blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A LINGUA DOS NOSOS AVÓS 2011

Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 21-10-2011 06:49
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA DOS NOSOS AVÓS
Unha das primeiras tarefas do curso é descubrir a verdade sobre a nosa lingua na nosa casa. Descubrir que o idioma que se fala na casa vén de vello ou que, se non falamos tanto galego como quereríamos, aínda que hoxe se fale castelán,o galego tamén se falaba nas xeracións inmediatamente anteriores á nosa ou á dos nosos pais. Sabelo é sempre moi importante, pero por que?

Pois porque deste xeito imos indagar os motivos polos que en cuestión de 100 anos, dende o 1900 ata hoxe, hai un descenso moi notable de galego falantes. Iso é o que notamos se facemos unha enquisa na aula como esta que estamos a realizar.

Acto seguido tamén pensamos en que podemos facer para superra esta situación tan inxusta para a lingua que nos dá personalidade e que nos fai orixinais no mundo. Iremos contando a que conclusións chegamos.
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 17-10-2011 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal