blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O AVÓ OU A LINGUA AVOA DO GALEGO, QUEN VÉN SENDO?

1- O AVÓ ou A LINGUA AVOA DO GALEGO, quen vén sendo?

O galego, coma a maioría das linguas de Europa e un bo número das de Asia, deriva do indoeuropeo, podemos dicir que é o seu avó ou avoa.

1.1 Cuestión: Procura unha boa definición do indoeuropeo e representa unha árbore xenealóxica ou esquema de todas das 12 grupos ou familias fillas do antigo indoeuropeo: Albanés, Anatolio, Ilirio (paleo-balcánico), Grego, Celta, Tocario, Báltico-Eslavo, Itálico, Xermánico, Indo-Iraní e Armenio, procura tamén poñer o nome de algunhas das linguas máis importantes de cada unha destas familias (podes informarte nesta dirección da galipedia. Non esquezas situar na árbore o galego indicando quen foi a súa lingua nai.

1.2 Cuestión: As cinco grandes familias de linguas no mundo son a indoeuropea, a sino-austrina (Asia oriental e oceanía), as camito-semitas, as africanas e as amerindias. Fai un pequeno esquema no que coloques un par de exemplos de linguas de cada familia, procura que sexan linguas o máis coñecidas posibles por todos os compañeir@S Podes informarte en : http://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_do_mundo

2- CALES PODEN SER AS CAUSAS DA DESAPARICIÓN DAS LINGUAS E DA EXPANSIÓN DOUTRAS?

O Imperio Romano chegou ao noso territorio cara o 137 a.C. Esta terra tiña unha cultura prerromana que chamamos castrexa que seguramente facía uso de diversas linguas non escritas. Os romanos someten á poboación tras diversas guerras con galaicos, cántabros e astures e establecen unha división provincial na Península dentro do gran Imperio creado por eles. Gallaecia será unha provincia romana (maior do territorio actual de Galicia, pois chegaba polo sur ao río Douro e polo leste ata Cantabria. O latín, traído por soldados, administradores, comerciantes... substituíu ás linguas dos anteriores poboadores que desapareceron, pero sobre o latín créase a base da que nacerá máis adiante o galego cara o século IX d. C.

Comentarios (0) - Categoría: AS LINGUAS DO MUNDO - Publicado o 03-10-2019 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal