blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O mes de defuntos e o seu léxico
A mal chamada Santa Compaña pasa por ser un dos máis estendidos exemplos da nosa mitoloxía relacionada coa morte. Esta procesión de mortos onde sempre hai un vivo, pode ser aviso da morte e ten un fondo arraigo entre os galegos como podemos comprobar no seguinte vídeo:



No tocante ao LÉXICO DE DEFUNTOS imos enumerar aquí os que vimos usando ao longo deste mes que comeza co día 1 de Todos os Santos e 2, o dos Defuntos o día dos magostos que pola zona adoita coincidir co 11 día de San Martiño e remata co 30, día de Santo André, que tamén dixemos que ten unha íntima relación cos camiños dos mortos cara ao Alén:

MES DE DEFUNTOS (Léxico da morte)
Mes de Santos ou Defuntos ou San Martiño
Outono (auctum + annum “ano medrado, maduro…)
Día de Todos os Santos 1 de novembro.
Día de Defuntos 2 de novembro.
Día de San Martiño 11 de novembro. “ polo san Martiño...trompos ao camiño”
Día de Santo André 30 de novembro.
Festa do Samaín, 1 de novembro
Caveira (cráneo) / cabaza (calacú)
Candea, vela, cirio
Medo, susto , arrepío, calafrío.
Morrer, finar, falecer.
Defunto, morto, finado e cadáver ( carne + dada + aos vermes)
Mortalla
Sudario
Enterro
Caixa, ataúde, féretro, cadaleito, sartego
Tumba, cova, terra.
Inhumar (ósos) / incinerar (cinzas)
Esqueleto / corpo
Lápida,epitafio
tanatorio
velorio
Cemiterio, camposanto
Ánima, alma, espírito, pantasma
Morte Moura, Morte Branca
Agoiros ou avisos de Morte
Paxaro da Morte, avelaiona (corvo, pega, moucho, curuxa...cabra do aire)
avelaiñas (bolboretas da noite brancas e negras)
A Compaña, Estadea (cruz) procesión, acompañamento
Igrexa, parroquia, adro
Ánima en pena, peto de ánimas e cruceiros
Circo ou círculo no chan
Purgatorio
Magosto
As castañas símbolo dos ánimas
campá
Asombramento nos castiñeiros
Urco
Peregrina
Afogada
Bergantín pantasma
O barqueiro e o Río do Esquecemento.
Deceso, óbito, pasamento .... necrolóxica
Funeral, fúnebre “funus”

Rito/ culto aos mortos
Santuario, ofrecidos, romaría
Morte, pasamento (pasar) soño eterno
Camiño dos mortos, Santiago, Teixido...
Galicia País dos mortos
Cidades asolagadas en lagoas.
Inferno, Averno, mundo dos mortos
Ruín, Hábito (rachar o hábito)
Lume, lapas, laparadas
Illa dos mortos, illa do Alén
Alén: Máis Alá, Outro Mundo

Hai tamén moitos ditos e refráns
Comentarios (0) - Categoría: O NOME DAS COUSAS - Publicado o 27-11-2015 05:55
# Ligazón permanente a este artigo
Onte foi 25 de novembro
Nesta pequena reportaxe sabemos cal foi a orixe desta celebración.



E dende Galicia hoxe máis de cincuenta anos despois a conciencia da igualdade entre homes e mulleres tamén se celebra:



Esta é a nosa humilde versión do fermosísimo vídeo de Guadi Galego: matriarcas sn


Cuestións:
1. Redacta un breve texto no que indiques como naceu e por que celebramos o día 25 de novembro o Día internacional contra a violencia de xénero.

2. Logo de facer unha reflexión na aula sobre a importancia de ser persoas non violentas procura no dicionario o significado das palabras machismo e feminismo.

