blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

1º traballo curso 2009-10: As linguas do mundo

O indoeuropeo o avó do galego
O galego, coma a maioría das linguas de Europa e un bo número das de Asia, deriva do indoeuropeo, podemos dicir que é o seu avó.
1º cuestión: Procura unha boa definición do indoeuropeo e representa unha árbore xenealóxica ou esquema de todas das 12 grupos ou familias fillas do antigo indoeuropeo (podes informarte nesta dirección: http://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_indoeuropeas) de todos os xeitos a lista de grupos que debe aparecer é : Albanés, Anatolio, Ilirio ( paleo-balcánico), Grego, Celta, Tocario, Báltico-Eslavo, Itálico, Xermánico, Indo-Iraní e Armenio, procura tamén poñer o nome de algunhas das linguas máis importantes de cada unha destas familias. Non esquezas de situar na árbore o galego indicando quen foi a súa lingua nai.

2ª cuestión: As cinco grandes familias de linguas no mundo son a indoeuropea, a sino-austrina(Asia oriental e oceanía), as camito-semitas, as africanas e as amerindias. Fai un pequeno esquema no que coloques un par de exemplos de linguas de cada familia, procura que sexan linguas o máis coñecidas posibles por todos os compañeir@S Podes informarte en : http://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_do_mundo

3ª cuestión: Sitúa as linguas romances, románicas ou latinas nun mapa. Investiga tamén sobre cales son as linguas non indoeuropeas de Europa. Cal é a lingua non indoeuropea da nosa península?.Podes informarte en: http://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_rom%C3%A1nicas.
http://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%89uscaro


4ª cuestión: Como reconstruír o idioma indoeuropeo? Como non temos testemuños escritos desta lingua da prehistoria que se reconstrúe por medio da lingüística comparada. Procura unha definición sinxela de lingüística comparada e un desenvolve un esquema a modo de exemplo entre as linguas romances. Podes informarte en: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ling%C3%BC%C3%ADstica_comparada e tamén na palabra *pater que aparece máis arriba.

Comentarios (2) - Categoría: GALEGO - Publicado o 23-10-2009 07:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal