións. Moitas veces veñen poñer no seu sitio verdadeiro os marcos das leiras que cambiaran, con mala intención,cando eran vivos, ou para que vaian a algún santuario ou romaría onde estaban ofrecidos.
As pantasmas son ánimas en pena que andan solitarias na noite e aparecen nas casas ou nos camiños producindo o pánico da xente. Hai quen pensa que as pantasmas poden tamén ser almas perdidas que non saben ou non poden abandonar este mundo, e andan vagando por el.
Os vivos podemos defendernos da aparición das ánima slevenado encima "cousas boas"(amuletos). Nunca debemos fuxir delas; pola contra, temos que requerilas para saber se precisan algunha cousa. se lles podemos axudar cómpre que o fagamos xenerosamente e sen medo ningún.
|
|
|
|
Un cento de palabras do léxico da aula. |
|
.jpg) PROCURA UNHA DEFINICIÓN PARA CADA UN DOS SEGUINTES CONCEPTOS RELACIONADOS COA AULA:
Podes usar o dicionario RAG
(identifica se son masculinos ou femininos os substantivos)
De que falamos?
Centro
Ensino
Educación
Aula
Clase
Didáctica
Os/as protagonistas do proceso
Estudante
Alumno/a
Mestre/a
Docente
Profesor/a
Director /a
Xefe/a de estudos
Claustro
Pais e nais
Titor/ titora
Administración e espazos do centro:
Bacharelato
Mañá
Recreo
Patio
Salón de actos
Biblioteca
Pavillón
Campos de deporte
gardería
ordenamento
Secretaría
Regulamento
praza
matrícula
Obxectos habituais na aula:
Apuntamentos
Cadeira
Colgadoiro
Tesoiras
Afialapis
Grampadora,
clip
goma
Pupitre
Mochila
Cartafol
Estoxo
Encerado
Caderno
Folios
Libro
Volume
Reloxo
Andel
Xiz
Borrador
Lapis
Papeleira
Taboleiro
Ordenador
Proxector
Dicionario
Corredor
Ventá, fiestra, xanelas
Porta
Calculadora
Bolígrafo
Calendario
Mapa
Taboleiro
Regra
Horario
Accións e conceptos relacionados coa actividade nas aulas:
Capítulos
Obxectivo
Obrigas
Acender
Apagar
Motivar
Estudo
Lectura
Escrita
Programa
Proxecto
Planificar- planear
Formulación
Bosquexo
Debuxo
Exposición
Deseño
Limiar
orde,
ordenar
Exame
Síntese
Corrixir
Correcto
Corrección
Ciencia
Ditado
Análise
Resumo
Serea ou sirena?
Saída
Adxectivo,
Substantivo
Adverbio
Verbo
verba
|
|
|
|
TEMPO DE DEFUNTOS |
|
 Chega o Día de Defuntos. En todas as partes comezamos a ver cabazas que representan caras aterradoras que nos invitan a celebrar o Halloween. Pro atención!, non é americano todo o que parece. Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai máis lugares nos que se está a recuperar esta tradici´n na forma do Samaín.
Hai aproximadamente 2600 anos chegaron a Galicia os pobos celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume)? que representaban tanto forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios. En concreto a festa do 1 de novembro era na honra á deidade Samaín (as follas comezaban a caer, facíase de noite antes e a temperatura baixaba).
Igual que outros pobos, os celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra como o cerne dos misterios do ser humano. Crían que ?aquel que posuise unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma?.
Cando chegaban as celebracións do Samaín (ao chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unhas candeas rudimentarias no interior das cabeiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruzamentos de camiños, nos arredores e nas murallas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos. Pensaban que tal día como ese as portas entre o mundo dos vivos e dos mortos estaban abertas, era un día en que os mortos e os vivos podían comunicarse.
É curioso que moitos anos despois o Cristianismo escolleu estas datas para celebraren o Día dos Defuntos e de Todos os Santos. Orixinalmente esta dfesta druídica celta chamábase ? a vixilia de samaín?, así que? de onde vén o nome de Halloween? Vén do intento de cristianizar esta festa pagá. Concretamente cando no ano 830 o papa Gregorio IV dedicou unha capela da igrexa vaticana a ? Todos os Santos? o día 1 de novembro, mudando así a festa que antes se viña celebrando no mes de maio. O novo día foi chamada ? Día de Todos os Santos? (ou All Hallow´s Day en inglés) e cedo chegou o costume de chamar á tardiña antes All Halloweén, que acurtando é Halloween.
Se se busca en libros de etnoloxía polas celebracións que se fan no noso país con ocasión do Día de Defuntos, atoparemos unha serie de costumes ancestrais propios. Desde deixar un oco na mesa ou racións de comida para os defuntos ata facer colares coas castañas novas. A pouco que se pregunte a persoas de máis de corenta anos de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía, Portonovo, Quiroga?)lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles uns pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar os viandantes.
Para saber máis
RESUME O TEXTO e logo responde as seguintes cuestións:
1- Que denominación cres que debemos utilizar para as celebracións tradicionais galegas destes días? Razoa a resposta con dous argumentos. Galicia celebra o Samaín ou o Halloween? Razóa a resposta.
2- Que é un calacú? Que é unha mamuca?
3- O costume de tallar cabazas é tradicional en Galicia ou veu de fóra?
4- A castaña ten valores simbólicos moi interesantes investiga sobre eles.
5- Que outros costumes tradicionais son propios do mes de Novembro no noso país?
|
|
|
|
|