3.Despois de copiar na libreta ámboslos dous significados, tendo en conta que estamos nun centro cristiano, reflexiona sobre cal dos dous movementos e formas de comportase resulta más violento na sociedade. Anota tamén as túas conclusións.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2015 07:14
# Ligazón permanente a este artigo
Mes de defuntos
No Mes de Defuntos procuraremos aprender algo que nos caracteriza como galegos que é a nosa especial relación coa morte. Será porque vivimosno Cabo do mundo?
Imos comezar analizando unha curiosa peregrinación que debemos realizar todos, ben de vivos ou ben de mortos. Di o refrán: "a Santo André de Teixido, vai de morto quen non foi de vivo". Por iso comezamos por analizar este curioso documental que ademais de localizar este santuario na Costa da Serra da Capelada, perto de Fisterra. Logo conta a lenda de Santo André e como hai tradición de que vaian en peregrinación vivos e mortos a aquel lugar. Os mortos necesariamente por seren romeiros do Alén( precisan mesmo a axuda de familiares vivos para atoparen o camiño cara esa illa do Alén cara a que se dirixen unha vez chegados a Teixido de aí os amilladoiros de pedras). Os vivos por ofrecemento ou promesa para sandar algún mal para o que moitos acoden co ataúde.
Pero un lugar máxico tamén presenta rituais que teñen que ver coa vida como o asociado á fonte dos tres canos ou a herba de namorar ou o xunco do bon parir.
No santuario, un dos máis visitados de Galicia, véndense tamén un amuleto-recordo que é pan de Santo André.




Imos pois despois de ver o vídeo responder as seguintes cuestións:
- Que significa a expresión romeiros do Alén?
- De que se queixaba Santo André a Xesucristo ao se instalar o seu santuario neste lugar de Teixido? Que lle contesta Cristo?
-Como pode ir un morto que non foi de vivo a Santo André ou a calquera outra romaría ao que estaba ofrecido? Que significa "petar no sartego"?
- Por que motivos acoden ao santuario os vivos?
- Define os seguintes conceptos: Romaría, Alén, ofrecemento, "herba de namorar", amilladoiros, "xunco do bon parir", procura tamén dous sinónimos de ataúde:...
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 24-11-2015 07:25
# Ligazón permanente a este artigo
AS LINGUAS ROMÁNICAS E O SEU AVÓ

AS LINGUAS ROMÁNICAS

Son as linguas derivadas do Latín, a lingua dos romanos que estes espallaron por Europa grazas ás súas conquistas bélicas tras das que impuxeron unha lingua en todo o denominado Imperio Romano.

Se observas o mapa podes ver as linguas que hoxe coñecemos como familia de linguas románicas.

ONDE SE FALAN AS LINGUAS ROMÁNICAS?

LINGUA: Galego.

ONDE SE FALA?: Galicia,
zona occidental de León e de Zamora,
concellos limítrofes co Principado de
Asturias, no val do Ellas (Estremadura).
NÚMERO APROXIMADO DE FALANTES: 3 millóns.
LINGUA OFICIAL: si, en Galicia. TEXTO:
Todos os seres humanos nacen libres e
iguais en dignidade e en dereitos...

LINGUA: Portugués.
ONDE SE FALA?:
Portugal, Brasil, Angola, Mozam bique,
Cabo Verde, Santo Tomé, Príncipe,
Timor Oriental, Macao, zonas da India.
NÚMERO APROXIMADO DE FALANTES: 200 millóns.
LINGUA OFICIAL: si, en Portugal,
Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea
Bissau, Guinea Ecuatorial,
Mozambique, Santo Tomé, Príncipe,
Timor oriental e Macau. TEXTO: Todos os
seres humanos nascem livres e iguais
em dignidade e em direitos...

LINGUA:Ástur-leonés.
ONDE SE FALA?: Asturias,
León, Zamora, Tras os Montes e Alto
Douro (Portugal, onde é denominado
mirandés). NÚMERO DE FALANTES: asturiano
uns 550000, leonés 175000 e mirandés
(dialecto do norte de Portugal)
15000. LINGUA OFICIAL: non. TEXTO: Tolos
seres humanos nacen llibres y iguales en
dignidá y drechos...

LINGUA: Castelán:
ONDE SE FALA?: Andorra, Arxentina,
Belice, Bolivia, Chile, Colombia, Costa
Rica, Cuba, Ecuador, O Salvador,
España, Guate mala, Guinea Ecuatorial,
Honduras, México, Nicaragua, Panamá,
Paraguai, Perú, Porto Rico, República
Dominicana, Uruguai, Venezuela,
Canadá, Estados Unidos, Filipinas ,
Xibraltar, Marrocos, Sahara Occidental.
NÚMERO APROXIMADO DE FALANTES: entre
450 e 500 millóns de persoas. LINGUA
OFICIAL: si, en España, México,
Colombia, Arxentina, Venezue la, Perú,
Chile, Ecuador, Guatemala, Cuba,
República Dominicana, Honduras,
Bolivia, El Salvador, Nicaragua, Para -
guai, Costa Rica, Uruguai, Panamá,
Guinea Ecua torial... TEXTO: Todos los seres
humanos nacen libres e iguales en
dignidad y derechos...

LINGUA: Aragonés:
ONDE SE FALA?: Aragón, no norte de
Comunidade Autónoma, nas comarcas
de Jacetania, Alto Gállego, Sobarbe e
na parte occidental de Ribagorza.
NÚMERO APROXIMADO DE FALANTES: 12 000
persoas. LINGUA OFICIAL: non. TEXTO: Toz
os sers umanos naixen libres e iguals en
dignidá e dreitos...


LINGUA: Catalán:
ONDE SE FALA?:Cataluña, Comunidade Valenciana,
Illas Baleares, franxa oriental de Aragón,
Rexión de Murcia, O Rosellón (Francia)
Andorra e Alguer (Italia). NÚMERO APROXIMADO
DE FALANTES: 7,7 millóns. LINGUA OFICIAL:
si, en Andorra, Cataluña, Comu ni -
dade Valenciana e Illas Baleares. TEXTO:
Tots els éssers humans neixen lliures i
iguals en dignitat i en drets...

LINGUA:Occitano (ou provenzal):
ONDE SE FALA?:
Francia, ao sur do río Loira, en Italia nos
Vales Occitanos dos Alpes, e en
España, no val de Arán. NÚMERO APROXIMADO
DE FALANTES: 2 millóns. LINGUA OFICIAL:
si, pero únicamente no val de Arán,
xunto co catalán e o castelán. TEXTO:
Totes los èssers umans naisson liures e
egals en dignitat e en dreches...

LINGUA:Francés:
ONDE SE FALA?: Alxeria,
Bélxica, Benin, Burkina Faso, Burundi,
Camboxa, Camerún, Canadá, Chad,
Costa do Marfil, Estados Unidos,
Francia, Gabón, Guinea, Haití, Illas
Comoras, Italia, Líbano, Luxem burgo,
Madagascar, Malí, Marrocos, Mauri -
tania, Mónaco, Níxer, Suíza, República
Centroafricana, República Democrática
do Congo, República do Congo,
Ruanda, Senegal, Togo, Tunisia,
Vamatu, Xibutí. NÚMERO APROXIMADO DE
FALANTES: 500 millóns de persoas. LINGUA
OFICIAL: si, en Benin, Burkina Faso,
Burundi, Camerún, Chad, Costa de
Marfil, Gabón, Guinea, Guinea Ecua -
torial, Comoras, Malí, Madagascar,
Mauritania, Mauricio, Níxer, República
Centroafricana, República Democrática
do Congo, República do Congo,
Ruanda, Senegal, Seicheles, Togo,
Djibutí, Canadá, Haití, Bélxica, Francia,
Italia, Luxemburgo, Mónaco, Suíza...
TEXTO: Tous les êtres humains naissent
libres et égaux en dignité et en droits...

LINGUA: Retorrománico:
ONDE SE FALA?:Suíza, cantón dos Grisóns, Austria e Italia. NÚMERO APROXIMADO DE FALANTES: 35000. LINGUA OFICIAL: si, en Suíza.
TEXTO: Tuots umans naschan libers ed
eguals in dignità e drets...

LINGUA:Italiano:
ONDE SE FALA?: Italia, Suíza, San
Marino, Cidade do Vaticano, Malta,
Croacia, Eslovenia e Eritrea, e tamén
nun amplo número de países onde a comunidade
de italianos é moi importante.
NÚMERO APROXIMADO DE FALANTES: 61 millóns. LINGUA OFICIAL: si, en Italia, Suíza,
San Marino, Cidade do Vaticano,
Croacia (só en Istria), Eslovenia (Koper,
Izola, Pirán). Brasil (cidades de Santa
Teresa e Vila Velha). TEXTO: Tutti gli esseri
umani nascono liberi ed eguali in dignità
e diritti...

LINGUA: Corso:
ONDE SE FALA?: en Córsega. NÚMERO APROXIMADO
DE FALANTES: 200 000. LINGUA OFICIAL:
non. TEXTO: Nascinu tutti l'omi libari è
pari di dignità è di diritti...

LINGUA:Sardo:
ONDE SE FALA?: Sardeña, Italia.
NÚMERO APROXIMADO DE FALANTES: 2 millóns.
LINGUA OFICIAL: si, é cooficial nesta
illa italiana. TEXTO: Totu sos èsseres
umanos naschint lìberos e eguales in
dinnidade e in deretos...

LINGUA:Romanés:
ONDE SE FALA?: Romanía,
Moldavia, Serbia, tamén en zonas de
Hungría e da Ucraína. NÚMERO APROXIMADO
DE FALANTES: 28 millóns. LINGUA OFICIAL:
si, en Romanía, Moldavia e Serbia.
TEXTO: Toate fiin ele umane se nasc libere
i egale în demnitate i în drepturi...

O AVÓ DAS LINGUAS ROMÁNICAS:
Sabías que as linguas románicas tamén teñen unha lingua que sería a súa avoa?


A avoa do galego é a lingua indoeuropea.

Trátase dunha hipótese lingüística chamada Lingua indoeuropea, unha lingua que só se falaba ( non se escribía porque era unha lingua da prehistoria). Do indoeoropeo naceron case todas as linguas de Europa como o latín, o grego, o celta e o xermánico.
Comentarios (0) - Categoría: AS LINGUAS DO MUNDO - Publicado o 17-11-2015 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA DOS NOSOS AVÓS É A NOSA?
Despois de analizar os resultados das enquisas da árbore filolóxica da clase intentamos dar resposta as preguntas que nos faciamos.
Cal é a razón de que o galego dende a época dos nosos avós a hoxe tivese un descenso considerable no número de falantes?:

Atopamos na aula inicialmente tres respostas posibles a esta cuestión tan complexa:
- A ditadura de Franco. O medo e a represión.
- O ser o castelán o único idioma oficial e das clases acomodadas, logo asociado ao éxito social e o galego ao idioma dos "pobres".
- O non nos falar os nosos pais/ nais en galego a nós a pesar de ter recuperado a Democracia.
- O feito de que haxa un ambiente pouco propicio (amigos/as, compañeiros de clase, etc…) que só nos falen en castelán.

Iremos pois analizando estas respostas, unha a unha:


O IDIOMA GALEGO DURANTE O FRANQUISMO (1936-1975)
Observa este cartel que se repartía en Galicia nos primeiros anos da Ditadura de Franco (1942).

1- A REPRESIÓN LINGÜÍSTICA

- Debemos saber que o noso idioma foi prohibido nas escolas, nos actos públicos, nos xornais, no cine… sendo habitual o castigo físico dos rapaces ou rapazas que o usasen na escola, os despidos de funcionarios ou as multas a xornais e escritores, mesmo a censura que impedía a publicación ou a tradución de libros ao galego.

O castelán era o único idioma que se ensinaba e usaba en público, considerando o galego, catalán ou o éuscaro dialectos. Nesa sociedade represora viviron os nosos avós e esa situación foina que naceron e herdaron, en gran parte, os nosos pais/nais.

Todos vós tivestes, grazas á volta da Democracia, unha mellora considerable á hora de poder coñecer e usar o galego nas aulas, pero aínda así, pasados máis de 30 anos, seguimos sendo herdeiros e sufrimos dalgún xeito a presión dunha sociedade condicionada pola imposición que a ditadura exerceu durante os 40 anos que durou. Esa que, en gran medida, fixo que descendese o número de galego-falantes nos últimos anos.

O feito de que os nosos pais/nais non nos falen a nós en galego é logo unha consecuencia das prohibicións e o desprestixio da lingua galega que durante o Franquismo se asentou .

Despois de analizar as prohibicións do Franquismo como unha das principais causas do descenso de galego-falantes nos últimos anos, imos completar esta análise con outra causa non menos importante.

2-A PERDA DO GALEGO COMO CONSECUENCIA DA DESRURALIZACIÓN.

A lingua galega sufríu un descenso de falantes a partir de mediados do século XX tamén como consecuencia da desruralización.

A desruralización de Galicia é a perda de poboación das aldeas e pobos, mesmo das vilas, especialmente das provincias do interior (Lugo, Ourense, pero tamén de zonas máis afastadas da costa da Coruña e Pontevedra). Esta xente marcha do campo para ir vivir e traballar ás cidades galegas ou fóra de Galicia. Un proceso de emigración que se agudizou nos tempos de Franco e que xunto coa presión e a represión exercida a través das escolas provocou que se fora impoñendo o uso do idioma castelán entre os máis novos. Neste vídeo podedes ver as condicións nas que se escolarizaban aos nenos/as das aldeas do interior de Galicia nos últimos anos do Franquismo:




CUESTIÓNS SOBRE O VÍDEO: As Escolas no Franquismo e a desruralización.

1- A pesares de seren o galego o idioma de Galicia, sabes cando se introducirá por vez primeira nas escolas?

2-Describe en detalle seguindo o que din as mestras cal era a situación dos escolares do rural nos últimos anos do Franquismo.

3- Unha das protagonistas da reportaxe é unha rapaza, en que condición de especial dificultade vive? Por que prefería comer no colexio co resto dos seus compañeiros das aldeas de Friol?

4- Que queren ser de maiores estes nenos/as? Por que cres que ningún quere permanecer no campo? Razoa a resposta.

5-Que fan os rapaces e que fan as rapazas ao rematar a xornada escolar e volver as súas casas? Teñen moito tempo para facer os deberes?

6- A avoa que aparece ao final da montaxe, en que idioma canta aos seus netiños?


3- O DESPRESTIXIO DO GALEGO NA IDEA DE QUE O CASTELÁN É IDIOMA DE PROGRESO.

Ao chegar ás cidades, os medios de comunicación como a Radio, a TV e os xornais e fenómenos de masas como o Cinema, van exercer tamén unha forte presión sobre a poboación galego-falante para que troque de idioma. Comeza así a asociarse progresar co uso do castelán, e, aínda que o galego sexa o idioma máis usado en Galicia ou maioritario, será un idioma minorizado por non gozar de prestixio e de valor mesmo polos seus propios falantes.

Hoxe coa volta da Democracia para o galego, a pesar da desruralización e o seu desprestixio social imposto co Franquismo, as cousas foron cambiando un pouco como podemos comprobar na mesma escola en Friol (Lugo):

Comentarios (1) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 09-11-2015 08:00
# Ligazón permanente a este artigo
A ÁRBORE FILOLÓXICA DA NOSA CLASE (2015)

Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 02-11-2015 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal